Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS [da área Ciencias da Saúde ou Biomedicina]. Xurde ante a necessidade específica dos estudantes do Programa de Doutoramento en I+D de Medicamentos, ainda que o contido pode ser transversal a toda a área Biomédica.
Localización
Santiago
Modalidade
Presencial
Duración
Horas presenciais: 10
Total: 10
Matrícula na actividade
09/03/2026 - 13/03/2026
Desenvolvemento da actividade
23/03/2026 - 27/03/2026
Profesor/a
Ana Maria Garcia Arrese
Profesor/a
José González Parga
Profesor/a
María Jesús Cantelar Barbazán
| Grupo | Lugar | Datas | Horario |
|---|---|---|---|
| Prevención de riscos laborais no laboratório biomédico | Salón de Graos da Facultade de Farmacia (teoría, de luns a xoves) e Laboratorios da Facultade de Farmacia (práctica, venres) | semana do 23 ao 27 de marzo | De luns a xoves, de 16:00 a 18:00 e venres de 9:00 a 11:00 |
Coñecer a normativa de riscos laborais que afecta aos laboratorios de investigación.
Coñecer os procedementos de prevención e protección de riscos laborais na USC.
Coñecer a estructura de prevención de riscos da USC e a integración do persoal nela. Coñecer os equipos de emerxencia e seguridade dos edificios de traballo.
Recoñecer os elementos materiais en prevención de riscos: sinalética, equipamentos de protección individuais ou colectivos.
Saber manexar e almacenar todo tipo de reactivos e materiais propios do laboratorio biomédico e os matereiais e equipamentos utilizados con este fin.
Coñecer o sistema de xestión de residuos do laboratorio e a súa cadea de eliminación.
Coñecer e saber utilizar o equipamento de protección individual e colectiva do laboratorio biomédico.
1. Revisión do Sistema de Xestión de Seguridade e Saúde Laboral.
Marco legal: Ámbito das “condicións de traballo”. Dereitos Laborais e Lei de prevención de riscos laborais.
Factores de risco laboral: Actividade preventiva e Avaliación de riscos laborais
Medidas de prevención e protección. Medidas de seguimiento e control. Organización e Integración da prevención.
Procedementos e estructura do sistema de prevención de riscos na USC.
2. Revisión práctica dos elementos de prevención de riscos no entorno de traballo.
Revisión de la sinalética, puntos de información e material de emerxencia nos laboratorios.
Manexo de reactivos e materiais: manexo (espacio e observacións), almacenamento (espacio, armarios) e eliminación (contenedores) de:
- Tóxicos químicos
- Tóxicos radiolóxicos
- Tóxicos biolóxicos e mostras de animais e/ou humanas
- Gases de laboratorio a presión: O2, CO2, carbóxeno, N2, aire comprimido...
Xestión de residuos de investigación: separación, forma de recollida, almacenamiento e etiquetado. Revisión da cadea de eliminación e responsables: - Líquidos e os seus tipos: químicos e biolóxicos
- Sólidos “contaminados” e “non contaminados”
- Obxetos punzantes e cortantes
Equipos de seguridade e protección individual ou colectiva: onde se encontran e como funcionan. - Cabinas de gases
- Cabinas de cultivos celulares ou microbiolóxicas
- EPIs: utilización, almacenamiento, lavado e eliminación de batas, luvas, mascarillas, gorros e pantufas.
Outro equipamiento a ter en conta de cara á prevención de riscos: luz (UV, láseres...), calor (estufas, fornos, autoclaves...), material punzante e/ou cortante, sólidos pulverulentos, líquidos volatis...
Actividades prácticas.
Exame teórico-práctico.
Profesorado:
Servizo de prevención de riscos da USC: Ana Mª García Arrese, Mª Jesús Cantelar Barbazán, Xosé González Parga (técnicos da USC).