Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxías de Información Cuántica

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Ámbito de coñecemento
Física y astronomía.
Centro(s)
Facultade de Física
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813952 (Conserxería)
881813954 (Decanato)
fisica.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Javier Mas Sole
Contacto
javier.mas [at] usc.es

A ciencia atópase inmersa nunha “segunda revolución cuántica” que procura aproveitar o control sobre os fenómenos cuánticos logrado nas últimas décadas para crear tecnoloxías efectivas en diferentes campos, particularmente na xestión da información. Esta nova revolución xerará importantes oportunidades nos próximos anos, asociadas ás tecnoloxías de simulación, sensores, computación, comunicacións e criptografía. As aplicacións esperadas inclúen o manexo eficiente de conxuntos de datos moi grandes, a solución de problemas combinatorios exponenciais (con aplicacións á loxística), o deseño por computador de moléculas e fármacos, a implementación de comunicacións secretas e xeración de claves seguras, ou a capacidade de medir cantidades físicas con moita maior precisión (metroloxía cuántica).

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4318542
Número de ECTS: 60
Número prazas: 8

Decano/a ou director/a do centro:
MARIA ELENA LOPEZ LAGO
elena.lopez.lago [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Javier Mas Sole
javier.mas [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da última acreditación:
30/05/2023

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 15
Optativas: 27
Prácticas externas OB 3
Traballo fin de máster: 15
Total: 60

O plan de estudos do mestrado non contempla especialidades ou menciones pero si itinerarios de carácter voluntario que poderán figurar no SET:

-Computación Cuántica
-Comunicacións Cuánticas
-Física da Información Cuántica

Para obter o máster por un itinerario o alumnado terá que cursar os 15 créditos optativos do módulo correspondente.

Plan de estudos de 60 ECTS que se estrutura do seguinte modo:

  • Obrigatorios 15
  • Opativos 27
  • Prácticas externas 3
  • Traballo fin de máster 15

O plan de estudos do máster non contempla especialidades pero si itinerarios de carácter voluntario que poderán figurar no SET:

  • Computación Cuántica
  • Comunicacións Cuánticas
  • Física da Información Cuántica

Para obter o máster por un itinerario o alumnado terá que cursar os 15 créditos optativos do módulo correspondente.

Arquitecturas da computación cuántica

  • P1261216
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Ciencia e tecnoloxía da supercondutividade

  • P1261217
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Comunicacións cuánticas vía satélite

  • P1261218
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Fotónica de semicondutores

  • P1261219
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Introdución á simulación cuántica

  • P1261220
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Laboratorio de comunicacións cuánticas

  • P1261221
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Mecánica cuántica avanzada

  • P1261222
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Métodos numéricos en computación cuántica

  • P1261223
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Prácticas externas II

  • P1261225
  •  
  • Optativo
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 3 créditos

Sistemas cuánticos baseados en regras

  • P1261226
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Técnicas experimentais para a información cuántica

  • P1261227
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

O perfil de ingreso recomendado é o de titulados universitarios no ámbito das ciencias (principalmente Física pero tamén Química, Matemáticas, Nanociencia e Nanotecnoloxía e outras titulacións relacionadas) e da enxeñaría (principalmente Enxeñaría Informática e Enxeñaría de Telecomunicacións, pero tamén Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Aeroespacial, Enxeñaría Física e outras titulacións relacionadas).

Nun sentido máis concreto, son necesarios coñecementos no ámbito das Matemáticas (álxebra lineal, análise, probabilidade) e recomendábeis en programación básica.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 15
Optativas: 27
Prácticas externas OB 3
Traballo fin de máster: 15
Total: 60

A USC, a través do ORE, mantén un sistema de información permanente a través da web que se complementa con campañas e accións informativas específicas de promoción das convocatorias. Ademais, conta con recursos de apoio para o estudantado de acollida, tales como a reserva de prazas nas Residencias Universitarias, ou o Programa de Atención a Estudantes Extracomunitarios (PATEX) do Vicerreitorado con competencias en mobilidade, a través do cal voluntarios/as da USC realizan tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na Universidade do alumnado de acollida.

En canto a estudantes de acollida, organízase unha sesión de recepción, ao comezo de cada cuadrimestre, na cal se informan e orientan sobre o centro e os estudos, á vez que se poñen en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e o persoal do centro implicado na súa atención.

A Facultade de Física da USC, ademais dos responsábeis citados anteriormente, conta coa colaboración de varios docentes que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é tutelar e asistir nas súas decisións académicas ao alumnado propio e de acollida, así como asinar os acordos académicos de mobilidade que aseguren que a acción se encadre nos obxectivos e competencias do título.

O centro, co responsábel académico de mobilidade e da Comisión de Título, promove a incorporación de novos acordos académicos baseándose en recomendacións do persoal docente, e vela porque esas accións sexan un complemento á formación do alumnado do centro, avaliando anualmente a renovación de cada acordo.

A selección de candidatos é levada a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección composta polas coordinadoras Erasmus e Sicue-Séneca do Centro, a persoa responsábel de mobilidade e a xestora, acorde cos criterios de baremación previamente definidos.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:

1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Admisión

Modalidade: Criterios específicos

Titulacións de acceso

- Grao en Física, Enxeñaría de Telecomunicacións ou Informática ou equivalentes (6 ptos.)
- Outras titulacións de Grao en Enxeñaría e equivalentes (até 4 ptos.)
- Outras titulacións de Grao en Ciencia e Tecnoloxía: Química, Matemáticas, Nanotecnoloxía, e equivalentes (até 4 ptos.)

