Co obxecto de dar cumprimento ao título segundo do Regulamento do Servizo Universitario de Residencias
(SUR), o Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aproba a convocatoria de
prazas de aloxamento para o curso académico 2024-2025.
AVISO IMPORTANTE
Por este motivo, non se publicarán novos movementos de admitidos/as, lista de agarda nin cambios de centro.
No caso de que se produzan renuncias, comunicarase por correo electrónico ás persoas que lles corresponda seguindo a orde da lista de agarda, onde se lle indicará o prazo do que disporán para o pagamento da fianza. De non facelo, entenderase que renuncian ao seu dereito á praza.
Tamén se comunicarán por correo electrónico os posibles cambios de centro que se poidan producir por renuncias.
PRAZAS ASIGNADAS A CADA SECTOR
O número total de prazas que se ofertan nesta convocatoria 2024-2025 ascende a 910 repartidas por grupos e sectores tal e como se mostra na seguinte táboa:
Sectores | Grupo I | Grupo II | |||
N.º de prazas | % | N.º de prazas | % | TOTAL PRAZAS | |
Estudantes de Grao | 747 | 82,08 | 57 | 6,26 | 804 |
Estudantes de Máster Universitario Oficial | 42 | 4,62 | 3 | 0,33 | 45 |
Estudantes de Programas de Doutoramento a tempo completo e Investigadores en Formación | 15 | 1,65 | 6 | 0,66 | 21 |
Estudantes de cursos de Posgrao Propios | 4 | 0,44 | 1 | 0,11 | 5 |
Membros da comunidade universitaria con necesidades educativas específicas derivadas dunha condición de discapacidade. | 23* | 2,53 | 7* | 0,77 | 30* |
Persoal docente e investigador e Persoal de administración e servizos | ---- | ---- | 5 | 0,55 | 5 |
TOTAL | 831 | 91,32 | 79 | 8,68 | 910 |
* Neste apartado está incluída a oferta de 13 prazas en cuarto adaptado.
CALENDARIO DA CONVOCATORIA ORDINARIA DE PRAZAS DE ALOXAMENTO DO SUR. CURSO 2024-2025
Presentación de solicitudes |
Dende a publicación ata as 14 horas do 27 de xuño |
Achegar máis documentación á solicitude |
Ata o 28 de xullo |
Comisión de Garantías |
Ata o 17 de xullo |
Publicación lista provisional de solicitudes admitidas a trámite e excluídas |
22 de xullo |
Prazo para emendar as solicitudes |
Ata o 28 de xullo |
Publicación de: - listas definitivas admitidos/as en cada centro - lista de agarda - relación de excluídos |
1 de agosto |
Confirmación da permanencia na lista de agarda |
Ata o 5 de agosto |
Pagamento da fianza |
Do 1 ao 5 de agosto |
Publicación do 1º movemento da lista de agarda e cambios de centro |
7 de agosto |
Pagamento da fianza para admitidos/as no 1º movemento |
Do 7 ao 11 de agosto |
Publicación do 2º movemento da lista de agarda e cambios de centro |
13 de agosto |
Pagamento da fianza para admitidos/as no 2º movemento |
Do 13 ao 18 de agosto |
Renuncia á praza sen causa xustificada e con dereito á devolución da fianza |
Ata o 10 de setembro |
Incorporación aos centros |
Dende o 6 de setembro |
Publicación da adxudicación provisional das cotas |
Primeira quincena de setembro |
Prazo de reclamación ás cotas adxudicadas provisionalmente |
10 días naturais (a contar dende a publicación das cotas) |
Publicación da lista definitiva de cotas asignadas |
Despois de resolver as reclamacións |
COTAS E PREZOS
En función da Renda Persoal Dispoñible (RPD), calculada segundo a puntuación económica publicada nas Bases da convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do SUR aprobadas por Consello de Goberno o 30 de abril de 2021 e modificadas o 30 marzo de 2023, establécense as seguintes cotas e prezos para esta convocatoria:
GRUPO I |
|||||
RPD |
Cota |
Prezo / mes |
|||
Cuarto Individual |
Cuarto dobre compartido |
||||
Ata 2.500 € |
A |
62 € |
46 € |
||
Entre 2.500,01 € e 3.800 € |
B |
97 € |
74 € |
||
Entre 3.800,01 € e 5.050 € |
C |
124 € |
104 € |
||
Entre 5.050,01 € e 6.500 € |
D |
160 € |
140 € |
||
Entre 6.500,01 € e 8.999,99 € |
E |
219 € |
171 € |
||
Desde 9.000 € |
F* |
292 € |
251 € |
*Cota dos/as bolseiros/as do Ministerio de Educación e Formación Profesional co compoñente de residencia.
