Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. O alumnado presencial debe de acudir con ordenador portátil. O obxectivo deste curso é familiarizar ao alumnado coa metodoloxía de regresión lineal clásica. Ao igual que noutros cursos, as ferramentas introducidas ilustraranse en conxuntos de datos reais usando o software R.
Localización
Santiago
Modalidade
Presencial
Duración
Horas presenciais: 12
Horas de traballo: 4
Total: 16
Matrícula na actividade
23/01/2024 - 30/01/2024
Desenvolvemento da actividade
06/02/2024 - 20/02/2024
Profesor/a
Paula Saavedra Nieves
Profesor/a
Alejandro Saavedra Nieves
| Grupo | Lugar | Datas | Horario |
|---|---|---|---|
| Introdución á regresión | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | 6, 8, 15 e 20 de Febreiro de 2024 | 10:00 a 13:00 horas |
- Coñecementos básicos sobre a regresión lineal clásica. Experiencia práctica na análise de datos reais usando o software R.
- Cada alumno/a levará o seu ordenador portátil para a realización das actividades propostas; empregando R (software gratuíto https://www.r-project.org/, previamente instalado nos portátiles do alumnado).
Os contidos do curso centraranse no modelo lineal xeral, considerando as versións lineais, simple e múltiple, da regresión con variables continuas así como os modelos básicos de regresión que consideran variables factoriais (modelos ANOVA e ANCOVA).
- Os bloques de contidos son os seguintes:
- Bloque 1. Regresión lineal simple e múltiple. Construción do modelo, validación, diagnose e predición.
- Bloque 2. Modelos ANOVA e ANCOVA. Construción do modelo e contraste de hipóteses.
Alejandro Saavedra Nieves
Alejandro Saavedra Nieves (Santiago de Compostela, 1990) é Profesor Axudante Doutor no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (USC) dende setembro de 2022. Obtivo o seu doutoramento en Estatística e Investigación Operativa en marzo de 2019, coa tese titulada Contributions in Cooperative Game Theory and Applications, baixo a dirección dos Prof. Dres. María Gloria Fiestras-Janeiro (UVigo) e Ignacio García-Jurado (UDC). Durante os últimos anos impartiu diferentes cursos de formación para profesorado de diferentes niveis educativos.
Paula Saavedra Nieves
Paula Saavedra Nieves (Santiago de Compostela, 1984) é Profesora Contratada Doutora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (USC). Obtivo o seu doutoramento en Estatística e Investigación Operativa en Marzo de 2015, coa tese titulada Nonparametric data-driven methods for set estimation, baixo a dirección dos Prof. Dres. Wenceslao González-Manteiga (USC) e Alberto Rodríguez-Casal (USC). Foi investigadora postdoutoral no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (USC) e no grupo SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo.