Planta de produción de metilaminas a partir de metanol e amónico
Autoría
L.G.P.
Grao en Enxeñaría Química
L.G.P.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 10:10
13.09.2024 10:10
Resumo
Este TFG ten como obxectivo o deseño dunha planta de producion de metilamina e dimetilamina a partir de metanol e amoniaco. A producion será de 60000 t/ano considerando un réxime de operación continuo durante 330 días ao ano, as 24 horas. Divídese en dúas seccións. A sección 100 abarca o acondicionamento de materias primas e a reacción no reactor R-101 (deseñado por Alex Dacosta García). A sección 200 leva a cabo a separación e purificación dos produtos, obtendo unha pureza de dimetilamina de aproximadamente 98% e unha pureza de metilamina de aproximadamente o 95%. A columna de destilación que separa ambos produtos foi deseñada por Leire Gallego Portabales. Para o desenvolvemento do proxecto, faranse estudos de seguridade, ambiental e viabilidade económica.

Dirección
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Titoría)
SINEIRO TORRES, JORGE Cotitoría
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Titoría)
SINEIRO TORRES, JORGE Cotitoría
Tribunal
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Vogal)

Planta de producción de ácido peracético
Autoría
B.Q.L.
Grao en Enxeñaría Química
B.Q.L.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 09:30
13.09.2024 09:30
Resumo
A realización do presente proxecto ten como obxecto o deseño básico dunha planta de produción de ácido peracético a partir de peróxido de hidróxeno e ácido acético. A produción anual da planta industrial será de 20000 toneladas anuais dunha disolución superior ao 32 % de ácido peracético. O proceso está dotado dunha etapa de acondicionamento previo, onde se empregará ácido sulfúrico en fase líquida para protonar o ácido acético que se utilizará no reactor, de forma que o ácido sulfúrico desempeña un papel crucial na síntese da reacción como catalizador. Dita reacción terá lugar no reactor tubular R-101, deseñado por Brais Queiro Lamas. Á saída do reactor empregarase dúas columnas de separación T-201 e T-202 respectivamente. A primeira destinada á recuperación do ácido sulfúrico, e a segunda para concentrar o ácido peracético e así obter o produto desexado. A columna T-202 será deseñada por Manuel Antonio Castro Pereiras. O presente proxecto preséntase en calidade de Traballo Fin de Grao mediante o cal os alumnos Manuel Antonio Castro Pereiras e Brais Queiro Lamas optan ao título de Grao en Enxeñaría Química outorgado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría pertencente á Universidade de Santiago de Compostela.

MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Titoría)
GOMEZ DIAZ, DIEGO Cotitoría
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Titoría)
GOMEZ DIAZ, DIEGO Cotitoría
Tribunal
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Vogal)
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Vogal)
Planta de produción de resorcinol a partir de benceno.
Autoría
V.D.V.
Grao en Enxeñaría Química
V.D.V.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 09:30
13.09.2024 09:30
Resumo
No presente proxecto lévase a cabo o deseño e estudo da viabilidade dunha planta de producción de resorcinol a partir de benceno. Para iso, séguese a hidroperoxidación de m-diisopropilbenceno, na que se producirá como produto intermedio o 1,3-diisopropilbenceno dihidroperóxido. Dito proceso levarase a cabo nunha planta cunha capacidade de produción de 10.794 toneladas de resorcinol ao ano, cunha pureza do 99,25% molar. O proxecto será realizado por Vanesa Domínguez Valladares, encargada do deseño e dimensionamento do reactor R-301, e Ángela González Bruzos, encargada do deseño e dimensionamento da columna de destilación T-302. Con isto, complétase o Traballo de Fin de Grao de Enxeñería Química, optando ao título como Graduadas de Enxeñería Química pola Universidade de Santiago de Compostela.

HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)

Planta de produción de resorcinol a partir de benceno
Autoría
A.G.B.
Grao en Enxeñaría Química
A.G.B.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
21.02.2024 10:45
21.02.2024 10:45
Resumo
O obxectivo do presente documento é o deseño dunha planta de produción de 10794 toneladas de resorcinol e 10907 toneladas de acetona como produto secundario. Estes obtense mediante o proceso de tres fases: a alquilación de Friedel-Crafts do benceno xunto ó propileno para producir m-DIPB, oxidación do m-DIPB con aire para a produción para de DHP, e, por último, a escisión do DHP para a obtención do resorcinol e acetona. A planta consta de catro reactores RCTA, seis columnas de destilación, tres columnas Karr, un tanque flash e un spray dryer, ademais de equipos de axuste de presión e temperatura coma válvulas, compresores, intercambiadores de calor o bombas. Neste proxecto realizarase o deseño rigoroso do reactor catalítico R-301 e da columna de destilación T-302.

Pranta de produción de gasolina sintética a partir de metanol
Autoría
I.M.F.
Grao en Enxeñaría Química
I.M.F.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 10:10
13.09.2024 10:10
Resumo
Este proxecto baséase na producion de gasolina sintética a partir de metanol puro provinte da captación de dióxido de carbono da atmosfera, desexando tratar unhas 44204 toneladas ao ano de materia prima. Este proceso realizouse a partir do deseño dunha columna de destilación onde eliminase toda a auga do primeiro reactor de equilibrio; e deseñouse outro reactor multitubular de leito fixo cun catalizador de zeolitas permitíndonos obter un produto de hidrocarburos o mais puro posible para a súa posterior agregación de aditivos. O obxectivo deste proxecto é principalmente estudar unha alternativa á gasolina convencional para conseguir un combustible máis sostible co medio ambiente.

Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Tribunal
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Vogal)

Planta de produción de acetaldehido mediante deshidroxenación de etanol
Autoría
P.F.V.
Grao en Enxeñaría Química
P.F.V.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 11:00
13.09.2024 11:00
Resumo
Neste traballo, se realizou o deseño dunha planta de produción de acetaldehido, mediante o método de deshidroxenación de etanol. Partíndoo do etanol, prodúcese a reacción endotérmica de deshidroxenación, que da lugar a acetaldehido e hidróxeno. O proceso consta dunha sección onde acondicionase a materia prima ata as condicións de reacción, logo unha sección onde ten lugar a reacción e por último, unha sección onde sepáranse e purifícanse os produtos, ademais recirculanse os compostos que non se desexan eliminar.

RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
Tribunal
GIL GONZALEZ, ALVARO (Presidente/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Secretario/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Vogal)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Presidente/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Secretario/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Vogal)
Planta de produción de monoisopropilamina a partir de isoprpanol e amoníaco
Autoría
L.C.F.
Grao en Enxeñaría Química
L.C.F.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 13:35
16.07.2024 13:35
Resumo
No presente proxecto deseñarase unha planta de produción de monoisopropilamina (MIPA) a partir de isopropanol e amoníaco. Estímase unha produción anual de 20000 toneladas. No presente proxecto diseñarase de forma rigurosa o reactor e a columna de destilación requerida para a obtención de produto. O proceso de produción ten lugar da seguinte maneira. As materias primas son introducidas ao proceso e preacondicionadas co propósito de facilitar la reacción. As materias primas deben ser introducidas ao reactor nunhas condicións óptimas de 12 atmósferas de presión y 130ºC. A corrente de produto do reactor é dirixada á secuencia de estruturas de separación, donde se separarán todos os compostos. Por un lado, obterase monoisopropilamina como produto. Por outro, recuperaranse as materias primas que non reaccionaron no reactor, permitindo aumentar a rentabilidade do produto.

FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA Cotitoría
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA Cotitoría
Tribunal
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)

Planta de Producción de Monoetanolamina a partir de Amoníaco e Óxido de Etileno
Autoría
I.V.F.
Grao en Enxeñaría Química
I.V.F.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 10:50
13.09.2024 10:50
Resumo
Para o deseño dunha planta de producción de monoetanolamina a partir de amoníaco e óxido de etileno, dividese o proceso de producción en tres seccións: -Acondicionamento: o equipo principal é unha columna de absorción na cal se absorbe amoníaco en auga para lograr unha composición determinada de amoníaco á entrada do reactor. Este equipo diseñarase por Irene Vidal. -Reacción: componse principalmente de dous reactores istoérmicos nos que ocorre a reacción de segundo orden en fase líquida entre a disolución acuosa del amoníaco en agua e óxido de etileno. Esta é altamente exotérmica. Obtense como producto monoetanolamina e como subproductos dietanolamina y trietanolamina. Un destos reactores deseñararase por Adrián Ramos. -Separación: para separar o producto desexado (MEA), necesitarase unha columna de destilación, deseñada por Carlos Rodríguez.
Para o deseño dunha planta de producción de monoetanolamina a partir de amoníaco e óxido de etileno, dividese o proceso de producción en tres seccións: -Acondicionamento: o equipo principal é unha columna de absorción na cal se absorbe amoníaco en auga para lograr unha composición determinada de amoníaco á entrada do reactor. Este equipo diseñarase por Irene Vidal. -Reacción: componse principalmente de dous reactores istoérmicos nos que ocorre a reacción de segundo orden en fase líquida entre a disolución acuosa del amoníaco en agua e óxido de etileno. Esta é altamente exotérmica. Obtense como producto monoetanolamina e como subproductos dietanolamina y trietanolamina. Un destos reactores deseñararase por Adrián Ramos. -Separación: para separar o producto desexado (MEA), necesitarase unha columna de destilación, deseñada por Carlos Rodríguez.
Dirección
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
Tribunal
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Vogal)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Vogal)
Planta de produción de monoisopropilamina a partir de isopropanol e amoníaco
Autoría
R.R.S.
Grao en Enxeñaría Química
R.R.S.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 13:35
16.07.2024 13:35
Resumo
No presente proxecto deseñarase unha planta de produción de monoisopropilamina (MIPA) a partir de isopropanol e amoníaco. Estímase unha produción anual de 20000 toneladas. No presente proxecto diseñarase de forma rigurosa o reactor e a columna de destilación requerida para a obtención de produto. O proceso de produción ten lugar da seguiente maneira. As materias primas son introducidas ao proceso e preacondicionadas co propósito de facilitar l reacción. As materias primas deben ser introducidas ao reactor nunhasas condicions óptimas de 12 atmósferas de presión y 130ºC. A corrente de produto do reactor é dirixida á secuencia de estructuras de separación, donde se separarán todos os compostos. Por un lado, obterase monoisopropilamina como produto. Por outro, recuperaranse as materias primas que non reaccionaron no reactor, permitindo aumentar a rentabilidade do proceso.
No presente proxecto deseñarase unha planta de produción de monoisopropilamina (MIPA) a partir de isopropanol e amoníaco. Estímase unha produción anual de 20000 toneladas. No presente proxecto diseñarase de forma rigurosa o reactor e a columna de destilación requerida para a obtención de produto. O proceso de produción ten lugar da seguiente maneira. As materias primas son introducidas ao proceso e preacondicionadas co propósito de facilitar l reacción. As materias primas deben ser introducidas ao reactor nunhasas condicions óptimas de 12 atmósferas de presión y 130ºC. A corrente de produto do reactor é dirixida á secuencia de estructuras de separación, donde se separarán todos os compostos. Por un lado, obterase monoisopropilamina como produto. Por outro, recuperaranse as materias primas que non reaccionaron no reactor, permitindo aumentar a rentabilidade do proceso.
Dirección
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA Cotitoría
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA Cotitoría
Tribunal
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
Planta de producción de gasolina sintética a partir de metanol
Autoría
T.S.R.
Grao en Enxeñaría Química
T.S.R.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 10:10
13.09.2024 10:10
Resumo
Este proxecto baséase na producion de gasolina sintética a partir de metanol puro provinte da captación de dióxido de carbono da atmosfera, desexando tratar unhas 44204 toneladas ao ano de materia prima. Este proceso realizouse a partir do deseño dunha columna de destilación onde eliminase toda a auga do primeiro reactor de equilibrio; e deseñouse outro reactor multitubular de leito fixo cun catalizador de zeolitas permitíndonos obter un produto de hidrocarburos o mais puro posible para a súa posterior agregación de aditivos. O obxectivo deste proxecto é principalmente estudar unha alternativa á gasolina convencional para conseguir un combustible máis sostible co medio ambiente.
Este proxecto baséase na producion de gasolina sintética a partir de metanol puro provinte da captación de dióxido de carbono da atmosfera, desexando tratar unhas 44204 toneladas ao ano de materia prima. Este proceso realizouse a partir do deseño dunha columna de destilación onde eliminase toda a auga do primeiro reactor de equilibrio; e deseñouse outro reactor multitubular de leito fixo cun catalizador de zeolitas permitíndonos obter un produto de hidrocarburos o mais puro posible para a súa posterior agregación de aditivos. O obxectivo deste proxecto é principalmente estudar unha alternativa á gasolina convencional para conseguir un combustible máis sostible co medio ambiente.
Dirección
Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Tribunal
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Vogal)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Vogal)
Detección de desequilibrios iónicos no miocardio a partir do rexistro electrocardiográfico mediante aprendizaxe automática
Autoría
M.G.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
M.G.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 17:30
18.07.2024 17:30
Resumo
No presente traballo estúdanse diferentes técnicas propias da estatística e a aprendizaxe automática co obxectivo desenvolver un modelo para a detección de desequilibrios na concentración de potasio en sangue empregando o rexistro electrocardiográfico. Ademais, tamén se busca dotar de explicabilidade aos resultados a través da identificación das características electrocardiográficas máis relevantes para a obtención da solución. Tras un proceso de limpeza sobre o conxunto de datos orixinal, disponse de 2483 electrocardiogramas (ECGs) asociados a pacientes con concentracións normais, baixas (hipopotasemia) e altas (hiperpotasemia) de potasio. Sobre estes, lévase a cabo un proceso de selección de características para obter un conxunto reducido de variables que permitan a correcta detección dos desequilibrios nos ECGs e a posterior explicación dos resultados. Estas variables empregáronse para adestrar diferentes modelos que permitiron abordar o problema dende o punto de vista da clasificación (regresión loxística, árbores de regresión, Random Forest Classifier e XGBoost) e da regresión (regresión lineal, árbores de decisión, Random Forest e XGBoost). Xeralmente, os mellores resultados obtivéronse empregando o modelo Random Forest. Na clasificación de hipopotasemia e hiperpotasemia, acadáronse unhas especificidades do 95,66% e 86,26%, sensibilidades do 13,76% e 48,26% e AUCs (área baixo a curva) de 0,73 e 0,76. Para a regresión, o R2 obtido foi de 0,17 e un RMSE (raíz cadrada do erro cadrático medio) de 0,73. Desta forma, ningún dos modelos permite realizar a tarefa de identificación dos desequilibrios iónicos cunha calidade comparable á obtida en traballos previos, aínda que si que se conseguiu realizar un avance en termos de explicabilidade dos resultados.

FELIX LAMAS, PAULO (Titoría)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA Cotitoría
FELIX LAMAS, PAULO (Titoría)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA Cotitoría
Tribunal
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
Puentes Cociña, Beltrán (Secretario/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Vogal)
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
Puentes Cociña, Beltrán (Secretario/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Vogal)
Extensión dun robot barallador para xogos de cartas tangibles
Autoría
D.B.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
D.B.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.02.2024 16:30
16.02.2024 16:30
Resumo
Na nosa sociedade, os xogos de cartas da baralla española destacan pola súa función social e popularidade, especialmente entre xeracións maiores. Estes xogos, que fomentan a interacción social e o exercicio cognitivo, como contar cartas e desenvolver estratexias, enfrontan o desafío de adaptarse á era dixital para seguir sendo relevantes e accesibles. Este TFG céntrase na mellora dun prototipo previo dun sistema de barallado intelixente para cartas da baralla española. Búscase avanzar na automatización e robustez do sistema, permitindo o seu uso sen intervención manual e mellorando a precisión do mesmo. O obxectivo é facer o sistema máis accesible e atractivo para un público amplo, axudando a manter a importancia cultural e social dos xogos de cartas nun contexto moderno.

CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Titoría)
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO Cotitoría
CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Titoría)
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO Cotitoría
Tribunal
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Coordinador)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)

FreshStock: Aplicación de control de stock de comestibles en frigorífico e despensa
Autoría
B.G.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
B.G.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 16:30
19.07.2024 16:30
Resumo
O desperdicio alimentario dos fogares españois supera os 1.200 millóns de Kg ou litros, segundo os datos de 2022 (Ministerio de Agricultura). Destes, máis do 70% refírese a alimentos sen utilizar, tal e como se compraron, por caducar ou podrecer. Isto evidencia un exceso xeneralizado á hora de comprar os produtos no supermercado, e un descontrol destes no frigorífico ou despensa. Como contribución para reducir o impacto deste problema, este traballo desenvolve FreshStock, una aplicación móbil Android que axuda a individuos e fogares a coñecer e xestionar o seu inventario de alimentos e datas de caducidade, axudando na toma de decisións de consumo máis conscientes. Para iso, enfocarase na maior usabilidade e sinxeleza proporcionando funcións útiles como a xeración de listas da compra completas cun botón, a organización de produtos por etiquetas ou o escáner de código de barras con busca en Internet automática da información do produto.

Triñanes Fernández, Joaquín Ángel (Titoría)
Álvarez de Celis, Francisco Javier Cotitoría
Gutiérrez García, Francisco Cotitoría

Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)

MIS PICTOCUENTOS: contos animados e interactivos para todo o mundo
Autoría
M.O.N.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
M.O.N.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 10:30
18.07.2024 10:30
Resumo
Pictocuentos é unha aplicación que naceu do desexo de proporcionar unha forma de entretemento interactivo baseada no uso de literatura clásica infantil a nenas e nenos con problemas de comunicación oral, como poden ser aqueles con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Esta suporía unha ferramenta que lles podería axudar ao seu desenvolvemento cognitivo, xa que se adaptaría ás súas necesidades mediante o uso de pictogramas, axudándolles así a comprender mellor o seu entorno e a estimular os aspectos relacionados coa linguaxe. O obxectivo do presente TFG é o desenvolvemento dunha plataforma web app que permita aos seus usuarios crear as súas propias escenas, empregando personaxes e marcos precargados e extraídos de obras populares da literatura infantil. Os usuarios poden contextualizar a escena mediante diálogos traducidos a pictogramas e son capaces de facer a experiencia aínda máis inmersiva mediante música de fondo ou narración mediante bots de voz. Os procesos de deseño, implementación e execución das probas formuláronse de forma diferente para o frontend e para o backend. Ademais, de forma especialmente destacable, as probas con usuarios finais foron realizadas por graduados do Grao de Logopedia na Universidade da Coruña, así como por graduados do Dobre Grao de Educación Primaria e Infantil na Universidade de Santiago de Compostela. Desta forma, a retroalimentación recibida foi por parte de persoas con experiencia traballando con infancias con TEA. Os resultados obtidos permiten concluír que Pictocuentos pode chegar a ser unha aplicación de ocio que os encargados desta clase de persoas poden usar para ensinar vocabulario dunha forma divertida e familiar, fomentando a creatividade ao mesmo tempo que se traballan as competencias comunicativas mediante pictogramas.

TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
García García, Miguel Cotitoría
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
García García, Miguel Cotitoría
Tribunal
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Presidente/a)
DOSIL LAGO, RAQUEL (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Vogal)

BUHO - Best Universal Hardening Operatives
Autoría
B.M.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
B.M.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
No mundo actual, donde a informática se volveu unha parte esencial da vida das persoas, necesítanse mecanismos para poder protexer toda a información que se manexa. Estes procesos de protección poden ser complexos para o usuario común, que non soe ter demasiados coñecementos de informática. Co obxectivo de solventar este problema, creouse unha ferramenta para axudar a estes usuarios a protexer os seus sistemas, BUHO - Best Universal Hardening Operatives. Dentro de esta aplicación, o usuario deberá elexir unha das tecnoloxías dispoñibles, entrando nun cuestionario sobre ela. No cuestionario terá preguntas relacionadas coa configuración, o estado e o uso que lle vai dar ao sistema, aportándolle unha serie de recomendacións para aumentar a seguridade de ditos sistemas en función da súa situación.

CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Titoría)
Viqueira Hierro, Bernardo Cotitoría
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Titoría)
Viqueira Hierro, Bernardo Cotitoría
Tribunal
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Presidente/a)
DOSIL LAGO, RAQUEL (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Vogal)
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Presidente/a)
DOSIL LAGO, RAQUEL (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Vogal)
Deseño e Desenvolvemento dunha Aplicación Móbil para a Xestión Integral de Inventario e Listas da Compra
Autoría
J.R.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
J.R.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
No marco do desenvolvemento de aplicacións móbiles para a xestión de produtos, este proxecto abordou a xestión eficiente do inventario e das listas da compra, dando como resultado unha aplicación móbil pensada para optimizar a organización e seguimento dos produtos almacenados e das compras necesarias. A aplicación céntrase en dúas funcionalidades principais: xestión de inventarios e xestión de listas da compra. Permite aos usuarios engadir produtos ao inventario mediante o escaneo de códigos de barras ou a entrada manual, clasificalos e asignar datas de caducidade, axudando a reducir o desperdicio de alimentos mediante notificacións proactivas. Tamén ofrece detalles completos de cada produto, incluíndo información nutricional. En canto á xestión da lista da compra, a aplicación permite crear e organizar varias listas, buscar produtos, engadir produtos externos e crear categorías personalizadas. Ademais, suxire automaticamente engadir produtos fóra de stock do inventario ás listas de compras, mantendo unha sincronización eficiente entre o inventario e as necesidades de compra. Fíxose fincapé na usabilidade, garantindo unha experiencia de usuario intuitiva e eficiente. As conclusións do proxecto indican que se acadaron os obxectivos propostos, proporcionando unha ferramenta útil e eficaz para a xestión de inventarios e listas da compra, e contribuíndo á redución do desperdicio alimentario.

Taboada González, José Ángel (Titoría)
AL-RAHAMNEH , ANAS JAMAL SAAD Cotitoría
Taboada González, José Ángel (Titoría)
AL-RAHAMNEH , ANAS JAMAL SAAD Cotitoría
Tribunal
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Secretario/a)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Vogal)

Plataforma de Adestramento e seguimento deportivo.
Autoría
M.C.D.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
M.C.D.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.02.2024 17:00
16.02.2024 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo o desenvolvemento dunha aplicación multiplataforma (web, iOS, Android) destinada a facilitar a comunicación entre adestradores/as deportivos e deportistas. A aplicación permitirá monitorizar o progreso do deportista e crear rutinas de exercicios personalizadas adaptadas ás súas circunstancias individuais. Os usuarios poderán acceder á aplicación desde os seus dispositivos preferidos para rexistrar a realización de exercicios, describir sensacións ao longo das sesións e visualizar o seu progreso persoal. A implementación empregando un framework multiplataforma destácase neste sistema, xa que proporciona un rendemento similar ao desenvolvemento nativo de cada dispositivo con menos liñas de código, brindando ao usuario a flexibilidade de traballar en calquera plataforma. Ao longo do desenvolvemento do proxecto, abordaranse as decisións tomadas para garantir a eficiencia do sistema, centrando especialmente na experiencia do usuario.

VARELA PET, JOSE (Titoría)
VARELA PET, JOSE (Titoría)
Tribunal
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Coordinador)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Coordinador)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
AIWantTheJob
Autoría
J.A.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
J.A.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
No últimos dez anos, a popularidade, a capacidade e o investimento en técnicas de Intelixencia Artificial baseadas en aprendizaxe profunda aumentaron considerablemente. Os grandes modelos de linguaxe (LLM, Large Language Model) son actualmente as ferramentas máis empregadas para xeración de texto nun gran abanico de tarefas. O tamaño destes modelos e do corpus co que se adestran convertéronos en grandes bases de coñecemento. Unha das lineas de traballo máis prometedoras céntrase no uso estes modelos como ferramenta de axuda ao estudo. Un exemplo desta tendencia podería ser Google workspaces for education. As entrevistas de traballo son unha parte integral das nosas vidas e sorprendentemente non hai moitas ferramentas interactivas para axudar na súa preparación. Este traballo de fin de grao titulado AIWantTheJob xorde para explorar o uso de LLMs como ferramentas de axuda á aprendizaxe co fin de cubrir esta carencia detectada. AIWantTheJob ten como obxectivo desenvolver un simulador de entrevistas de traballo para preparar candidatos para un posto específico. Utilizando técnicas de Deep Learning e NLP, o sistema xera escenarios de entrevistas realistas e personalizadas que brindan avaliacións en tempo real para mellorar as habilidades dos entrevistados. Para mellorar os resultados do LLM encargado este traballo expón un RAG (Retrieval-Augmented Generation) que xera e proporciona acceso á base de coñecemento específica do posto de traballo para o que se prepara o usuario. A maiores, emprégase unha ferramenta paralela chamada Nemo Guardrails, que serve para, entre outras moitas cousas, definir fluxos de conversacións entre a persoa e o LLM. O sistema implementouse como unha app que se pode despregar en contornas virtualizadas de maneira rápida e que require recursos informáticos de baixo custo (@teniendo en cuenta os requisitos estándar de aplicacións baseadas en IA). Ademais, a aplicación está dotada de técnicas de despregamento realista para poder simular unha contorna de produción real. Máis aló do caso de negocio do entrevistador, o sistema creado permite que calquera desarrollador poida implementar chatbots doutros tópicos con accións específicas realizando un investimento temporal mínimo e unha gran facilidade. O traballo de fin de grao proporciona como resultado un chatbot que realiza adecuadamente as tres tarefas propostas (preguntar, avaliar e simular respostas) adheríndose ben ao contexto e alucinando relativamente pouco. Ademais, podemos concluír que os resultados se poden mellorar empregando un modelo máis intelixente, que requiriría de máis recursos computacionales que os dispoñibles durante o proxecto.