GRUPO II |
||
Cota |
Prezo / mes |
|
Cuarto individual |
Cuarto dobre compartido |
|
F |
292 € |
251 € |
Os prezos correspondentes aos membros da comunidade universitaria con necesidades educativas específicas derivadas dunha condición de discapacidade terán unha bonificación do 10 % respecto das contías que figuran no cadro anterior.
A solicitude de praza deberá realizarse unicamente a través do formulario accesible por vía telemática que figura na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias/acceso-servizo-univers…
Os/as estudantes de nova admisión poderán solicitar praza para o grupo I e para o grupo II marcando as dúas opcións no mesmo impreso.
Presentarase unha única solicitude por persoa, agás no caso de solicitar praza en varios sectores ou nos dous campus (un formulario para Santiago e un formulario para Lugo).
Prazo de presentación
O prazo de solicitude permanecerá aberto dende o día da publicación ata as 14.00 horas do 27 de xuño de 2024.
O documento xerado tras encher o formulario da páxina web deberá ser asinado por todos os membros da unidade familiar.
- Poderán asinalo electronicamente cando todos os membros da unidade familiar dispoñan dun dos sistemas de sinatura electrónica (DNIe, FNMT e Cl@ve). Posteriormente deberán achegalo en formato PDF a través do enlace "Engadir documentación á súa solicitude".
- Cando algún membro da unidade familiar non dispoña de certificado electrónico, poderá imprimir o formulario de solicitude en papel, asinalo manualmente e posteriormente achegalo en formato PDF a través do enlace "Engadir documentación á súa solicitude".
Estudantes de readmisión sen cambios nos membros da unidade familiar:
Tras encher o formulario web presentarán a súa solicitude identificándose coas súas credenciais de usuario e contrasinal da USC.
Resto de solicitantes:
O resto das persoas interesadas para presentar a solicitude deberán identificarse cun dos sistemas de sinatura electrónica aceptados pola USC (certificado electrónico do Documento Nacional de Identidade (DNIe), sinatura da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou Cl@ve).
Para poder identificarse precisa ter instalada a ferramenta Autofirma que poderá descargar gratuitamente a través da seguinte ligazón:
https://sede.serviciosmin.gob.es/es-es/firmaelectronica/paginas/autofir…
Se vostede non dispón de sinatura electrónica pode obtela a través dun dos seguintes enlaces:
- Cl@ve: https://clave.gob.es/clave_Home/clave.html
- FNMT (certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre): https://www.sede.fnmt.gob.es/certificados/persona-fisica
Non se tramitarán nin serán tidas en conta as solicitudes que non se presenten a través do formulario accesible por vía telemática ou que non completen o proceso de presentación que inclúe no seu último paso a sinatura electrónica.
Guía de como presentar unha solicitude con certificado electrónico
Guía de como presentar unha solicitude con Cl@ve
Como presentar unha solicitude despois dun fallo na firma
A documentación que debe acompañar a solicitude será a indicada no punto 6 das Bases da convocatoria ordinaria de prazas do SUR:
6. DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR ÁS SOLICITUDES
Solicitantes de readmisión:
a) Solicitantes de readmisión aos que NON lles varíe a súa situación familiar respecto ao curso anterior.
Non é necesario que presenten ningunha documentación adicional a solicitude.
b) Solicitantes de readmisión que incorporen novos membros á unidade familiar respecto ao curso anterior.
Deben achegar a solicitude de readmisión asinada polos novos membros da unidade familiar acompañada dos documentos xustificativos da variación.
Solicitantes de nova admisión:
Para prazas do grupo I
a) O estudantado que se incorpora á USC por primeira vez e que realizase as probas de acceso noutra Comunidade autónoma deberá presentar copia das cualificacións das probas de acceso. No caso de ter estudos universitarios iniciados noutra universidade, deberá presentar copia da certificación académica na que figure a nota media e as cualificacións detalladas por curso.
b) Certificado de convivencia do concello no que figuren todos os membros que vivan no domicilio familiar, incluído o/a solicitante.
c) Certificado vixente de minusvalía cualificada, cuxo grao debe ser igual ou superior ao 33 por 100, dos/das irmáns/irmás maiores de 25 anos.
d) Nos casos en que corresponda: xustificación de viuvez, solteiro/a, separación ou divorcio do pai ou da nai do/da solicitante, ou xustificante de orfandade absoluta do/da solicitante.
