As mencións ao título son calificacións honoríficas que se inclúen no teu título sempre que cumpras cunha serie de requisitos formais e académicos específicos para cada unha delas. Poden ser tres: Mención de Doutoramento Industrial, Mención de Doutoramento Internacional e Mención de tese en cotutela.
O cumprimento destes requisitos avalíase pola EDIUS e as comisións académicas dos programas segundo o estipulado no regulamento.
Tipos de mencións
As teses cunha especial proxección internacional, realizadas en colaboración con centros de investigación e innovación de prestixio e que ademais conten co respaldo de expertos internacionais acreditados, poderán optar a esta mención a condición de que se acredite o cumprimento dos seguintes requisitos:
-
Estadía de investigación
Terás que realizar unha estancia de investigación de polo menos tres meses de duración nun centro de investigación de prestixio fóra de España, dunha soa vez ou en períodos descontinuos de 15 días como mínimo. Nese centro contarás cun titor/a.
A estancia, así como as actividades que esta comprenda, deberá ser avalada polo director/a da tese e autorizada con carácter previo á súa realización pola túa CAPD.
- Para estes efectos, non se considerará válida a estancia efectuada no país do que sexas natural nin na institución na que traballes.
- Tampouco poderán computar como estancia, ou partes dunha estancia, a asistencia a congresos, xornadas, seminarios, etc.
Finalizada a estancia ou algún dos seus períodos, terás que incorporala ao teu documento de actividades para que forme parte da túa avaliación anual.
- Para estes efectos, non se considerará válida a estancia efectuada no país do que sexas natural nin na institución na que traballes.
-
Lingua de redacción da tese
Parte da túa tese, polo menos o resumo e as conclusións, deberá estar redactada e defendida nunha das linguas habituais para a comunicación científica na túa área, distinta a calquera das linguas oficiais en España.
Esta norma non será de aplicación cando as estancias, os informes e a presenza de expertos/as procedan dun centro ou institución dun país de fala hispana.
-
Informe favorable de polo menos dous expertos internacionais
Un mínimo de dúas persoas expertas doutoras pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non española terán que emitir un informe favorable sobre a túa tese, de acordo co procedemento e modelos que che proporcionaremos.
-
Tribunal da tese
Polo menos unha persoa experta pertencente a algunha institución de educación superior ou centro de investigación non español, co título de doutor/a, e distinta da persoa responsable da titorización da túa estancia, formará parte do tribunal que avalíe a defensa da túa tese.
Os expertos/as internacionais que informan a tese poden posteriormente formar parte do tribunal, a condición de que non fosen os titores/as da estancia. É dicir, a persoa que foi titora da estancia pode emitir informe da tese. Á súa vez, quen informe a tese pode formar parte do tribunal. O que non é posible é que quen titoriza a estancia forme parte do tribunal.
-
Documentación requerida cuando deposites a tese
Ademais da documentación de carácter xeral, deberás presentar:
- Certificado acreditativo da estancia mínima de 3 meses realizada nun centro de investigación ou de educación superior dun país distinto de España.
- Copia da autorización previa da realización da estancia por parte da Comisión Académica do teu Programa de Doutoramento (CAPD), avalada polo director ou directora da tese.
- Informe favorable da tese por dous expertos doutores/as pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non española.
- Certificado acreditativo da estancia mínima de 3 meses realizada nun centro de investigación ou de educación superior dun país distinto de España.
A tese con Mención de Doutoramento Industrial é aquel traballo orixinal no que se dá resposta a un problema industrial ou se desenvolve un proxecto innovador relacionado coa industria. Debe ser realizada no seo dunha empresa (empresa do sector privado ou do sector público ou Administración Pública) en calquera área de coñecemento.
Para poder optar a esta mención no teu título, terás que acreditar que contas con:
- Un contrato de traballo cunha duración de polo menos 18 meses no que se especifique que dedicas polo menos o 50% da túa xornada laboral ao desenvolvemento do proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental.
- Unha memoria descriptiva do proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que estás a realizar visada pola empresa.
- Un titor/a na empresa, que poderá exercer de director/a da túa tese sempre que conte cos requisitos para ser incluído/a no Rexistro de directores da USC.
Se contas co anterior, deberás realizar ante a EDIUS unha solicitude para que se aprobe a realización da túa tese baixo a modalidade de Doutoramento Industrial, seguindo os pasos que che indicamos a continuación:
- Inicio: envíanos por correo o formulario de Solicitude tese doutoramento industrial cos seguintes anexos:
- Memoria da empresa asinada polo/a representante da empresa que te tutoriza.
- Copia do teu contrato de traballo, ou certificado de vida laboral.
- Informe da CAPD do teu programa conforme o teu plan de investigación se adecúa co proxecto que desenvolves na empresa.
- De ser o caso, copia da resolución de concesión de doutoramento industrial por convocatoria pública competitiva.
- Memoria da empresa asinada polo/a representante da empresa que te tutoriza.
