Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS con interese en mellorar as súas competencias e habilidades para o traballo en equipo.
Localización
Santiago
Modalidade
Presencial
Duración
Horas presenciais: 15
Total: 15
Matrícula na actividade
02/04/2024 - 10/06/2024
Desenvolvemento da actividade
17/06/2024 - 19/06/2024
Profesor/a externo/a
Sandra Rodríguez Couso
Profesor/a
Jose Luis Pastoriza Rozas
| Grupo | Lugar | Datas | Horario |
|---|---|---|---|
| Teambuilding: aprendendo a traballar con xeito en equipo (Santiago) | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | NOVAS 17 e 19 de xuño de 2024 | 17 de xuño, luns, de 10.00 a 20.00 h.; 19 de xuño, mércores, de 9.30 a 14.30 h. |
Aplicarase a metodoloxía da aprendizaxe experiencial de tal xeito que o curso carece de sesións teóricas. As aprendizaxes desenvolveranse a partir da realización dunha serie de dinámicas activas en equipo orientadas ao desenvolvemento das competencias de comunicación, cooperación, liderado, escoita activa e feedback. Tras cada actividade realizarase unha sesión colectiva de revisión das aprendizaxes vinculadas a cada dinámica cunha revisión final en común
Martes, 16 de abril
- 09.00. Benvida e presentación.
- 09.15. Actividade 1. Un desafío de innovación. A Marte!
- 10.00. Revisión en común inicial: Botar as cartas: a nosa experiencia previa no traballo en equipo.
- 11.00. Actividade 2: Desafiando os nosos marcos mentais.
- 12.00. Pausa
- 12.30. Actividade 3: Comunicación cega. Treboada espacial.
- 13.15. Actividade 4: As ovellas de Panurgo.
- 13.45. Revisión en común final: Botar as cartas: revisión de aprendizaxes.
- 14.00. Despedida
Xoves, 18 de abril
- 09.00. Benvida.
- 09.15. Actividade 5: Un pau non pode flotar.
- 09.45. Actividade 6: Un paseo por Marte.
- 10.30. Actividade 7: GPS.
- 11.15. Actividade 8: Pelota ingrávida.
- 11.30. Actividade 9: Nó humano.
- 12.00. Pausa.
- 12.30. Actividade 10: Portal interestelar.
- 13.00. Revisión en común final: Botar as cartas: revisión de aprendizaxes.
- 14.00. Despedida
Martes, 23 de abril
-
09.00. Benvida.
-
09.15. Actividade 11: Frechas invisibles.
-
09.45. Actividade 12: Cadrados rotos.
-
10.15. Revisión de aprendizaxes.
-
11.30. Pausa.
-
12.00. Revisión de aprendizaxes.
-
13.30. Feedback e avaliación.
-
14.00. Despedida
-
Recomendacións: Para a realización das dinámicas activas recoméndase vir vestido con roupa cómoda e calzado deportivo. As actividades programadas teñen un nivel de esixencia física baixo.
Xosé Luís Pastoriza Rozas
Xosé Luís Pastoriza Rozas é Profesor Axudante Doutor no Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da USC. MSc NGOs and Development pola London School of Economics and Political Science. GradSchool Tutor certificado por Vitae-UK en competencias transferibles.
ORCID: https://orcid.org/0000-0002-4193-8375
Sandra Rodríguez Couso
Sandra Rodríguez Couso é licenciada en Xornalismo e Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela. Experta en educación emocional, acompañamento educativo, e procesos de participación e traballo en equipo.