Para garantizar ao máximo o acceso á plataforma CAS SciFinder Discovery, CAS está organizando unha serie de webinarios adaptados a diferentes disciplinas científicas. Cada sesión inclúe demostracións científicas, consellos prácticos e tempo para preguntas cos técnicos.
As sesións, dirixidas a estudantes, investigadores, académicos e bibliotecarios, terán unha duración de 45 minutos e serán impartidas en español e/ou inglés.
Os asistentes poderán inscribirse a tantas sesións como precisen. Na páxina de CAS poderás atopar máis información e as ligazóns de rexistro. Todas as persoas rexistradas recibirán a gravación, pero só as que asistan en directo recibirán un certificado de asistencia.
As sesións están dirixidas ás seguintes áreas:
- Síntese (Química orgánica/sintética)
- Ciencias médicas, biolóxicas e da saúde
- Desenvolvemento de fármacos e formulacións cosméticas (Farmacia, Cosmética, Ciencias farmacéuticas e clínicas)
- De nanopartículas a polímeros (Química inorgánica, Polímeros e Ciencia de materiais)
- Materiais, electrónica e tecnoloxías enerxéticas (Inxeniería e Ciencia de materiais)
- Terra, mar e ceo (Ciencias ambientais e agrícolas)
- Patentes (para todos os científicos)
Inscríbete nesta páxina.