- Aprobación da EDIUS: tras analizar a documentación que nos aportes, a Escola comunicarache se se considera o teu proxecto un doutoramento industrial ou non, así como a necesidade, no seu caso, da sinatura dun convenio coa empresa, según o previsto na normativa (artículo 39.2 c).
- Cando deposites, terás que acreditar que se levou a cabo todo o establecido no momento da solicitude, para o que nos terás que xuntar:
- Nova memoria da empresa na que se faga referencia ao desenvolvemento e alcance do proxecto realizado en relación coa tese.
- Un certificado de vida laboral actualizado que comprenda o período de realización da tese na empresa.
- Nova memoria da empresa na que se faga referencia ao desenvolvemento e alcance do proxecto realizado en relación coa tese.
Que é a tese en cotutela?
É a realización da tese doutoral baixo a dirección de polo menos dous directores/as pertencentes dúas universidades, a USC e outra Universidade estranxeira.
As dúas universidades asinan un convenio no que fixan os termos da colaboración entrambas e coordinan as actuacións conducentes a que unha única defensa exitosa da tese poida, en función das correspondentes normas sobre o recoñecemento académico a nivel de título en cada unha delas, e sempre que a tese cumpra cos requisitos de calidade das dúas, dar lugar a dous títulos de doutora ou doutor, un por cada universidade participante.
No anverso do título expedido pola USC, consonte ao establecido no RD 99/2011, incluirase a dilixencia “Tese en réxime de cotutela coa Universidade U”.
Con este tipo de colaboración académica entre universidades a USC persegue fomentar o intercambio entre grupos de investigación, a mobilidade dos doutorandos/as e a excelencia das teses doutorais.
Que requisitos debes cumprir para optar á mención de cotutela?
- Matricularte anualmente nun programa de doutoramento en ambas universidades durante todos os cursos académicos que dure a preparación da túa tese, estando exento do pago das taxas na Universidade na que non estea fixada a defensa.
- Realizar unha estadía de investigación en cada universidade de alomenos seis meses de duración, que poden ser discontinuos, que incorporarás ao teu documento de actividades.
Ademais, requírse que entre ambas universidades se formalice un convenio de cotutela.
Como se solicita a cotutela?
Se queres acollerte a esta mención debes comunicarllo ao teu director/a na USC durante o teu primeiro ano de matrícula na USC, e buscardes outra dirección para a túa tese noutra Universidade estranxeira.
Se o teu director/a está de acordo, solicitará iniciar o trámite enviándonos un correo ao enderezo edius [at] usc.es (edius[at]usc[dot]es) co modelo de convenio específico de cotutela cuberto.
A solicitude someterase á aprobación da CAPD correspondente, así como da Comisión Executiva da EDIUS. Dende a Escola informarémosvos da necesidade de cubrir, ademais, un convenio marco, e estableceremos os contactos coa outra universidade participante, manténdovos ao tanto da tramitación e sinatura do/s convenio/s.
Que implica a firma do convenio?
Mediante a sinatura do convenio comprométeste a:
- Manter actualizados os convenios: informar ás respectivas escolas de doutoramento dos cambios nas condicións de realización da túa tese que poidan afectar ao teu expediente, como a ampliación da data de defensa, inclusión ou cambio dun director/a, cambio do programa de doutoramento, etc.
- Autorización para a defensa: con independencia de onde vaia defenderse a tese terás que depositala na USC segundo o procedemento ordinario por sede electrónica, coa fin de que se che expida un certificado de idoineidade e se autorice a túa defensa.
Que se require para optar á mención de cotutela cando a defensa é na outra Universidade?
- Contar co informe de idoneidade da EDIUS para proceder á defensa. No caso de informe negativo, o convenio quedará sen efecto, o que non impide que poidas levar a cabo a defensa na outra Universidade.
- Composición paritaria do tribunal con presenza de membros de ambas universidades. Os teus directores/as poderán formar parte do tribunal se así se determina no convenio, pero nunca exercendo a presidencia do mesmo e sempre que estea composto como mínimo de cinco membros.
- Designación dun delegado da USC no acto de defensa: o membro da USC que acuda á defensa como parte do tribunal actuará como delegado da Universidade a efectos de custodia e traslado da documentación xerada, previa notificación á EDIUS (Acta da defensa e declaración da cualificación).
Documentación que deberás presentar tras a defensa
Tras a defensa exitosa terás que reunir e remitir ao Servizo de Xestión Académica (doutoramento [at] usc.es (doutoramento[at]usc[dot]es)) con copia á EDIUS (edius [at] usc.es (edius[at]usc[dot]es)) a seguiente documentación:
- Acta do acto de defensa na outra Universidade (firmada legalmente polos Servizos Académicos correspondentes).
- Modelo de certificación da cualificación obtida (firmada legalmente polo Delegado da USC no acto de defensa).
- Informe de idoneidade da tese avaliada emitido pola EDIUS tras o seu depósito.
Solicítanos por correo edius [at] usc.es (edius[at]usc[dot]es) os modelos de convenio necesarios.