Para prazas do grupo II
O estudantado que se incorpora á USC por primeira vez que non proveña do sistema universitario galego, deberá presentar copia das cualificacións das probas de acceso ou, se procede, doutras universidades, copia da certificación académica na que figure a nota media e as cualificacións detalladas por curso.
Documentación económica específica
A Universidade solicitará ás Administracións Tributarias os datos necesarios para determinar a renda familiar dos membros computables da familia do/da solicitante, polo que non será necesario achegar a documentación económica agás nos seguintes casos :
a. Cando existan dificultades técnicas que impidan ou dificulten a cesión dos datos por parte das Administracións Tributarias. Neste caso requirirase ao/á solicitante de praza de aloxamento a presentación do certificado resumo da declaración anual do imposto sobre a renda das persoas físicas ou o certificado de imputacións, de ser o caso, dos membros computables da súa familia.
b. Nos casos en que o/a solicitante alegue a súa independencia familiar e económica, calquera que sexa o seu estado civil, deberá acreditar de forma fidedigna esta circunstancia, os medios económicos cos que conta deberán ser suficientes para permitir a súa independencia e para facer fronte aos gastos da residencia e outros gastos considerados indispensables e deberá acreditar a titularidade ou aluguer do seu domicilio previo.
c. Os/as estudantes estranxeiros/as que queiran que se lles teña en conta a puntuación económica para poder optar á asignación das cotas establecidas no grupo I deberán entregar, xunto coa solicitude, a documentación necesaria para acreditar a súa circunstancia económica (ingresos de calquera tipo dos membros computables da unidade familiar, retencións, deducións, bolsas, etc.) referida ao exercicio do ano que determine a convocatoria para a admisión, e ao ano posterior para o cálculo da cota. Ademais, deberán reunir os seguintes requisitos:
- Se son nacionais dun Estado membro da Unión Europea: ter a condición de residentes permanentes ou acreditar ser traballadores por conta propia ou allea.
- Se son estranxeiros non comunitarios: ser residentes permanentes segundo o disposto na normativa sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.
d. O estudantado que teña veciñanza administrativa no País Vasco deberá presentar os datos económicos correspondentes referidos aos anos que determine a convocatoria para a admisión e para o cálculo da cota.
e. Cando as Administracións Tributarias non dispoñan de información económica dalgunha das persoas que formen unidade familiar do/a solicitante. Neste caso será o/a propio/a solicitante quen deba achegar a información fidedigna ou declaración xurada sobre a situación económica de renda da unidade familiar.
A ocultación ou falseamento dos datos declarados comportará a perda da praza de aloxamento.
Membros da comunidade universitaria con necesidades educativas específicas derivadas dunha condición de discapacidade
a) Certificación oficial na que se acredite o seu grao de discapacidade, que deberá ser igual ou superior ao 33%.
b) Aquelas persoas que precisen, por mor da súa discapacidade, adaptacións especiais deberán indicalas de xeito pormenorizado. A universidade poderá solicitar informe externo ao equipo de valoración e orientación (EVO) sobre estas necesidades. Considerarase falseamento de datos non indicar as necesidades adaptativas imprescindibles para a súa vida cotiá no aloxamento universitario.
As persoas solicitantes de praza deberán achegar a documentación requirida, xunto co formulario xerado na páxina web, durante o proceso de presentación da solicitude na pantalla "Presentar solcitude. Adxunte a documentación necesaria para cumprimentar a solicitude (formato PDF)".
No caso de ter que entregar nova documentación unha vez finalizada e presentada a solicitude, deberá facelo a través do enlace "Engadir documentación á súa solicitude".
Como engadir documentación a unha solicitude xa presentada
PAGAMENTO DA FIANZA PARA A RESERVA DA PRAZA
As persoas admitidas deberán aboar a cantidade de 150 € en concepto de fianza de reserva de praza no prazo que lles corresponda.
O pago poderá realizarse accedendo ao formulario que figurará na páxina web, por medio de tarxeta de crédito ou de débito, ou imprimindo o recibo de aboamento bancario que deberá facerse efectivo no banco que nel figura. De non cumprirse este trámite enténdese que renuncia á praza concedida.
O pagamento da fianza dunha praza do Grupo II supón a renuncia á praza solicitada no Grupo I, e viceversa.
Servizo Universitario de Residencias (SUR)
- Pavillón de Estudantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 574
- 881 814 560
- 881 814 525
- sur [at] usc.es