Vinci , Walter Cotitoría
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
Vinci , Walter Cotitoría
Tribunal
Cotos Yáñez, José Manuel (Presidente/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Secretario/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Vogal)
Cotos Yáñez, José Manuel (Presidente/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Secretario/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Vogal)
Estudo e avaliación de algoritmos de criptografía homomórfica
Autoría
H.V.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
H.V.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 10:30
12.09.2024 10:30
Resumo
A criptografía homomórfica permite facer operacións sobre os datos encriptados sen necesidade de descifralos. Esta característica resulta moi atractiva, pois en particular evita que os terceiros nos que se delegan cálculos con eses datos poidan acceder a eles, abrindo un amplo abano de aplicacións. O problema da construción dun criptosistema completamente homomórfico, que permita cálculos arbitrarios con datos cifrados, foi considerado por 30 anos o santo graal da criptografía. Durante ese tempo, sucedéronse innumerables intentos por resolvelo, obtendo soamente solucións parciais. No 2009, o traballo de Craig Gentry supuxo unha revolución ao introducir a técnica do bootstrapping, mediante a cal algúns criptosistemas podían converterse en totalmente homomórficos. A partir deste momento foron xurdindo diferentes familias de criptosistemas con esta propiedade, todas elas facendo uso da invención de Gentry. O obxectivo deste traballo é facer un pequeno estudo comparativo entre algúns dos criptosistemas completamente homomórficos máis empregados na actualidade, en concreto, BGV, BFV e TFHE, comparando os algoritmos que os compoñen e realizando medicións dos tempos de execución. Previamente, introducirase de maneira teórica a criptografía homomórfica, definindo o bootstrapping e facendo certas consideracións respecto da seguridade destes criptosistemas. Ademais, darase un breve contexto histórico e un breve repaso do estado da arte, presentando as principais familias de criptosistemas completamente homomórficos.

GAGO COUSO, FELIPE Cotitoría

Fernández Rivera, Francisco (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)

Introducción á optimización non lineal
Autoría
D.P.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
D.P.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 12:30
17.07.2024 12:30
Resumo
Este traballo ofrece unha presentación teórica das bases da optimización non lineal. Iníciase cun repaso dos contidos relativos á optimización vistos ao longo do grao, co obxectivo de situar o punto de partida. Tras unha introdución aos preliminares necesarios para unha correcta formalización, preséntanse os puntos principais do traballo: as condicións de optimalidad e a dualidade lagrangiana. En primeiro lugar, desenvólvense as condicións de optimalidad de Fritz John e de Karush-Kuhn-Tucker para problemas de optimización non lineal; e para terminar, introdúcese o problema dual lagrangiano xunto aos teoremas de dualidade. A medida que se presentan os diferentes conceptos, abórdase a relación entre eles e as súas xeneralizacións ou casos particulares estudados no grao.

GONZALEZ DIAZ, JULIO (Titoría)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ MANTEIGA, WENCESLAO (Presidente/a)
PAEZ GUILLAN, MARIA PILAR (Secretario/a)
ALVAREZ DIOS, JOSE ANTONIO (Vogal)

Detección de anomalías en liñas eléctricas
Autoría
D.P.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
D.P.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 13:00
18.07.2024 13:00
Resumo
A inspección do tendido eléctrico é un campo en constante avance debido á importancia que ten toda a infraestrutura eléctrica na sociedade actual. A maioría de artigos que abordan este tema céntranse na monitorización de aisladores, deixando de lado unha gran cantidade de compoñentes que tamén teñen relevancia na rede eléctrica. Neste traballo explórase a capacidade de versións dos modelos RetinaNet, Single Shot Multibox Detector (SSD), You Only Look Once (YOLO) e Faster R-CNN para a detección dun número máis amplo de elementos da rede eléctrica. Por último, tamén se estuda o rendemento dos modelos de clasificación ResNet e EfficientNet para a categorización de defectos de aisladores.

MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Titoría)
Abado Bóveda, Silvia Cotitoría
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Titoría)
Abado Bóveda, Silvia Cotitoría
Tribunal
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Presidente/a)
DOSIL LAGO, RAQUEL (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Vogal)
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Presidente/a)
DOSIL LAGO, RAQUEL (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Vogal)
Reformulacións en problemas de programación non linear enteira mixta
Autoría
S.A.P.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
S.A.P.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
16.07.2024 16:00
16.07.2024 16:00
Resumo
Neste traballo estúdase unha clase de reformulacións de problemas de programación polinómica. En primeiro lugar preséntase a base teórica destas reformulacións, ideadas para problemas de optimización polinómica con variables binarias. En segundo lugar, exténdense os resultados en torno a estas reformulacións ao contexto máis xeral de problemas de optimización polinómica mixtos, con variables binarias e non binarias (enteiras e continuas). Por último, amósanse os resultados numéricos obtidos ao adaptar estas reformulacións para a súa inclusión nun software de optimización.

Rodríguez Acevedo, Iria Cotitoría
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Titoría)
Rodríguez Acevedo, Iria Cotitoría
Tribunal
GARCIA RIO, EDUARDO (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
CASAS MENDEZ, BALBINA VIRGINIA (Vogal)
GARCIA RIO, EDUARDO (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
CASAS MENDEZ, BALBINA VIRGINIA (Vogal)
Lifelong Learning para aplicacións de edge computing na industria 4.0
Autoría
S.A.P.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
S.A.P.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
Neste traballo desenvólvese un modelo codificador de series de tempo non supervisado e con aprendizaxe continua, co obxectivo de integralo cun modelo de clasificación. Específicamente, adáptase un modelo de codificación de series de tempo existente para que o seu adestramento utilice aprendizaxe continua, permitindo utilizar as codificacións xeradas como entrada para o modelo de clasificación. Ademais, para poder evalua a calidade das codificacións deséñanse unha serie de métricas e métodos de visualización. Os experimentos realizados mostran que o rendemento ao utilizar o codificador con aprendizaxe continua é equiparable ao rendemento obtido ao utilizar aprendizaxe offline, sendo a primeira situación máis difícil para o modelo. Os experimentos de integración mostran que ao utilizar as codificacións como entrada para o clasificador con aprendizaxe continua o rendemento obtido é satisfactorio.

MERA PEREZ, DAVID (Titoría)
Fernández Castro, Bruno Cotitoría
García Santaclara, Pablo Cotitoría
MERA PEREZ, DAVID (Titoría)
Fernández Castro, Bruno Cotitoría
García Santaclara, Pablo Cotitoría
Tribunal
Cotos Yáñez, José Manuel (Presidente/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Secretario/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Vogal)
Cotos Yáñez, José Manuel (Presidente/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Secretario/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Vogal)
Optimización de sistemas dinámicos biolóxicos con ecuacións diferenciais alxébricas
Autoría
C.C.P.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
C.C.P.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
16.07.2024 16:40
16.07.2024 16:40
Resumo
Para a comprensión e manexo de sistemas dinámicos biolóxicos, a modelización matemática é esencial. Para a súa optimización é preciso empregar problemas de control óptimo, que habitualmente inclúen ecuacións diferenciais alxébricas, a modo de restricións. Para a resolución deste tipo de problemas, de dimensión infinita, existen varios tipos de estratexias distintas. Neste traballo profundizarase nos métodos directos, que realizan unha discretización do problema de control óptimo, transformándoo nun problema de programación non linear, de dimensión finita. En bioloxía, a maioría dos problemas existentes implican a estimación de parámetros do sistema a partir dunha serie de observacións experimentais. Para un problema biolóxico deste tipo, plantexarase un estudo numérico para a súa resolución, variando a súa configuración, e comentaranse en profundidade os resultados obtidos.

GONZALEZ RUEDA, ANGEL MANUEL (Titoría)
GONZALEZ RUEDA, ANGEL MANUEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA RIO, EDUARDO (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
CASAS MENDEZ, BALBINA VIRGINIA (Vogal)
GARCIA RIO, EDUARDO (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
CASAS MENDEZ, BALBINA VIRGINIA (Vogal)
Sincronización de beizos automática no robot social Furhat
Autoría
C.C.P.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
C.C.P.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 10:30
19.07.2024 10:30
Resumo
O auxe da intelixencia artificial na robótica social e a proliferación dos sistemas TTS (Text To Speech) fan que poida existir unha integración de ambos campos, como se pode ver no robot Furhat. Esta tecnoloxía está limitada a poucos idiomas, recentemente conseguiuse integrar con éxito o TTS do Proxecto Nós neste robot, o que permitiu un discurso en galego. Non obstante, a sincronización dos beizos non se axustou á lingua galega, o que deriva nunha experiencia de usuario incompleta. Neste traballo proponse unha sincronización alternativa dos beizos para o robot social Furhat durante o seu discurso en galego. Para logralo, empregarase o aliñamento forzado, a través da ferramenta Montreal Forced Aligner (MFA). Para poder aliñar con MFA, habemos de crear un dicionario de pronuncia e de adestrar modelos acústicos con dita ferramenta, pois ningún destes recursos está dispoñible na actualidade para a lingua galega.

BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE Cotitoría
MAGARIÑOS IGLESIAS, MARIA DEL CARMEN Cotitoría

BARJA PEREZ, JAVIER (Presidente/a)
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Secretario/a)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Vogal)
BARJA PEREZ, JAVIER (Presidente/a)
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Secretario/a)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Vogal)
Extension e mellora dun framework multilinguaxe para procesamento BigData
Autoría
M.R.D.
Grao en Enxeñaría Informática
M.R.D.
Grao en Enxeñaría Informática
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
O BigData e un dos campos con maior crecemento actualmente dentro da informatica. Debido as grandes cantidades de datos e a sua variedade, comezou a ser dificultoso ou incluso inviable tratar os datos con tecnicas tradicionais. Polo tanto, apareceron novos modelos de programacion como MapReduce e frameworks que soportan estes novos modelos. O framework de referencia actual e Spark, que permite o procesamento masivo de datos de forma eficiente nun tempo razoable. IgnisHPC e un framework de procesamento de datos inspirado parcialmente en Spark e pensado para mellorar algunhas das suas limitacions. IgnisHPC conta con obxectivos como a unificacion das cargas de traballo de BigData e HPC, compatiblidade con multiples linguaxes, integracion con MPI, e un desenho baseado en virtualizacion por contedores. Neste traballo desenvolvense a implementacion en Java dalguns dos modulos que componhen o framework IgnisHPC. Indicase as limitacions de Spark con respecto a IgnisHPC e viceversa, e comparase o rendemento cun programa de proba.

PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Titoría)
PIÑEIRO POMAR, CESAR ALFREDO Cotitoría
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Titoría)
PIÑEIRO POMAR, CESAR ALFREDO Cotitoría
Tribunal
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Coordinador)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Coordinador)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
Deseño e posta en marcha dun sistema en rede para prácticas de ciberseguridade
Autoría
J.E.C.
Grao en Enxeñaría Informática
J.E.C.
Grao en Enxeñaría Informática
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
A materia de Ciberseguridade impartida no Grao en Enxeñaría Informática da Universidade de Santiago de Compostela ten como os seus principais obxectivos coñecer e entender os principais ataques que pode recibir un sistema informático. Para a explicación e comprensión dos diferentes ataques existentes realízanse prácticas utilizando un gran número de máquinas virtuais, moitas delas con numerosas vulnerabilidades. Estas prácticas ten que ser desenvolvidas nunha contorna illada e segura. Por iso, neste traballo implementouse un sistema en rede que conta cun servidor de virtualización que permite configurar e despregar todas as máquinas virtuais necesarias, realizouse a configuración dunha rede que proporciona a conectividade requirida entre os diferentes sistemas e executáronse varias probas e exercicios de pentesting que se poden realizar nesta contorna segura e controlada.

CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Titor do alumno)

Desenvolvemento dunha arquitectura escalable para a integración de sistemas en edificios intelixentes
Autoría
H.B.M.
Grao en Enxeñaría Informática
H.B.M.
Grao en Enxeñaría Informática
Data da defensa
19.07.2024 10:30
19.07.2024 10:30
Resumo
O mundo da domótica pasou por unha fase de crecemento importante nos últimos anos e isto levou á aparición de moitos fabricantes e sistemas diferentes, e incluso diferentes protocolos de comunicación. Isto ó moi bo de cara á competencia e a variedade de opcións, pero pode ser un gran problema para integrar varios sistemas diferentes nunha mesma infraestructura. Neste traballo desenvolvemos unha arquitectura sinxela e escalable que nos permite integrar a información destes sistemas nun único sistema centrado nun broker MQTT para comunicación en tempo real, unha base de datos para persistir a información que flúe polo sistema, unha API para consumir esa información, un portal web para poñer a información (tanto da API como do broker) a disposición dos usuarios e un simulador que nos permite crear unha contorna para probar esta arquitectura sen necesidade de inversión en hardware. E tras finalizar este traballo, concluímos que esta integración é posible sen necesidade de crear interdependencias entre os sistemas orixinais. Isto conseguímolo grazas a que a base de datos está illada tras a API e esta última non ten necesidade de interactuar co broker MQTT se utilizamos un adaptador. Ademais, MQTT é un protocolo aberto e lixeiro que se pode implementar en calquera outro sistema, ou no seu defecto, crear novos adaptadores que convertan as mensaxes deses sistemas en mensaxes MQTT.

Martínez Casas, David Cotitoría
Taboada González, José Ángel (Titoría)
Martínez Casas, David Cotitoría
Tribunal
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MERA PEREZ, DAVID (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)

Despregadura de configuracións, software e infraestruturas mediante configuracións de estado desexado
Autoría
M.P.L.
Grao en Enxeñaría Informática
M.P.L.
Grao en Enxeñaría Informática
Data da defensa
16.02.2024 11:00
16.02.2024 11:00
Resumo
Este proxecto consiste na análise, deseño e implementación dunha solución software que axudará a un cliente a sentar as bases para migrar a súa infraestrutura e a correspondente configuración ao paradigma IaC (Infrastructure as Code). A longo prazo tamén pretende fomentar a filosofía DevOps. A súa adopción involucrará a administradores de sistemas e desenvolvedores de aplicacións, aportando grandes beneficios a todo o equipo ao reducir o tempo preciso para configurar e documentar o estado da infraestrutura. Mudar a este paradigma resulta nunha maior calidade do traballo realizado e mellora os tempos de resposta en multitude de escenarios. Intentos de comprometer a plataforma, auditorías de seguridade, posta en marcha e bastionado de servidores ou paso a produción de novas versións de aplicacións son só algúns dos exemplos de situacións que serán abordadas con maior efectividade e menor esforzo. Tendo en conta as premisas do cliente e as características do parque existente escollerase a mellor alternativa posible, implementaranse os módulos precisos para a súa correcta integración coa infraestrutura actual e definiranse escenarios de proba para validar o seu correcto funcionamento.

CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS (Titoría)
Pena Rodríguez, Santiago Cotitoría

CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS (Titor do alumno)
Pena Rodríguez, Santiago (Titor do alumno)

Implementación de estruturas de acceso a datos sobre dimensións textuais, espaciais e temporais
Autoría
J.A.A.
Grao en Enxeñaría Informática
J.A.A.
Grao en Enxeñaría Informática
Data da defensa
13.09.2024 11:00
13.09.2024 11:00
Resumo
Este proxecto consiste na implementación dunha aproximación ao modelo STILT (Spatio-temporal Textual InterLeaved Trie), unha estrutura de datos baseada nun Trie binario, co obxectivo de obter unha mellora do rendemento na busca de datos en comparación coas tecnoloxías actuais de xestión de datos. Realízase unha descrición das tecnoloxías actuais, explicando as súas diferenzas con respecto ao modelo implementado, unha descrición da implementación desenvolvida e, co fin de verificar a eficacia das buscas co uso da estrutura de datos implementada, unha análise comparativa dos tempos de busca contra un exemplo representativo desas tecnoloxías actuais, PostgreSQL.

RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Titoría)
REY PRESAS, ANDREA Cotitoría
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Titoría)
REY PRESAS, ANDREA Cotitoría
Tribunal
REY PRESAS, ANDREA (Titor do alumno)
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Titor do alumno)

Análise dos métodos de autoescalado de Kubernetes
Autoría
J.D.L.
Grao en Enxeñaría Informática
J.D.L.
Grao en Enxeñaría Informática
Data da defensa
12.09.2024 12:00
12.09.2024 12:00
Resumo
As tecnoloxías nativas na nube foron gañando terreo no mundo empresarial, en gran parte grazas ás vantaxes que ofrecen sobre a súa competencia directa, a computación tradicional na nube. Estas, ao estar deseñados específicamente para funcionar de forma eficiente e escalable en ambientes de nube, permíten aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles no seu contorno. Aínda así, este modelo tecnolóxico tamén trae consigo problemas que hai que afrontar. Un deles é a súa capacidade de adaptación ás demandas de traballo en constante cambio, e que poden dar lugar a problemas de dispoñibilidade das aplicacións se o sistema non é capaz de soportar dita carga. Este traballo ten como obxectivo estudar as distintas ferramentas de escalado automático dispoñibles para Kubernetes, facendo especial fincapé no Horizontal Pod Autoscaler (HPA) e as métricas tradicionais, co fin de verificar o seu rendemento fronte a diversos casos prácticos.

Maseda Muiño, Francisco Cotitoría
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Titoría)
Maseda Muiño, Francisco Cotitoría
Tribunal
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE (Presidente/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Secretario/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Vogal)

Aplicación móbil para a realización de actuacións en distintos ámbitos
Autoría
J.A.I.
Grao en Enxeñaría Informática
J.A.I.
Grao en Enxeñaría Informática
Data da defensa
13.09.2024 10:00
13.09.2024 10:00
Resumo
Neste proxecto desenvolvese unha aplicación para dispositivos móbiles Android que permite realizar actuacións de calquera ámbito (sanidade, transporte, industria…), facilitando o proceso as persoas usuarias e reemprazando outras solucións como follas de cálculo ou papel. Tamén conta cunha aplicación de servidor que expón unha API REST coa que se comunica a aplicación móbil para poder levar a cabo as actuacións.

VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Titoría)
Yañez Candales, Eva Cotitoría
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Titoría)
Yañez Candales, Eva Cotitoría
Tribunal
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Titor do alumno)
Yañez Candales, Eva (Titor do alumno)

Plataforma para a Integración de Rankings de Semellanza de Algoritmos de Recuperación de Imaxes
Autoría
C.M.M.B.
Grao en Enxeñaría Informática
C.M.M.B.
Grao en Enxeñaría Informática
Data da defensa
16.02.2024 10:00
16.02.2024 10:00
Resumo
Este proxecto céntrase no desenvolvemento dunha aplicación que permita ao usuario obter un ranking de imaxes similar a unha imaxe de pregunta dada polo usuario, segundo os seus descritores de forma, cor e/ou textura. Tamén poderá seleccionar o peso que terá cada un destes tipos de descritores á hora de xerar o ranking. Os métodos de extracción destes descritores foron reescritos baseados en tres traballos anteriores, un por cada tipo.

MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Titoría)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Titor do alumno)

Evolución dunha ferramenta de preguntas interactivas para nenos
Autoría
O.T.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
O.T.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 12:00
18.07.2024 12:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao céntrase na evolución da ferramenta de cuestionarios interactivos para nenos “FeedbackScales4Children”, desenvolvida inicialmente por Jaime Iglesias Navas e titorizada por Julián Flores González e Alejandro Catalá Bolós. O proxecto aborda varias melloras significativas, entre elas un completo redeseño da interface de usuario para optimizar a súa usabilidade e a súa estética diferenciando claramente entre os roles dos avaliadores e avaliados, a incorporación de novas funcionalidades como a integración musical e unha maior flexibilidade nos tipos de cuestionarios dispoñibles. , así como a implantación dun subsistema de almacenamento na nube para a xestión centralizada e eficiente dos datos independentemente do dispositivo. Como resultado, conseguiuse unha aplicación máis intuitiva, funcional e atractiva, que responde mellor ás necesidades dos usuarios finais e garante unha mellora da accesibilidade e do manexo de datos.
Este Traballo Fin de Grao céntrase na evolución da ferramenta de cuestionarios interactivos para nenos “FeedbackScales4Children”, desenvolvida inicialmente por Jaime Iglesias Navas e titorizada por Julián Flores González e Alejandro Catalá Bolós. O proxecto aborda varias melloras significativas, entre elas un completo redeseño da interface de usuario para optimizar a súa usabilidade e a súa estética diferenciando claramente entre os roles dos avaliadores e avaliados, a incorporación de novas funcionalidades como a integración musical e unha maior flexibilidade nos tipos de cuestionarios dispoñibles. , así como a implantación dun subsistema de almacenamento na nube para a xestión centralizada e eficiente dos datos independentemente do dispositivo. Como resultado, conseguiuse unha aplicación máis intuitiva, funcional e atractiva, que responde mellor ás necesidades dos usuarios finais e garante unha mellora da accesibilidade e do manexo de datos.
Dirección
CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Titoría)
CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
Cotos Yáñez, José Manuel (Presidente/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Secretario/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Vogal)
Cotos Yáñez, José Manuel (Presidente/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Secretario/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Vogal)
Predición espacial dos fluxos de tráfico nunha cidade intelixente
Autoría
P.L.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.L.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 17:30
18.07.2024 17:30
Resumo
A motivación deste traballo vén do descoñecemento, por parte dos concellos das grandes cidades galegas, do estado do tráfico na maioría das súas rúas. Só teñen información sobre aquelas nos que se instalaron sensores. Por iso, proponse crear un modelo de intelixencia artificial capaz de determinar como é o tráfico nestas rúas. Proponse a creación dun modelo de Machine Learning baseado en redes neuronais LSTM (Long Short Term Memory) que sexa capaz de determinar o estado do tráfico en calquera punto da cidade de Santiago de Compostela. Clasificamos o estado do tráfico en 4 clases: libre, fluído, congestionado e atasco. Esta categorización do tráfico realízase a partir das dúas medicións obtidas dos sensores xa instalados na cidade. Estas medidas son o fluxo ou fluxo de coches e a ocupación ou porcentaxe de ocupación. Tamén se implementa un algoritmo que permite coñecer a distancia dun punto aos outros sensores ao longo do camiño máis curto, baseado no algoritmo de Dijkstra. Deste xeito, búscase determinar como de forte será a correlación entre o punto seleccionado e os sensores. Esta solución será unha alternativa eficiente, fiable e económica para os concellos de Galicia, fronte á instalación de máis sensores que vixían o tráfico.

MERA PEREZ, DAVID Cotitoría
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Titoría)
MERA PEREZ, DAVID Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Secretario/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Vogal)

Análisis do rendemento da ferramenta de computación especulativa SpecLib
Autoría
O.V.D.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
O.V.D.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 13:00
12.09.2024 13:00
Resumo
Dende a introducción dos procesadores multinúcleo, a paralelización na memoria compartida foi esencial para mellorar o rendemento dos sistemas informáticos, dividindo tarefas en tarefas máis pequeñas que poden executarse simultaneamente en múltiples procesadores ou núcleos. A paralelización especulativa permite aplicar esta técnica a problemas con dependencias de datos complexas ou impredecibles, mellorando a eficiencia e reducindo os tempos de espera. Neste traballo analizamos o rendemento de SpecLib, unha librería de paralelización especulativa automática, evaluando a súa eficacia en varios escenarios, variando factores como o número de fíos e o tamaño dos bloques de código. O traballo buscará identificar os factores que poden facer varias a eficiencia da librería en diversos escenarios.

Fernández Rivera, Francisco (Titoría)
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS Cotitoría
Fernández Rivera, Francisco (Titoría)
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS Cotitoría
Tribunal
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE (Presidente/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Secretario/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Vogal)
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE (Presidente/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Secretario/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Vogal)
UniLink: Unha aplicación para conectar a estudantes universitarios en Santiago
Autoría
M.D.U.O.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
M.D.U.O.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 10:00
12.09.2024 10:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao preséntase o desenvolvemento de UniLink, unha aplicación deseñada para móbil que trata de facilitar e fortalecer a interacción social e conexión entre os estudantes universitarios da cidade de Santiago de Compostela. O seu obxectivo principal consiste en funcionar como unha rede social centrada na comunidade universitaria e permitir aos usuarios descubrir persoas, eventos, lugares de interese e outros elementos na súa contorna. A aplicación tentará abordar unha importante e actual necesidade social dentro do contexto universitario, onde algún estudante, especialmente de recentemente incorporación, puidese sentirse desorientado ou puidese ter máis dificultades á hora de atopar compañeiros, aloxamento, lugares de lecer frecuentados... UniLink encargarase de proporcionar un espazo dixital onde os usuarios poderán conectarse, colaborar, compartir recursos e participar en eventos relevantes, mellorando a súa experiencia universitaria en xeral.
No presente Traballo de Fin de Grao preséntase o desenvolvemento de UniLink, unha aplicación deseñada para móbil que trata de facilitar e fortalecer a interacción social e conexión entre os estudantes universitarios da cidade de Santiago de Compostela. O seu obxectivo principal consiste en funcionar como unha rede social centrada na comunidade universitaria e permitir aos usuarios descubrir persoas, eventos, lugares de interese e outros elementos na súa contorna. A aplicación tentará abordar unha importante e actual necesidade social dentro do contexto universitario, onde algún estudante, especialmente de recentemente incorporación, puidese sentirse desorientado ou puidese ter máis dificultades á hora de atopar compañeiros, aloxamento, lugares de lecer frecuentados... UniLink encargarase de proporcionar un espazo dixital onde os usuarios poderán conectarse, colaborar, compartir recursos e participar en eventos relevantes, mellorando a súa experiencia universitaria en xeral.
Dirección
VARELA PET, JOSE (Titoría)
VARELA PET, JOSE (Titoría)
Tribunal
Fernández Rivera, Francisco (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Fernández Rivera, Francisco (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Semantic Emofinder: Construcción e Explotación dun Grafo de Coñecemento para a Xestión F.A.I.R. de Bases de Palabras Emocionais
Autoría
O.H.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
O.H.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 11:30
12.09.2024 11:30
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase no desenvolvemento dun sistema que permita a construción e explotación dun grafo de coñecemento a partir de bases de palabras emocionais. Para iso, crearase un vocabulario para xestionar esas bases de palabras, e un conxunto de procedementos para popular a base de coñecemento de forma (semi)automática. Por último, desenvolverase unha aplicación web que consuma devanditos datos estruturados e permita o seu manexo e descarga por parte doutros usuarios/científicos en base a un conxunto de filtros definidos. A principal contribución, por tanto, será a actualización do sistema previo (https://www.usc.gal/pcc/app/emofinder/) a través do uso e a explotación de tecnoloxías semánticas para asegurar os principios F.A.I.R. (findable, accesible, interoperabilidade and reusable) nas bases de palabras integradas.

