Pasar al contenido principal
STG

Humanidades conmemora cun acto académico a festividade de San Isidoro de Sevilla, patrón do centro

Max Jean Zins, González Rey, Casares, García Herrardón e Rodríguez Colmenero, na Facultade de Humanidades
Max Jean Zins, González Rey, Casares, García Herrardón e Rodríguez Colmenero, na Facultade de Humanidades
A decana da facultade, María Isabel González Rey, defende que “o dinamismo e o traballo desenvolvido no centro xustifica a súa presenza no campus de Lugo”

O reitor da USC, Juan Casares, presidiu este mércores o acto conmemorativo da festividade de San Isidoro de Sevilla, patrón da Facultade de Humanidades, no salón de actos centro universitario lugués, no marco dunha cerimonia na que participou o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, ademais de numerosos profesores e alumnos, e que rematou cun alegato a prol da defensa das Humanidades.

A decana María Isabel González Rey abriu a quenda de intervencións cun relatorio no que relatou as distintas actividades desenvolvidas no centro universitario lugués ao longo do pasado curso académico, un aval que, na súa opinión “proba que a Facultade de Humanidades é un centro dinámico e en acción que ten xustificada a súa presenza no campus de Lugo”. González Rey agradeceu na súa intervención o apoio recibido durante estes anos do equipo de goberno saínte da USC, ao tempo que manifestou a súa confianza en poder manter no futuro esta boa sintonía. O acto conmemorativo da festividade de San Isidoro de Sevilla, patrón das Humanidades, serviu tamén para facer visible a acollida prestada polo devandito centro universitario ao novo profesor Ad Honorem da USC, Max Jean Zins, quen ofreceu un relatorio baixo o título ‘Entender ao outro para entenderse mellor a si mesmo: a importancia da colaboración internacional no campo das Ciencias Sociais. O caso da India’. As palabras do profesor Max Jean foron respondidas polo tamén profesor Ad Honorem da USC Antonio Rodríguez Colmenero e, ao seu remate, os tamén profesores do centro universitario lugués María Xesús Vázquez Lobeiras e Jesús Varela Zapata protagonizaron cadansúa intervención arredor da temática da colaboración internacional. O acto académico da festividade de San Isidoro foi tamén escenario da entrega dos premios extraordinarios aos/ás estudantes do centro distinguidos/as con tal galardón o pasado curso 2012-2013. A coordinadora do máster en Servizos Culturais, Carmen Silva, entregou o premio extraordinario deste posgrao a Raquel Vigo Núñez, mentres que Paula Llenderrozas Ron, graduada en Lingua e Literatura española no curso 2012-2013 recibiu o galardón relativo ao premio extraordinario da titulación de mans da profesora Amparo de Juan Bolufer. O coordinador da revista Evohé, o escritor e profesor da Facultade de Humanidades Claudio Rodríguez Fer, así como as estudantes María Sandra López e Cristina Fiaño, en representación de todos/as os/as estudantes que colaboran nesta publicación universitaria, tamén foron obxecto de recoñecemento no marco desta cerimonia, que rematou cun acto reivindicativo na defensa das Humanidades, no que participaron estudantes e docentes. Asistentes á celebración do acto académico conmemorativo da festividade de San Isidoro de Sevilla

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.04.2014.