Ir o contido principal
STG

Teseo e Repositorio Institucional Minerva

Ficha TESEO: unha vez autorizada a tese pedirémosche que cubras a ficha Teseo na aplicación do Ministerio, seguindo as indicacións do apartado Teseo.

A aplicación Teseo está xestionada polo Ministerio de Universidades, e é unha base de datos onde consultar as teses de doutoramento defendidas en universidades do territorio español desde 1976.

Antes da defensa pública o doutorando/a, tanto se solicita un embargo da difusión da tese durante un ano como se non, deberá dar de alta a súa tese e introducir os datos requiridos pola aplicación Teseo.

En Teseo o primeiro paso é rexistrarse como usuario no apartado de ‘Registrarme como Doctorando’ onde debe cubrir os datos persoais e indicar un contrasinal. Unha vez rexistrado debe acceder a “Entrar como usuario registrado”, “crear”, “dar de alta la tesis”. Debe cubrir os datos que lle aparecen, chegue sempre á última lapela para que se garden todos os datos. É importante que no apartado de Departamento indiquen o correspondente ao do persoal de apoio ao programa para que, de selo caso, poidan ter acceso á súa ficha Teseo.

Para reforzar a seguridade, cando acceda a través de “Entrar como usuario registrado”, ademais do usuario e contrasinal, terá que introducir un captcha. No momento recibirá no seu correo electrónico un código que deberá introducir para acceder á ficha Teseo.

Débese ter en conta que para introducir os datos de dirección e tribunal da tese, hai que introducir os NIF/Pasaporte de cada persoa, eses datos están dispoñibles na aplicación Xescampus da USC á que acceden os administrativos de apoio para completar a ficha.

Por parte da EDIUS validaranse, no mes seguinte ao da defensa, as fichas Teseo das teses defendidas e incorporarase o pdf da tese, tendo en conta o indicado sobre a difusión polo doutorando/a, e a ficha quedará pendente de publicación por parte do ministerio.

Repositorio Minerva: non tes que facer nada no Repositorio Minerva xa que, como verás na explicación, encárgase de nutrilo o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico coa información que se lle achega desde a Escola. 

De acordo co art. 14.5 do RD 99/2011 de 28 de xaneiro, do Ministerio de Educación (BOE 10 de febreiro) polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, as universidades deberán ocuparse, unha vez aprobada a tese, do seu arquivo en formato electrónico aberto nos seus repositorios institucionais, polo que o EDIUS fará chegar o arquivo .pdf da tese ao Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, quen se ocupará da indización da tese, preparación final do .pdf, asignación de identificador URI (handle) e aloxamento final no repositorio institucional Minerva da USC.