CHAVES FRAGA, DAVID (Titoría)
LAMA PENIN, MANUEL Cotitoría
CHAVES FRAGA, DAVID (Titoría)
LAMA PENIN, MANUEL Cotitoría
Tribunal
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
ALONSO MORAL, JOSE MARIA (Secretario/a)
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Vogal)

Aliñamento de imaxes multitemporais de ecosistemas fluviais utilizando algoritmos de características
Autoría
D.F.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
D.F.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 16:30
18.07.2024 16:30
Resumo
Nos últimos anos, os avances tecnolóxicos permitiron o uso de imaxes multidimensionais nunha gran cantidade de contextos e aplicacións. En moitos destes casos, empréganse Vehículos Aéreos Non Tripulados (VANT) con sensores capaces de capturar imaxes que conteñen información de reflectancia das distintas bandas do espectro electromagnético. Problemas asociados ao procesamento deste tipo de imaxes, como é o seu rexistro ou aliñamento, convertéronse nunha tarefa necesaria para multitude de aplicacións destas imaxes, como a detección de cambios ou o análise da evolución da vexetación foránea. O rexistro de dúas imaxes multidimensionais consiste en buscar unha transformación xeométrica (escala, ángulo e rotación) que permita aliñar imaxes capturadas na mesma zona aproveitando toda a información espectral dispoñible para mellorar a calidade do rexistro. Estas imaxes poden ser obtidas en distintos instantes de tempo, con diferentes perspectivas ou condicións lumínicas. Dificultades que, sumadas ás condicións de captura dende VANTs, fan que, a pesar de ter o mesmo número e propiedades de bandas espectrais, a variabilidade entre elas sexa alta. Estas condicións son as principais dificultades deste traballo, onde se busca resolver o problema de rexistro eficiente de imaxes multiespectrais multitemporais de alta resolución espacial de ecosistemas fluviais de ríos galegos. Preténdese aliñar imaxes capturadas nos anos 2023 e 2024 con respecto a imaxes obtidas no ano 2018 para as mesmas zonas. Dado o gran tamaño das imaxes, traballarase con porcións das imaxes completas. Ademais, polas dificultades que se mencionan anteriormente no proceso de rexistro, formúlase un proceso en dous niveis: rexistro inicial e de refinamento. Realizouse en primeiro lugar unha análise e selección dos distintos algoritmos de rexistro dispoñibles no estado da arte, capaces de rexistrar imaxes de varias bandas, en particular, hiperespectrais. A selección de métodos realizada implementouse e avaliouse sobre imaxes multiespectrais multitemporais de alta resolución espacial de cobertura terrestre. Na experimentación formulada realizáronse distintas probas: avaliación da precisión para distintos tamaños de imaxe, con diferente número e tipo de elementos naturais e artificiais e con distintos niveis de solapamento ou coincidencia visual. A achega principal deste traballo é a de abordar o rexistro de imaxes que foron capturadas no marco dun proxecto realizado polo grupo de investigación no que se desenvolveu este TFG e que, por tanto, sofren todos os problemas propios de imaxes reais. Por exemplo, os pares de imaxes que se rexistran corresponden a anos diferentes e foron capturadas por sensores a bordo de drons, polo cal as condicións de captura entre imaxes de diferentes datas son moi diferentes tanto climatoloxicamente como de inclinación do dron ou altura do mesmo. Ademais, abórdase a aplicación de métodos adaptados a imaxes con centos de bandas e unha resolución espacial media para imaxes que dispoñen de soamente cinco bandas espectrais pero moi alta resolución espacial. Deseñouse un proceso para abordar sistematicamente o rexistro das imaxes, e determinouse que algoritmos son os máis adecuados tanto para un rexistro inicial como para un refinamento final. A avaliación faise tanto en termos de precisións obtidas e capacidade de resiliencia ante solapamentos e variacións de imaxes, como en termos de tempo de execución.

ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Titoría)
Blanco Heras, Dora Cotitoría
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Titoría)
Blanco Heras, Dora Cotitoría
Tribunal
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
Puentes Cociña, Beltrán (Secretario/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Vogal)
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
Puentes Cociña, Beltrán (Secretario/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Vogal)
Detección de clientes maliciosos ou ruidosos na aprendizaxe federada
Autoría
R.M.E.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
R.M.E.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 18:30
18.07.2024 18:30
Resumo
A aprendizaxe federada (AF) xurde como solución prometedora para o desenvolvemento colaborativo de modelos de intelixencia artificial sen comprometer a privacidade dos datos distribuídos. Con todo, a heteroxeneidade dos datos, as variadas metodoloxías de aprendizaxe local e a presenza de ataques malintencionados expoñen desafíos significativos que obstaculizan a eficacia e seguridade do modelo global. Este traballo investiga solucións para fortalecer a robustez da aprendizaxe federada, non só en escenarios onde os datos son altamente heteroxéneos, senón tamén en contornas afectadas por ataques maliciosos que buscan comprometer significativamente o rendemento do modelo global. Examínanse dúas liñas principais de traballo para mitigar o impacto dos clientes diverxentes: a agregación robusta e as técnicas de defensa activa. Ademais, introdúcese unha nova metodoloxía dentro do campo da aprendizaxe federada personalizada adaptado, que utiliza modelos personalizados locais cun modelo global, permitindo unha adaptación máis precisa ás condicións particulares de cada cliente. O estudo empírico, realizado en contornas sintéticas e reais, valida a efectividade das estratexias propostas fronte a ataques e demostra como a xestión adecuada da heteroxeneidade e detección de anomalías poden mellorar significativamente o rendemento do modelo federado. Este traballo, ademais de contribuír á literatura existente sobre aprendizaxe federada, tamén ofrece unha perspectiva práctica para a súa aplicación en robótica, onde a diversidade de datos e a especificidade de tarefas presentan retos únicos.

IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Titoría)
Barro Ameneiro, Senén Cotitoría
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Titoría)
Barro Ameneiro, Senén Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Secretario/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Vogal)
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Secretario/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Vogal)
Desenvolvemento dun prototipo para un axente conversacional intelixente autónomo que permita estudar a depresión aplicando técnicas de intelixencia artificial
Autoría
A.G.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.G.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 16:00
19.07.2024 16:00
Resumo
A depresión converteuse nun dos principais problemas crónicos de saúde a nivel global, e o seu diagnóstico a miúdo presenta dificultades. En España, estímase que o 50% das persoas con depresión non están diagnosticadas. Aínda que a sociedade avanza na comprensión desta patoloxía, persiste o estigma de visitar ao psiquiatra e séguese confundindo coa tristeza. Paralelamente, nos últimos anos, o uso de técnicas de intelixencia artificial avanzou significativamente no ámbito da saúde mental. Por exemplo, empregáronse técnicas de procesamento de linguaxe natural (PLN) para analizar sentimentos en redes sociais. Con todo, o número de investigacións ou proxectos que aplican estas metodoloxías para a detección temperá da depresión segue sendo limitado. Moitas persoas que requiren intervención psicolóxica non son identificadas, debido aos obstáculos mencionados anteriormente ou á escaseza global de profesionais de saúde mental, entre outros factores. Por iso, é importante contar cun enfoque de cribado masivo que permita detectar a depresión nas súas primeiras etapas e facilitar a intervención dos profesionais da saúde mental. A solución proposta neste proxecto é un prototipo de asistente virtual deseñado para administrar a escala de depresión xeriátrica de Yesavage (GDS-VE). Este asistente virtual interactúa co usuario mediante unha conversación fluída, analiza as súas respostas baseándose nas opcións do cuestionario e determina a presenza ou ausencia de síntomas depresivos. Probouse experimentalmente a capacidade de Dialogflow, de Google Cloud, para levar a cabo este labor. Ademais, avaliouse a eficacia de modelos preadestrados de inferencia de linguaxe natural (NLI) na análise e na comprensión contextual das respostas e da conversación co usuario. As observacións e os resultados obtidos sitúan a estas ferramentas nunha posición favorable para o seu propósito: servir como apoio na facilitación dun diagnóstico rápido deste tipo de enfermidades. En ningún caso exponse como un substituto dos profesionais da saúde mental.

VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
Losada Carril, David Enrique Cotitoría
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS Cotitoría
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
Losada Carril, David Enrique Cotitoría
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS Cotitoría
Tribunal
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)
Planta de produción de acetato de metilo
Autoría
S.G.G.
Grao en Enxeñaría Química
S.G.G.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 11:40
13.09.2024 11:40
Resumo
O obxetivo deste proxecto é o deseño dunha planta de produción de acetato de metilo utilizando metanol e ácido acético como materias primas. Ademais, desenvólvese a idea de implantar o líquido iónico na industria química como unha nova forma de separar mesturas azeotrópicas co fin de abrir unha nova visión sobre os métodos de separación.

SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
GIL GONZALEZ, ALVARO (Presidente/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Secretario/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Vogal)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Presidente/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Secretario/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Vogal)
Planta de produción de metil mercaptano a partir de ácido sulfhídrico e metanol
Autoría
S.C.P.
Grao en Enxeñaría Química
S.C.P.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 13:05
16.07.2024 13:05
Resumo
O presente proxecto de fin de grao baséase no deseño dunha planta de produción de metil mercaptano a partir de ácido sulfhídrico e metanol, coa finalidade de obter unha capacidade de 20.000 t/ano do produto ao 99,5% de pureza. O documento aborda detalladamente varios aspectos dunha planta química, incluíndo o seu modo de operación e capacidade de produción. Analízanse distintas alternativas para seleccionar a máis viable tanto técnica como económicamente. Tamén se especifica o emprazamento escollido para a planta e proporciónanse balances completos de materia e enerxía do proceso. Ademais, descríbese o proceso e os equipos utilizados, xunto co sistema de instrumentación e control. Inclúese un estudo de seguridade, o deseño mecánico do reactor principal (R-201) e diversos planos, os cales son: situación, emprazamento, implantación, diagrama de fluxo do proceso (PFD), diagrama de instrumentación e control. Finalmente, avalíase o orzamento e a viabilidade económica da instalación, dimensiónanse os equipos e realízanse estudos de impacto ambiental, así como de seguridade e saúde, e se adxunta un prego de condicións.

GONZALEZ ALVAREZ, JULIA (Titoría)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA Cotitoría
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA (Titoría)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA Cotitoría
Tribunal
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
Planta de produción dunha proteína con fins farmacéuticos
Autoría
P.A.F.
Grao en Enxeñaría Química
P.A.F.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 13:00
13.09.2024 13:00
Resumo
Deseño dunha planta de produción dunha proteína terapéutica, concretamente un anticorpo monoclonal, mediante o cultivo de células de mamíferos. A capacidade é dun lote de produto cada 47 días, sendo cada un de 205,94 kg de proteína. O proceso consta dunha primera etapa de cultivo celular, seguida da purificación (separación e concentración de produto) e finalmente o enchido . Realízase o deseño de detalle dun equipo de ultrafiltración-diafiltración para a concentración de producto e a adición do tampón final.

VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Titoría)
Gato Tasende, Lucía Cotitoría
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Titoría)
Gato Tasende, Lucía Cotitoría
Tribunal
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Vogal)
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Vogal)
Planta de producion de hidrato de hidracina
Autoría
X.L.V.
Grao en Enxeñaría Química
X.L.V.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 11:10
16.07.2024 11:10
Resumo
O obxectivo deste proxecto é levar a cabo o desenvolvemento dunha planta de produción de hidrato de hidracina cunha concentración do 64 por cento en masa a partir de amoniaco e hipoclorito de sodio, ambos en solución, mediante o método Raschig. O deseño achégase co obxectivo de producir 12.000T/ano de produto operando en continuo, os 330 días do ano, as 24 horas do día. Descríbese o deseño rigoroso dos equipos máis relevantes do proceso, sendo estes o reactor de hidracina e a columna de destilación para a obtención do produto. Decidiuse abordar o deseño dunha planta de produción de hidrato de hidracina debido ás súas investigacións actuais no campo enerxético para o seu uso como almacenamento químico de hidróxeno en pilas de combustible debido ao seu alto contido en hidróxeno, facilidade de transporte e almacenamento, ademais de que o único subproduto da súa descomposición sería o nitróxeno. Trátase dun estudo de relevancia actual, posto que propón unha alternativa aos combustibles fósiles. Por outra banda, o hidrato de hidracina utilízase actualmente en diversos ámbitos industriais, debido á súa capacidade para eliminar o osíxeno da auga, utilízase en xeradores de vapor de alta presión e caldeiras industriais, pero ten outros usos, como axente de soplado para a auga, espumas plásticas, iniciadores de polimerización, pesticidas, produtos farmacéuticos, produtos químicos fotográficos ou colorantes. Os derivados deste compoñente tamén teñen un gran lugar na industria actual, como, por exemplo, a hidracina anhidra, que se sintetiza mediante o método Olin Raschig, destacando polo seu uso como propulsor de foguetes. A instalación está situada no norte de España, máis concretamente no polígono industrial de Lloreda, pertencente á cidade asturiana de Gijón, co obxectivo de facilitar a comercialización do hidrato de hidracina por vía marítima ao norte de Europa e outras zonas comerciais de interese. O presente documento representa o Traballo Fin de Grao por medio do cal as alumnas Mara Meitín Fraga e Xeila Liñayo Vicente optan ao título universitario de Grao en Enxeñaría Química otorgado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.

MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
Planta de produción de 2-metoxi-2-metil-heptano
Autoría
P.R.S.
Grao en Enxeñaría Química
P.R.S.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 12:25
16.07.2024 12:25
Resumo
O 2-metoxi-2-metil-heptano (MMH) emprégase en diversos ámbitos, maioritariamente como aditivo da gasolina ou intermedio farmacéutico. A capacidade da planta é de 30.000 toneladas ao ano xa que tanto as aplicacións tradicionais coma as novas alternativas de grao químico non son aplicacións de gran tonelaxe. O MMH prodúcese a partir de metanol e 2-metil-1-hepteno. Como alternativa sostible, proponse empregar metanol verde dunha planta próxima. Pablo Rodríguez-Villamil encárgase do deseño dunha columna de destilación de recheo (T-203). Raúl Veiga Moo do deseño dun reactor de leito fixo heteroxéneo catalítico (R-101). Por último, Hugo Vidal Cabanelas encárgase do deseño dunha columna de destilación de pratos (T-202).

RODIL RODRIGUEZ, EVA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
Planta de produción de 2-metoxi-2-metil-heptano
Autoría
H.V.C.
Grao en Enxeñaría Química
H.V.C.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 12:25
16.07.2024 12:25
Resumo
O 2-metoxi-2-metil-heptano (MMH) emprégase en diversos ámbitos, maioritariamente como aditivo da gasolina ou intermedio farmacéutico. A capacidade dá planta é de 30000 toneladas ao ano que tanto as aplicacións tradicionais como as novas alternativas de grao químico non son aplicacións de gran tonelaxe. Ou MMH produce a partir de metanol e 2-metil-1-hepteno. Como alternativa sostible plántase empregar metanol verde dunha planta próxima. Pablo Rodríguez-Villamil Seoane encargase do deseño dunha columna de destilación de recheo (T-203). Raúl Veiga Moo do deseño dun reactor de leito fixo heteroxéneo catalítico (R-101). Por último Hugo Vidal Cabanelas do deseño dunha columna de pratos de destilación (T-202).

Planta de deshidroxenación hidróxeno-carrier (perhidro-dibenciltolueno)
Autoría
F.A.S.B.
Grao en Enxeñaría Química
F.A.S.B.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 12:20
13.09.2024 12:20
Resumo
No presente traballo de fin de grao plantesaxe e desenvólvese a planta de deshidroxenación hidróxeno-carrier (perhidro-dibenciltolueno) para unha correcta peodución e separación efectiva de 50.000 t/ano de hidróxeno. Ademais, relízase o análisis de viabilidade da planta e o deseño dos reactores do proceso.
No presente traballo de fin de grao plantesaxe e desenvólvese a planta de deshidroxenación hidróxeno-carrier (perhidro-dibenciltolueno) para unha correcta peodución e separación efectiva de 50.000 t/ano de hidróxeno. Ademais, relízase o análisis de viabilidade da planta e o deseño dos reactores do proceso.
Dirección
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Titoría)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
GIL GONZALEZ, ALVARO (Presidente/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Secretario/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Vogal)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Presidente/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Secretario/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Vogal)
Planta de producción de sulfato de cobre pentahidratado
Autoría
B.G.A.
Grao en Enxeñaría Química
B.G.A.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 10:35
16.07.2024 10:35
Resumo
Este traballo céntrase no deseño dunha planta de produción de 378,79 kg/h de sulfato de cobre pentahidratado a partir de chatarra de cobre. O proceso ten unha reacción química irreversible, que se levará a cabo nun reactor de tanque continuo axitado cun sistema de aireación. O produto resultante da reacción é o sulfato de cobre, que se transferirá a un cristalizador para obter o produto desexado. Os cristais formados separaranse do resto da solución nai mediante un proceso de filtración que se levará a cabo en conxunto cun proceso de lavado continuo para eliminar a acidez do produto. Todo este proceso culmina cun proceso de secado mediante o cal se eliminará o exceso de auga para dar lugar a un produto de sulfato de cobre pentahidratado cun 5% de humidade.

ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN (Secretario/a)
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Vogal)

Detección de colocación e recollida de boias acústicas con posicións GPS de baixa resolución.
Autoría
C.R.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
C.R.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
15.02.2024 13:00
15.02.2024 13:00
Resumo
Os barcos atuneiros utilizan boias de satélite con sondas acústicas e GPS para localizar bancos de atún. Estas boias son colocadas no océano por atuneiros e maciceros (barcos de apoio). Nas súas operacións habituais, os atuneiros reciben vía satélite a información acústica das boias do barco que deben interpretar para comprobar se existe presenza de atún. Isto permítenos afinar a busca de bancos de atún, evitando desprazamentos innecesarios e, polo tanto, reducindo a cantidade de combustible empregado. Os lugares onde se colocan e recollen estas boias son fundamentais para optimizar esta operación. Marine Instruments é unha compañía líder na fabricación de boias para a pesca do atún. No contexto desta empresa, e pola importancia destas manobras, o obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento, implantación e posta en marcha dun algoritmo que, utilizando as posicións GPS dos buques e boias, permita localizar automaticamente os lugares onde ocorren estas accións. A primeira parte do proxecto consiste en preprocesar a información de posicións GPS que transmiten as boias acústicas e os propios buques para filtrar e complementar principalmente a información que poida ser útil para os algoritmos a desenvolver. A seguinte etapa consiste en desenvolver os algoritmos para detectar as manobras obxectivo. Utilizando os coñecementos sobre as operacións habituais dos atuneiros e as manobras que realizan, obteranse as condicións ou normas necesarias para aplicar a información da etapa anterior e detectar cando e onde se realizan as manobras. Finalmente, a información de saída do noso algoritmo terá que ser almacenada nunha base de datos. O obxectivo é levar un rexistro de toda a actividade detectada, tanto no presente como no pasado, podendo utilizar ferramentas de visualización para controlar a información e realizar estudos sobre a actividade pesqueira. A xestión do fluxo de información, desde o momento en que é xerada polo algoritmo, ata a súa carga na base de datos e a súa posterior visualización, será tamén unha tarefa que se abordará dentro deste proxecto.

Garaboa Paz, Ángel Daniel Cotitoría
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Titoría)
Garaboa Paz, Ángel Daniel Cotitoría
Tribunal
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
Rodeiro Pazos, David (Vogal)

SportPal: unha aplicación para crear e atopar eventos deportivos amateur
Autoría
D.P.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
D.P.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 12:00
12.09.2024 12:00
Resumo
Con este Traballo de Fin de Grao preténdese desenvolver unha aplicación web que facilite a organización de partidos de diferentes deportes a nivel amateur, eliminando atrancos como a falta de participantes ou o descoñecemento de localizacións para a práctica dun deporte en concreto, fomentando así a realización de exercicio dun xeito entretido.
Con este Traballo de Fin de Grao preténdese desenvolver unha aplicación web que facilite a organización de partidos de diferentes deportes a nivel amateur, eliminando atrancos como a falta de participantes ou o descoñecemento de localizacións para a práctica dun deporte en concreto, fomentando así a realización de exercicio dun xeito entretido.
Dirección
VARELA PET, JOSE (Titoría)
VARELA PET, JOSE (Titoría)
Tribunal
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
ALONSO MORAL, JOSE MARIA (Secretario/a)
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Vogal)
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
ALONSO MORAL, JOSE MARIA (Secretario/a)
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Vogal)
Segmentación zero-shot de obxectos en imaxes
Autoría
A.B.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.B.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
O adestramento de modelos de detección e segmentación de obxectos representa un desafío considerable no campo da visión por computador. Este proceso non só require extensos conxuntos de datos de imaxes anotadas, que poden non estar dispoñibles para todas as clases de obxectos de interese, senón que tamén demanda recursos computacionais significativos. A necesidade de anotación de imaxes, GPUs de alto rendemento e equipos informáticos potentes implica un investimento substancial en termos de tempo, recursos económicos e esforzo humano que non todos poden abordar. Neste contexto, o desenvolvemento de modelos que, tras un único adestramento inicial, sexan capaces de detectar, segmentar e clasificar calquera tipo de obxecto, pode supoñer unha gran vantaxe. Este enfoque, coñecido como segmentación panóptica zero-shot, busca abordar algunhas das limitacións actuais dos modelos tradicionais, que só poden clasificar obxectos de clases coas que se adestrou. Ata a data, esta área de investigación foi relativamente pouco explorada debido á súa dificultade, tanto pola falta de datos anotados, como pola dificultade de xeneralizar a clases descoñecidas. O recentemente publicado modelo CONCAT é actualmente o único traballo neste campo, e os seus resultados suxiren que aínda hai bastante marxe para melloras. Co obxecto de mellorar o estado da arte actual nesta tarefa, neste traballo proponse un novo algoritmo de segmentación panóptica zero-shot, conseguindo resultados significativamente mellores que CONCAT.

CORES COSTA, DANIEL Cotitoría
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Titoría)
CORES COSTA, DANIEL Cotitoría
Tribunal
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MERA PEREZ, DAVID (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MERA PEREZ, DAVID (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
Predición de tempos nos procesos de negocio baseado en técnicas aprendizaxe automática
Autoría
J.A.F.A.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
J.A.F.A.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 12:30
12.09.2024 12:30
Resumo
Ao longo deste traballo fin de grao afoódase no seguimento preditivo do proceso, concretamente, na predición do tempo restante. Neste TFG proponse un modelo baseado na estrutura dos transformadores e aplícanselle diferentes modificacións para potenciar a súa capacidade para coñecer as dependencias temporais entre distintos acontecementos, empregando conxuntamente mecanismos de autoatención e de atención cruzada. Ademais, experimentamos coa representación do tempo para ver que medida é máis útil e facilita a aprendizaxe do modelo. Todo isto é probado con varios modelos de última xeración que utilizan técnicas como Long Short-Term Memory (LSTM). Despois de analizar os resultados, obtense a conclusión de que os transformadores ofrecen unha maior capacidade de aprendizaxe destas dependencias que outros modelos como as redes neuronais recorrentes (RNN), xerando mellores modelos. Ademais, o uso combinado de auto-atención con atención cruzada e unha representación temporal que indica a duración dos eventos obtén os mellores resultados para a maioría dos rexistros de eventos. Este traballo non só proporciona un novo enfoque para a predición do tempo nos procesos de negocio, senón que tamén establece unha base sólida para a futura investigación e desenvolvemento neste campo.

LAMA PENIN, MANUEL (Titoría)
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS Cotitoría
Suárez Barro, Noel Cotitoría
LAMA PENIN, MANUEL (Titoría)
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS Cotitoría
Suárez Barro, Noel Cotitoría
Tribunal
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE (Presidente/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Secretario/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Vogal)
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE (Presidente/a)
VILA BLANCO, NICOLAS (Secretario/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Vogal)
Análise de imaxes médicas para a detección de enfermidades
Autoría
S.S.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
S.S.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
O novo coronavirus (COVID-19), que apareceu na cidade chinesa de Wuhan en 2019 e se estendeu rapidamente por todo o mundo converténdose nunha pandemia, causou numerosos danos, tanto humanos como materiais. Por tanto, resulta fundamental a detección temperá de casos para previr a propagación do virus. Neste contexo, as técnicas de Machine learning, especialmente a visión por computador e as redes neuronais convolucionais, están a popularizarse pola súa alta precisión na detección e clasificación de enfermidades. Este traballo ten como obxectivo a análise de imaxes médicas a través do uso de técnicas de deep learning, especificamente redes neuronais convolucionais (CNN). O estudo céntrase en tres tipos de casos clínicos: pulmóns sans, con pneumonía e con COVID-19. Utilízanse diferentes arquitecturas de redes, como VGG16, VGG2 e VGG3, aplicándolles diversas técnicas de mellora para optimizar os resultados. A metodoloxía inclúe a recolección e preprocesamento dun conxunto de datos de imaxes de raios X, seguidos pola implementación e adestramento de modelos de CNN. As técnicas utilizadas para mellorar o rendemento das redes inclúen data augmentation, dropout, transfer learning e fine tuning. Ademais, creouse unha aplicación web que lle permite ao usuario subir unha imaxe e recibir unha clasificación, indicando se a imaxe corresponde a un pulmón normal, con COVID-19 ou con pneumonía. Esta aplicación facilita a visualización práctica dos resultados obtidos e a súa utilidade clínica. Os resultados obtidos mostran que o modelo de clasificación binaria con VGG16 e técnicas de transfer learning e fine tuning proporciona os mellores resultados, especialmente no contexto de datos desbalanceados. Os experimentos realizados demostran a eficacia das técnicas aplicadas para mitigar o overfitting e mellorar a precisión do modelo. A implementación de técnicas de mellora, como data augmentation e transfer learning, é crucial para obter modelos máis precisos.

