Ir o contido principal
STG
chave
A inserción laboral das persoas con dispacidade faise a través do proxecto Mentoring Inclusivo.

O Proxecto Mentoring Inclusivo forma parte do programa Mentoring USC Desenvolvemento Profesional e deseñouse para poner en contacto estudantado de máster e derradeiro ano de grao que teña acreditada a súa condición de discapacidade con directivos profesionais que poidan orientalos e apoialos na busca de emprego e no desenvolvemento da súa carreira profesional. A convocatoria comezou este curso coa participación de catro alumnas/os dos graos de Lingua e Literatura Españolas, Filosofía e Xornalismo e do Máster de Profesorado.

O obxectivo é axudar a reducir a incerteza do alumnado que rematou ou está a punto de rematar a súa etapa universitaria e carece de referencias previas para orientar axeitadamente o seu perfil ao mercado laboral. O novo programa permite ademais completar un círculo que se inicia nas aulas co proceso formativo e ao que agora se suma o contacto co mundo laboral. Poden ser mentoras ou mentores calquera directivo, profesional ou emprendedor/a con preparación que estea disposta/o a dedicar una parte do seu tempo a escoitar as inquedanza do estudantado, compartir coñecementos e experiencias e aconsellar ás persoas "mentorizadas".

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.02.2023.