Contacto
-
Enderezo
- Avda. de Castelao, s/n, 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 811 952
A residencia está situada no Campus Norte, a uns 500 metros do núcleo histórico da cidade. Nos seus arredores atópanse a Facultade de Filoloxía, a de Ciencias Económicas e Empresariais e a de Ciencias da Comunicación, así como o Auditorio de Galicia.
- Cuartos para residentes e estudantes internacionais: 400 individuais (2 cuartos adaptados para residentes con necesidades especiais) con baño, cama, libraría, mesa e cadeira, protector de colchón e posibilidade de solicitar mantas. Limpeza 1 vez / semana.
- Cuartos para convidados: 9 individuais e 9 dobres con baño, limpeza dous días á semana, cama, libraría, mesa, cadeira, mantas, protector de colchón, sabas e toallas.
- Apartamentos: 3 grandes (1 cama 1,35 + 2 camas de 90cm), 4, medianos (1 cama de 1,35 e 1 cama de 90cm) e 2 pequenos (1 cama de 1,35cm) con limpeza 2 veces/semana, utensilios de cociña, mobiliario, televisión, sabas e toallas.
Normativa
- Aparellos eléctricos nos cuartos: so se permite traer unha neveira pequena (non mais de 80 cm de altura, e cualificación enerxética A+ ou superior). Non están permitidos aparellos tipo torradoras, microondas e cafeteiras (con excepción das de cápsulas).
Servizos
- Conserxería 24 horas
- Cociñas: 12 cociñas de uso común en toda a Residencia, asignadas por cuartos, tanto para residentes como para invitados. Dispoñibles armarios individuais. Utensilios propios, non se facilitan (só a estudantes de mobilidade internacional de haberen dispoñibilidade).
- Lavandería: dúas salas con lavadoras e secadoras (de pagamento) a disposición de residentes.
- Bicicletas: a Residencia conta con bicicletas propias para préstamo por horas.
- Biblioteca e videoteca. Préstamo de libros e películas a residentes.
- Salas: lectura, estudo, traballo, ocio, vídeo/Tv, e espazo de ensaios. Ximnasio.
- Cafetería: próxima reapertura
Dores Chedas Hervés
- Cargo
- Responsable de recepción
-
Teléfonos
- 881811952
- burgo.recepcion [at] usc.es
Eduardo Rey Tristán
- Cargo
- Director
-
Teléfonos
- 881811927
- direburg [at] usc.es
Punto de atención, información e servizos
-
Teléfonos
- 881 811 952
- burgo.recepcion [at] usc.es
O edificio actual da residencia ocupa unha parte do complexo denominado "Burgo das Nacións", construído con carácter provisorio no ano 1965 para albergar os peregrinos que viñan a Compostela nese Ano Santo Xacobeo. Foi explotado pola Administración Turística Española e chegou a ter unha capacidade de preto de 4.000 prazas distribuídas en 47 pavillóns.
Rematado o Xacobeo 1965, este conxunto de módulos, construídos con materiais lixeiros e efémeros, cubriu deficiencias e albergou institucións necesitadas de instalacións: foi residencia de posgrao, aulario de varias especialidades universitarias, sede da imprenta da Universidade e da súa gardería, acolleu as dependencias da Policía Nacional etc.
En 1979 a USC comezou a utilizar o Burgo das Nacións como residencia universitaria mixta. No curso académico de 1986-87 iniciáronse as obras do edificio actual, que se rematou no 1992-93.