GARCIA TAHOCES, PABLO (Titoría)
GARCIA TAHOCES, PABLO (Titoría)
Tribunal
Cotos Yáñez, José Manuel (Presidente/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Secretario/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Vogal)
Cotos Yáñez, José Manuel (Presidente/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Secretario/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Vogal)
PERIOSTAGE: Aplicación para a anotación do Periodontograma e cálculo do Estadio da Enfermedade Periodonta
Autoría
U.C.T.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
U.C.T.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
As enfermidades periodontais son un conxunto de afeccións crónicas que afectan aos tecidos que sosteñen os dentes no seu lugar. A maneira principal de evaluación do estado destes tecidos bucais para diagnosticar aos doentes e analizar a súa evolución é a realización de periodontogramas. Os datos obtidos ao realizar un periodontograma poden rexistrarse de maneira manual ou dixital mediante a utilización de diferentes ferramentas. Non obstante, a maioría de ferramentas existentes para periodontogramas teñen algunhas limitacións, como a necesidade de conexión a Internet. Nesta memoria recóllese o traballo realizado para a implementación dunha nova ferramenta de escritorio para a realización de periodontogramas, PERIOSTAGE, que proporciona unha serie de vantaxes significativas con respecto ás solucións existentes. Esta non só permite o rexistro de datos de maneira offline, eliminando a dependencia dunha conexión á rede, senón que proporciona gráficos e resúmenes visuais do estado periodontal do doente. Ademais, a aplicación analiza o periodontograma para determinar unha diagnose periodontal seguindo os criterios máis aceptados na comunidade odontolóxica, o que mellora a precisión desta avaluación e facilita a planificación dun tratamento acorde. Finalmente, intégrase todo isto nunha interfaz intuitiva e fácil de usar.

VILA BLANCO, NICOLAS (Titoría)
Regueira Iglesias, Alba Cotitoría
VILA BLANCO, NICOLAS (Titoría)
Regueira Iglesias, Alba Cotitoría
Tribunal
BARJA PEREZ, JAVIER (Presidente/a)
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Secretario/a)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Vogal)
BARJA PEREZ, JAVIER (Presidente/a)
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Secretario/a)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Vogal)
NoTimePrinting: Localizador de impresoras dispoñibles e en boas condicións nun entorno corporativo cunha flota de múltiples impresoras
Autoría
N.B.Q.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
N.B.Q.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 16:00
18.07.2024 16:00
Resumo
En contornos corporativos con múltiples dispositivos de impresión, a xestión eficiente das impresoras é esencial para reducir tempos de espera, minimizar desprazamentos innecesarios e garantir que os usuarios elixan a impresora máis axeitada ás súas necesidades. A variedade de características entre as impresoras pode dificultar a selección do dispositivo correcto, levando a unha xestión ineficaz e a unha menor produtividade. Este problema intensifícase en organizacións grandes onde a falta de información clara sobre o estado e a localización das impresoras dispoñibles pode resultar nunha utilización subóptima dos recursos de impresión. Para abordar este desafío, este Traballo de Fin de Grao céntrase no desenvolvemento de NoTimePrinting, unha aplicación web deseñada para optimizar o uso de impresoras en contornos corporativos. Esta solución presenta un mapa interactivo que amosa a distribución das impresoras, facilitando unha xestión visual e accesible dos recursos de impresión. NoTimePrinting tamén inclúe un sistema avanzado de recomendación que suxire a impresora óptima baseándose en parámetros como as características do traballo de impresión, a localización do usuario ou o estado e características das impresoras rexistradas no sistema.

Ménguez Álvarez, Guillermo Cotitoría
Gutierrez Rodríguez, Jorge Cotitoría
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Titoría)
Ménguez Álvarez, Guillermo Cotitoría
Gutierrez Rodríguez, Jorge Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Secretario/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Vogal)
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Secretario/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Vogal)
PRISMATIC: Aprendizaxe automática para segmentación de imaxe médica multimodal cardíaca
Autoría
R.J.S.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
R.J.S.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 18:30
19.07.2024 18:30
Resumo
O conxunto das enfermidades cardiovasculares é hoxe en día a principal causa de defuncións globalmente. A nivel de investigación, estanse abordando distintas temáticas tanto dende o Servizo de Cardioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago (SC-CHUS) como dende o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela. A este respecto, xurdiu un obxectivo común de colaboración entre ambas entidades na procura dun método para a segmentación automática das rexións de interese do corazón que fose rápido e robusto para poder procesar gran cantidade de datos de maneira eficiente. Neste traballo implementouse un modelo básico de rede neuronal convolucional baseado na arquitectura U-Net que foi evolucionando con sucesivas melloras ata a proposta final, que é unha rede neuronal convolucional baseada na arquitectura U-Net que realiza unha segmentación en cascada en dúas fases. Na primeira traballase sobre as imaxes en baixa resolución para recortalas ao cubo de interese (que encerra o corazón) e na segunda traballase sobre as imaxes recortada e a maior resolución para realizar a segmentación do corazón en 7 subestruturas: as 4 cámaras, o miocardio do ventrículo esquerdo e os grandes vasos. Para adestrar o modelo, ao non dispoñer o SC-CHUS de datos anotados por expertos, empregáronse as imaxes da competición Multi-Modality Whole Heart Segmentation (MM-WHS). A proposta do traballo foi avaliada tamén cos criterios da competición, obtendo resultados mellores que os que tiveron os gañadores no seu momentos e moi parellos aos dos métodos que conforman o estado do coñecemento pero coa vantaxe de ser menos complexa computacionalmente, o que fai que consuma menos tempo de inferencia e teña a capacidades de empregarse aínda que non se dispoña de potentes recursos de computación. A proposta final foi validada con imaxes procedentes da práctica clínica provistas polo SC-CHUS, moi diferentes ás do MM-WHS. Aínda así, conseguíronse resultados moi satisfactorios con segmentacións correctas na maior parte dos casos e unha complexidade computacional asumible en equipos portátiles.

CARREIRA NOUCHE, MARIA JOSE Cotitoría
NUÑEZ GARCIA, MARTA Cotitoría
VILA BLANCO, NICOLAS (Titoría)
CARREIRA NOUCHE, MARIA JOSE Cotitoría
NUÑEZ GARCIA, MARTA Cotitoría
Tribunal
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Secretario/a)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Vogal)
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Secretario/a)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Vogal)
Planta de produción de 2-metoxi-2-metil-heptano
Autoría
R.V.M.
Grao en Enxeñaría Química
R.V.M.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 12:25
16.07.2024 12:25
Resumo
O 2-metoxi-2-metil-heptano (MMH) emprégase en diversos ámbitos, maioritariamente como aditivo da gasolina ou intermedio farmacéutico. A capacidade da planta é de 30000 toneladas ao ano xa que tanto as aplicacións tradicionais como as novas alternativs de grao químico non son aplicacións de gran tonelaxe. O MMH prodúcese a partir de metanol e 2-metil-1-hepteno. Como alternativa sostible exponse empregar metanol verde dunha planta próxima. Pablo Rodríguez-Villamil Seoane encárgase do deseño dunha columna de destilación de recheo (T-203). Raúl Veiga Moo do deseño dun reactor de leito fixo heteroxéneo catalítico (R-101). Por último Hugo Vidal Cabanelas do deseño dunha columna de pratos de de destilación (T-202).
O 2-metoxi-2-metil-heptano (MMH) emprégase en diversos ámbitos, maioritariamente como aditivo da gasolina ou intermedio farmacéutico. A capacidade da planta é de 30000 toneladas ao ano xa que tanto as aplicacións tradicionais como as novas alternativs de grao químico non son aplicacións de gran tonelaxe. O MMH prodúcese a partir de metanol e 2-metil-1-hepteno. Como alternativa sostible exponse empregar metanol verde dunha planta próxima. Pablo Rodríguez-Villamil Seoane encárgase do deseño dunha columna de destilación de recheo (T-203). Raúl Veiga Moo do deseño dun reactor de leito fixo heteroxéneo catalítico (R-101). Por último Hugo Vidal Cabanelas do deseño dunha columna de pratos de de destilación (T-202).
Dirección
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Titoría)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
Planta de produción de ácido pentanoico a partir de y-valerolactona
Autoría
N.M.G.
Grao en Enxeñaría Química
N.M.G.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 11:50
16.07.2024 11:50
Resumo
O presente proxecto ten como finalidade deseñar unha planta de producción de ácido pentanoico a partir de y-valerolactona. A planta proposta producirá 50.000t/ano de ácido pentanoico cunha pureza do 99% e operará en réxime continuo durante 24 horas, 330 días ano. O proceso comezará co acondicionamento das meterias primas, hidróxeno verde e y-valerolactona, xunto cunha etapa de reacción. Esta última terá como obxectivo a obtención de ácido pentanoico e 2-metilterahidrofurano como producto secundario. A etapa de reacción terá lugar nun reactor catalítico R-101 mediante a hidrodesoxixenación da y-valerolactona. Este equipo será deseñado por Manuel Martínez García. O proceso continua cunha primeira etapa de separación onde se busca recuperar o hidróxeno que non reaccionou. Finalmente, o resto de compostos d¡se levan a un tren de separación composto por tres torres de destialción Destas tres columnas Noemí Mallón González realizará o deseño rigoroso da última, T-303, onde se separa o ácido pentanoico da y-valerolactona.
O presente proxecto ten como finalidade deseñar unha planta de producción de ácido pentanoico a partir de y-valerolactona. A planta proposta producirá 50.000t/ano de ácido pentanoico cunha pureza do 99% e operará en réxime continuo durante 24 horas, 330 días ano. O proceso comezará co acondicionamento das meterias primas, hidróxeno verde e y-valerolactona, xunto cunha etapa de reacción. Esta última terá como obxectivo a obtención de ácido pentanoico e 2-metilterahidrofurano como producto secundario. A etapa de reacción terá lugar nun reactor catalítico R-101 mediante a hidrodesoxixenación da y-valerolactona. Este equipo será deseñado por Manuel Martínez García. O proceso continua cunha primeira etapa de separación onde se busca recuperar o hidróxeno que non reaccionou. Finalmente, o resto de compostos d¡se levan a un tren de separación composto por tres torres de destialción Destas tres columnas Noemí Mallón González realizará o deseño rigoroso da última, T-303, onde se separa o ácido pentanoico da y-valerolactona.
Dirección
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
Planta de produción de alcohol de polivinilo
Autoría
D.P.L.
Grao en Enxeñaría Química
D.P.L.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 11:55
16.07.2024 11:55
Resumo
Este traballo fin de grao abrangue o deseño dunha planta para o polímero de alcohol polivinílico, producido a partir de acetato de polivinilo nunha reacción de hidrólise con metanol en presenza dun catalizador de hidróxido de sodio. Despois da reacción e separación da fase sólida da líquida, o subproduto principal sepárase por destilación e o produto lávase con auga. O proxecto conta cunha memoria cos seus respectivos anexos; balances de materia e enerxía, cálculos xustificativos, viabilidade económica e fichas de seguridade das substancias. Tamén conta con planos, estudos con entidade propia, prego de condicións e orzamento.

SINEIRO TORRES, JORGE (Titoría)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA Cotitoría
SINEIRO TORRES, JORGE (Titoría)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA Cotitoría
Tribunal
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
Planta de producción de ácido peracético
Autoría
M.A.C.P.
Grao en Enxeñaría Química
M.A.C.P.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 09:30
13.09.2024 09:30
Resumo
La realización del presente proyecto tiene como objeto el diseño básico de una planta de producción de ácido peracético a partir de peróxido de hidrógeno y ácido acético. La producción anual de la planta industrial será de 20000 toneladas anuales de una disolución superior al 32 % de ácido peracético. El proceso está dotado de una etapa de acondicionamiento previo, donde se empleará ácido sulfúrico en fase líquida para protonar al ácido acético que se utilizará en el reactor, de forma que el ácido sulfúrico desempeña un papel crucial en la síntesis de la reacción como catalizador. Dicha reacción tendrá lugar en el reactor tubular R-101, diseñado por Brais Queiro Lamas. A la salida del reactor se emplearán dos columnas de separación T-201 y T-202 respectivamente. La primera destinada a la recuperación del ácido sulfúrico, y la segunda para concentrar el ácido peracético y así obtener el producto deseado. La columna T-202 será diseñada por Manuel Antonio Castro Pereiras. El presente proyecto se presenta en calidad de Trabajo Fin de Grado mediante el cual los alumnos Manuel Antonio Castro Pereiras y Brais Queiro Lamas optan al título del Grado en Ingeniería Química otorgado por la Escuela Técnica Superior de Ingeniería perteneciente a la Universidade de Santiago de Compostela.
La realización del presente proyecto tiene como objeto el diseño básico de una planta de producción de ácido peracético a partir de peróxido de hidrógeno y ácido acético. La producción anual de la planta industrial será de 20000 toneladas anuales de una disolución superior al 32 % de ácido peracético. El proceso está dotado de una etapa de acondicionamiento previo, donde se empleará ácido sulfúrico en fase líquida para protonar al ácido acético que se utilizará en el reactor, de forma que el ácido sulfúrico desempeña un papel crucial en la síntesis de la reacción como catalizador. Dicha reacción tendrá lugar en el reactor tubular R-101, diseñado por Brais Queiro Lamas. A la salida del reactor se emplearán dos columnas de separación T-201 y T-202 respectivamente. La primera destinada a la recuperación del ácido sulfúrico, y la segunda para concentrar el ácido peracético y así obtener el producto deseado. La columna T-202 será diseñada por Manuel Antonio Castro Pereiras. El presente proyecto se presenta en calidad de Trabajo Fin de Grado mediante el cual los alumnos Manuel Antonio Castro Pereiras y Brais Queiro Lamas optan al título del Grado en Ingeniería Química otorgado por la Escuela Técnica Superior de Ingeniería perteneciente a la Universidade de Santiago de Compostela.
Dirección
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Titoría)
GOMEZ DIAZ, DIEGO Cotitoría
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Titoría)
GOMEZ DIAZ, DIEGO Cotitoría
Tribunal
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Vogal)
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Vogal)
Planta de produción de anhídrido acético por carbonilación de acetato de metilo.
Autoría
J.T.P.
Grao en Enxeñaría Química
J.T.P.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 13:15
16.07.2024 13:15
Resumo
O presente proxecto ten como obxecto o deseño dunha planta de produción de anhídrido acético por carbonilación de acetato de metilo. A capacidade de produción da planta a deseñar será de 100.000 toneladas ao ano de anhídrido acético ao 99,7% en peso de pureza, e operará en réxime continuo durante 330 días ao ano, as 24 horas do día. Os equipos fundamentais da planta son o reactor de burbullas R-101 que será deseñado por Rodrigo Tasende Reboredo e a columna de destilación T-202 que será deseñada por Jacobo Torres Pérez.
O presente proxecto ten como obxecto o deseño dunha planta de produción de anhídrido acético por carbonilación de acetato de metilo. A capacidade de produción da planta a deseñar será de 100.000 toneladas ao ano de anhídrido acético ao 99,7% en peso de pureza, e operará en réxime continuo durante 330 días ao ano, as 24 horas do día. Os equipos fundamentais da planta son o reactor de burbullas R-101 que será deseñado por Rodrigo Tasende Reboredo e a columna de destilación T-202 que será deseñada por Jacobo Torres Pérez.
Dirección
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA Cotitoría
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA Cotitoría
Tribunal
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
Planta de produción de acetato de metilo
Autoría
M.G.R.
Grao en Enxeñaría Química
M.G.R.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 11:40
13.09.2024 11:40
Resumo
O obxectivo deste proxecto é o deseño dunha planta de produción de acetato de metilo utilizando metanol e ácido acético como materias primas. Ademais, desenvólvese a idea de implantar o líquido iónico na industria química como unha nova forma de separar mesturas azeotrópicas con fin de abrir unha nova visión sobre os métodos de separación.
O obxectivo deste proxecto é o deseño dunha planta de produción de acetato de metilo utilizando metanol e ácido acético como materias primas. Ademais, desenvólvese a idea de implantar o líquido iónico na industria química como unha nova forma de separar mesturas azeotrópicas con fin de abrir unha nova visión sobre os métodos de separación.
Dirección
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
GIL GONZALEZ, ALVARO (Presidente/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Secretario/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Vogal)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Presidente/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Secretario/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Vogal)
Planta de Producción de Monoetanolamina a partir de Amoniaco e Óxido de Etileno
Autoría
C.R.G.
Grao en Enxeñaría Química
C.R.G.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 10:50
13.09.2024 10:50
Resumo
Para o diseño da planta de producción de monoetanolamina a partir de amoniaco e oxido de etileno, dividese o proceso de producción en tres seccións: Acondicionamento: contén unha columna de absorción na que se absorbe amoniaco en auga, co obxetivo de lograr unha composición determinada de amoniaco á entrada do reactor. Esta columna de destilación vai ser diseñada por Irene Vidal. Reacción: esta sección pode estar composta por un ou dous reactores, sendo para os dous casos reactores de tipo isotermico. Todo vai depender do catalizador e das condicións de separación seleccionadas. As reaccións exotérmicas que ocorren dentro do reactor son producidas por amoniaco e oxido de etileno, obtendo como producto as etanolaminas (ETAS). Estas se levan a cabo en fase liquida con unha cinetica de segundo orden. Adrian Ramos vai diseñar ó reactor. Separación: a última sección está composta por un conxunto de columnas de destilación, cunha función de separar a monoetanolamina dos diferentes subproductos. A columna de destilación vai a ser diseñada por Carlos Rodríguez.
Para o diseño da planta de producción de monoetanolamina a partir de amoniaco e oxido de etileno, dividese o proceso de producción en tres seccións: Acondicionamento: contén unha columna de absorción na que se absorbe amoniaco en auga, co obxetivo de lograr unha composición determinada de amoniaco á entrada do reactor. Esta columna de destilación vai ser diseñada por Irene Vidal. Reacción: esta sección pode estar composta por un ou dous reactores, sendo para os dous casos reactores de tipo isotermico. Todo vai depender do catalizador e das condicións de separación seleccionadas. As reaccións exotérmicas que ocorren dentro do reactor son producidas por amoniaco e oxido de etileno, obtendo como producto as etanolaminas (ETAS). Estas se levan a cabo en fase liquida con unha cinetica de segundo orden. Adrian Ramos vai diseñar ó reactor. Separación: a última sección está composta por un conxunto de columnas de destilación, cunha función de separar a monoetanolamina dos diferentes subproductos. A columna de destilación vai a ser diseñada por Carlos Rodríguez.
Dirección
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
Tribunal
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Vogal)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Vogal)
Planta de produción de ácido pentanoico a partir de y-valerolactona
Autoría
M.M.G.
Grao en Enxeñaría Química
M.M.G.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 11:50
16.07.2024 11:50
Resumo
O presente proxecto ten como finalidad deseñar unha planta de produción de ácido pentanoico a partir de y-valerolactona. A planta proposta producirá 50.000 t/ano de ácido pentanoico cunha pureza do 99%, operará en réxime continuo durante 24 horas, 330 días ao ano. O proceso comezará co aocdicionamento das materias primas, hidróxeno verde e y-valerolactona, xunto a unha etapa de reacción. Esta última terá como obxectivo a obtención de ácido pentanoico e 2-metiltetrahidrofurano como producto secundario. A etapa de reacción terá lugar nun reactor catalítico R-101, medIAnte la hidrodesoxigenación de y-valerolactona. Este equipo será deseñado por Manuel Martínez García. O proceso continua cunha primeria etapa de separación onde se busca recuperar o hidróxeno que non reaccionou. Finalmente, o resto de compostos se levan aun tren de separación compsoto por tres tprres de destilación. Destas tres columnas Noemí Mallón González realizará un deseño riguroso da útima, T-303, onde se separa o ácido pentanoico da y-valerolactona
O presente proxecto ten como finalidad deseñar unha planta de produción de ácido pentanoico a partir de y-valerolactona. A planta proposta producirá 50.000 t/ano de ácido pentanoico cunha pureza do 99%, operará en réxime continuo durante 24 horas, 330 días ao ano. O proceso comezará co aocdicionamento das materias primas, hidróxeno verde e y-valerolactona, xunto a unha etapa de reacción. Esta última terá como obxectivo a obtención de ácido pentanoico e 2-metiltetrahidrofurano como producto secundario. A etapa de reacción terá lugar nun reactor catalítico R-101, medIAnte la hidrodesoxigenación de y-valerolactona. Este equipo será deseñado por Manuel Martínez García. O proceso continua cunha primeria etapa de separación onde se busca recuperar o hidróxeno que non reaccionou. Finalmente, o resto de compostos se levan aun tren de separación compsoto por tres tprres de destilación. Destas tres columnas Noemí Mallón González realizará un deseño riguroso da útima, T-303, onde se separa o ácido pentanoico da y-valerolactona
Dirección
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
Planta de Producción de Monoetanolamina a partir de Amoníaco e Óxido de Etileno
Autoría
A.R.R.
Grao en Enxeñaría Química
A.R.R.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 10:50
13.09.2024 10:50
Resumo
Para o deseño dunha planta de produción de monoetanolamina a partir de amoníaco e óxido de etileno, divídese o proceso de produción en tres seccións: -Acondicionamento: contén unha columna de absorción na que se absorbe amoníaco en auga, cuxo obxectivo é acadar unha composición determinada de amoníaco á entrada do reactor. Esta columna de absorción será deseñada por Irene Vidal. -Reacción: esta sección pode estar composta por un ou dous reactores. Para os dous casos, os equipos son de tipo isotérmico. Todo dependerá do catalizador e das condicións de separación seleccionadas. As reaccións exotérmicas que ocorren dentro do reactor son as producidas por amoníaco e óxido de etileno, obtendo as etanolaminas (ETAS). Lévanse a cabo en fase líquida cunha cinética de segundo orde. Adrián Ramos deseñará un único reactor. -Separación: a última sección está composta por un conxunto de columnas de destilación, cuxa función é separar a monoetanolamina dos diferentes subprodutos. A columna de destilación será deseñada por Carlos Rodríguez.
Para o deseño dunha planta de produción de monoetanolamina a partir de amoníaco e óxido de etileno, divídese o proceso de produción en tres seccións: -Acondicionamento: contén unha columna de absorción na que se absorbe amoníaco en auga, cuxo obxectivo é acadar unha composición determinada de amoníaco á entrada do reactor. Esta columna de absorción será deseñada por Irene Vidal. -Reacción: esta sección pode estar composta por un ou dous reactores. Para os dous casos, os equipos son de tipo isotérmico. Todo dependerá do catalizador e das condicións de separación seleccionadas. As reaccións exotérmicas que ocorren dentro do reactor son as producidas por amoníaco e óxido de etileno, obtendo as etanolaminas (ETAS). Lévanse a cabo en fase líquida cunha cinética de segundo orde. Adrián Ramos deseñará un único reactor. -Separación: a última sección está composta por un conxunto de columnas de destilación, cuxa función é separar a monoetanolamina dos diferentes subprodutos. A columna de destilación será deseñada por Carlos Rodríguez.
Dirección
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
Tribunal
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Vogal)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Vogal)
Estado da arte das ferramentas pentesting Bluetooth e análisis de seguridade dun dispositivo IoT con comunicación Bluetooth
Autoría
A.R.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.R.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 18:00
19.07.2024 18:00
Resumo
Este traballo explora o estado da arte das ferramentas de pentesting Bluetooth, avaliando a súa capacidade para identificar vulnerabilidades en dispositivos IoT que utilizan esta tecnoloxía. Demostrouse que, aínda que ningunha ferramenta individual pode cubrir todas as posibles ameazas, unha combinación delas permite realizar auditorías de seguridade completas e efectivas. Entre as ferramentas estudadas atópanse Kismet, Ubertooth, Bluehydra, BtleJuice, GATTacker, Wireshark, BlueScanner, BlueDiving, Blooover, BlueSnarfer, BlueSpam e BluePrinting, cada unha coas súas capacidades e limitacións específicas. Ademais, resaltouse a importancia dunha metodoloxía estruturada, como BSAM, para mellorar a coherencia e profundidade das auditorías. A implementación destas ferramentas en auditorías reais permitiu identificar vulnerabilidades críticas e proporcionar recomendacións para mitigar os riscos asociados. Este traballo conclúe que o uso combinado de ferramentas de pentesting, xunto cunha metodoloxía robusta, é esencial para garantir a seguridade dos dispositivos Bluetooth.

TARASCO ACUÑA, MIGUEL Cotitoría
Vázquez Blanco, Antonio Cotitoría
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Titoría)
TARASCO ACUÑA, MIGUEL Cotitoría
Vázquez Blanco, Antonio Cotitoría
Tribunal
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Secretario/a)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Vogal)
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Secretario/a)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Vogal)
Blockchain e smart contracts para garantizar a seguridade e integridade dos datos
Autoría
E.P.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
E.P.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 12:30
12.09.2024 12:30
Resumo
Este documento ofrece un enfoque sistemático e práctico para o desenvolvemento e probas de aplicacións descentralizadas nunha cadea de bloques, demostrando entre outras cousas a viabilidade, eficiencia e gran utilidade destas plataformas para proxectos, como sistemas financeiros descentralizados (DeFi), cadeas de aprovisionamento, xestión de identidade dixital e aplicacións de votación en liña entre outros. En primeiro lugar, condensa unha gran cantidade de información relevante sobre de cinco das plataformas blockchain máis populares actualmente. Esta información detallada sobre as súas características, vantaxes e desvantaxes xunto con a análise comparativa que inclúe aspectos como escalabilidade, velocidade de transaccións e custos entre outros poden ser de gran valor para calquera desenvolvedor ou investigador interesado no campo das tecnoloxías blockchain. Ademais, o documento ofrece unha guía paso a paso para a instalación, desenvolvemento e implantación de contratos intelixentes nunha plataforma e aplicacións blockchain. aplicacións descentralizadas (dApps) que se encargarán de interactuar cos devanditos contratos para ofrecer un enfoque máis visual aos usuarios. Con todo isto, proporciona unha base sólida para desenvolvementos futuros, contribuíndo ao coñecemento e avance no campo das tecnoloxías blockchain, o que está en constante desenvolvemento e que abarca cada vez máis tipos de proxectos no mundo da informática.

