Pasar al contenido principal
STG

O IPsiUS participa na APP Inxenius, unha nova plataforma para descubrir a ciencia de Santiago

Inxenius
Inxenius
A app Inxenius é unha iniciativa nacida do obradoiro de emprego Genius, no que 16 mozas e mozos menores de 30 anos recibiron formación en desenvolvemento de aplicacións web e produtos audiovisuais multimedia interactivos. A app Inxenius pode descargarse de balde para IOS e Android.

Esta nova ferramenta dixital ten como finalidade achegar á cidadanía o ecosistema científico de Santiago, poñendo o foco no talento investigador e no traballo que se desenvolve na Universidade de Santiago e nos seus institutos e centros singulares de investigación, entre eles o IPsiUS, integrado na rede de centros que aparecen na aplicación.

A app permite explorar os centros de investigación a través dun mapa interactivo, acceder a contidos audiovisuais, recursos en realidade aumentada e información divulgativa sobre as principais liñas de investigación, ofrecendo así unha experiencia innovadora para coñecer mellor a ciencia que se fai en Compostela.

Inxenius pode descargarse de balde para IOS e Android. As persoas interesadas poden acceder á aplicación a través deste enlace.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.01.2026.