Criterios de Selección:

-Titulación de acceso: até 6 puntos
-Expediente académico: até 2 puntos
-Outros mestrados cursados en temas afíns: até 1 punto
-Experiencia profesional ou investigadora: até 1 punto

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: Criterios específicos

Titulacións de acceso

- Grao en Física, Enxeñaría de Telecomunicacións ou Informática ou equivalentes (6 ptos.)
- Outras titulacións de Grao en Enxeñaría e equivalentes (até 4 ptos.)
- Outras titulacións de Grao en Ciencia e Tecnoloxía: Química, Matemáticas, Nanotecnoloxía, e equivalentes (até 4 ptos.)

Criterios de Selección:

-Titulación de acceso: até 6 puntos
-Expediente académico: até 2 puntos
-Outros mestrados cursados en temas afíns: até 1 punto
-Experiencia profesional ou investigadora: até 1 punto

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo

- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos

- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades

- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Manter e estender formulacións teóricas fundadas para permitir a introdución e explotación de conceptos e desenvolvementos avanzados nos diversos ámbitos das tecnoloxías cuánticas.
- Manexar con soltura e rigor os fundamentos teóricos e as técnicas dos sistemas cuánticos: comunicación cuántica, información cuántica e computación cuántica
- Buscar e seleccionar a información útil, necesaria para resolver problemas complexos do ámbito das tecnoloxías cuánticas, manexando as fontes bibliográficas do campo.
- Elaborar adecuadamente e con orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo, artigos científicos e formular hipóteses razoábeis de traballo.

- Comprender o dominio, os conceptos, os métodos e as técnicas básicas da mecánica cuántica: formalismo matemático, postulados, operadores, matrices, esfera de Bloch, estados fotónicos.
- Coñecer e adquirir competencia nas técnicas experimentais para o procesado da información cuántica: interaccións, medidas, oscilacións, interferencias, sistemas de comunicación...
- Comprensión e coñecemento dos fundamentos da Teoría Cuántica da Información, así como os aspectos básicos do catro tipos de tecnoloxías cuánticas: computación, comunicacións, metroloxía e simulación.
- Coñecer e saber aplicar as teorías físicas inherentes á comprensión dos sistemas para o procesado da información cuántica, incluíndo a termodinámica cuántica así como aspectos avanzados de magnetismo e mecánica cuántica.
- Coñecer e comprender a natureza das plataformas físicas para o procesado da información cuántica en sistemas de estado sólido: sistemas supercondutores, criociencia e materiais cuánticos, incluíndo o estudo de estados topológicos.
- Coñecer e comprender a natureza das plataformas físicas para o procesado da información cuántica en sistemas fotónicos: óptica cuántica, sistemas ópticos integrados, sistemas opto-atómicos, sistemas de detección e medida, fotónica de semicondutores.
- Adquirir e saber aplicar os principios básicos da computación cuántica: analizar, comprender e implementar algoritmos cuánticos, dominando as linguaxes informáticas apropiadas así como comprender o paradigma de circuíto cuántico.
- Coñecer os algoritmos e estratexias de computación clásica inspirados en computación cuántica: redes tensoriais, estados produto de matrices, etc.
- Coñecer e saber aplicar aspectos avanzados de computación cuántica: aprendizaxe cuántica, arquitectura cuántica eficiente, modo de operación dos aceleradores cuánticos, computación de altas prestacións, sistemas cuánticos baseados en regras e aplicacións a cálculo numérico.
- Coñecer escenarios de aplicación práctica da computación cuántica en problemas de interese científico, tecnolóxico e financeiro. Identificación de dominios que exhiban vantaxe cuántica. Coñecer as institucións e empresas que son actores na computación cuántica, adquirindo unha prespectiva da axenda que é razoábel esperar nos próximos anos.
- Adquirir unha base sólida sobre a teoría cuántica da información na súa aplicación ás comunicacións cuánticas, asi como sobre a tecnoloxía de dispositivos fotónicos empregados en comunicacións cuánticas, tanto terrestres como aéreas e vía satélite.
- Adquirir destrezas para o deseño e a estimación de recursos que permitan o desenvolvemento de canles e redes de comunicación cuántica e de computación distribuída. Coñecer o estado de desenvolvemento e de implementación actual de redes cuánticas, e os plans para a súa expansión.
- Coñecer as estratexias de criptografía cuántica e a súa viabilidade e solvencia no contexto da internet cuántica, quantum blockchain, e as comunicacións secretas, adquirindo unha visión panorámica dos actores que serán esenciais no seu despregamento.

- Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
- Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
- Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
- Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
- Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
- Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudábeis.
- Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentábel ambiental, económico, político e social.
- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
- Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, estabelecer prazos e cumprilos
- Ser capaz de aplicar os coñecementos, capacidades e actitudes á realidade empresarial e profesional, planificando, xestionando e avaliando proxectos no ámbito das tecnoloxías cuánticas.
- Ser capaz de expor, modelar e resolver problemas que requiran a aplicación de métodos, técnicas e tecnoloxías de intelixencia artificial

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

As prácticas externas obrigatorias constitúen unha materia de tres créditos ECTS que deberá cursar o alumno/a. O obxectivo desta materia é que o estudante coñeza a realidade laboral dunha empresa ou institución, adquirindo experiencia e habilidades profesionais e aplicando nun contorno real os coñecementos adquiridos.

As prácticas externas obrigatorias poderán complementarse cursando a materia optativa “Prácticas externas II” en colaboración con organizacións empresariais ou académicas. Esta materia ten unha extensión de tres créditos ECTS.

A titulación contempla un traballo fin de máster de 15 créditos. O alumno/a desenvolverá un traballo no ámbito das materias que está a cursar cuxo alcance estea de acordo co número de créditos da materia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2024.