Pasar al contenido principal
STG

A USC colabora no desenvolvemento dunha nova edición do curso Akademia

Celebrarase o próximo 16 de setembro cun stand informativo en diversos puntos dos campus Norte e Vida

A Universidade de Santiago, a través da Área de Valoración, Transferencia e Emprendemento (AVTE) e de Uninova, colaboran coa Fundación Bankinter no desenvolvemento de Akademia, un curso gratuíto que da man de expertos e a partir dun material único, busca fomentar unha actitude innovadora entre a comunidade universitaria. Esta proposta formativa está enfocada a desenvolver o pensamento creativo e á busca da resolución de problemas con respostas innovadores que acheguen valor engadido. Segundo os seus promotores, apóiase nunha metodoloxía colaboración e eminentemente participativa que busca o desenvolvemento dun proxecto emprendedor coa axuda de emprendedores e Business Angels. Ademais, ao seu remate, o alumnado poderá realizar prácticas en empresas nacionais e internacionais que apostan pola innovación. As persoas interesadas en realizalo poden ampliar información nos stands informativos que se instalará o próximo 16 de setembro nas facultades de Ciencias Económicas e Empresariais (9.30-11.00 horas), Ciencias da Educación do Campus Norte (11.30-13.00) e Farmacia (14.30-16.00) ou na Biblioteca Concepción Arenal (13.30-14.30). A presentación do curso realizarase o día 23 de setembro nunha sesión no Salón de Graos da Facultade de Farmacia de 12.00 a 14.00 horas. O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 5 de outubro. Quen estea interesado/a en realizar este curso deberá enviar o seu currículo a akademiafibk [at] bankinter.es (akademiafibk[at]bankinter[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.09.2014.