Pasar al contenido principal
STG

Integrantes do colectivo Jemsa participan nunha charla de Secot A Coruña

O colectivo Junior Empresa da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC (Jemsa) acaba de participar nunhas charlas informais impartidas pola asociación de Voluntariado Senior de Asesoramento Empresarial (Secot) A Coruña, organización sen ánimo de lucro cuxos membros son profesionais cualificados xubilados, prexubilados ou en activo que desexan ofrecer a súa experiencia e coñecementos en xestión empresarial ao máis novos. Entre os temas abordados, destacan a importancia da reputación, as relacións persoais no mundo empresarial e a necesidade de indagar para desenvolver as capacidade intelectuais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.02.2014.