Fábregas Fernández, Jaime Cotitoría
TARASCO ACUÑA, MIGUEL Cotitoría
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Titoría)
Fábregas Fernández, Jaime Cotitoría
TARASCO ACUÑA, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
ALONSO MORAL, JOSE MARIA (Secretario/a)
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Vogal)
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
ALONSO MORAL, JOSE MARIA (Secretario/a)
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Vogal)
Desenvolvemento dunha API para scheduling en sistemas heteroxéneos ARM
Autoría
D.C.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
D.C.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 11:30
19.07.2024 11:30
Resumo
A sociedade actual emplea os seus dispositivos tecnolóxicos para tareas cada vez máis complexas e que requiren un maior uso da CPU, polo que os deseñadores dos modelos e arquitecturas de procesadores necesitan adaptarse a estos cambios. En base a esta necesidade existe un tipo de arquitectura chamada big.LITTLE, desenvolvida por ARM que dispón de varios núcleos de distinta eficiencia que permite executar tareas mais computacionalmente custosas nos máis eficientes e outras que non o son tanto nos dun menor rendemento e que consumen unha menor cantidade de enerxía. É neste contexto, no que se desenvolve este traballo, creando unha API que permita controlar os diferentes tipos de núcleos do procesador, dándolle ao usuario a capacidade de asignar un certo programa a un núcleo en concreto. En primeiro lugar, permitíndolle realizar probar de velocidade e posteriormente a asignación a un núcleo ou a varios deles o programa a executar.
A sociedade actual emplea os seus dispositivos tecnolóxicos para tareas cada vez máis complexas e que requiren un maior uso da CPU, polo que os deseñadores dos modelos e arquitecturas de procesadores necesitan adaptarse a estos cambios. En base a esta necesidade existe un tipo de arquitectura chamada big.LITTLE, desenvolvida por ARM que dispón de varios núcleos de distinta eficiencia que permite executar tareas mais computacionalmente custosas nos máis eficientes e outras que non o son tanto nos dun menor rendemento e que consumen unha menor cantidade de enerxía. É neste contexto, no que se desenvolve este traballo, creando unha API que permita controlar os diferentes tipos de núcleos do procesador, dándolle ao usuario a capacidade de asignar un certo programa a un núcleo en concreto. En primeiro lugar, permitíndolle realizar probar de velocidade e posteriormente a asignación a un núcleo ou a varios deles o programa a executar.
Dirección
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Titoría)
PIÑEIRO POMAR, CESAR ALFREDO Cotitoría
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Titoría)
PIÑEIRO POMAR, CESAR ALFREDO Cotitoría
Tribunal
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MERA PEREZ, DAVID (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MERA PEREZ, DAVID (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
Estudo poboacional e de correlación en pacientes en rehabilitación cardíaca
Autoría
C.P.I.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
C.P.I.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 12:00
18.07.2024 12:00
Resumo
Este traballo encádrase nun proxecto de investigación en colaboración co departamento de Cardioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela sobre predición de supervivencia en pacientes en programas de rehabilitación cardíaca. Trátase dun tema de máximo interese posto que as enfermedides do corazón son responsables dun gran número de mortes cada ano e falta información sobre a etioloxía de moitas de estas enfermidades. O equipo médico diseñou e propuxo a pacientes con historial de enfermidade cardiovascular un programa de rehabilitación de tres anos de duración. Como resultado do seguimento médico realizado obtúvose unha base de datos de máis de 3.000 pacientes e máis de 300 variables. Porén, como é habitual nun contexto médico principalmente pola falta de automatización i estandarización dos procesos de recoxida de datos, o conxunto de datos era incompleto, desbalanceado e con erros. Propuxemos, en primeiro lugar, un marco de traballo específico para levar a cabo un riguroso preprocesado dos datos que permita obter unha base de datos completos e libre de erros. Isto incluíu a investigación do significado das variables (a súa tipoloxía, significado médico e relacions de dependencia fundamentais), a xestión de datos ausentes (incluíndo a imputación de datos), a detección automática de erro e valores atípicos e a enxeñería de variables (cálculo de novas variables a partir de outras). Tras este proceso obtivemos unha base de datos completos e sen erros de 445 pacientes e 83 variables. Propuxemos a continuación a utilización de distintas técnicas estatísticas para levar a cabo un estudo de correlación entre as variables, e finalmente abordamos a predición de eventos adversos como reingreso hospitalario ou infarto de miocardio. O estudo de correlación demostrou relacións importantes entre distintas variables, incluíndo aquelas máis evidentes (como o peso e o perímetro abdominal), outras esperables dende o punto de vista cardiovascular (como a gravidade do infarto de miocardio e unha peor función do corazón), outras inesperadas (como menor edad con depresión e peor dieta), e outras que requiren de un coñecemento médico para ser interpretadas (como a fibrilación auricular e súa medicación habitual). Poidemos constatar que non era posible intentar predecir coas mínimas garantías algún dos eventos cardiovasculares graves incluidos no conxunto de datos, dado que tras o necesario proceso de preparación dos datos, non quedaban suficientes mostras representativas destes casos. Esta memoria presenta un conxunto de técnicas para a realización dun estudio poblacional, de correlación de variables, e de predición de eventos que poidan utilizarse como guía en estudos médicos similares.

Desenvolvemento dunha aplicación táctil que permita estudar a posibilidade de dano cognitivo en persoas maiores
Autoría
S.S.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
S.S.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 10:30
18.07.2024 10:30
Resumo
Este traballo fin de grao céntrase no desenvolvemento dunha aplicación táctil destinada a avaliar o deterioro cognitivo en persoas maiores. A aplicación baséase na integración de probas cognitivas recoñecidas, adaptadas a un formato dixital interactivo e accesible, co obxectivo de facilitar a detección precoz de trastornos cognitivos como a demencia e o alzhéimer. O proxecto aborda a creación dunha ferramenta tecnolóxica que non só permita realizar avaliacións cognitivas, senón que ofreza unha experiencia de usuario atractiva e fácil de usar. As probas incluídas avalían diversas funcións cognitivas, como a memoria semántica e as funcións executivas, mediante xogos interactivos deseñados especificamente para este fin. As probas de usabilidade e técnicas realizadas demostraron que a aplicación cumpre os requisitos establecidos, proporcionando resultados precisos e fiables. Ademais, a aplicación permite aos usuarios ver e exportar os seus resultados para unha análise posterior, o que é crucial para os profesionais sanitarios.

CATALA BOLOS, ALEJANDRO Cotitoría
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
CATALA BOLOS, ALEJANDRO Cotitoría
Tribunal
Cotos Yáñez, José Manuel (Presidente/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Secretario/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Vogal)
Cotos Yáñez, José Manuel (Presidente/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Secretario/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Vogal)
Auto-aprendizaxe para re-identificación de persoas nun entorno de mundo aberto sen identidades coñecidas de partida
Autoría
P.L.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.L.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 12:00
18.07.2024 12:00
Resumo
A re-identificación de persoas é un dos grandes problemas a abordar no campo da visión por computador. Variacións na apariencia e oclusións son algunhas das razóns que fan desta unha tarefa complexa. Os modelos actuais aínda non están completamente refinados, polo que explorar diversas alternativas pode resultar beneficioso. Este traballo está enfocado en estudar varios métodos eficientes para a inicialización dun modelo xa existente, sen fase de enrolamento previa, e mecanismos para a detección de duplicidade de identidades. A finalidade deste traballo é estudar diferentes alternativas e tratar de mellorar un modelo de re-identificación de persoas xa creado, que poida alcanzar un rendemento comparable ou superior aos métodos actuais, proporcionando unha base sólida para futuras investigacións.

Pardo López, Xosé Manuel (Titoría)
Díaz Parga, Cesar Cotitoría
Pardo López, Xosé Manuel (Titoría)
Díaz Parga, Cesar Cotitoría
Tribunal
Díaz Parga, Cesar (Titor do alumno)
Pardo López, Xosé Manuel (Titor do alumno)

NOBI: Aplicación de dashboards
Autoría
P.U.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.U.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 13:00
12.09.2024 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda o desenvolvemento dunha aplicación multiplataforma deseñada para a visualización dinámica de datos empresariais. O obxectivo principal da aplicación é permitir aos usuarios visualizar e xestionar datos de diferentes fontes a través de paneis personalizables, facilitando así a toma de decisións estratéxicas mediante unha visión clara e consolidada de indicadores clave de rendemento (KPIs) e outras métricas relevantes. A aplicación desenvolveuse utilizando unha arquitectura de microservizos para garantir escalabilidade e flexibilidade, integrándose con diversas fontes de datos. O back-end está implementado con microservizos en Spring Boot, orquestrados mediante Docker, e utiliza unha API Gateway para xestionar as comunicacións e a autenticación de usuarios a través de Firebase Auth. A base de datos empregada é PostgreSQL, elixida pola súa capacidade de manexo de transaccións concorrentes e a súa escalabilidade en contornos distribuídos. O front-end desenvólvese en Flutter, permitindo a compilación da aplicación tanto para dispositivos móbiles como para aplicacións de escritorio e web, asegurando unha experiencia de usuario consistente e accesible desde calquera plataforma.

Piñeiro Fernández, Silvia Cotitoría
VARELA PET, JOSE (Titoría)
Piñeiro Fernández, Silvia Cotitoría
Tribunal
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
ALONSO MORAL, JOSE MARIA (Secretario/a)
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Vogal)
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Presidente/a)
ALONSO MORAL, JOSE MARIA (Secretario/a)
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Vogal)
Monitorización de condicións ambientais dun edificio mediante Zigbee.
Autoría
P.G.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.G.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
13.09.2024 12:00
13.09.2024 12:00
Resumo
O ser humano pasa a maior parte do seu tempo, sobre todo hoxe en día, no interior dun edificio, xa sexa para vivir nel, por motivos laborais, por ocio... En definitiva, a sociedade humana céntrase no edificio ao longo da súa vida. Por iso, o seguimento dos aspectos que poidan ser de maior importancia é vital para mellorar a calidade de vida e/ou o desfrute. Este feito fai que o seguimento de edificios, dentro das súas diferentes categorías, sexa unha forma moi útil de proporcionar información complexa de obter e procesar doutro xeito. Esta información pode axudar a mellorar significativamente o potencial dos servizos que o edificio ofrece aos seus usuarios. Entre a diversa información que se pode obter mediante a vixilancia dos edificios, a máis habitual é a vixilancia das condicións ambientais, xa que contribúen a establecer un ambiente axeitado para que tanto as persoas como os demais seres vivos, se é o caso, poidan gozar dunha alta calidade ambiental. Ademais, o confort ambiental nun espazo determinado é un dos aspectos máis importantes á hora de establecer un lugar axeitado tanto para vivir como para visitar no momento oportuno. Por estes motivos, neste informe decidiuse implantar un sistema que permita facer un seguimento das condicións ambientais dun edificio, de xeito que se poida obter información en tempo real sobre diferentes factores ambientais como a temperatura e a humidade. Así mesmo, incorporaranse máis medidas que poidan ser útiles no día a día dun edificio, como a detección de presenza e a detección de apertura de portas. Toda esta información obterase a través de diferentes tipos de sensores, que enviarán as medicións a un nodo IoT a través do protocolo Zigbee. No interior do nodo realizarase toda a lóxica necesaria para interpretar as medicións, ademais de incluír unha interface gráfica para unha maior facilidade na configuración e seguimento dos sensores. Finalmente, a información enviarase a unha plataforma, onde o usuario final poderá ver tanto os sensores configurados como as súas respectivas medidas.

Ruíz García, Miguel Cotitoría
Taboada González, José Ángel (Titoría)
Ruíz García, Miguel Cotitoría
Tribunal
Ruíz García, Miguel (Titor do alumno)
Taboada González, José Ángel (Titor do alumno)

Planta de produción de anhídrido acético por carbonilación de acetato de metilo
Autoría
R.T.R.
Grao en Enxeñaría Química
R.T.R.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 13:15
16.07.2024 13:15
Resumo
O presente proxecto ten como obxecto o deseño dunha planta de produción de anhídrido acético por carbonilación de acetato de metilo. A capacidade de produción da planta a deseñar será de 100.000 toneladas ao ano de anhídrido acético ao 99,7% en peso de pureza, e operará en réxime continuo durante 330 días ao ano, as 24 horas do día. Os equipos fundamentais da planta son o reactor de burbullas R-101 que será deseñado por Rodrigo Tasende Reboredo e a columna de destilación T-202 que será deseñada por Jacobo Torres Pérez.
O presente proxecto ten como obxecto o deseño dunha planta de produción de anhídrido acético por carbonilación de acetato de metilo. A capacidade de produción da planta a deseñar será de 100.000 toneladas ao ano de anhídrido acético ao 99,7% en peso de pureza, e operará en réxime continuo durante 330 días ao ano, as 24 horas do día. Os equipos fundamentais da planta son o reactor de burbullas R-101 que será deseñado por Rodrigo Tasende Reboredo e a columna de destilación T-202 que será deseñada por Jacobo Torres Pérez.
Dirección
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA Cotitoría
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA Cotitoría
Tribunal
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Presidente/a)
SOUTO GONZALEZ, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)
Planta de produción de dimetil éter a partir de CO2 e hidróxeno verde
Autoría
M.D.V.
Grao en Enxeñaría Química
M.D.V.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 10:40
16.07.2024 10:40
Resumo
Este proxecto ten como finalidade o deseño dunha planta de produción de dimetil éter a partir de CO2 recuperado mediante CCUS e hidróxeno verde producido mediante electrólise, co obxectivo de descarbonizar un proceso que hoxe en día recorre a materias primas de orixe fósil. A planta proposta terá unha capacidade de produción de 6.000 t anuais de dimetil éter cunha pureza do 98,7% molar de acordo ao grao de pureza comercial requirido, operando en réxime continuo durante 330 días ao ano. Os equipos suxeitos a deseño rigoroso serán o reactor de síntese R-201 e a columna de destilación T-302.

Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Vogal)
Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Vogal)
Planta de produción de metilciclohexano
Autoría
A.R.N.
Grao en Enxeñaría Química
A.R.N.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
21.02.2024 11:30
21.02.2024 11:30
Resumo
A necesidade de levar a cabo a transición enerxética para conseguir un futuro máis sostible é innegable. Neste contexto de redución de emisións contaminantes, o hidróxeno verde preséntase como un vector enerxético sostible, e España, sendo un país cunha gran cantidade de recursos renovables, como posible exportador deste produto químico. É por iso que este proxecto propón o deseño dunha planta de produción de metilciclohexano como portador de hidróxeno en territorio español, cunha capacidade de 1.485 toneladas de hidróxeno ao ano, funcionando continuamente os 330 días do mesmo. Neste tratáronse as diferentes alternativas para o transporte de hidróxeno, e realizouse un estudo da viabilidade técnica e económica da planta e do ciclo LOHC elixido. Tamén se realizou o deseño da unidade principal e outros estudos simils, tendo en conta a normativa e lexislación vixente.
A necesidade de levar a cabo a transición enerxética para conseguir un futuro máis sostible é innegable. Neste contexto de redución de emisións contaminantes, o hidróxeno verde preséntase como un vector enerxético sostible, e España, sendo un país cunha gran cantidade de recursos renovables, como posible exportador deste produto químico. É por iso que este proxecto propón o deseño dunha planta de produción de metilciclohexano como portador de hidróxeno en territorio español, cunha capacidade de 1.485 toneladas de hidróxeno ao ano, funcionando continuamente os 330 días do mesmo. Neste tratáronse as diferentes alternativas para o transporte de hidróxeno, e realizouse un estudo da viabilidade técnica e económica da planta e do ciclo LOHC elixido. Tamén se realizou o deseño da unidade principal e outros estudos simils, tendo en conta a normativa e lexislación vixente.
Dirección
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Titoría)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
Planta de producción de isopreno a partir de formaldehído e 2-metilpropeno
Autoría
L.C.S.
Grao en Enxeñaría Química
L.C.S.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 11:20
16.07.2024 11:20
Resumo
O obxectivo deste Traballo Fin de Grao é o deseño dunha planta de produción de isopreno a partir de formaldehído e 2-metilpropeno, tamén coñecido como isobutileno. O proceso lévase a cabo en dúas etapas de reacción nunha planta de produción con capacidade de 20000 toneladas ao ano. Se opera 24 horas ao día durante 330 días ao ano, reservando os días restantes para limpeza e mantemento. O proxecto inclúe un resumo das principais características e propiedades das materias primas e produto e un estudo do mercado dos mesmos. Así mesmo indícase o lugar no que se sitúa a planta química para levar a cabo o proceso. A alternativa seleccionada consta de dúas fases reactivas: na primeira fórmase o produto intermedio, o 4,4-dimetil-1,3-dioxano, e na segundo o produto de interese, o isopreno. O produto final obtido é isopreno ao 99% de pureza. Ademais lévase a cabo unha análise da viabilidade técnica e económica para comprobar que existe a tecnoloxía necesaria para levar a cabo o proxecto así como a súa rendibilidade. Realízase o cálculo dos balances de materia e enerxía do proceso e lévase a cabo o deseño das diferentes unidades e equipos, centrándose no deseño da primeira sección de reacción na que se atopan dous reactores de tanque axitado configurados en serie. Nos reactores R-101-1 e R-101-2 ten lugar a reacción de formaldehído ao 37% con isobutileno en presenza de ácido fosfórico para dar o produto intermedio de reacción 4,4-dimetil-1,3-dioxano. Lévase a cabo unha análise do sistema de control e seguridade así como o estudo do impacto ambiental e confecciónanse os planos de emprazamento, diagrama do proceso, reactor R-101 e plano de control.

RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Titoría)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Titoría)
Tribunal
Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Vogal)
Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Vogal)
Deseño básico dunha planta de produción de acetato de butilo e metanol a partir de butan-1-ol e acetato de metilo
Autoría
J.F.S.
Grao en Enxeñaría Química
J.F.S.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
21.02.2024 10:00
21.02.2024 10:00
Resumo
O presente proxecto ten como obxecto o deseño dunha planta de produción de 50.000 toneladas ao ano de acetato de butilo e 13.855 toneladas ao ano de metanol. Os produtos obtéñense mediante unha reacción de transesterificación nun proceso de destilación convencional a partir de acetato de metilo e butanol. A planta conta cun reactor de mestura completa e tres columnas de destilación para levar a cabo a separación dos distintos compostos e obter os produtos desexados. A columna de destilación T-203 e o reactor deseñaranse de maneira rigorosa.

VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Titoría)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Titoría)
Tribunal
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Vogal)
Planta de produción de dimetil éter a partir de CO2 e hidróxeno verde
Autoría
A.N.C.P.
Grao en Enxeñaría Química
A.N.C.P.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 10:40
16.07.2024 10:40
Resumo
Este proxecto ten como finalidade o deseño dunha planta de produción de dimetil éter a partir de CO2 recuperado mediante CCUS e hidróxeno verde producido mediante electrólise, co obxectivo de descarbonizar un proceso que hoxe en día recorre a materias primas de orixe fósil. A planta proposta terá unha capacidade de produción de 6.000 t anuais de dimetil éter cunha pureza do 98,7% molar de acordo ao grao de pureza comercial requirido, operando en réxime continuo durante 330 días ao ano. Os equipos suxeitos a deseño rigoroso serán o reactor de síntese R-201 e a columna de destilación T-302.
Este proxecto ten como finalidade o deseño dunha planta de produción de dimetil éter a partir de CO2 recuperado mediante CCUS e hidróxeno verde producido mediante electrólise, co obxectivo de descarbonizar un proceso que hoxe en día recorre a materias primas de orixe fósil. A planta proposta terá unha capacidade de produción de 6.000 t anuais de dimetil éter cunha pureza do 98,7% molar de acordo ao grao de pureza comercial requirido, operando en réxime continuo durante 330 días ao ano. Os equipos suxeitos a deseño rigoroso serán o reactor de síntese R-201 e a columna de destilación T-302.
Dirección
Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Tribunal
Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Vogal)
Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Vogal)
Planta de produción de dimetil éter a partir da deshidratación catalítica de metanolanol
Autoría
M.D.A.
Grao en Enxeñaría Química
M.D.A.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 09:15
16.07.2024 09:15
Resumo
O presente proxecto ten por obxectivo o deseño da Planta de produción de dimetil éter (DME) a partir da deshidratación catalítica de metanol. A súa capacidade de produción abarca 50.000 toneladas anuais ao 99,95% de pureza en peso e lévase a cabo en réxime de operación continuo durante 24 horas diarias os 330 días do ano, restando destes as paradas de mantemento. O dimetil éter é un produto de interese na actualidade ao tratarse dun substituto competitivo dos combustibles actuais. Trátase dun gas limpo, facilmente licuable e fácil de transportar. Ten cabida en varios mercados, entre os que destacan: a xeración de enerxía, como substituto do gas licuado de petróleo e como combustible de automóbiles ao ser rico en cetano e non emitir óxido de xofre. A súa obtención lévase a cabo no reactor catalítico multitubular R-201 que opera isotérmicamente a 320ºC producindo dimetil éter e auga, este equipo é deseñado por Miguel Díaz Abalo. Seguidamente, nun tren conformado por dúas columnas de destilación dispostas nunha secuencia directa, teñen lugar a separación e purificación do produto de interese, así como a recirculación da materia prima non reaccionada. A primeira columna de destilación denominada T-301, equipo polo que se obtén o dimetil éter nas condicións de pureza e fluxo requiridas, é deseñada por Saleta Martínez Tella.

Planta de produción de ácido acrílico a partir de glicerol
Autoría
P.C.V.
Grao en Enxeñaría Química
P.C.V.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
nstalación a nivel demostración dunha planta de produción de ácido acrílico a partir de glicerol como paso previo ao desenvolvemento a escala comercial, posto que a nivel industrial o máximo nivel alcanzado para este proceso é o de planta piloto. O proceso tradicional para a obtención de ácido acrílico consiste na oxidación de propileno, esta materia prima obtense directamente de combustibles fósiles. Dada a transición enerxética que a industria está sometida, é preciso a procura de novas rutas que rebaixen a dependencia nestes recursos non renovábeis. Por isto, o traballo céntrase na conversión selectiva de glicerol, un co-produto xerado na produción de biodiésel, o cal se obtén a partir de aceites vexetais e graxas animais. O glicerol reaccionará para formar acroleína nun primeiro reactor, que tras unha etapa intermedia de purificación, transformarase en ácido acrílico nun segundo reactor. O produto purificarase mediante unha secuencia na que se someterá a unha destilación flash, absorción de gases, extracción líquido-líquido e destilación. En canto ao deseño, o alumno Daniel Fins Simón deseña un reactor catalítico heteroxéneo en fase gaseosa, mentres que o alumno Pablo Carrera leva a cabo o deseño dunha unidade de extracción líquido-líquido.

Planta de produción de acetato de etilo por esterificación de ácido acético con etanol
Autoría
J.F.G.
Grao en Enxeñaría Química
J.F.G.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 09:55
16.07.2024 09:55
Resumo
O acetato de etilo é un composto químico empregado como disolvente en gran cantidade de procesos industriais, ademáis de ser empregado como aditivo tanto no sector alimenticio como no cosmético. A capacidade da planta é de 25.000 t/ano xa que a produción en España non é de gran tonelaxe. O acetato de etilo prodúcese mediante a reacción de esterificación entre o ácido acético e o etanol, obtendo auga como subproduto desta reacción. Ademáis, como alternativa sostible proponse a opción de empregar bioetanol como materia prima. Joel Fernández García é o encargado de realizar o deseño do reactor heteroxéneo catalítico, mentres que carlos Fuentes Varela realiza o deseño da columna de destilación onde se obtén o produto. O tren de separación está formado por 3 columnas de destilación e una extracción líquido-líquido.
O acetato de etilo é un composto químico empregado como disolvente en gran cantidade de procesos industriais, ademáis de ser empregado como aditivo tanto no sector alimenticio como no cosmético. A capacidade da planta é de 25.000 t/ano xa que a produción en España non é de gran tonelaxe. O acetato de etilo prodúcese mediante a reacción de esterificación entre o ácido acético e o etanol, obtendo auga como subproduto desta reacción. Ademáis, como alternativa sostible proponse a opción de empregar bioetanol como materia prima. Joel Fernández García é o encargado de realizar o deseño do reactor heteroxéneo catalítico, mentres que carlos Fuentes Varela realiza o deseño da columna de destilación onde se obtén o produto. O tren de separación está formado por 3 columnas de destilación e una extracción líquido-líquido.
Dirección
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN (Secretario/a)
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Vogal)
ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN (Secretario/a)
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Vogal)
Planta de produción de ácido acrílico a paritres de glicerol
Autoría
D.F.S.M.
Grao en Enxeñaría Química
D.F.S.M.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
Instalación a nivel demostración dunha planta de produción de ácido acrílico a partir de glicerol como paso previo ao desenvolvemento a escala comercial, posto que a nivel industrial o máximo nivel alcanzado para este proceso é o de planta piloto. O proceso tradicional para a obtención de ácido acrílico consiste na oxidación de propileno, esta materia prima obtense directamente de combustibles fósiles. Dada a transición enerxética que a industria está sometida, é preciso a procura de novas rutas que rebaixen a dependencia nestes recursos non renovábeis. Por isto, o traballo céntrase na conversión selectiva de glicerol, un co-produto xerado na produción de biodiésel, o cal se obtén a partir de aceites vexetais e graxas animais. O glicerol reaccionará para formar acroleína nun primeiro reactor, que tras unha etapa intermedia de purificación, transformarase en ácido acrílico nun segundo reactor. O produto purificarase mediante unha secuencia na que se someterá a unha destilación flash, absorción de gases, extracción líquido-líquido e destilación. En canto ao deseño, o alumno Daniel Fins Simón deseña un reactor catalítico heteroxéneo en fase gaseosa, mentres que o alumno Pablo Carrera leva a cabo o deseño dunha unidade de extracción líquido-líquido.

