Ir o contido principal
STG
Imagen de David Zydd en Pixabay
Criterios para a identificación e avaliación.

Nesta acción inclúese o fomento entre o persoal investigador de actitudes que fagan ter en conta a posible aplicación comercial dos resultados dos proxectos de investigación nos que participa. Supón a concienciación, dende etapas moi incipientes dos traballos de investigación, sobre aspectos críticos como a autoría, a novidade, e a salvagarda da protección, sen interferir coa función de publicación e comunicación dos resultados.

Para facilitar o proceso de avaliación e o posterior desenvolvemento do proceso de transferencia, solicítaselle a achega dunha información mínima que permita facer unha primeira aproximación de:

  • Autoría e titulares dos dereitos.
  • Identificación de mercados potenciais.
  • Mecanismo de protección máis adecuado.
  • Patentabilidade dos resultados.

Dado que o proceso de transferencia é custoso, tanto en recursos económicos como en tempo de dedicación do persoal investigadores e do persoal técnico da AVTE, cómpre facer unha avaliación preliminar que permita seleccionar aqueles proxectos, que ben polo seu impacto social ou pola súa importancia económica, aos que cómpre dedicar recursos. Así, no proceso de avaliación trátase de obter información sobre:

  • Mercados potenciais e funcionamento da súa cadea de valor.
  • Grao de desenvolvemento da tecnoloxía.
  • Custos e tempo do proceso de desenvolvemento ata a etapa comercial.
  • Tecnoloxías competidoras no mercado ou en fase de desenvolvemento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.02.2023.