Pasar al contenido principal
STG

O CLM da USC manterá aberto o prazo de matrícula nos seus cursos de idiomas ata o vindeiro 26 de setembro

O CLM da USC manterá aberto o prazo de matrícula nos seus cursos de idiomas ata o vindeiro 26 de setembro
O CLM da USC manterá aberto o prazo de matrícula nos seus cursos de idiomas ata o vindeiro 26 de setembro
Este xoves 11 o alumnado interesado pode realizar as probas de nivelación

O Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) manterá aberto o prazo de matrícula na súa programación de cursos para o presente exercicio académico 2014-2015 ata o vindeiro 26 de setembro, agás no caso dos cursos de español como lingua estranxeira que posúe un calendario propio específico. Os detalles da oferta para este curso presentáronas en rolda de prensa o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López López, e a directora do centro, Katerina Vlasakova. A principal novidade nesta nova convocatoria vén dada pola ampliación dos cursos semestrais de 40 horas de duración que se celebrarán en Compostela, onde tamén se impartirán cursos de alemán, francés e italiano, ademais doutros programas xa consolidados na súa oferta, como o son os cursos de chinés, danés, lingua de signos, catalán, checo, portugués, ruso e xaponés. A programación de cursos de idiomas de carácter semestral en Lugo mantén para o vindeiro ano académico a oferta de cursos de inglés e portugués. Polo que respecto aos cursos anuais de 80 horas de alemán, francés e inglés a oferta esténdese por igual aos dous campus, coa particularidade de que en Santiago tamén oferta italiano. O Centro de Linguas Modernas da USC, que o vindeiro ano 2015 celebrará o 40 aniversario da súa función como instituto de idiomas, mantén tamén na súa programación académica cursos semestrais de galego para non galegofalantes tanto en Lugo como en Santiago. A oferta académica do CLM da USC completase cun amplo abano de cursos intensivos, semi-intensivos e semestrais de español como lingua estranxeira (ELE), cursos de cultura e literatura e con cursos de preparación para o DELE B2 e C1. Así mesmo, impartirase un curso semi-presencial de preparación para os exames de catalán do Instituto Ramón Llull e a inclusión dun curso de euskera na convocatoria de verán para 2015. Nivelación, matrícula e créditos Todas as persoas interesadas en cursar estudos nunha lingua da que xa posúan coñecementos previos mais non teñan o nivel asignado polo CLM nin pola EOI no último ano, terán que facer unha proba de nivelación o día 11 ou o día 17 de setembro, data do remate do prazo de inscrición neste tipo de probas de nivel. O único requisito para tomar parte nos cursos impartidos polo profesorado do CLM da USC é ter como mínimo 16 anos de idade. Os estudantes poderán recibir por este cursos créditos académicos segundo a normativa da USC vixente e acreditar o coñecemento dun idioma segundo os niveis do MECR. Probas e outros servizos O CLM organizará durante o curso 2014-2015, en calidade de centro delegado de diferentes entidades de prestixio internacional (Goethe Institut, Instituto Cervantes, Japan Foundation, Università per Stranieri di Siena e tamén de Centre de Langue Française da Cámara de Comercio e Industria de París) e en colaboración coas áreas competentes da Facultade de Filoloxía varios exames de diferentes linguas estranxeiras, así como as probas de acreditación B1 para os estudantes que queiran realizar a mobilidade con algún programa europeo ou cun convenio bilateral promovido pola USC, ao tempo que tamén poderán acreditar o seu coñecemento de idioma necesario para rematar os estudos de grao ou matricularse nun másteres da USC. O Centro de Linguas Modernas así mantén na súa programación para o novo curso máis de 6.000 prazas en probas B1 en linguas diferentes. As persoas interesadas en obter máis información sobre as actividades académicas e sobre a programación de cursos de idiomas do Centro de Linguas Modernas da USC para o novo curso poden consultar a páxina web deste servizo universitario, onde tamén está dispoñible para todos os usuarios/as as novidades do centro, así como os avisos importantes. Katerina Vlasakova e Roberto López, nun momento da rolda de prensa de presentación da oferta docente da USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.09.2014.