Pasar al contenido principal
STG

A doutora pola USC María Oliveira Pérez recibe o Premio John Chambers da Asociación Americana de Estatística

María Oliveira é actualmente investigadora posdoutoral na Durham University (Reino Unido)
María Oliveira é actualmente investigadora posdoutoral na Durham University (Reino Unido)
Nunca antes este galardón recaera nun investigador español

A doutora en Estatística pola USC María Oliveira Pérez recibiu o premio John Chambers Statistical Software na súa edición de 2014, un galardón co que a American Statistical Association recoñece o deseño e desenvolvemento de programas estatísticos novidosos que faciliten a análise, visualización e manipulación de datos. Oliveira convértese así na primeira persoa española que recibe este galardón, dotado cun premio en metálico de 1.000 dólares. María Oliveira elaborou un paquete para R que permite a análise non paramétrica de datos circulares: NPCirc. Nesta libraría incluíanse os métodos deseñados durante a súa tese de doutoramento, defendida en novembro de 2013 baixo a dirección de Alberto Rodríguez Casal e Rosa María Crujeiras Casais, do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Facultade de Matemáticas. Actualmente, María Oliveira é investigadora posdoutoral na Durham University (Reino Unido). Unha das figuras que se poden xerar co paquete ideado por María Oliveira

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.09.2014.