Pasar al contenido principal
STG

O profesor de Yale David Caruso falará en Psicoloxía sobre intelixencia emocional e aprendizaxe

O profesor da Universidade de Yale David Caruso, considerado un dos máis destacados expertos na materia, impartirá na Facultade de Psicoloxía da USC a conferencia ‘Intelixencia emocional e aprendizaxe’. Organizada pola Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades co patrocinio da Fundación Barrié e de AEDIPE, o relatorio celebraras e partir das 11.00 horas no Salón de Actos do centro compostelá. David Caruso forma parte dun dos equipos de investigación pioneiros no ámbito da intelixencia emocional e é co autor dos Mayer, Salovey, Caruso Emotional Intelligence Test (MSCEIT). Formou a profesionais en Estados Unidos, Canadá, Xapón, Dubai, España, Alemaña, Lituania, Australia e a India. No ámbito da investigación traballou no estudo de mercados, planificación estratéxica e xestión de produtos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.10.2014.