Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS:
• Adquirir unha visión global da historia da cidade incluíndo a etapa Contemporánea.
• Comprender que a evolución urbana é consecuencia de procesos sociais, económicos e históricos anteriores.
• Valorar e apreciar a importancia dos monumentos da cidade para conservalos para o futuro como un legado do pasado.
• Conseguir un coñecemento mínimo dos monumentos da cidade desde o punto de vista histórico.
CONTIDOS
O LUGO CONTEMPORÁNEO
O SÉCULO XIX
1. A invasión napoleónica. A reunión das Xuntas cos diplomáticos ingleses. A requisa da prata da catedral. Os danos nas casas particulares e no patrimonio histórico-artístico.
2. Os cambios no reinado de Isabel II.
3. A desamortización e a repercusión no urbanismo.
4. A I Guerra Carlista
5. A revolución de 1840. As consecuencias sociais.
6. O alzamento de Solis de 1846.
7. O ferrocarril e a súa influenza na modernización da cidade.
8. O desenvolvemento do comercio. As fábricas de chocolate.
9. As fondas: Méndez Núñez, Universal, Parador Central. Os cafés: de Soler, Méndez Núñez, Español, Suizo, Lucense, Colón.
10. A orixe das festas contemporáneas de San Froilán. A súa función e contidos.
11. A exposición Rexional de 1896.
12. O II Congreso Eucarístico Nacional. A Exposición Eucarística.
13. As procesións cívicas. As homenaxes ao doutor Castro, bispo Aguirre e Xoán Montes
14. O xornalismo na segunda metade do século XIX e primeiro terzo do XX.
15. As sociedades de recreo e a súa función. O Círculo de las Artes. O Casino. Outras.
16. O ensino. O ensino primario. O instituto Provincial. A escola Normal.
17. A muralla e as agresións dos progresistas. A reforma da Guerra Carlista. As novas portas.
18. A chegada da electricidade e do cinematógrafo.
19. A Asociación de Escritores e Artistas. Os xogos florais e os certames literarios.
20. A crise de 1898. Os soldados repatriados de Cuba. O papel da Cruz Vermella.
21. O exército na economía da cidade. O Colexio Preparatorio Militar. Rexementos e cuarteis.
22. A música, a zarzuela, a ópera e o teatro
O SÉCULO XX
23. O Campo da Feira e o problema do traslado.
24. Os primeiros xardíns. O Parque de Afonso XIII ou de Rosalía de Castro.
25. Os proxectos de hospitais. O Hospital de Santa María.
26. A cidade no franquismo. A posguerra. Os anos finais.
27. O Bimilenario
28. Visión xeral do último cuarto do século XX.
29. A Muralla Patrimonio da Humanidade
30. Os primeiros anos do século XXI
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ABEL VILELA, Adolfo de. 50 Años de Formación Profesional en Lugo. Lugo, 1985.
ABEL VILELA, Adolfo de. A fonte da Porta Miñá e o Pazo de Orbán. Santiago de Compostela, 2009.
ABEL VILELA, Adolfo de. Arquitectura y Urbanismo en Lugo. Arquitectura del período Isabelino y de la Restauración. Edicións do Castro. A Coruña, 1996.
ABEL VILELA, Adolfo de. Arquitectura y Urbanismo en Lugo. La Plaza Mayor. A Coruña, 1999. Edicións do Castro.
ABEL VILELA, Adolfo de. Cousas de Lugo, 1. Lugo, 1981.
ABEL VILELA, Adolfo de. Cousas de Lugo, 2. Lugo, 1984.
ABEL VILELA, Adolfo de. El Monasterio de la Visitación de Lugo (Salesas). Centenario de su fundación (1900 - 2000). Lugo, 2000.
ABEL VILLELA, Adolfo de. De la Constitución de 1837 al Derrocamiento del Sistema Tributario. Lugo, 1975.
ABEL VILELA, Adolfo de. El Bimilenario. Lugo, 1981.
ABEL VILELA, Adolfo de. A orixe das feiras, as festas e as exposicións. Lugo, 2014.
ABEL VILELA, Adolfo de. A orixe das festas contemporáneas. Lugo, 2015.
ABEL VILELA, Adolfo de. As festas finiseculares (1890-1900). Lugo, 2018.
ABEL VILELA, Adolfo de. A Exposición Rexional de 1896. Concello de Lugo. Lugo, 2020.
ABEL VILELA, Adolfo de. Antonio Fraguas Fraguas en Lugo. A etapa da liberdade e do recoñecemento intelectual e social (1950-1959). Concello de Lugo. Lugo, 2019.
ABEL VILELA, Adolfo de. Antonio Fraguas Fraguas. Epistolario, recensións bibliográficas e apéndices. Etapa de Lugo (1950-1959). Vol. II. Concello de Lugo. Lugo, 2021.
ABEL VILELA, Adolfo de. O Parque de Rosalía de Castro. Centenario da súa creación (1921-2021). Concello de Lugo. Lugo, 2021.
ABEL VILELA, Adolfo de. Lugo Cita con dous séculos. Selección fotográfica de José María Álvez. Lugo, 2022.
PRADO GÓMEZ, Antonio. O Instituto Provincial de Lugo. 1842-1975. Lugo, 2013.
REBOREDO PAZOS, Julio. Por la calle de San Marcos. Biografía de una rúa lucense. Santiago de Compostela, 2011.
REBOREDO PAZOS, Julio. López Pérez, la mosca blanca. La ciudad de Lugo en el primer tercio del siglo XX. Lugo, 2022.
• Que os alumnos coñezan a orixe e causas da modernización da cidade, e da formación da sociedade burguesa como precursora das clases medias do século XX
Exposición teórica complementada con información gráfica e visitas, e participación dos alumnos formulando preguntas para resolver dúbidas o inquirir información sobre cuestión relacionadas co tema en particular ou coa materia.
Valorarase a actitude do alumno no tocante ao seu interese polos temas tratados, e a súa competencia neles, así como a asistencia as clases teóricas e prácticas
Considérase que a asistencia ás aulas e ás actividades complementarias e o aproveitamento das mesmas non esixe que por parte do alumnado se adique tempo de estudo adicional.
Na liña do exposto no punto anterior, recoméndase que o alumnado encare con interese e con ánimo de aprender esta asignatura, no convencemento de que esas actitudes serán determinantes para o seu axeitado aproveitamento.
INTRODUCIÓN:
Na materia Historia da Cidade de Lugo I, tratáronse as etapas desde a fundación romana ata o século XVIII, é dicir, os períodos romano, medieval e moderno. Coa investigación persoal levada a cabo nos últimos 50 anos por este docente, permiten desenvolver un temario que facilite aos alumnos unha visión global da historia dunha cidade bimilenaria que conserva un rico patrimonio histórico e artístico, completando coa etapa Contemporánea, séculos XIX e XX.
As clases teóricas son complementadas coas visitas aos cinco centros de interpretación do mundo romano, o centro de interpretación do Camiño Primitivo, o Museo Provincial, o Museo Diocesano e o Museo Interactivo da Historia da Cidade, así como a propia cidade e os seus monumentos.
Adolfo De Abel Vilela
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- adolfo.deabel [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h