Detección de anomalías en imaxes multiespectrais baseada no algoritmo Isolation Forest e redes de Deep Learning
Autoría
D.G.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
D.G.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 18:30
19.07.2024 18:30
Resumo
No campo científico do sensado remoto, as imaxes multiespectrais e hiperespectrais capturan información detallada en distintas bandas do espectro electromagnético, permitindo unha análise de alta precisión da codia terrestre. Esta capacidade de capturar múltiples lonxitudes de onda é ideal para a observación e estudo da superficie terrestre mediante satélites, drons ou avións. Nos últimos anos, o avance da aprendizaxe automática potenciou significativamente a investigación na detección de anomalías nestas imaxes, logrando identificar elementos diferenciados dentro dunha contorna específica. Recentemente, a técnica coñecida como Isolation Forest demostrou ofrecer un rendemento superior para a tarefa de detección de anomalías ao obtido mediante métodos tradicionais baseados en distancias. Ademais, o seu enfoque baseado na construción de árbores de illamento permite unha detección máis precisa das anomalías, o que o converte nunha ferramenta potente no ámbito da detección de anomalías, e cara a onde se está dirixindo o estado da arte. O uso de técnicas de deep learning na detección de anomalías presenta varias vantaxes en comparación cos algoritmos tradicionais baseados no cálculo de distancias entre píxeles. Entre estas vantaxes inclúese unha maior adaptabilidade, xa que as redes neuronais poden ser reentrenadas con novos datos para axustarse a cambios na contorna ou nas características das anomalías. Ademais, os métodos de deep learning son menos sensibles ao ruído e a pequenas variacións nos datos, o que lles permite ofrecer un rendemento máis robusto en escenarios con datos complexos, como pode ser nas imaxes MSI (Multispectral Images). Entre os algoritmos deste tipo dispoñibles na literatura, Deep SAD ofrece un enfoque baseado en deep learning para a detección de anomalías que demostrou o seu bo rendemento en conxuntos de datos de imaxes RGB. Neste traballo adaptáronse os algoritmos Isolation Forest e Deep SAD para o seu uso en imaxes multiespectrais. Ademais, para ambos algoritmos realizouse unha exploración de hiperparámetros para obter unha parametrización que se axustase aos conxuntos de datos empregados, pertencentes a cuncas hidrográficas do río Oitavén. Os resultados obtidos por Isolation Forest e Deep SAD sobre ditos conxuntos de datos, foron comparados cos obtidos polo método RX, método consolidado no estado da arte para a detección de anomalías neste tipo de imaxes. Os resultados da experimentación realizada mostraron que ambos métodos propostos, Isolation Forest e Deep SAD, lograron bos resultados na detección de anomalías en imaxes MSI (Multispectral Images). Isolation Forest demostrou ser particularmente eficaz, detectando unha alta porcentaxe das anomalías totais existentes nas imaxes e superando significativamente as porcentaxes de detección logradas polo algoritmo baseado en distancias RX. Pola súa banda, Deep SAD tamén consegue mellorar o número de píxeles anómalos detectados, cando é comparado co método RX, mostrando ademais unha alta capacidade para distinguir entre clases, logrando un bo equilibrio entre o número de verdadeiros positivos e falsos positivos.

LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Titoría)
Argüello Pedreira, Francisco Santiago Cotitoría
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Titoría)
Argüello Pedreira, Francisco Santiago Cotitoría
Tribunal
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)
Seguemento de contaminación de cidades españolas a partir de datos de TROPOMI
Autoría
H.G.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
H.G.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.02.2024 16:00
16.02.2024 16:00
Resumo
A presenza de diferentes axentes contaminantes na atmosfera é a causa non só do cambio climático, senón de moitos problemas de saúde para as persoas. Actualmente, dispoñemos de múltiples satélites que nos permiten monitorizar os niveis destes parámetros de forma remota. Porén, analizar multitude de arquivos e datos, para diversos parámetros e días, pode ser unha tarefa tediosa. É por iso que se propón este traballo, que ten como obxectivo deseñar un sistema para monitorizar a variabilidade e tendencia de diferentes parámetros obtidos a través de datos de satélite. Mediante a descarga destes datos e a súa transformación e agregación, poderemos reducir significativamente a cantidade de arquivos que seá preciso analizar, o cal facilita o seguimento da contaminación por parte dos usuarios finais. O desenvolvemento deste sistema farase de forma que se poida acceder a el facilmente, e tendo en conta tamén a interoperabilidade do mesmo.
A presenza de diferentes axentes contaminantes na atmosfera é a causa non só do cambio climático, senón de moitos problemas de saúde para as persoas. Actualmente, dispoñemos de múltiples satélites que nos permiten monitorizar os niveis destes parámetros de forma remota. Porén, analizar multitude de arquivos e datos, para diversos parámetros e días, pode ser unha tarefa tediosa. É por iso que se propón este traballo, que ten como obxectivo deseñar un sistema para monitorizar a variabilidade e tendencia de diferentes parámetros obtidos a través de datos de satélite. Mediante a descarga destes datos e a súa transformación e agregación, poderemos reducir significativamente a cantidade de arquivos que seá preciso analizar, o cal facilita o seguimento da contaminación por parte dos usuarios finais. O desenvolvemento deste sistema farase de forma que se poida acceder a el facilmente, e tendo en conta tamén a interoperabilidade do mesmo.
Dirección
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel (Titoría)
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel (Titoría)
Tribunal
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Coordinador)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Coordinador)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
Desenvolvemento dunha aplicación web que permita visualizar o resultado de aplicar técnicas de intelixencia artificial e explicabilidade na predicción de dano cognitivo en persoas maiores
Autoría
J.R.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
J.R.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao, preténdese abordar o deseño e desenvolvemento dunha aplicación web de tipo dashboard, que permita a representación de prediccións e datos do ámbito neuropsicolóxico. Está dirixida a usuarios non expertos en datascience, nin en programación de algoritmos ou uso de tecnoloxías relacionadas coa Intelixencia Artificial. Unha vez desenvolvida, realizouse unha validación da aplicación a nivel técnico e de usabilidade, permitindo así evaluar as características implementadas para abordar a súa usabilidade e funcionalidade.

CONDORI FERNANDEZ, NELLY Cotitoría
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
CONDORI FERNANDEZ, NELLY Cotitoría
Tribunal
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Secretario/a)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Vogal)
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Secretario/a)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Vogal)
Evolución do sistema de análise de datos da Fórmula 1: Migración á nube
Autoría
L.P.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
L.P.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) dedícase á optimización e migración dun sistema de análise de datos da Fórmula 1 á nube. O seu obxectivo principal é mellorar a estrutura e funcionalidade do proxecto para xestionar grandes volumes de datos en tempo real e ofrecer visualizacións interactivas, aproveitando a abundancia de datos xerados por este deporte. En primeiro lugar, identificáronse e seleccionaronse fontes de datos confiables e accesibles na nube para recompilar a información relevante. Todo o proceso ETL (Extracción, Transformación e Carga) realízase na nube, onde os datos transfórmanse e integranse nun modelo deseñado para unha estruturación óptima, coa capacidade engadida de actualización automática semanal. Unha vez que a base de datos está actualizada, emprégase unha ferramenta de visualización que se conecta directamente á base de datos na nube, permitindo aos usuarios acceder a unha ampla cantidade de información de maneira interactiva e visualmente atractiva. Con esta ferramenta, os usuarios poden seleccionar diferentes conxuntos de datos e xerar visualizacións dinámicas que facilitan a comprensión dos datos, permitindo a comparación e exploración de tendencias históricas, así como a avaliación do rendemento ao longo do tempo. O obxectivo final é asegurar unha interpretación efectiva e útil dos datos relacionados coa Fórmula 1, facilitando a toma de decisións informadas e mellorando o rendemento xeral do sistema de análise. Esta integración de ferramentas avanzadas de visualización e análise de datos garante que os usuarios poidan aproveitar ao máximo a riqueza de información dispoñible para obter información valiosa.

Curra Durán, Alberto Cotitoría
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Titoría)
Curra Durán, Alberto Cotitoría
Tribunal
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Secretario/a)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Vogal)
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Secretario/a)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Vogal)
Desenvolvemento dunha aplicación web para a monitorización de infraestruturas de telecomunicacións
Autoría
M.M.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
M.M.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
15.02.2024 12:00
15.02.2024 12:00
Resumo
Este TFG desenvólvese en colaboración coa empresa Itelsis buscando desenvolver un software que permita a xestión de telecomunicacións dos clientes da empresa. O desenvolvemento céntrase na representación da rede de telecomunicacións como un mapa de rede que se poida personalizar e modificar e que se actualice en tempo real. Para mostrar esta representación, desenvolveuse unha aplicación completa que inclúe módulos complementarios ao mapa para a xestión das redes. A aplicación céntrase en mostrar os datos da rede de telecomunicacións dunha maneira sinxela e entendible para os usuarios. A representación do mapa debe mostrar o estado dos distintos hosts da rede, permitindo ao usuario modificar a posición dos hosts no espazo e podendo personalizar os iconos do mapa para poder visualizar a rede como o usuario queira. Engadido a este mapa, desenvólvense módulos complementarios que permiten ver a información dos hosts e servizos detallada e actualizada en tempo real. Permitirase aos usuarios configurar a páxina principal da web e tamén certas configuracións que afectan á interacción dos usuarios coa aplicación. Para acceder á aplicación debe terse un usuario válido dado por Itelsis, podendo ser o usuario de distintos tipos, cambiando a maneira na que interaccionan coa aplicación e os seus permisos sobre os obxectos do aplicativo. Este Traballo de Fin de Grao correspóndese co tipo B establecido na normativa (Especificación, análise, deseño e implementación de diferentes aspectos relacionados cun módulo dun Sistema Informático ou un Sistema Informático completo).

TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Titoría)
Conde Balado, Miguel Ángel Cotitoría
Franco Romero, Carlos Cotitoría
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Titoría)
Conde Balado, Miguel Ángel Cotitoría
Franco Romero, Carlos Cotitoría
Tribunal
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
Rodeiro Pazos, David (Vogal)
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
Rodeiro Pazos, David (Vogal)
Exploración de LLMs para clasificación de grano fino de textos anotados con descriptores MeSH
Autoría
A.R.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.R.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 10:30
19.07.2024 10:30
Resumo
Esta Traballo de Fin de Grao (TFG) explora a clasificación semántica de textos biomédicos utilizando o modelo de linguaxe xerativo Llama3, co fin de mellorar o acceso á información en biomedicina mediante descritores MeSH. O método proposto está conformado por diferentes etapas, sendo a primeira o preprocesamento da ontoloxía MeSH obtida a través de BioPortal. Despois selecciónanse e prepáranse resumos biomédicos anotados con categorías xerais, asegurando unha mostra representativa para a posterior clasificación. A metodoloxía implica a implementación dun algoritmo baseado nunha aproximación zero-shot do modelo Llama-3, desenvolvendo prompts específicos e normalizando as respostas xeradas para asegurar a consistencia. Por último, realízanse probas exhaustivas, aplicando métricas estandarizadas como precisión, exhaustividade (recall) e valor-F (F-measure) para avaliar o funcionamento da técnica de clasificación. Os resultados mostran que Llama-3 supera a métodos de supervisión débil en canto á precisión, aínda que presenta desafíos en termos de recall. A discusión inclúe unha análise detallada de descritores específicos, identificando patróns e propoñendo estratexias de mellora. Como conclusión resáltase a efectividade dos modelos de linguaxe xerativo con consultas pechadas e a importancia de futuras optimizacións en termos de capacidade de cómputo e técnicas de enxeñería de prompts. Este traballo senta as bases para investigacións futuras na clasificación semántica de textos biomédicos, suxerindo ampliacións para optimizar os resultados obtidos.

Segmentación de imaxes de sensado remoto usando algoritmos de aprendizaxe profunda en Pytorch
Autoría
J.C.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
J.C.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 12:00
19.07.2024 12:00
Resumo
A segmentación semántica de imaxes multiespectrais de sensado remoto viu un aumento significativo no uso de algoritmos de aprendizaxe profunda na última década, debido ás altas precisións que estes métodos poden acadar. As imaxes multiespectrais son aquelas capturadas a través de múltiples bandas do espectro electromagnético, máis aló das bandas visibles do vermello, verde e azul, permitindo captar información detallada sobre as propiedades e características dos obxectos observados. Este traballo céntrase en adaptar modelos de redes neuronais profundas, orixinalmente deseñados para imaxes RGB, ao dominio das imaxes multiespectrais, utilizando o entorno de PyTorch. O obxectivo principal é desenvolver e avaliar modelos eficientes e robustos para a segmentación semántica, validando o seu rendemento con conxuntos de datos de imaxes multiespectrais. Unha das principais contribucións é a demostración experimental de que os modelos de aprendizaxe profunda deseñados para a segmentación semántica de imaxes RGB poden adaptarse eficazmente a imaxes multiespectrais, utilizando toda a información espectral e espacial dispoñible neste tipo de imaxes e logrando resultados de alta calidade. Isto valida a hipótese plantexada inicialmente de que estes algoritmos poden ser aplicados con éxito no contexto de imaxes multiespectrais, superando os modelos do estado da arte en termos de precisión e efectividade. No desenvolvemento deste traballo, estúdanse arquitecturas típicas de redes neuronais profundas e próbanse distintos modelos para determinar cal ofrece un mellor rendemento na segmentación semántica de imaxes multiespectrais. Identifícase que, para o conxunto de datos utilizado, despois de aproximadamente 60 épocas de adestramento, os incrementos en precisión e IoU media vólvense mínimos, indicando un punto de saturación. Este achado suxire que adestrar os modelos máis aló deste punto non proporciona melloras significativas no rendemento, pero si incrementa considerablemente o tempo de computación. Ademais, obsérvanse signos de sobreentrenamento nalgúns modelos que continúan adestrando máis aló deste punto, o que non mellora o rendemento e, nalgúns casos, incluso o prexudica. Outra contribución importante é a comprobación de que as arquitecturas máis profundas non necesariamente ofrecen os mellores resultados. Modelos máis lixeiros, como a ResNet18dilated + C1_deepsup, acadan unha alta precisión e bo rendemento con menor tempo de adestramento en comparación con modelos máis complexos e profundos como a ResNet101dilated + PPM_deepsup. As probas finais, realizadas co modelo que presentou mellores resultados nas probas preliminares (ResNet18dilated + C1_deepsup), revelan unha notable variabilidade no rendemento do modelo entre diferentes imaxes de proba, o que suxire que o tamaño do conxunto de datos de adestramento podería ser insuficiente para captar toda a variabilidade necesaria para un rendemento consistente e xeneralizado. Isto abre a posibilidade de futuras melloras, como aumentar o tamaño e a diversidade do conxunto de datos de adestramento para mellorar a robustez e consistencia dos modelos, optimizar os hiperparámetros para descubrir configuracións máis eficientes e efectivas para a segmentación semántica de imaxes multiespectrais.

Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Titoría)
Blanco Heras, Dora Cotitoría
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Titoría)
Blanco Heras, Dora Cotitoría
Tribunal
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MERA PEREZ, DAVID (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MERA PEREZ, DAVID (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
Mellorando o acceso ao grafo de coñecemento Agrovoc
Autoría
M.F.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
M.F.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.02.2024 10:30
16.02.2024 10:30
Resumo
Actualmente, a expansión de sinónimos de calidade é unha tarefa necesaria para avaliar a sensibilidade dos modelos lingüísticos a pequenas alteracións introducidas mediante substitución de sinónimos. Utilizar os grafos de coñecemento para consultar e extraer sinónimos de calidade facilita esta tarefa. Non obstante, os grafos de coñecemento conteñen moito coñecemento implícito que non pode ser recuperado directamente coas linguaxes habituais de consulta. Nesta liña, este Traballo de Fin de Grado explora un novo método para ampliar a consulta con éxito ao grafo de coñecemento AGROVOC, no dominio da agricultura. Aproveitando o contexto xerárquico e lóxico dos conceptos e a riqueza léxica dos termos en AGROVOC, o método permite inferir a categoría máis axeitada para entidades non incluídas no KG e que verifican dúas restricións: 1 As entidades a consultar son multi-palabra, e 2 As entidades aniñan outras entidades afirmadas en AGROVOC. Para avaliar a precisión do método, realizamos experimentos cun subconxunto de xerarquías de AGROVOC, e implementamos unha técnica orientada a xerar sinónimos sintéticos que debería recoñecer o método. Ademais, para comparar os resultados obtidos implementamos outros dous métodos baseados na consulta a un modelo de IA de chat público chamado HuggingChat. Estes métodos clasifican os novos termos sintéticos mediante unha consulta de tipo aberta, nun caso, e de tipo pechada (é dicir, proporcionando o conxunto de etiquetas de AGROVOC para clasificación) no segundo caso. Os resultados acadados mostran que o método clásico é aínda máis preciso para recoñecer novos sinónimos implícitos no coñecemento de AGROVOC. No futuro é preciso seguir avanzando para poder encontrar formas adecuadas de consulta ao modelo de linguaxe, co fin de acadar resultados similares aos algoritmos clásicos. Finalmente ensinaremos un caso de proba, no que utilizaremos a anotación de diversos textos científicos do ámbito da agricultura para amosar como o noso método pode axudar a mellorar a clasificación e o acceso aos arquivos de investigación mediante a instanciación de etiquetas non existentes en conceptos pertencentes ao noso grafo. Tamén propoñemos ampliacións baseadas en buscas paralelas entre varios grafos de coñecemento para descubrir novos conceptos.

TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titor do alumno)

Planta de produción de alcohol isopropílico a partir de acetona
Autoría
A.E.G.R.
Grao en Enxeñaría Química
A.E.G.R.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 09:15
16.07.2024 09:15
Resumo
O alcohol isopropílico (IPA) é un produto en progresivo crecemento no mercado mundial, tanto a medio como a longo prazo. Entre o gran número de usos que abrangue este composto, destaca o seu uso nos sectores farmacéutico, cosmético, de limpeza, automoción e industrial. O proceso realizado consiste na produción de IPA a partir de acetona. Realízase unha reacción de hidroxenación, na que os reactivos son acetona (fase líquida) e hidróxeno e os produtos son alcohol isopropílico, propeno e auga. A continuación sepárase o IPA e obtense nunha concentración moi pura. Para aproveitar os subprodutos, tamén se fai recircular o hidróxeno a partir dos subprodutos obtidos. A planta estaría deseñada para obter 97.000 toneladas de IPA cun 97% de pureza e 29.000 toneladas de IPA azeotrópico. Cabe destacar que este ano (2023) confirmouse a construción dunha planta de produción de IPA con materiais renovables en Huelva, España. A empresa que leva a cabo este proxecto é CEPSA e a planta estará operativa a partir de 2025. Finalmente, a distribución do deseño do equipamento será do reactor con Javier Bermúdez e da columna de destilación para Alicia Gómez.
O alcohol isopropílico (IPA) é un produto en progresivo crecemento no mercado mundial, tanto a medio como a longo prazo. Entre o gran número de usos que abrangue este composto, destaca o seu uso nos sectores farmacéutico, cosmético, de limpeza, automoción e industrial. O proceso realizado consiste na produción de IPA a partir de acetona. Realízase unha reacción de hidroxenación, na que os reactivos son acetona (fase líquida) e hidróxeno e os produtos son alcohol isopropílico, propeno e auga. A continuación sepárase o IPA e obtense nunha concentración moi pura. Para aproveitar os subprodutos, tamén se fai recircular o hidróxeno a partir dos subprodutos obtidos. A planta estaría deseñada para obter 97.000 toneladas de IPA cun 97% de pureza e 29.000 toneladas de IPA azeotrópico. Cabe destacar que este ano (2023) confirmouse a construción dunha planta de produción de IPA con materiais renovables en Huelva, España. A empresa que leva a cabo este proxecto é CEPSA e a planta estará operativa a partir de 2025. Finalmente, a distribución do deseño do equipamento será do reactor con Javier Bermúdez e da columna de destilación para Alicia Gómez.
Dirección
Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Tribunal
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
Planta de produción de acetato de etilo por esterificación de ácido acético con etanol
Autoría
C.F.V.
Grao en Enxeñaría Química
C.F.V.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 09:55
16.07.2024 09:55
Resumo
O acetato de etilo é un composto químico empregado como disolvente en gran cantidade de procesos industriais, ademáis de ser empregado como aditivo tanto no sector alimenticio como no cosmético. A capacidade da planta é de 25.000 t/ano xa que a produción en España non é de gran tonelaxe. O acetato de etilo prodúcese mediante a reacción de esterificación entre o ácido acético e o etanol, obtendo auga como subproduto desta reacción. Ademáis, como alternativa sostible proponse a opción de empregar bioetanol como materia prima. Joel Fernández García é o encargado de realizar o deseño do reactor heteroxéneo catalítico, mentres que carlos Fuentes Varela realiza o deseño da columna de destilación onde se obtén o produto. O tren de separación está formado por 3 columnas de destilación e una extracción líquido-líquido.
O acetato de etilo é un composto químico empregado como disolvente en gran cantidade de procesos industriais, ademáis de ser empregado como aditivo tanto no sector alimenticio como no cosmético. A capacidade da planta é de 25.000 t/ano xa que a produción en España non é de gran tonelaxe. O acetato de etilo prodúcese mediante a reacción de esterificación entre o ácido acético e o etanol, obtendo auga como subproduto desta reacción. Ademáis, como alternativa sostible proponse a opción de empregar bioetanol como materia prima. Joel Fernández García é o encargado de realizar o deseño do reactor heteroxéneo catalítico, mentres que carlos Fuentes Varela realiza o deseño da columna de destilación onde se obtén o produto. O tren de separación está formado por 3 columnas de destilación e una extracción líquido-líquido.
Dirección
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN (Secretario/a)
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Vogal)
ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN (Secretario/a)
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Vogal)
Planta de produción de acetaldehido mediante deshidroxenación de etanol.
Autoría
M.V.R.
Grao en Enxeñaría Química
M.V.R.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 11:00
13.09.2024 11:00
Resumo
Neste traballo, se realizou o deseño dunha planta de produción de acetaldehido, mediante o método de deshidroxenación de etanol. Partíndoo do etanol, prodúcese a reacción endotérmica de deshidroxenación, que da lugar a acetaldehido e hidróxeno. O proceso consta dunha sección onde acondicionase a materia prima ata as condicións de reacción, logo unha sección onde ten lugar a reacción e por último, unha sección onde sepáranse e purifícanse os produtos, ademais recirculanse os compostos que non se desexan eliminar.
Neste traballo, se realizou o deseño dunha planta de produción de acetaldehido, mediante o método de deshidroxenación de etanol. Partíndoo do etanol, prodúcese a reacción endotérmica de deshidroxenación, que da lugar a acetaldehido e hidróxeno. O proceso consta dunha sección onde acondicionase a materia prima ata as condicións de reacción, logo unha sección onde ten lugar a reacción e por último, unha sección onde sepáranse e purifícanse os produtos, ademais recirculanse os compostos que non se desexan eliminar.
Dirección
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
Tribunal
GIL GONZALEZ, ALVARO (Presidente/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Secretario/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Vogal)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Presidente/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Secretario/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Vogal)
Planta de produción de alcohol isopropílico a partir de acetona
Autoría
J.B.B.
Grao en Enxeñaría Química
J.B.B.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 09:15
16.07.2024 09:15
Resumo
O alcohol isopropílico (IPA) é un produto en progresivo crecemento no mercado mundial, tanto a medio como a longo prazo. Entre o gran número de usos que abrangue este composto, destaca o seu uso nos sectores farmacéutico, cosmético, de limpeza, automoción e industrial. O proceso realizado consiste na produción de IPA a partir de acetona. Realízase unha reacción de hidroxenación, na que os reactivos son acetona (fase líquida) e hidróxeno e os produtos son alcohol isopropílico, propeno e auga. A continuación sepárase o IPA e obtense nunha concentración moi pura. Para aproveitar os subprodutos, tamén se fai recircular o hidróxeno a partir dos subprodutos obtidos. A planta estaría deseñada para obter 97.000 toneladas de IPA cun 97% de pureza e 29.000 toneladas de IPA azeotrópico. Cabe destacar que este ano (2023) confirmouse a construción dunha planta de produción de IPA con materiais renovables en Huelva, España. A empresa que leva a cabo este proxecto é CEPSA e a planta estará operativa a partir de 2025. Finalmente, a distribución do deseño do equipamento será do reactor con Javier Bermúdez e da columna de destilación para Alicia Gómez.
O alcohol isopropílico (IPA) é un produto en progresivo crecemento no mercado mundial, tanto a medio como a longo prazo. Entre o gran número de usos que abrangue este composto, destaca o seu uso nos sectores farmacéutico, cosmético, de limpeza, automoción e industrial. O proceso realizado consiste na produción de IPA a partir de acetona. Realízase unha reacción de hidroxenación, na que os reactivos son acetona (fase líquida) e hidróxeno e os produtos son alcohol isopropílico, propeno e auga. A continuación sepárase o IPA e obtense nunha concentración moi pura. Para aproveitar os subprodutos, tamén se fai recircular o hidróxeno a partir dos subprodutos obtidos. A planta estaría deseñada para obter 97.000 toneladas de IPA cun 97% de pureza e 29.000 toneladas de IPA azeotrópico. Cabe destacar que este ano (2023) confirmouse a construción dunha planta de produción de IPA con materiais renovables en Huelva, España. A empresa que leva a cabo este proxecto é CEPSA e a planta estará operativa a partir de 2025. Finalmente, a distribución do deseño do equipamento será do reactor con Javier Bermúdez e da columna de destilación para Alicia Gómez.
Dirección
Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Tribunal
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)
Planta de produción de metilaminas a partir de metanol e amoníaco.
Autoría
A.D.G.
Grao en Enxeñaría Química
A.D.G.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
13.09.2024 10:10
13.09.2024 10:10
Resumo
Este TFG ten como obxectivo o deseño dunha planta de produción de metilamina e dimetilamina a partir de metanol e amoníaco. A produción será de 60.000 t/ano considerando un réxime de operación continuo durante 330 días ao ano, as 24 horas. Divídese en dúas seccións. A sección 100 abarca o acondicionamento de materias primas e a reacción no reactor R-101 (deseñado por Alex Dacosta García). A Sección 200 leva ao cabo a separación e purificación dos produtos, obtendo unha pureza de dimetilamina de aproximadamente o 98% e unha pureza de metilamina de aproximadamente o 95%. A columna de destilación que separa ambos os produtos foi deseñada por Leire Gallego Portabales. Para o desenvolvemento do proxecto, faranse estudos de seguridade, ambiental e viabilidade económica.
Este TFG ten como obxectivo o deseño dunha planta de produción de metilamina e dimetilamina a partir de metanol e amoníaco. A produción será de 60.000 t/ano considerando un réxime de operación continuo durante 330 días ao ano, as 24 horas. Divídese en dúas seccións. A sección 100 abarca o acondicionamento de materias primas e a reacción no reactor R-101 (deseñado por Alex Dacosta García). A Sección 200 leva ao cabo a separación e purificación dos produtos, obtendo unha pureza de dimetilamina de aproximadamente o 98% e unha pureza de metilamina de aproximadamente o 95%. A columna de destilación que separa ambos os produtos foi deseñada por Leire Gallego Portabales. Para o desenvolvemento do proxecto, faranse estudos de seguridade, ambiental e viabilidade económica.
Dirección
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Titoría)
SINEIRO TORRES, JORGE Cotitoría
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Titoría)
SINEIRO TORRES, JORGE Cotitoría
Tribunal
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Vogal)
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Vogal)
Planta de producion de hidrato de hidracina
Autoría
M.M.F.
Grao en Enxeñaría Química
M.M.F.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 11:10
16.07.2024 11:10
Resumo
O obxectivo deste proxecto é levar a cabo o desenvolvemento dunha planta de produción de hidrato de hidracina cunha concentración do 64 por cento en masa a partir de amoniaco e hipoclorito de sodio, ambos en solución, mediante o método Raschig. O deseño achégase co obxectivo de producir 12.000T/ano de produto operando en continuo, os 330 días do ano, as 24 horas do día. Descríbese o deseño rigoroso dos equipos máis relevantes do proceso, sendo estes o reactor de hidracina e a columna de destilación para a obtención do produto. Decidiuse abordar o deseño dunha planta de produción de hidrato de hidracina debido ás súas investigacións actuais no campo enerxético para o seu uso como almacenamento químico de hidróxeno en pilas de combustible debido ao seu alto contido en hidróxeno, facilidade de transporte e almacenamento, ademais de que o único subproduto da súa descomposición sería o nitróxeno. Trátase dun estudo de relevancia actual, posto que propón unha alternativa aos combustibles fósiles. Por outra banda, o hidrato de hidracina utilízase actualmente en diversos ámbitos industriais, debido á súa capacidade para eliminar o osíxeno da auga, utilízase en xeradores de vapor de alta presión e caldeiras industriais, pero ten outros usos, como axente de soplado para a auga, espumas plásticas, iniciadores de polimerización, pesticidas, produtos farmacéuticos, produtos químicos fotográficos ou colorantes. Os derivados deste compoñente tamén teñen un gran lugar na industria actual, como, por exemplo, a hidracina anhidra, que se sintetiza mediante o método Olin Raschig, destacando polo seu uso como propulsor de foguetes. A instalación está situada no norte de España, máis concretamente no polígono industrial de Lloreda, pertencente á cidade asturiana de Gijón, co obxectivo de facilitar a comercialización do hidrato de hidracina por vía marítima ao norte de Europa e outras zonas comerciais de interese. O presente documento representa o Traballo Fin de Grao por medio do cal as alumnas Mara Meitín Fraga e Xeila Liñayo Vicente optan ao título universitario de Grao en Enxeñaría Química otorgado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.
O obxectivo deste proxecto é levar a cabo o desenvolvemento dunha planta de produción de hidrato de hidracina cunha concentración do 64 por cento en masa a partir de amoniaco e hipoclorito de sodio, ambos en solución, mediante o método Raschig. O deseño achégase co obxectivo de producir 12.000T/ano de produto operando en continuo, os 330 días do ano, as 24 horas do día. Descríbese o deseño rigoroso dos equipos máis relevantes do proceso, sendo estes o reactor de hidracina e a columna de destilación para a obtención do produto. Decidiuse abordar o deseño dunha planta de produción de hidrato de hidracina debido ás súas investigacións actuais no campo enerxético para o seu uso como almacenamento químico de hidróxeno en pilas de combustible debido ao seu alto contido en hidróxeno, facilidade de transporte e almacenamento, ademais de que o único subproduto da súa descomposición sería o nitróxeno. Trátase dun estudo de relevancia actual, posto que propón unha alternativa aos combustibles fósiles. Por outra banda, o hidrato de hidracina utilízase actualmente en diversos ámbitos industriais, debido á súa capacidade para eliminar o osíxeno da auga, utilízase en xeradores de vapor de alta presión e caldeiras industriais, pero ten outros usos, como axente de soplado para a auga, espumas plásticas, iniciadores de polimerización, pesticidas, produtos farmacéuticos, produtos químicos fotográficos ou colorantes. Os derivados deste compoñente tamén teñen un gran lugar na industria actual, como, por exemplo, a hidracina anhidra, que se sintetiza mediante o método Olin Raschig, destacando polo seu uso como propulsor de foguetes. A instalación está situada no norte de España, máis concretamente no polígono industrial de Lloreda, pertencente á cidade asturiana de Gijón, co obxectivo de facilitar a comercialización do hidrato de hidracina por vía marítima ao norte de Europa e outras zonas comerciais de interese. O presente documento representa o Traballo Fin de Grao por medio do cal as alumnas Mara Meitín Fraga e Xeila Liñayo Vicente optan ao título universitario de Grao en Enxeñaría Química otorgado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.
Dirección
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Titoría)
GOMEZ DIAZ, DIEGO Cotitoría
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Titoría)
GOMEZ DIAZ, DIEGO Cotitoría
Tribunal
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
Planta de producción de aceite seco a partir de aceites residuais de cociña
Autoría
J.M.R.
Grao en Enxeñaría Química
J.M.R.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 12:30
16.07.2024 12:30
Resumo
O aceite seco utilízase como acabado para pinturas e vernices. Neste proceso empréganse aceites residuais de cociña nun proceso que implica o uso dun reactor (que será deseñado en profundidade) e varios equipos de separación como torres de destilación. No proceso entran aceites residuais de cociña dos que se extrae ácido palmítico que entra na batería do proceso para formar finalmente un produto con boas propiedades secantes. Trátase dun proceso que involucra equipos típicos no ámbito da Enxeñaría Química a presións e temperaturas elevadas para suplir coa capacidade de planta de 20.000 toneladas/ano proposta

FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE Cotitoría
MOREIRA MARTINEZ, RAMON FELIPE (Titoría)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE Cotitoría
Tribunal
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
MOSQUERA CORRAL, ANUSKA (Presidente/a)
SINEIRO TORRES, JORGE (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
Planta de produción de dimetil éter a partir da deshidratación catalítica de metanol
Autoría
S.M.T.
Grao en Enxeñaría Química
S.M.T.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 09:15
16.07.2024 09:15
Resumo
O presente proxecto ten por obxectivo o deseño da Planta de produción de dimetil éter (DME) a partir da deshidratación catalítica de metanol. A súa capacidade de produción abarca 50.000 toneladas anuais ao 99,95% de pureza en peso e lévase a cabo en réxime de operación continuo durante 24 horas diarias os 330 días do ano, restando destes as paradas de mantemento. O dimetil éter é un produto de interese na actualidade ao tratarse dun substituto competitivo dos combustibles actuais. Trátase dun gas limpo, facilmente licuable e fácil de transportar. Ten cabida en varios mercados, entre os que destacan: a xeración de enerxía, como substituto do gas licuado de petróleo e como combustible de automóbiles ao ser rico en cetano e non emitir óxido de xofre. A súa obtención lévase a cabo no reactor catalítico multitubular R-201 que opera isotérmicamente a 320ºC producindo dimetil éter e auga, este equipo é deseñado por Miguel Díaz Abalo. Seguidamente, nun tren conformado por dúas columnas de destilación dispostas nunha secuencia directa, teñen lugar a separación e purificación do produto de interese, así como a recirculación da materia prima non reaccionada. A primeira columna de destilación denominada T-301, equipo polo que se obtén o dimetil éter nas condicións de pureza e fluxo requiridas, é deseñada por Saleta Martínez Tella.
O presente proxecto ten por obxectivo o deseño da Planta de produción de dimetil éter (DME) a partir da deshidratación catalítica de metanol. A súa capacidade de produción abarca 50.000 toneladas anuais ao 99,95% de pureza en peso e lévase a cabo en réxime de operación continuo durante 24 horas diarias os 330 días do ano, restando destes as paradas de mantemento. O dimetil éter é un produto de interese na actualidade ao tratarse dun substituto competitivo dos combustibles actuais. Trátase dun gas limpo, facilmente licuable e fácil de transportar. Ten cabida en varios mercados, entre os que destacan: a xeración de enerxía, como substituto do gas licuado de petróleo e como combustible de automóbiles ao ser rico en cetano e non emitir óxido de xofre. A súa obtención lévase a cabo no reactor catalítico multitubular R-201 que opera isotérmicamente a 320ºC producindo dimetil éter e auga, este equipo é deseñado por Miguel Díaz Abalo. Seguidamente, nun tren conformado por dúas columnas de destilación dispostas nunha secuencia directa, teñen lugar a separación e purificación do produto de interese, así como a recirculación da materia prima non reaccionada. A primeira columna de destilación denominada T-301, equipo polo que se obtén o dimetil éter nas condicións de pureza e fluxo requiridas, é deseñada por Saleta Martínez Tella.
Dirección
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN (Secretario/a)
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Vogal)
ROCA BORDELLO, ENRIQUE (Presidente/a)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN (Secretario/a)
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Vogal)
Control automático de stock en almacéns mediante cámaras
Autoría
A.G.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.G.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 18:00
19.07.2024 18:00
Resumo
Actualmente, a intelixencia artificial está a permitir resolver problemas e automatizar procesos que, ata agora, requirían man de obra humana. Neste traballo abordarase a problemática da detección de stock en almacéns desde o ámbito da intelixencia artificial e a automatización. Os métodos manuais ou semiautomáticos son os máis empregados para o control de inventarios, pero neste traballo desenvolverase un sistema baseado no procesado de imaxes que permita detectar de forma automatizada as roturas ou reposicións de stock, aportando unha solución máis eficiente e precisa. Para conseguilo, este problema dividirase en diferentes retos menores que se abordarán de forma secuencial, construíndo finalmente un sistema completo que sexa capaz de detectar o movemento, recortar as zonas de interese nas imaxes mediante marcadores ArUco, transmitir os datos de forma eficiente mediante Kafka e clasificar as imaxes mediante o modelo CLIP para controlar estes cambios de inventario. Finalmente, avaliarase o rendemento deste sistema para determinar a súa viabilidade como alternativa real aos métodos tradicionais de xestión de inventarios empregados nos almacéns.

CORES COSTA, DANIEL (Titoría)
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE Cotitoría
CORES COSTA, DANIEL (Titoría)
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE Cotitoría
Tribunal
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)
Implementación de clasificadores para o recoñecemento de estrés basado en biosinais
Autoría
M.C.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
M.C.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
O estrés converteuse nunha enfermidade en constante aumento, e xunto co incremento da preocupación da sociedade actual polas enfermidades mentais, provocou que na actualidade sexa de gran interese tanto a súa detección como o estudo das causas que o provocan. Neste contexto, o seguinte traballo, centrouse na detección do estrés mediante técnicas de aprendizaxe automática e profunda aplicadas a sinais fisiolóxicos, especificamente sinais de actividade electrodermal (EDA). Para abordar esta investigación, realizouse unha análise da estado da arte actual, replicando estudos previos para entendelos e logo melloralos. Utilizáronse dous conxuntos de datos públicos: WESAD e AMIGOS, que proporcionan rexistros de sinais fisiolóxicos en diversos contextos e mediante diferentes experimentos. A metodoloxía incluíu o preprocesamento de datos, a extracción de características relevantes e a implementación de varios modelos de clasificación, tanto de aprendizaxe automática (SVM, Bosques Aleatorios) como de aprendizaxe profunda (redes neuronais). Desenvolveuse un modelo avanzado que combina Redes Neuronais Convolucionales con Memorias a Curto e Longo Prazo (LSTM), explorando o impacto de modificar os seus parámetros de configuracón, o que resultou nunha alta exactitude. Ademais, melloráronse as técnicas de validación mediante a combinación de validación cruzada e a técnica de deixar un suxeito fóra. Os resultados experimentais demostraron que os modelos de aprendizaxe profunda superan significativamente aos de aprendizaxe automática en termos de exactitude, alcanzando ata un 98 % de precisión coas LSTM. Avaliouse tamén a capacidade de xeneralización dos modelos adestrados utilizando ambos os conxuntos de datos, observando unha consistencia superior nos modelos de aprendizaxe profunda fronte ás notables disparidades nos modelos de aprendizaxe automática. Estes achados subliñan a eficacia das técnicas de aprendizaxe profunda para capturar relacións complexas nos sinais fisiolóxicos e mellorar a detección do estrés.

CONDORI FERNANDEZ, NELLY (Titoría)
CATALA BOLOS, ALEJANDRO Cotitoría
CONDORI FERNANDEZ, NELLY (Titoría)
CATALA BOLOS, ALEJANDRO Cotitoría
Tribunal
BARJA PEREZ, JAVIER (Presidente/a)
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Secretario/a)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Vogal)
BARJA PEREZ, JAVIER (Presidente/a)
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Secretario/a)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Vogal)
galerIA: Aplicación web de galería multimedia con funcións de aprendizaxe automático
Autoría
L.M.A.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
L.M.A.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
galerIA é unha aplicación web que implementa unha galería multimedia na que os usuarios poden almacenar e organizar as súas imaxes e vídeos. A diferenza principal con outras aplicacións similares é que galerIA implementa funcionalidades innovadoras baseadas en modelos de aprendizaxe automática no lado do cliente. Os usuarios, de forma totalmente transparente e sen necesidade de coñecementos técnicos, poden beneficiarse de aplicar superresolución ás súas imaxes, filtralas polos obxectos que aparecen nelas ou xerar novas imaxes, sen necesidade de que un servidor dedicado o realice, minimizando o custo de servir a aplicación e o ancho de banda requirido a cambio dun maior consumo de recursos no dispositivo do cliente.
galerIA é unha aplicación web que implementa unha galería multimedia na que os usuarios poden almacenar e organizar as súas imaxes e vídeos. A diferenza principal con outras aplicacións similares é que galerIA implementa funcionalidades innovadoras baseadas en modelos de aprendizaxe automática no lado do cliente. Os usuarios, de forma totalmente transparente e sen necesidade de coñecementos técnicos, poden beneficiarse de aplicar superresolución ás súas imaxes, filtralas polos obxectos que aparecen nelas ou xerar novas imaxes, sen necesidade de que un servidor dedicado o realice, minimizando o custo de servir a aplicación e o ancho de banda requirido a cambio dun maior consumo de recursos no dispositivo do cliente.
Dirección
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Titoría)
CORES COSTA, DANIEL Cotitoría
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Titoría)
CORES COSTA, DANIEL Cotitoría
Tribunal
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MERA PEREZ, DAVID (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MERA PEREZ, DAVID (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
Identificación de miocardiopatía hipertrófica a partir do rexistro electrocardiográfico mediante aprendizaxe automático
Autoría
I.G.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
I.G.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 18:00
18.07.2024 18:00
Resumo
A miocardiopatía hipertrófica é unha enfermidade xenética relativamente común cunha expresión moi heteroxénea. Aínda que a maioría dos pacientes poden levar unha vida normal ou case normal, un pequeno número de pacientes teñen un risco moi alto de sufrir arritmia ventricular e morte súbita. Algunhas das probas de referencia para avaliar o risco de morte súbita nestes pacientes son a resonancia magnética cardíaca ou a ecocardiografía. Este traballo suscita a posibilidade de identificar novos predictores de risco a partir da proba electrocardiográfica, cuxo baixo custo e ampla dispoñibilidade na carteira de servizos dos sistemas públicos de saúde aseguraría unha maior accesibilidade para a poboación en xeral. Para iso, poranse en xogo técnicas de aprendizaxe automática para o desenvolvemento dun modelo de predición, así como técnicas de selección de variables para unha mellor interpretabilidade dos resultados. Utilizarase unha base de datos elaborada polo Servizo de Cardioloxía do Hospital Princesa de Madrid e anotada a man por cardiólogos expertos.
A miocardiopatía hipertrófica é unha enfermidade xenética relativamente común cunha expresión moi heteroxénea. Aínda que a maioría dos pacientes poden levar unha vida normal ou case normal, un pequeno número de pacientes teñen un risco moi alto de sufrir arritmia ventricular e morte súbita. Algunhas das probas de referencia para avaliar o risco de morte súbita nestes pacientes son a resonancia magnética cardíaca ou a ecocardiografía. Este traballo suscita a posibilidade de identificar novos predictores de risco a partir da proba electrocardiográfica, cuxo baixo custo e ampla dispoñibilidade na carteira de servizos dos sistemas públicos de saúde aseguraría unha maior accesibilidade para a poboación en xeral. Para iso, poranse en xogo técnicas de aprendizaxe automática para o desenvolvemento dun modelo de predición, así como técnicas de selección de variables para unha mellor interpretabilidade dos resultados. Utilizarase unha base de datos elaborada polo Servizo de Cardioloxía do Hospital Princesa de Madrid e anotada a man por cardiólogos expertos.
Dirección
FELIX LAMAS, PAULO (Titoría)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA Cotitoría
FELIX LAMAS, PAULO (Titoría)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA Cotitoría
Tribunal
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
Puentes Cociña, Beltrán (Secretario/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Vogal)
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
Puentes Cociña, Beltrán (Secretario/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Vogal)
Módulo de xestión de inventario en laboratorios de investigación química
Autoría
C.T.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
C.T.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.02.2024 10:00
16.02.2024 10:00
Resumo
Na actualidade, nun laboratorio de investigación química requirese unha alternativa ao uso da tradicional libreta de papel, onde os químicos rexistran os experimentos que realizan. Este feito débese a que se busca mellorar aspectos como a colaboración, a organización e a busca de información no laboratorio. Polo tanto, o presente Traballo de Fin de Grao consiste no deseño e implementación dun módulo back-end funcional que permita a xestión do inventario dun laboratorio químico, incluíndo o manexo dos consumibles e dos compostos químicos que o forman. Con respecto aos compostos, tamén se require o manexo da súa información de seguridade, así como dos procedementos de control de substancias perigosas para a saúde (COSHH en inglés). O plan de probas para avaliar o módulo, que inclúe probas unitarias e probas sobre a API, indica que cumpre cos requisitos plantexados e mostra o seu correcto funcionamento. Finalmente, é importante destacar que a realización deste traballo supón unha contribución ao desenvolvemento de aplicacións utilizadas nos ámbitos de investigación química, farmacéutica e académica. O seu uso conleva melloras en rapidez, organización e rexistro dentro dun laboratorio químico.

FRAGA CASTRO, SANTIAGO Cotitoría
Lalín Rodríguez, María del Rosario Cotitoría
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
FRAGA CASTRO, SANTIAGO Cotitoría
Lalín Rodríguez, María del Rosario Cotitoría
Tribunal
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Coordinador)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Coordinador)
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
Recuperación de Información v3: Procesado Local
Autoría
R.D.L.I.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
R.D.L.I.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 17:00
18.07.2024 17:00
Resumo
Na actual era tecnolóxica as necesidades de procesamento e transmisión de contido multimedia son cada vez maiores. A gran cantidade de datos existentes precisan sistemas eficientes á hora de levar a cabo a extracción da información, a súa dixitalización, o seu almacenamento e finalmente a súa recuperación. Este último punto é vital xa que as novas tecnoloxías cada vez demandan máis rapidez e eficacia á hora de utilizar toda esta información. Este proxecto pretende facer énfase na idea da recuperación de imaxes das bases de datos, é dicir, dos sistemas de almacenamento onde se guarda toda esta información. En concreto, xorde a elaboración dunha ferramenta que permita recuperar un ranking de similitude entre imaxes en función dos seus descriptores. Estos descriptores son un conxunto de valores numéricos que responden a algunha característica dunha imaxe como por exemplo a cor ou a textura. Ademáis, plantease a funcionalidade de realizar o cálculo destos descriptores de maneira local, é dicir, sobre unha única parte da imaxe. Desta forma, usuario terá máis posibilidades á hora de recuperar a información. Esta comparación levarase a cabo entre as imaxes presentes nunha base de datos, e unha imaxe pregunta que poderá ser elixida polo usuario. Desta maneira, a ferramenta tamén integra todas estas accións correspondentes ó manexo de bases de datos, como por exemplo engadir ou eliminar unha base de datos, ou engadir ou eliminar unha imaxe dentro dunha base de datos. Ao longo deste proxecto aplicaranse os coñecementos obtidos ata o momento, sumados ós novos obtidos durante a súa elaboración, para levar a cabo un traballo valioso no ámbito da enxeñería informática, que pode acabar sendo unha oportunidade de contribuir co mundo tecnolóxico actual.

Desarrollo de Aplicación Web para a Xestión Deportiva dun Clube de Remo
Autoría
R.M.T.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
R.M.T.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 18:00
18.07.2024 18:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta o desenvolvemento dunha aplicación web para a xestión deportiva dun clube de remo, deseñada para ser utilizada por deportistas, adestradores, directivos e administradores. A aplicación facilita a consulta, publicación e actualización da información deportiva do clube, respondendo á necesidade de mellorar a xestión actual do “Club do Mar de Noia”. Polo tanto, o traballo pode ser enmarcado dentro da modalidade B.
Este Traballo de Fin de Grao presenta o desenvolvemento dunha aplicación web para a xestión deportiva dun clube de remo, deseñada para ser utilizada por deportistas, adestradores, directivos e administradores. A aplicación facilita a consulta, publicación e actualización da información deportiva do clube, respondendo á necesidade de mellorar a xestión actual do “Club do Mar de Noia”. Polo tanto, o traballo pode ser enmarcado dentro da modalidade B.
Dirección
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Titoría)
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Secretario/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Vogal)
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Secretario/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Vogal)
Predición de Fibrilación Auricular Paroxística mediante aprendizaxe automático en individuos sans
Autoría
A.G.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.G.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 18:30
18.07.2024 18:30
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo desenvolver e validar un modelo de predición de fibrilación auricular (FA) paroxística en individuos sans utilizando técnicas de aprendizaxe automático. A diferenza doutros enfoques que se centran na detección de FA en individuos xa enfermos, este estudo busca anticipar a aparición da enfermidade en persoas aínda sans. Para iso, utilizouse un histórico de 58,582 electrocardiogramas (ECGs) de 11,636 pacientes, que contan cun identificador e un total de 493 características electrocardiográficas, e onde algúns pacientes manteñen a normalidade ao longo de todos os ECGs, mentres que outros desenvolven fibrilación auricular persistente ou paroxística nalgún momento. Neste problema, un factor importante é a irregularidade na toma das mostras dos ECGs, xa que estes realízanse aos pacientes de maneira non planificada, resultando en datos que non están equiespaciados no tempo. Isto complica a resolución do problema, xa que os métodos tradicionais de análise de series temporais non poden manexar adecuadamente estas irregularidades. Por iso, optouse por utilizar un modelo Latent-ODE (Ecuacións Diferenciais Ordinarias Latentes), que é especialmente adecuado para manexar estas irregularidades temporais. As Latent-ODEs permiten modelar unha dinámica continua nun espazo latente utilizando ecuacións diferenciais ordinarias en combinación con redes neuronais recurrentes (RNNs). Neste espazo latente, é posible capturar a evolución temporal subxacente das características dos ECGs, proporcionando así unha representación máis robusta e precisa dos datos temporais. Deste xeito, desenvolveuse un modelo Latent-ODE, xunto coas técnicas de selección de características e optimización de hiperparámetros que nos permitiron alcanzar como mellor resultado un AUC de 0.8812 e un F1-score de 0.7038.

Cohomoloxía de de Rham
Autoría
C.L.A.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
C.L.A.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 10:10
17.07.2024 10:10
Resumo
As formas diferenciais constitúen un obxecto matemático de gran relevancia na Topoloxía Diferencial e na Xeometría Diferencial e con importantes aplicacións á Física. O obxectivo deste traballo é estudar distintos usos das formas diferencias e mostrar como estas permiten abordar numerosos problemas de maneira eficaz. En primeiro lugar, daranse unhas nocións básicas sobre teoría de fibrados, que son fundamentais para abordar o resto do traballo. Tras isto, definirase o concepto de orientación dunha variedade e presentarase unha breve introducción ás variedades semi-riemannianas. Isto permitiranos xeralizar a variedades diferenciables conceptos básicos do cálculo vectorial. A continuación, estudarase a integración en variedades e probarase o Teorema de Stokes xeralizado. Estes conceptos tamén se abordarán para o caso no que a variedade non sexa orientable. Finalmente, estudarase a Cohomoloxía de de Rham e as súas principais propiedades. Ademais de todo isto, ao longo de todo o traballo incluiranse aplicacións ao electromagnetismo dos conceptos estudados. Específicamente, formularanse as Ecuacións de Maxwell empregando formas diferenciais, utilizarase o Teorema de Stokes para dar unha versión integral das ecuacións e usarase a Cohomoloxía de de Rham para ilustrar os buracos de gusano e os monopolos magnéticos, fenómenos físicos nunca detectados experimentalmente.

