Ir o contido principal
STG
De conformidade coa lexislación vixente, desde o 1 de xaneiro de 2024 será obrigatoria a cotización a Seguridade Social no caso de que curses materias que inclúen prácticas externas curriculares non remuneradas.

Se estás pensando en realizar prácticas ou se xa estás matriculado/a nelas neste curso 2023/ 2024, a USC precisa obrigatoriamente e con antelación á túa incorporación ao centro de prácticas o teu Número da Seguridade Social (NUSS). A finalidade é darte de alta e cotizar polos días que realices prácticas, así que debes inserilo na túa Secretaría Virtual no espazo habilitado ao efecto (só estará dispoñible no caso de que teñas formalizada a matrícula nunha materia práctica).

Como podes consultar ou obter o teu NUSS para incorporar á túa Secretaría Virtual?

  • Se non dispós dun NUSS propio podes solicitar un NUSS a través do servizo "Solicitar Número de Seguridad Social" existente na Sede Electrónica da Seguridade Social e Portal da TGSS Importass. O acceso a dito servizo pode facerse por SMS, Clave PIN, Cl@ve Permanente ou Certificado electrónico/DNIe. Os datos necesarios son os identificativos (DNI ou NIE), datos de contacto (teléfono móbil e email) e domicilio habitual.

Preme aquí para facer a solicitude de asignación dun Número de Seguridade Social

  • Se dispós dun NUSS propio podes obter información sobre o teu NUSS na tarxeta sanitaria (lembra que ten que ser o teu número propio e non o dos teus pais/nais) ou a través do servizo "Acreditación do Número da Seguridade Social" existente na Sede Electrónica da Seguridad Social e do Portal da TGSS, Importass. O acceso a dito servizo pódese facer por SMS, Clave PIN, Cl@ve Permanente ou Certificado electrónico/DNIe.

Consultar o Número da Seguridade Social.

  • Tamén podes solicitar que sexa a USC a que realice o trámite de consulta e/ou asignación, marcando esta opción na túa Secretaría Virtual nos prazos habilitados ao efecto. Lembra que tal opción deberás tramitala con antelación suficiente para que a USC poda completar a túa solicitude perante á Seguridade Social (os prazos concretos actualízanse na propia Secretaría Virtual).

Procedemento no caso de enfermidades ou accidentes durante o período das prácticas

No suposto de prácticas non remuneradas, estarán cubertas as continxencias derivadas de accidentes durante a realización das prácticas así como as enfermidades de tipo profesional. Se te atopas nesta situación deberás seguir o procedemento establecido para o persoal da Universidade de Santiago de Compostela.

En primeiro lugar, debes cubrir o volante de prestación de asistencia sanitaria que podes atopar nesta ligazón e que deberá asinar a/o docente da/o que estás ao cargo. Para recibir a atención, debes buscar o centro asistencial da cidade na que te atopes na seguinte ligazón.

Tamén estarán cubertas as prestacións económicas por nacemento e coidado do menor, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural. Se te atopas nesta situación deberás seguir o procedemento establecido para o persoal da Universidade de Santiago de Compostela que podes consultar nas seguintes ligazóns:

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.08.2024.