Pasar al contenido principal
STG

Analizan en Santiago obras inesquecibles da literatura infantil e xuvenil

Nun workshop internacional no que estudosos e escritores reflexionarán sobre esa literatura baixo o prisma do feminino

Estudosos e escritores da literatura infantil e xuvenil, moitos deles referentes nos seus respectivos ámbitos de traballo, daranse cita a vindeira semana, os días 30 de xuño e 1 de xullo, nun workshop internacional no que reflexionarán sobre obras inesquecibles na literatura infantil e xuvenil baixo o prisma do feminino. O encontro está organizado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades onde se desenvolverá (San Roque, n.º 2, Santiago), o Instituto de Ciencias da Educación da USC e o grupo de investigación ‘Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas. Literatura galega’ da Facultade de Filoloxía. O programa comezará o luns 30 ás 10.00 horas coa reunión do grupo de investigación da USC e os equipos que conforman a rede temática de investigación LIJMI ‘As Literaturas Infantís e Xuvenís no Marco Ibérico e Iberoamericano’. A partir de aí sucederanse numerosos relatorios sobre a temática do encontro a cargo dos membros da rede, que exporán ao longo de todo o día as súas últimas investigacións. Movementos migratorios A xornada do martes 1 de xullo, dedicada enteiramente á análise dos movementos migratorios na literatura infantil e xuvenil, coincide coa primeira sesión dunha nova edición, neste caso a undécima, do curso de formación que cada ano dirixe a profesora Blanca-Ana Roig. En particular, trataranse os movementos migratorios nos ámbitos castelán, vasco, catalán, portugués, galego e no Brasil. O colofón á xornada do martes 1 será a presentación do libro Inmigración/Emigración na Literatura Infantil e Xuvenil a cargo de Karina Oliveira, Manuel Bragado e Blanca-Ana Roig.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.06.2014.