Ir o contido principal
STG

Exposición. Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación (Campus Norte)

‘8 mulleres galegas que moveron os marcos’

13.01.2026-29.01.2026 | 08.30h-21.00h

Sala de lectura

A mostra, que permanecerá aberta ao público na Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación do 13 ao 29 de xaneiro, presenta oito personalidades galegas, de nacenza ou adopción, que foron pioneiras dalgún xeito naqueles eidos nos que desenvolveron a súa actividade.

A mostra poderá visitarse do 13 ao 29 de xaneiro na biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación (Campus Norte)
A mostra poderá visitarse do 13 ao 29 de xaneiro na biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación (Campus Norte)

A Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación (Campus Norte) acolle do 13 ao 29 de xaneiro a mostra "8 mulleres galegas que moveron os marcos",  que permanecerá exposta na sala de lectura da biblioteca. A exposición presenta oito personalidades galegas, de nacenza ou adopción, que foron pioneiras dalgún xeito naqueles eidos nos que desenvolveron a súa actividade. Son mulleres con moi diversas traxectorias vitais, cuxo denominador común é ter sido quen de internarse en territorios reservados, polo común, aos homes. A maiores na biblioteca ofrécese unha escolma de obras doutras mulleres destacadas no ámbito  da Educación.

As protagonistas da mostra son:

  • María Luz Morales, primeira directora dun xornal en España.
  • María Barbeito, educadora que achegou precozmente ao noso país as máis modernas teorías pedagóxicas que se estaban a xestar en Europa.
  • Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora dun dispositivo precursor do libro electrónico.
  • Elisa Patiño, a primeira aviadora galega e unha das primeiras en Europa.
  • Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira da que temos noticia.
  • Concepción Pérez Iglesias, tamén mestra, primeira alcaldesa de Galicia e unha das primeiras de España.
  • María Wonenburger, investigadora en álxebra e primeira muller española que obtivo unha bolsa Fullbright.
  • Maruxa Villanueva, actriz, cantante e emprendedora teatral en Galicia e alén do Atlántico.

Podes atopar máis información na guía virtual da BUSC sobre a exposición.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.01.2026.