Pasar al contenido principal
STG

A vicerreitora Carme Silva inaugura este venres a III Xornada contra a Trata na Facultade de Humanidades

A vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, inaugurará este venres, ás 9.30 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades de Lugo, a III Xornada contra a Trata, un foro organizado pola Rede Galega contra a Trata que nesta edición centrará a súa temática na investigación, detección e protección de vítimas de trata.

A secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, tamén participará no acto inaugural desta xornada, tralo que a Silva Pérez Freire fará unha presentación da Rede Galega contra a Trata, unha entidade creada en 2008 como instrumento de coordinación e plataforma asemblearia de denuncia e incidencia política na loita contra a trata de seres humanos. A maxistrada e titular do xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara Cifuentes, abrirá a quenda de relatorios das xornadas a partir das 10.15 horas, cun relatorio que se desenvolverá baixo o título ‘Procedementos xudiciais de investigación en trata de persoas’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.09.2014.