Ir o contido principal
STG

Masterclass e panel de discusión: El uso de datos, inteligencia artificial y metaverso en el servicio audiovisual público

  • 2023/2024

A actividade 'El uso de datos, inteligencia artificial y metaverso en el servicio audiovisual público' é unha mesa redonda que ten como obxectivo amosar unha primeira perspectiva do novo mundo social e tecnolóxico ao que se poden enfrontar os medios de comunicación e a sociedade nun futuro próximo. Esta actividade englóbase dentro da Escola de Doutoramento Internacional de Verán 'The values of the commons in the digital society' está concebida como un espazo aberto para que o alumnado de doutoramento poida enriquecer as súas investigacións e coñecementos da nova comunicación denominada 'Alta Tecnoloxía'. As tecnoloxías disruptivas propoñen un novo escenario dixital audiovisual. Este novo escenario provoca que sexa tema de estudio cada vez mais frecuente debido aos numerosos axentes que participan. A irrupción do Metaverso provocou un cambio no paradigma do escenario dixital que coñecíamos ata o de agora. Este novo fenómeno tecnolóxico, social e comunicativo xa comeza a ter cabida nos medios de servicio público como un novo espacio de comunicación, interacción coa audiencia, promoción e difusión de contidos, có potencial de sumarse á oferta audiovisual das corporacións e alcanzar aos usuarios mais mozos. A temática central desta actividade é a de amosar como os medios de servicio público son capaces de adaptarse ás novas exixencias das audiencias mais fragmentadas no mundo da comunicación e o xornalismo. Con todo, búscase crear un debate, reflexións e experiencias para os estudantes de doutoramento que faga deste tema una nova perspectiva a ter en conta entre tódolos estudantes dos PD de Comunicación e Información ou Ciencias Sociais e Xurídicas.