A Escola de Doutoramento Internacional de Verán ‘The values of the commons in the digital society’ está concebida como un espazo aberto ao aprendizaxe, á reflexión e ao debate que servan para enriquecer a formación do alumnado de doutoramento na área das Ciencias Sociais en xeral, e nas Ciencias da Comunicación en particular. A través da presentación de proxectos de investigación e do intercambio de ideas sobre os valores contemporáneos do público no contexto da soecidade dixital, os seus medios e instrumentos, os seus aspectos efectivos e os seus déficits, fomentarase tanto a teorización como a reflexión práctica arredor do servicio audiovisual público. A temática central do curso é o valor público dos medios de comunicación do servizo público no marco europeo no contexto das plataformas dixitais (investigación, relevancia e crisis). Con todo, aspírase a crear un espacio de debate, reflexión e intercambio que amplíe a perspectiva do enfoque dos estudos de comunicación cara un diálogo amplo e aberto coas distintas especialidades das Ciencias Sociais e Xurídicas, Humanidades e Tecnoloxías. A dinámica do curso combina leccións maxistrais con expertos/as en servizo público, en horario de mañá, e con sesións prácticas na que os participantes presentarán os seus proxectos de investigación ante os seus compañeiros/as e expertos/as.
Localización
Santiago
Modalidade
Presencial
Duración
Horas presenciais: 30
Total: 30
Matrícula na actividade
07/09/2023 - 14/09/2023
Desenvolvemento da actividade
20/09/2023 - 22/09/2023
| Grupo | Lugar | Datas | Horario |
|---|---|---|---|
| International Doctoral Summer School ‘The values of the commons in the digital society’ | Facultade de Ciencias da Comunicación, Santiago de Compostela | Do 20 ao 22 de setembro de 2023 | de 09:30 a 19:00 |
- Entendemento do valor do servizo público no contexto da sociedade actual
- Reforzo das capacidades de comunicación científica
- Transferencia do coñecemento científico
- Métodos de investigación
- O impacto da dixitalización no espazo público na sociedade contemporánea
- Valores emerxentes e contravalores na sociedade actual
- O servizo audiovisual público e a súa lexitimidade ante as audiencias xóvenes
- Metodoloxías para a investigación do público e os públicos
- Transferencia da investigación e difusión do coñecemento
- O uso de datos, intelixencia artificial e metaverso no servizo audiovisual público
- Novos retos na regulación do servizo audiovisual público
- Workshops para a exposición e discusión dos proxectos do alumnado
Profesorado:
Bernard Miège (Université Grenoble-Alpes)
Senén Barro Ameneiro (Universidade de Santiago de Compostela)
Madiana Asseraf-Jacob (European Broadcasting Union)
Paulo Faustino (Universidade do Porto)
Carles Llorens (Universitat Autònoma de Barcelona)
Carlos Arcila Calderón (Universidad de Salamanca)
Javier Mosquera Gónez (Destino Bergen)
Gregg Young (Vlaamse Radio- en Televisieomroeporganisatie, VRT)
Wesa Aapro (Yleisradio, Yle)
Xosé Pereira Fariña (CRTVG + Universidade de Santiago de Compostela)
Ruth de Frutos (Universidad de Málaga)
Ignacio Gómez (RTVE)
Ana María López Cepeda (Universidad de Castilla-La Mancha)
Olga Blasco Blasco (Universitat de València)
Javier Marzal Felici (Universitat Jaume I)