Pasar al contenido principal
STG

A Facultade de Humanidades celebra este mércores o acto académico conmemorativo da festividade de San Isidoro

O reitor Juan Casares presidirá a sesión, durante a que o novo profesor ad honorem da USC Max Jeans Zeans ofrecerá un relatorio sobre a colaboración internacional

O reitor da USC, Juan Casares, presidirá este mércores 30 de abril, a partir das 12.00 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, o acto conmemorativo da festividade de San Isidoro de Sevilla, patrón do centro universitario lugués.

A cerimonia académica, na está prevista a asistencia da vicerreitora de Calidade da USC, Benita Silva Hermo, e do vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, ademais doutros/as directores e decanos/as de centros do campus lugués, comezará coa lectura das actividades desenvolvidas polo centro universitario lugués no bienio 2011-2013, a cargo da decana María Isabel González Rey. Acto seguido, o profesor Antonio Rodríguez Colmenero dará a benvida ao novo profesor Ad Honorem da USC, Max Jean Zins, que ofrecerá logo un relatorio baixo o título ‘Entender ao outro para entenderse mellor a si mesmo: a importancia da colaboración internacional no campo das Ciencias Sociais. O caso da India’. Ao remate da súa intervención terá lugar unha táboa redonda arredor da colaboración internacional. O acto conmemorativo da festividade de San Isidoro servirá tamén de escenario para entregar os premios extraordinarios aos/ás estudantes do centro distinguidos/as con tal galardón o pasado curso 2012-2013. A coordinadora do máster en Servizos Culturais, Carmen Silva, entregará o premio extraordinario deste posgrao a Raquel Vigo Núñez, mentres que Paula Llenderrozas Ron, graduada en Lingua e Literatura española no curso 2012-2013 recibirá o premio extraordinario da titulación de mans da profesora Amparo de Juan Bolufer. O coordinador da revista Evohé, o escritor e profesor da Facultade de Humanidades Claudio Rodríguez Fer, así como as estudantes María Sandra López e Cristina Fiaño, en representación de todos/as os/as estudantes que colaboran nesta publicación universitaria, tamén serán recoñecidos no marco dunha sesións que rematará cun acto reivindicativo na defensa das Humanidades, no que intervirán estudantes e docentes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.04.2014.