Ir o contido principal
STG
Programa de Estímulo a la Transferencia en Ciencias Sociais, Humanas, Xurídicas e Artísticas
Este programa ten por obxecto estimular os procesos de transferencia de coñecemento á sociedade a través de accións que faciliten a implicación doutros axentes sociais e económicos no uso e rendibilización dese stock de coñecemento.

A transferencia de coñecemento dende a universidade ao entorno económico e social ten unha considerable traxectoria no ámbito das Ciencias Experimentais e as Tecnolóxicas. Pero, a pesar da falta de programas específicos de transferencia nas áreas de Ciencias Socias, Humanas, Xurídicas, e Artísticas, cada día ponse máis de manifesto o  potencial de transferencia destas disciplinas. 

Estas áreas son xeradoras de coñecemento que a través dos programas adecuados pode dar lugar a resultados transferibles a empresas ou entidades públicas, e a creación de novas empresas baseadas nese coñecemento. Estas  relacións de colaboración poden xerar novas actividades económicas e ter un impacto social moi relevante. A importante produción científica de moitos grupos de investigación destas áreas permite intuir a existencia de  oportunidades sen explorar para que os investigadores das áreas de ciencias sociais, xurídicas e humanidades poidan transferir os resultados das súas investigacións ás empresas e entidades externas ao entorno académico. 

Ademais, a necesidade dun contrapunto e complemento, social e humanista, para moitos desenvolvementos actuais  das ciencias experimentais, fai a súa achega imprescindible para os complexos cambios que se están a vivir na actualidade. As Áreas de Ciencias Sociais, Humanas, Xurídicas e Artísticas requiren procesos de valorización e transferencia dos resultados de investigación que teñan en consideración as súas especificidades, e aborden a tarefa con dinámicas propias e características diferenciais. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.06.2024.