Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

STG

Presentación da programación dos Cursos de Verán da Universidade de Santiago

O vicerreitor de Cultura, Elías Torres, xunto co responsable dos Cursos de Verán da USC, Pablo Sampedro, presentarán este mércores, día 9, en roda de prensa a programación completa destes cursos da Universidade de Santiago. A presentación, á que tamén asistirán directores de varios deles, desenvolverase ás 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Nesta ocasión, a USC organiza un total de 31 cursos de verán -dez máis que o pasado ano- tendo lugar dezasete no Campus de Santiago, cinco no de Lugo, tres no Campus de Verán de Vilagarcía de Arousa, e un en Caldas de Reis, Catoira, Foz, Lalín, Sarria e Seoane do Caurel.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.05.2007.