Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. O alumnado debe de acudir con ordenador portátil.
Localización
Santiago
Modalidade
Presencial
Duración
Horas presenciais: 12
Horas de traballo: 4
Total: 16
Matrícula na actividade
20/02/2024 - 27/02/2024
Desenvolvemento da actividade
05/03/2024 - 21/03/2024
Profesor/a
Mercedes Conde Amboage
| Grupo | Lugar | Datas | Horario |
|---|---|---|---|
| Introdución a R, estatística e visualización | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de marzo de 2024 | de 16:30 a 18:30 horas |
Os contidos do curso, de carácter práctico, contemplan tanto aspectos relacionados co propio programa como conceptos fundamentais da Estatística, que se traballarán sobre exemplos de datos con R. Os contidos que se abordarán poden agruparse nos seguintes bloques:
- Bloque I. Introdución ao software estatístico R.
- Bloque II. Estatística descritiva: táboas de frecuencias, resumos numéricos e ferramentas gráficas.
- Bloque III. Introdución á Inferencia paramétrica: estimación puntual, intervalos de confianza e contrastes de hipóteses.
Mercedes Conde Amboage
Mercedes Conde Amboage (Arzúa, 1988) é Profesora Contratada Doutora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (USC). Obtivo o seu doutoramento en Matemáticas en abril de 2017, coa tese titulada “Statistical Inference in Quantile Regression Models”, baixo a dirección dos Prof. Dres. Wenceslao González-Manteiga (USC) e César A. Sánchez Sellero (USC). Posteriormente, traballou como investigadora posdoutoral na Ensai École Nationale De La Statistique Et De L'analyse De L'information (ENSAI, Francia) e na Katholieke Universiteit te Leuven (KU Leuven, Bélxica) financiada cunha bolsa da Xunta de Galicia. Durante todo este período de actividade docente e investigadora, impartiu cursos de formación de Estatística en diversos eidos, por exemplo o “Introdución á Estatística con R” organizado a través do PFID da USC ou “Visualización e análise de datos con R” organizado no marco da USC de Verán.