O procedemento para a solicitude e tramitación de recoñecementos está recollido no título IV do Regulamento. Pódese acceder ao catálogo de procedementos da Sede Electrónica para facer a solicitude que corresponda en cada caso nesta ligazón.
IMPORTANTE: Para continuar estudos en titulacións de grao o estudantado deberá ter recoñecidos como mínimo 30 ECTS na titulación na que solicite cursar estudos.
O artigo 6 do Regulamento introduce a posibilidade de solicitar unha consulta previa do expediente para os efectos de ser informado/a das materias e actividades recoñecibles nunha titulación impartida na USC. Esta consulta é obrigatoria nos supostos nos que o acceso á universidade precise do recoñecemento dun mínimo de créditos en aplicación da normativa de acceso e/ou continuación de estudos. Quen solicite esta consulta previa deberá aboar a tarifa prevista para o estudo do expediente. (Artigo 6 do Regulamento e Resolución Reitoral da convocatoria)