Pasar al contenido principal
STG

Inauguración do Curso de Primavera 'América, Américas' organizado por Lugo Cultural na Facultade de Humanidades

Este martes 11 dará comezo na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo a cuarta edición do Curso de Primavera, que leva por título ‘América, Américas’ e que celebrará o acto de inauguración, ás 10:00 horas, no Salón de Actos do centro.
Este curso está organizado polo Convenio Lugo Cultural e no seu acto de apertura estarán presentes o vicerreitor de Cultural, Elías Torres; o alcalde de Lugo, José López Orozco; o vicepresidente primeiro da Deputación Provincial, Antón Bao; o delegado de Cultura da Xunta de Galicia, Xoán Xosé Molina; o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez, e o decano da Facultade, Alexandre Veiga.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.03.2008.