A situación de emerxencia á que nos enfrontamos urxe un sólido compromiso que gravite sobre o coñecemento científico e tecnolóxico, pero eticamente guiado, dos retos que deben canalizar o desenvolvemento sustentable. A Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable foi aprobada pola ONU no ano 2015, estrutura os grandes retos globais en 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, unha proposta que interpela aos estados, ás institucións públicas, ao sector privado e á cidadanía. Neste marco, a investigación e a transferencia teñen un papel determinante no liderado de procesos de transformación cara unha nova mirada onde a sustentabilidade sexa a premisa básica. As diferentes etapas de desenvolvemento dunha tese de doutoramento implican un proceso de aprendizaxe sobre os procedementos de investigación e a posibilidade de abrir unha fonda reflexión sobre os fins e as achegas de cada traballo. Por todo isto, o curso pretende abrir un ámbito de reflexión sobre a inclusión da sustentabilidade, a cooperación internacional e, de ser o caso, os ODS nos traballos de tese que se estean a realizar. A tarefa final está encamiñada a analizar as capacidades de cada investigación neste ámbito.
Localización
ONLINE
Modalidade
Telemática
Duración
Horas presenciais: 12
Total: 12
Matrícula na actividade
02/11/2023 - 09/11/2023
Desenvolvemento da actividade
15/11/2023 - 30/11/2023
Profesor/a
Silvana Longueira Matos
| Grupo | Lugar | Datas | Horario |
|---|---|---|---|
| Investigación e innovación responsable. Implicacións no marco da sustentabilidade e a cooperación in | Actividade online | 15, 17, 20 e 23 de novembro de 2023 | 16:00-18:00 h. |
- Coñecer a Axenda 2030 e as súas implicacións nos procesos de xeración de coñecemento.
- Evidenciar a necesidade de traballar pola sustentabilidade a través da transferencia de coñecemento derivado dos procesos de investigación. A Educación para o Desenvolvemento Sustentable e a Educación para a Cidadanía Global.
- Achegarse á investigación e á innovación responsables.
- Valorar as achegas e implicacións do traballo de investigación na cooperación internacional.
- Desenvolver unha proposta de inclusión da sustentabilidade no traballo de tese que se estea realizando.
- A problemática: unha crise socio ambiental mundial.
- O Desenvolvemento Sustentable. Enfoques e achegas.
- Unha estratexia global cara ao desenvolvemento sustentable. A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e os ODS.
- A Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento.
- A Educación para o Desenvolvemento Sustentable e a Cidadanía Global.
- A Universidade e o seu papel no camiño cara a sustentabilidade.
- Integración da sustentabilidade na investigación. Os ODS na tese de doutoramento.
Metodoloxía e temporalización:
- O curso realizarase en liña cunha dedicación de 12 h. por parte de cada participante.
- Proponse unha temporalización de 4 semanas con 3 sesións síncronas de 3 horas e 3 horas máis de traballo persoal.
- Cada participante entregará unha tarefa final realizada individualmente que identifique no seu traballo de tese os aspectos aliñados coa sustentabilidade e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
- O curso desenvolverase nas seguintes datas:
15 de novembro 16:00-18:00 h. (en liña). Silvana Longueira Matos
17 de novembro 16:00-18:00 h. (en liña). Emma Juaneda Ayensa
20 de novembro 16:00-18:00 h. (en liña). María José Bautista-Cerro Ruiz
23 de novembro 16:00-18:00 h. (en liña). Silvana Longueira Matos
30 de novembro Entrega da tarefa final
María José Bautista-Cerro Ruíz (UNED)
Licenciada en Ciencias Políticas y Sociología por la UCM, Doctora en Pedagogía por la UNED (Premio Extraordinario), es Profesora del Departamento de Teoría de la Educación y Pedagogía Social de la UNED en las siguientes asignaturas: Educación Ambiental (Grado en Educación Social y Grado en Ciencias Ambientales) y Desarrollo Sostenible: implicaciones educativas (Grado en Pedagogía). Vicerrectora adjunta de Diseño Metodológico e Innovación entre 2017 y 2019, en la actualidad ejerce como Vicedecana de Ordenación Académica, Sostenibilidad y Calidad de la Facultad de Educación (UNED).
Es coordinadora de la Cátedra UNESCO de Educación Ambiental y Desarrollo ha presidido el Grupo de Trabajo de Sostenibilización Curricular de la Comisión Sectorial CRUE-Sostenibilidad hasta el 2020. Además, forma parte del Grupo de Investigación “Educación Ambiental y Desarrollo Sostenible: EDUCAMDES” (G35Edu14) y ha participado y dirigido el Grupo de Innovación docente “Competencias para la sostenibilidad en la Educación Superior” ES-COMSOS (GID 2016-37), así como diversos proyectos de innovación educativa encaminados a mejorar la experiencia de los estudiantes en las asignaturas de los Grados y también a introducir y probar elementos de sostenibilización curricular en diversos cursos.
Emma Juaneda Ayensa (Universidad de La Rioja)
Licenciada en Administración y Dirección de Empresas y Doctora Europea en Economía de la Empresa. Actualmente es profesora de organización de empresas en el Departamento de Economía y Empresa. Miembro de la Cátedra Unesco de Ciudadanía democrática y libertad cultural. Desde 2015 desarrolla en colaboración con diferentes agentes sociales un programa para promover la transversalización curricular de la sostenibilidad en la educación superior. Además, dirige proyectos de innovación docente entre los que destacan EIDeS, proyecto de movilidad de estudiantes para la realización de prácticas profesionales en proyectos de sostenibilidad de ONGD en países de Latinoamérica y Banco de retos, proyecto que se trabajan en red con universidades latinoamericanas para la aplicación del aprendizaje servicio a través de equipos internacionales de estudiantes. Es directora Académica de los cursos de verano agenda 2030 de la Universidad de La Rioja desde 2016 y miembro del grupo de trabajo de sostenibilización curricular de CRUE sostenibilidad.
Silvana Longueira Matos (Coord.). Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e membro do Grupo de Investigación Terceira Xeración (TeXe) da Universidade de Santiago de Compostela, integrado na Rede Internacional de Pedagoxía Mesoaxiológica (RIPEME) en colaboración coa Rede Iberoamericana de Pedagoxía (REDIPE). As súas liñas de investigación céntranse en artes e educación e na Educación para o Desenvolvemento Sustentable e a Cidadanía Global. Coordinou o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC (2014-2022), o Grupo de Traballo de Sostibilización Curricular de Crue-Universidades (2020-2022), membro do Grupo de Traballo de Educación para o Desenvolvemento do Consello Estatal de Cooperación do Ministerio de Asuntos Exteriores Unión Europea e Cooperación (2018-2022) e membro do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Xunta de Galicia).