Evolución do consumo enerxético dun edificio industrial segundo distintos escenarios do cambio climático
Autoría
S.C.S.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable

Data da defensa
02.02.2026 16:30
02.02.2026 16:30
Resumo
No presente traballo de fin de máster (TFM) realízase un estudo da evolución do consumo e da eficiencia enerxética dunha nave industrial xenérica baixo as distintas condicións climáticas proxectadas polos escenarios de cambio climático do IPCC para dous períodos futuros. Utilizaranse simulacións enerxéticas mediante o software IESVE para estudar o comportamento e consumo do sistema de climatización baixo as distintas cargas térmicas esperadas, avaliando posibles medidas de adaptación co obxectivo de reducir o aumento de gasto enerxético en refrixeración, derivado do aumento de temperatura exterior.

Dirección
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Titoría)
Heras Reverte, Víctor de las Cotitoría
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Titoría)
Heras Reverte, Víctor de las Cotitoría
Tribunal
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
Doldán García, Xoán Ramón (Secretario/a)
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON (Vogal)

Estudo da implantación de bombas de calor no sector industrial: aplicación nunha fábrica de queixo en Galicia
Autoría
G.F.S.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
G.F.S.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
Data da defensa
02.02.2026 16:30
02.02.2026 16:30
Resumo
A descarbonización do sector industrial constitúe un dos principais retos actuais na loita contra o cambio climático. Neste contexto, as bombas de calor preséntanse como unha tecnoloxía clave para reducir o consumo de combustibles fósiles e as emisións de gases de efecto invernadoiro mediante a electrificación dos procesos térmicos. O presente traballo analiza a viabilidade da implantación de bombas de calor no sector industrial a través dun caso de estudo desenvolvido nunha fábrica de queixos situada en Galicia. Nunha primeira parte realízase unha revisión dos fundamentos teóricos das bombas de calor, incluíndo o seu principio de funcionamento, clasificación, eficiencia enerxética e impacto ambiental, con especial atención ás aplicacións industriais. A continuación, desenvólvese o caso de estudo, comezando pola análise das necesidades térmicas da fábrica e a descrición das instalacións actuais de xeración térmica e eléctrica. Posteriormente, proponse a substitución da caldeira de gas natural existente por un sistema térmico baseado nunha bomba de calor de alta temperatura, capaz de aproveitar a calor residual do proceso produtivo para a xeración de vapor destinado á pasteurización do leite. Avalíase a viabilidade técnica do sistema proposto, así como o seu impacto no consumo eléctrico da fábrica e na instalación fotovoltaica existente. Finalmente, realízase unha análise económica e ambiental. Os resultados evidencian que a substitución da caldeira polo sistema térmico proposto é viable tanto técnica como economicamente, obtendo un aforro anual relevante e unha redución de emisións significativa. Non obstante, identifícanse importantes barreiras como a complexidade das solucións, a falta de estandarización e a percepción de risco por parte do cliente, que limitan a súa implantación directa como substitución das caldeiras convencionais. Así, a pesar das limitacións actuais, as bombas de calor industriais presentan un elevado potencial para desempeñar un papel clave na transición enerxética da industria no medio e longo prazo.

López González, Xurxo Cotitoría
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Titoría)
López González, Xurxo Cotitoría
Tribunal
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
Doldán García, Xoán Ramón (Secretario/a)
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON (Vogal)
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
Doldán García, Xoán Ramón (Secretario/a)
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON (Vogal)
Hacia a neutralidade enerxética nunha Estación Depuradora de Augas Residuias (EDAR) mediante o aproveitamento de biogás procedente da dixestión anaerobia
Autoría
C.F.V.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
C.F.V.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
Data da defensa
02.02.2026 16:30
02.02.2026 16:30
Resumo
O presente Traballo Fin de Máster analiza a viabilidade técnica, legal, enerxética, medioambiental e económica de avanzar cara a neutralidade enerxética nunha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) mediante o aproveitamento do biogás xerado na dixestión anaerobia das lamas da propia depuradora. O estudo céntrase nunha EDAR de máis de 100.000 habitantes equivalentes, que dispón de tratamento integral das augas e dunha liña de lamas con dixestión anaerobia mesófila. Proponse a análise comparativa de tres escenarios: a situación actual sen coxeneración, a implantación dun sistema de coxeneración mantendo a dixestión mesófila existente e a implantación da coxeneración xunto cun cambio a dixestión termófila. Co obxectivo de contextualizar o traballo, inclúese unha breve explicación do funcionamento dunha EDAR, así como conceptos básicos sobre dixestión. Para cada caso realízanse balances de materia e enerxía, o dimensionamento básico dos equipos principais, unha avaliación da capacidade de cobertura das demandas enerxéticas da planta con fontes de enerxía de orixe fósil e o seu impacto sobre o grado de neutralidade. Complétase o traballo cunha análise económica que inclúe estimación de investimentos, custos e indicadores de rendibilidade, permitindo determinar a alternativa máis rentable para contribuír á neutralidade enerxética da instalación. Finalmente, inclúese a selección da solución óptima seguindo os criterios legais, técnicos, medioambientais e económicos.

RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO (Titoría)
Seijo Maroño, Iván Cotitoría
RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO (Titoría)
Seijo Maroño, Iván Cotitoría
Tribunal
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
Doldán García, Xoán Ramón (Secretario/a)
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON (Vogal)
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
Doldán García, Xoán Ramón (Secretario/a)
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON (Vogal)
Estudo integral de viabilidade para a implantación de sistemas de almacenamento de enerxía en baterías
Autoría
L.L.A.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
L.L.A.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
Data da defensa
02.02.2026 16:30
02.02.2026 16:30
Resumo
No contexto do cambio climático e da transición enerxética, o presente traballo desenvolve un estudo integral de viabilidade para a implantación de sistemas de almacenamento de enerxía mediante baterías (BESS). O estudo céntrase na subestación Villanueva de los Escuderos 400 kV, en Cuenca, avaliando de maneira detallada os aspectos técnicos, urbanísticos, medioambientais e económicos necesarios para o seu desenvolvemento. Para isto, deseñáronse dúas configuracións tecnolóxicas baseadas en baterías de ión-litio con tempos de descarga de 2 e 4 horas, analizando a súa integración na rede eléctrica, incluíndo o deseño da subestación elevadora e da liña de evacuación. O estudo tamén considera os impactos ambientais e o cumprimento da normativa vixente, asegurando que o proxecto se enmarca dentro das condicións legais actuais. Os resultados obtidos confirman a viabilidade técnica e económica do proxecto, evidenciando o papel estratéxico do almacenamento enerxético para garantir a estabilidade do sistema eléctrico e favorecer a integración de fontes renovables. En particular, subliña a súa contribución á optimización do aproveitamento dos excedentes renovables, facilitando unha transición máis eficiente cara a un modelo enerxético descarbonizado. Este traballo proporciona unha guía práctica para a planificación e implementación de proxectos de almacenamento, demostrando que a combinación de tecnoloxía avanzada, deseño adecuado e apoio normativo pode converter o almacenamento enerxético nun compoñente clave para a transición enerxética española.

FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA (Titoría)
Fernandez Estrella, Florencia Aldana Cotitoría
FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA (Titoría)
Fernandez Estrella, Florencia Aldana Cotitoría
Tribunal
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
Doldán García, Xoán Ramón (Secretario/a)
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON (Vogal)
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
Doldán García, Xoán Ramón (Secretario/a)
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON (Vogal)
Avaliación e valorización dos recursos ecosistémicos de San Martiño Armenteira Sector II (Meis)
Autoría
I.T.M.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
I.T.M.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
Data da defensa
02.02.2026 16:30
02.02.2026 16:30
Resumo
Nas Rías Baixas, en Galicia é moi común un mosaico forestal que tende ó monocultivo e a discontinuidade entre servizos ecosistémicos. Esto produce unha serie de consecuencias que, xunto con outras como o cambio climático, favorecen riscos naturais como a aridez do solo, contaminación das augas e aumento da frecuencia e intensidade de incendios. Este documento pretende por en valor unha parcela típica que contén as características mencionadas, tanto dende un punto de vista da conservación como da economía co fin de visualizar a importancia de protexer os servizos ecosistémicos da mesma.
Nas Rías Baixas, en Galicia é moi común un mosaico forestal que tende ó monocultivo e a discontinuidade entre servizos ecosistémicos. Esto produce unha serie de consecuencias que, xunto con outras como o cambio climático, favorecen riscos naturais como a aridez do solo, contaminación das augas e aumento da frecuencia e intensidade de incendios. Este documento pretende por en valor unha parcela típica que contén as características mencionadas, tanto dende un punto de vista da conservación como da economía co fin de visualizar a importancia de protexer os servizos ecosistémicos da mesma.
Dirección
RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO (Titoría)
RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO (Titoría)
Tribunal
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
Doldán García, Xoán Ramón (Secretario/a)
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON (Vogal)
BREA SANCHEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
Doldán García, Xoán Ramón (Secretario/a)
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON (Vogal)
Análise da viabilidade financeira da produción de biochar a partir de cachaza e vinaza da cana de azucre no Valle del Cauca, Colombia
Autoría
I.A.V.Y.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
I.A.V.Y.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
Data da defensa
02.02.2026 16:30
02.02.2026 16:30
Resumo
Este traballo analiza a viabilidade financeira da produción de biochar a partir de cachaza e vinaza xeradas pola agroindustria da cana de azucre no Valle do Cauca, Colombia. O estudo integra a avaliación da dispoñibilidade das materias primas, a selección tecnolóxica do proceso de pirólise, a estimación dos custos de investimento e operación, e a análise dos ingresos asociados á venda de biochar como insumo agrícola e á xeración de créditos no mercado voluntario de carbono. Os resultados amosan que o proxecto é financeiramente viable baixo os supostos formulados, especialmente cando se consideran ingresos adicionais procedentes do mercado de carbono. Non obstante, identifícanse desafíos relevantes asociados á falta dun marco regulatorio específico para o biochar, á limitada consolidación do mercado e á necesidade de respaldo institucional e técnico. En conxunto, o traballo conclúe que a valorización da cachaza e da vinaza mediante a produción de biochar representa unha alternativa economicamente viable e ambientalmente favorable, sempre que se acompañe dun marco regulatorio axeitado, dunha maior difusión da información, do desenvolvemento de proxectos piloto e da articulación con actores clave do sector agroindustrial e ambiental.

ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA (Titoría)