Ir o contido principal
STG
Acelerador de Transferencia
O programa ten por obxectivo avanzar no proceso de maduración de resultados de investigación, facilitando a súa transferencia ao entorno social e económico.

O impacto social e económico dos resultados de investigación vese a miúdo obstaculizado pola existencia dunha fenda entre o status dese coñecemento á finalización do proxecto de I+D e o estado de maduración desexable desde o punto de vista do potencial interesado na súa aplicación.

Isto motivou á USC a incorporar no seu proxecto de Campus de Excelencia Internacional, Campus Vida, unha acción que permita avanzar na demostración do potencial comercial dos resultados de investigación.

O propósito do Acelerador de Transferencia é levar a cabo as accións necesarias para cubrir a fenda entre os resultados de un proxecto de investigación e un coñecemento o suficientemente maduro para que resulte de interese a unha empresa ou outro axente externo, co obxectivo de aumentar as posibilidades de transferencia e, polo tanto, as oportunidades para que o coñecemento xerado na USC teña impacto social e económico.

O Acelerador de Transferencia está aberto aos grupos de investigación das áreas de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñería e Arquitectura da USC que teñan identificado algún resultado de investigación con potencial de transferencia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2024.