Ir o contido principal
STG

Idioma e formato

Toda tese estará estruturada, como mínimo, nos seguintes apartados esenciais: resumo, introdución, obxectivos, metodoloxía, resultados, conclusións e bibliografía, que deberán reflectirse no índice da tese.

Agora que te atopas na fase de redacción, imos aclarar algúns aspectos formais que se teñen en conta na avaliación do teu traballo de investigación. Repasámolos a continuación:

Como norma xeral, a tese redactaranse en galego ou castelán.

Excepcións:

  1. A tese tamén poderá ser escrita e defendida noutras linguas habituais para a comunicación científica no teu campo de coñecemento, sempre que contes con autorización da túa CAPD. Nestes casos deberás incluír un resume en galego non inferior a 3.000 palabras na propia tese.
     
  2. Se a túa tese inclúe a maiores dos apartados esenciais outros tales como referencias, mencións, aportacións ou apéndices, ben realizados por ti e/ou por outros autores/as, estes poderán figurar no idioma no que foron publicados aínda que sexa diferente do galego, castelán, ou o idioma autorizado.
     
  3. Nas teses por compendio de publicacións, os artigos  incluídos na tese poden estar nun idioma diferente ao da propia tese.

En calquera caso, o idioma de redacción da tese apróbase co Plan de investigación, e no caso de querer modificalo, requirirase a aprobación dun novo Plan de Investigación pola CAPD.

Dispoñemos dun formato estandarizado de uso obrigatorio para que maquetes a cuberta, antecuberta e portada interior da tese.

O formato da tese será en PDF tamaño A4 (desprotexida e sen sinaturas). Precisarás:

O documento non pode ter marcas de auga e debe conter o número de páxinas en branco imprescindibles.

Así mesmo, recomendámosche seguir os criterios de homoxeneidade, lexibilidade tipográfica e facilidade funcional recollidos na guía de estilo para a elaboración de teses doutorais realizadas polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico:

Non é preciso entregar ningún exemplar impreso da tese na EDIUS, aínda que a aplicación de cuberta e antecuberta xenera un PDF para a versión impresa da mesma, por se a desexas.

Contacta connosco en edius [at] usc.es (edius[at]usc[dot]es) se tes calquer dúbida.