Pasar al contenido principal
STG

Humanidades aborda as orientacións profesionais do grao en Ciencias da Cultura nunhas xornadas monográficas

O prazo de inscrición para participar no foro de xestión e mediación cultural que se celebrará o día 30 permanece aberto no enderezo de correo electrónico fhdeca@usc.es

A Facultade de Humanidades do campus de Lugo celebrará o vindeiro 30 de outubro a cuarta edición das xornadas de mediación e xestión cultural, cuxa temática xirará nesta ocasión arredor da iniciativa e da creación de industrias culturais.

A temática escollida polos promotores deste foro, promovido pola Aula Profesional de Cultura de Humanidades, fai especial fincapé na análise dos perfís ou opcións profesionais do título de grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, a través dos distintos relatorios programados, nos que responsables e promotores de industrias ou empresas culturais relatarán as súas respectivas experiencias ou falarán das múltiples posibilidades profesionais que depara a mediación e a xestión cultural. As persoas interesadas en participar nesta xornada monográfica, que se desenvolverá o día 30 de outubro en quenda de mañá e tarde no salón de actos da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, poden formalizar a súa inscrición de xeito gratuíto a través do enderezo de correo electrónico fhdeca [at] usc.es (fhdeca[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.10.2014.