O IPsiUS participa na APP Inxenius, unha nova plataforma para descubrir a ciencia de Santiago
Esta nova ferramenta dixital ten como finalidade achegar á cidadanía o ecosistema científico de Santiago, poñendo o foco no talento investigador e no traballo que se desenvolve na Universidade de Santiago e nos seus institutos e centros singulares de investigación, entre eles o IPsiUS, integrado na rede de centros que aparecen na aplicación.
A app permite explorar os centros de investigación a través dun mapa interactivo, acceder a contidos audiovisuais, recursos en realidade aumentada e información divulgativa sobre as principais liñas de investigación, ofrecendo así unha experiencia innovadora para coñecer mellor a ciencia que se fai en Compostela.
Inxenius pode descargarse de balde para IOS e Android. As persoas interesadas poden acceder á aplicación a través deste enlace.