Álvarez López, Jesús Antonio (Titoría)
Álvarez López, Jesús Antonio (Titoría)
Tribunal
GARCIA RIO, EDUARDO (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
CASAS MENDEZ, BALBINA VIRGINIA (Vogal)
GARCIA RIO, EDUARDO (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
CASAS MENDEZ, BALBINA VIRGINIA (Vogal)
Aprendizaxe semi-supervisada para detección de obxectos
Autoría
C.L.A.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
C.L.A.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 16:30
18.07.2024 16:30
Resumo
A detección de obxectos é un dos principais problemas que se abordan no campo da visión por computador. Os detectores tradicionais requiren dunha gran cantidade de imaxes etiquetadas para adestrar. Isto supón unha limitación importante, pois a anotación de imaxes é custosa e a dispoñibilidade dos datos é, a miúdo, limitada. Neste contexto, xorde a aprendizaxe semi-supervisada para detección de obxectos, que aborda o escenario no que existen poucas imaxes etiquetadas pero unha gran cantidade de imaxes sen etiquetar. Este traballo enmárcase nesta área e céntrase no estudo de arquitecturas de tipo Teacher-Student. Concretamente, estúdase o detector Unbiased Teacher v2. O obxectivo deste traballo é estudar diferentes técnicas beneficiosas noutros contextos de aprendizaxe e analizar a súa aplicabilidade a este detector. Específicamente, analizaranse as seguintes propostas: incorporación de módulos propios de arquitecturas few-shot (concretamente Gradient Decoupled Layer (GDL) e Prototypical Calibration Block (PCB) propostos no detector DeFRCN); substitución da estratexia de limiar fixo para filtrar pseudo-etiquetas por unha estratexia de limiar flexible; e uso dunha estratexia de asignación de etiquetas baseada en Optimal Transport Asignment (OTA). Os experimentos realizados mostran que o uso de GDL resulta beneficioso para o rendemento do detector. Ademais, aínda que o resto de propostas non melloraron o detector, a experimentación revelou varias dificultades que xorden ao adaptar estas estratexias a un detector das características de Unbiased Teacher v2. Esta información pode resultar relevante para futuras análises do problema.

Clasificación automática de imaxes RX panorámicas orais mediante técnicas de aprendizaxe profunda
Autoría
E.P.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
E.P.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 12:30
18.07.2024 12:30
Resumo
No ámbito da análise de imaxes médicas, a clasificación de radiografías dentais é esencial para a detección de patoloxías, permitindo etiquetar cada imaxe coa presenza ou ausencia dunha condición específica. Recentemente, as redes neuronais convolucionais (CNN) destacaron pola súa eficacia neste campo. Este traballo de fin de grao desenvolve un modelo baseado en arquitecturas ResNet para clasificar radiografías dentais panorámicas. Utilizando un conxunto de datos proporcionado polo OSRG da Universidade de Santiago de Compostela, que inclúe 8 clases de patoloxías, aplicáronse técnicas de aumento de datos e balanceo de clases para abordar o desbalanceo. Exploráronse diferentes arquitecturas ResNet e axustáronse hiperparámetros como o tamaño de lote e a resolución das imaxes. Esta memoria detalla os experimentos, resultados, conclusións e posibles ampliacións.

TOMAS CARMONA, INMACULADA Cotitoría
VILA BLANCO, NICOLAS (Titoría)
CARREIRA NOUCHE, MARIA JOSE Cotitoría
TOMAS CARMONA, INMACULADA Cotitoría
Tribunal
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Presidente/a)
DOSIL LAGO, RAQUEL (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Vogal)
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Presidente/a)
DOSIL LAGO, RAQUEL (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Vogal)
Existencia de solucións periódicas da ecuación de Mathieu
Autoría
E.P.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
E.P.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
16.07.2024 17:45
16.07.2024 17:45
Resumo
Neste traballo consideraremos a dinámica dun feixe de electróns guiado por un campo magnético periódico axialmente simétrico. Este tipo de mecanismos coñécense como pistola electrónica ou válvula de microondas e son parte de moitos dispositivos electrónicos científicos, industriais e domésticos. A súa dinámica pódese modelar a través da ecuación de Mathieu, a cal é unha ecuación de segundo orde con singularidades e que pode ser tratada como un caso particular da ecuación de Hill. Deste xeito centrarémonos na modelaxe do fenómeno e describiremos algúns resultados que garanten a existencia de solucións periódicas de signo constante.

CABADA FERNANDEZ, ALBERTO (Titoría)
CABADA FERNANDEZ, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
FEBRERO BANDE, MANUEL (Presidente/a)
BUEDO FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JERONIMO (Vogal)

Planificación linear a trozos na robótica
Autoría
M.T.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
M.T.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 12:50
17.07.2024 12:50
Resumo
A complexidade topolóxica é un invariante proposto por Michael Farber, que xorde no contexto da planificación de movementos na robótica. Neste traballo desenvólvese unha analoxía discreta proposta por Jesús González: a complexidade simplicial dun complexo simplicial, que resulta equivalente á complexidade topolóxica da súa realización xeométrica, pero que é computable mediante métodos combinatorios.

Macías Virgós, Enrique (Titoría)
MOSQUERA LOIS, DAVID Cotitoría
Macías Virgós, Enrique (Titoría)
MOSQUERA LOIS, DAVID Cotitoría
Tribunal
GARCIA RIO, EDUARDO (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
CASAS MENDEZ, BALBINA VIRGINIA (Vogal)
GARCIA RIO, EDUARDO (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
CASAS MENDEZ, BALBINA VIRGINIA (Vogal)
Revisión e análise de modelos de intelixencia artificial cuántica
Autoría
M.T.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
M.T.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 11:30
18.07.2024 11:30
Resumo
A computación cuántica é un campo prometedor hoxe en día, que pretende revolucionar as ciencias da computación aproveitando as vantaxes da mecánica cuántica. A súa combinación co campo da intelixencia artificial dá lugar ao coñecido como Quantum Machine Learning. Neste traballo desenvólvese unha introdución ás súas técnicas e modelos. Tras unha revisión bibliográfica, selecciónase un modelo concreto: un clasificador baseado nunha novidosa técnica coñecida como data re-uploading. Implementarase dito modelo utilizando a biblioteca estándar Qiskit e levarase a cabo unha experimentación para avalialo.

BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Titoría)
Fernández Pena, Anselmo Tomás Cotitoría
BUGARIN DIZ, ALBERTO JOSE (Titoría)
Fernández Pena, Anselmo Tomás Cotitoría
Tribunal
Cotos Yáñez, José Manuel (Presidente/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Secretario/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Vogal)
Cotos Yáñez, José Manuel (Presidente/a)
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Secretario/a)
GAGO COUSO, FELIPE (Vogal)
Métodos de Clasificación e Ensamblado de Clasificadores en Aprendizaxe Supervisada
Autoría
A.G.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
A.G.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
16.07.2024 12:30
16.07.2024 12:30
Resumo
Neste traballo analízanse diversas técnicas de ensamblado en aprendizaxe supervisada, enfocándose en bagging, bosques aleatorios e adaBoost. Inicialmente, explícanse os fundamentos da clasificación estatística e da aprendizaxe supervisada. Seguidamente, examínanse as diferentes estratexias para combinar saídas de clasificadores cando estas consisten en predicións e valores continuos. Finalmente, detállanse os métodos de ensamblado, subliñando as características que os diferencian

PATEIRO LOPEZ, BEATRIZ (Titoría)
Rodríguez Acevedo, Iria Cotitoría
PATEIRO LOPEZ, BEATRIZ (Titoría)
Rodríguez Acevedo, Iria Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ MANTEIGA, WENCESLAO (Presidente/a)
PAEZ GUILLAN, MARIA PILAR (Secretario/a)
ALVAREZ DIOS, JOSE ANTONIO (Vogal)
GONZALEZ MANTEIGA, WENCESLAO (Presidente/a)
PAEZ GUILLAN, MARIA PILAR (Secretario/a)
ALVAREZ DIOS, JOSE ANTONIO (Vogal)
Adaptación efectiva de redes xerativas antagónicas para o procesado de imaxes de teledetección multidimensionais
Autoría
A.G.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
A.G.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 17:00
19.07.2024 17:00
Resumo
Nos últimos anos propuxéronse diversos modelos de clasificación de aprendizaxe profunda que se sumaron aos existentes métodos de clasificación de imaxes multiespectrais de teledetección. Dentro deste marco, neste traballo, adaptouse unha rede xerativa antagónica condicionada, baseada na arquitectura do modelo StyleGAN2, ao problema de clasificación de imaxes multiespectrais de teledetección. Posteriormente, realizouse un estudo sobre a capacidade da rede, tanto para xerar, como para clasificar imaxes multiespectrais de alta resolución espacial correspondentes a ríos galegos. Finalmente, comparáronse os resultados acadados con este modelo de clasificación e outros modelos empregados en problemas de teledetección multiespectral. Observouse que a StyleGAN2 condicionada acada resultados próximos aos doutros esquemas de clasificación que non empregan conxuntos de datos xerados, como as redes neuronais convolucionais, mais queda por debaixo de métodos especialmente deseñados para xerar mostras para problemas de clasificación con clases desbalanceadas, como é a ResBaGAN.
Nos últimos anos propuxéronse diversos modelos de clasificación de aprendizaxe profunda que se sumaron aos existentes métodos de clasificación de imaxes multiespectrais de teledetección. Dentro deste marco, neste traballo, adaptouse unha rede xerativa antagónica condicionada, baseada na arquitectura do modelo StyleGAN2, ao problema de clasificación de imaxes multiespectrais de teledetección. Posteriormente, realizouse un estudo sobre a capacidade da rede, tanto para xerar, como para clasificar imaxes multiespectrais de alta resolución espacial correspondentes a ríos galegos. Finalmente, comparáronse os resultados acadados con este modelo de clasificación e outros modelos empregados en problemas de teledetección multiespectral. Observouse que a StyleGAN2 condicionada acada resultados próximos aos doutros esquemas de clasificación que non empregan conxuntos de datos xerados, como as redes neuronais convolucionais, mais queda por debaixo de métodos especialmente deseñados para xerar mostras para problemas de clasificación con clases desbalanceadas, como é a ResBaGAN.
Dirección
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Titoría)
Blanco Heras, Dora Cotitoría
Argüello Pedreira, Francisco Santiago (Titoría)
Blanco Heras, Dora Cotitoría
Tribunal
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)
Aprendizaxe estadística para a selección de algoritmos en problemas de optimización
Autoría
A.F.E.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
A.F.E.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
16.07.2024 18:00
16.07.2024 18:00
Resumo
Neste traballo empregaranse técnicas de aprendizaxe estatística para predicir o optimizador global que mellor funciona dado un problema de programación matemática non linear. Antes de nada, explicarase un método de resolución de problemas de programación linear enteira e a súa adaptación ao caso non linear, onde xurdirán novas dificultades. Posteriormente, presentarase o problema de aprendizaxe estatística e dúas técnicas que permiten axustar un modelo e crear predicións: a regresión lineal e as redes neuronais dunha soa capa oculta. Estas técnicas permitirán realizar a aprendizaxe sobre un conxunto de problemas e obter os resultados, vendo o desempeño dos distintos optimizadores.

Gómez Casares, Ignacio Cotitoría
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Titoría)
Gómez Casares, Ignacio Cotitoría
Tribunal
GARCIA RIO, EDUARDO (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
CASAS MENDEZ, BALBINA VIRGINIA (Vogal)
GARCIA RIO, EDUARDO (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
CASAS MENDEZ, BALBINA VIRGINIA (Vogal)
YourTurn!
Autoría
A.F.E.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
A.F.E.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 11:00
19.07.2024 11:00
Resumo
Neste traballo preténdese crear unha aplicación web para permitir o xogo dunha partida de Magic en tempo real e a distancia. O sistema desenvolvido permitirá compartir mediante unha cámara de vídeo a mesa dos xogadores e identificará as cartas, amosando a súa información e traducíndoa no caso de que os xogadores falen unha lingua distinta.
Neste traballo preténdese crear unha aplicación web para permitir o xogo dunha partida de Magic en tempo real e a distancia. O sistema desenvolvido permitirá compartir mediante unha cámara de vídeo a mesa dos xogadores e identificará as cartas, amosando a súa información e traducíndoa no caso de que os xogadores falen unha lingua distinta.
Dirección
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Titoría)
GARCIA LLORENS, LUIS VICENTE Cotitoría
Ibán Sánchez, Armando Cotitoría
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Titoría)
GARCIA LLORENS, LUIS VICENTE Cotitoría
Ibán Sánchez, Armando Cotitoría
Tribunal
BARJA PEREZ, JAVIER (Presidente/a)
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Secretario/a)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Vogal)
BARJA PEREZ, JAVIER (Presidente/a)
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Secretario/a)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Vogal)
A teoría da multiplicación complexa e o soño de xuventude de Kronecker
Autoría
H.V.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
H.V.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 17:20
12.09.2024 17:20
Resumo
O soño de xuventude de Kronecker fai referencia ao problema de construír tódalas extensións abelianas dun corpo cuadrático imaxinario, estendendo así o teorema de Kronecker-Weber. Para o estudo desta cuestión, o instrumento central é unha certa clase de curvas elípticas, cunha estrutura aritmética especialmente rica denominada multiplicación complexa. Neste traballo vaise explorar a relación entre estas dúas cuestións. Comezarase introducindo, por unha parte, as curvas elípticas, definindo nelas unha estrutura de grupo, centrando a atención nos puntos de orde finita; e doutra banda, as extensións de Q, facendo fincapé naquelas cuxo grupo de Galois é abeliano, así coma nas xeradas por raíces da unidade ou puntos de curvas elípticas. Posteriormente, presentarase o concepto da multiplicación complexa e, finalmente, botando man tamén das representacións de grupos, aplicarase toda a teoría para estudar unha realización concreta do soño de xuventude de Kronecker, tomando como base o corpo cuadrático imaxinario Q(i).

GAGO COUSO, FELIPE (Titoría)
RIVERO SALGADO, OSCAR Cotitoría
GAGO COUSO, FELIPE (Titoría)
RIVERO SALGADO, OSCAR Cotitoría
Tribunal
OTERO ESPINAR, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Secretario/a)
Jeremías López, Ana (Vogal)

Planta de recuperación de auga para agricultura
Autoría
S.T.B.
Grao en Enxeñaría Química
S.T.B.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
16.07.2024 14:00
16.07.2024 14:00
Resumo
Deseño dunha planta de recuperación de auga que emprega como tratamento de redución da conductividade eléctrica a ósmose inversa. Emprega a auga procedente da depuradora de Mazarrón e consigue adecuar as carcaterísticas deste efluente para que poida ser empregado pola Comunidad de Regantes no rego de plantas de tomate.

GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Titoría)
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Titoría)
Tribunal
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Vogal)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA (Vogal)
Uso de Google Earth Engine dentro dun contorno de estimación de indicadores en ámbitos urbanos
Autoría
A.P.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.P.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 11:30
18.07.2024 11:30
Resumo
O desenvolvemento deste proxecto incluíu varias contribucións significativas no ámbito do seguimento do uso do solo en contornas urbanas mediante o uso de tecnoloxías avanzadas. Estas contribucións son: Integración de Google Earth Engine para o Seguimento Urbano. Implementouse un sistema que utiliza Google Earth Engine para a obtención de datos xeoespaciais case en tempo real. Esta integración permite acceder a datos actualizados e precisos sobre o uso do solo, mellorando a capacidade de seguimento continuo e a toma de decisións informadas no contexto urbano. Desenvolvemento de Script Automatizado en Python. Desenvolveuse un script en Python que automatiza a obtención de datos de uso do solo. Este script permite a clasificación de datos obtidos de imaxes satelitais, facilitando a análise e cálculo de indicadores clave. Visualización Interactiva de Datos con Power BI. Creouse un panel de control interactivo en Power BI que permite aos usuarios visualizar e analizar os datos de uso do solo de maneira intuitiva. Contribución ao Desenvolvemento Urbano Sostible. Ao proporcionar unha ferramenta precisa e eficiente para o seguimento do uso do solo, o proxecto contribúe ao desenvolvemento urbano sostible. A capacidade de analizar cambios no uso do solo e calcular indicadores clave permite ás autoridades e planificadores urbanos tomar decisións baseadas en datos, promovendo unha xestión ambiental responsable e sostible. Base para Futuras Ampliacións e Melloras. O sistema desenvolvido establece unha base sólida para futuras investigacións e desenvolvementos. Pódense incorporar melloras adicionais e novas funcionalidades, como a integración doutras fontes de datos xeoespaciais ou a aplicación de técnicas de intelixencia artificial para a análise predictiva.

Percepción visual de obxectos para tarefas de manipulación colaborativa
Autoría
D.P.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
D.P.V.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
A industria impulsa o crecemento económico dun país, polo que a súa evolución é fundamental. As novidades recentes baséanse na integración de novas tecnoloxías que melloran os resultados e aumentan a produtividade. En todo isto, os brazos colaborativos ou cobots están a ter unha gran repercusión pola súa flexibilidade á hora de traballar con operadores humanos e a súa gran adaptabilidade a diversas tarefas. Por todo isto, e coa finalidade de investigar o funcionamento das novas tecnoloxías, deseñouse un sistema que integra un brazo colaborativo Franka Panda, un sensor táctil GelSight Mini e marcadores Aruco recoñecidos a través dunha cámara Orbbec Astra. Todo o proceso de integración vai acompañado de retos e dificultades como a calibración do Gelsight Mini ou a transformación de coordenadas entre diferentes sistemas de referencia. Todos eles deseñados e desenvolvidos coa finalidade de poder percibir e manipular obxectos de diferentes tamaños e materiais a través dun brazo robótico, que posteriormente podería incorporarse a unha liña de produción ou entornos industriais. Ademais, unha vez obtidos os resultados, propóñense posibles ampliacións e melloras que complementen o sistema.

Plataforma para a Planificación da Execución e Avaliación de Algoritmos de Detección de Obxectos
Autoría
R.C.J.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
R.C.J.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 09:30
12.09.2024 09:30
Resumo
No campo da investigación da intelixencia artificial centrada na detección de obxectos, a busca de melloras no proceso de análise e avaliación de conxuntos de datos e os respectivos resultados de modelos de detección é unha parte crucial para a optimización de todo o proceso tanto a nivel temporal coma de gasto de recursos asociados. Estas avaliacións e análises deben levarse a cabo de maneira precisa e evitando, dentro do posible, calquera tipo de sesgo. Para isto, os investigadores necesitan unha gran variedade de ferramentas, e coordinalas todas pode ser complicado e confuso. Por riba de todo isto, para realizar todos estes adestramentos e análises de modelos de detección é necesario utilizar clústers distribuídos debido á alta carga computacional que a súa execución supón, provocando que cada investigador deba estar constantemente monitorizando ditos clústers para estar ao día non só do estado dos seus propios traballos, senón tamén do estado xeral da cola de traballos. Neste traballo, desenvolverase unha plataforma que unificará todas as ferramentas necesarias para optimizar ao máximo o proceso de investigación tanto na xestión e consulta do estado dos traballos e da cola de traballos nestes clústers distribuídos, como na avaliación e análise dos conxuntos de datos de imaxes en formato COCO e dos resultados e deteccións dos modelos de detección. Esta plataforma buscará proporcionar unha solución integral e eficiente, facilitando a labor dos investigadores e mellorando a precisión e a coordinación das súas tarefas.

García Fernández, Pablo Cotitoría
CORES COSTA, DANIEL (Titoría)
García Fernández, Pablo Cotitoría
Tribunal
Fernández Rivera, Francisco (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Fernández Rivera, Francisco (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Software de detección e resolución de vulnerabilidades de código aberto.
Autoría
A.B.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.B.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
Á hora de protexer os activos dunha organización, o uso de ferramentas software de seguridade é unha das principais medidas de seguridade adoptadas polas empresas tecnolóxicas, xa que permite monitorear e analizar grandes cantidades de información na búsqueda de actividades sospeitosas. Entre as funcionalidades que permiten estas ferramentas, atópase a detección de vulnerabilidades nas aplicacións instaladas nos equipos. Aínda así, existen certas limitacións técnicas e económicas que fan que, na maioría de organizacións de pequeno e mediano tamaño, non se contemple un sistema de detección e remediación automático para este tipo de vulnerabilidades. Na actualidade, existen solucións de código aberto que permiten levar a cabo a detección de vulnerabilidades, pero a remediación destas non suele estar dispoñible nas ferramentas gratuitas, ou polo menos non dun xeito automático, como se ve no estudo da documentación ofrecida por varias ferramentas, recomendadas especificamente pola organización na que se desenvolve este proxecto. Deste xeito, neste traballo proponse unha solución parcial a este problema, estendendo as posibilidades da ferramenta de software libre Velociraptor. Por un lado, desenvólvense os métodos que fan posible recoller e analizar a información necesaria durante a detección de vulnerabilidades. Así mesmo, créase a través dun repositorio de aplicacións e uns protocolos de acción unha maneira eficaz de remediar estas vulnerabilidades coa menor intervención posible.

Carro Fernández, Marcos Cotitoría
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Titoría)
Carro Fernández, Marcos Cotitoría
Tribunal
BARJA PEREZ, JAVIER (Presidente/a)
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Secretario/a)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Vogal)
BARJA PEREZ, JAVIER (Presidente/a)
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Secretario/a)
MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO (Vogal)
Procesamento dixital de sinais de audio sobre lóxica programable
Autoría
D.C.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
D.C.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 12:30
19.07.2024 12:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao desenvolveuse un sistema de procesamento de audio e transcrición musical utilizando unha plataforma heteroxénea CPU+FPGA, concretamente a placa Pynq-Z2 e o marco de desenvolvemento PYNQ. O obxectivo principal foi abordar e resolver varios problemas clave no ámbito do procesamento de audio e a transcrición musical, logrando un sistema efectivo e reconfigurable que cumpra coas funcións de maneira eficiente. O sistema está deseñado para ler arquivos de audio en Python e transmitilos á lóxica programable para o seu procesamento, xa sexa aplicando efectos de audio ou realizando análise espectral. Unha vez procesados os datos, o sistema reconstrúe o arquivo de audio coa nova sinal ou realiza a transcrición a un arquivo MIDI, incluíndo a identificación da escala musical correspondente.

López Vilariño, David (Titoría)
RODRIGUEZ ALCARAZ, SILVIA Cotitoría
López Vilariño, David (Titoría)
RODRIGUEZ ALCARAZ, SILVIA Cotitoría
Tribunal
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MERA PEREZ, DAVID (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MERA PEREZ, DAVID (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
Desenvolvemento dun prototipo para un wearable ou smartphone que permita estudar a fraxilidade física nas persoas maiores aplicando técnicas de intelixencia artificial
Autoría
A.F.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.F.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 16:00
18.07.2024 16:00
Resumo
Neste traballo de fin de grao investigase a viabilidade do desenvolvemento dun prototipo para un dispositivo wearable ou smartphone que permita avaliar a fraxilidade física en persoas maiores. O prototipo calculará medidas como a velocidade da marcha e outros factores relacionados coa fraxilidade, e será capaz de realizar predicións sobre o estado de fraxilidade mediante técnicas de intelixencia artificial, ofrecendo unha ferramenta innovadora para a identificación temperá e o seguimento da fraxilidade na poboación maior.
Neste traballo de fin de grao investigase a viabilidade do desenvolvemento dun prototipo para un dispositivo wearable ou smartphone que permita avaliar a fraxilidade física en persoas maiores. O prototipo calculará medidas como a velocidade da marcha e outros factores relacionados coa fraxilidade, e será capaz de realizar predicións sobre o estado de fraxilidade mediante técnicas de intelixencia artificial, ofrecendo unha ferramenta innovadora para a identificación temperá e o seguimento da fraxilidade na poboación maior.
Dirección
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA Cotitoría
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA Cotitoría
Tribunal
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
Puentes Cociña, Beltrán (Secretario/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Vogal)
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
Puentes Cociña, Beltrán (Secretario/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Vogal)
Avaliación de detectores de estrés durante a interacción con xogos serios que estimulan actividades cognitivas
Autoría
L.M.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
L.M.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 19:00
18.07.2024 19:00
Resumo
A detección automática do estrés é unha área de investigación relevante debido ás crecentes preocupacións sobre a saúde mental na sociedade actual. Grazas aos avances no campo da computación afectiva, investigáronse diversas metodoloxías e sistemas neste ámbito ao longo dos anos. Aínda que existen numerosos sistemas de vixilancia, a evidencia sobre a congruencia da súa precisión e aplicabilidade nun ensaio coas mesmas características aínda é limitada e variada. Por tanto, este Traballo Fin de Grao pretende realizar unha avaliación comparativa para identificar patróns comúns, fortalezas e áreas de mellora entre dous métodos de detección de estrés: un baseado en sinais fisiolóxicos utilizando unha pulseira Empatica EmbracePlus, e outro en expresións faciais utilizando a ferramenta Kopernica. O estudo situouse nunha contorna controlada de laboratorio, mediante a interacción dos participantes cun xogo de razoamento cognitivo deseñado para inducir estrés. O proceso dividiuse en varias fases: un período de relaxación, a interacción co xogo en tres modos diferentes e un cuestionario de estrés percibido. Lográronse varios obxectivos clave. Primeiro, segundo o sinal EDA estableceuse que o xogo serio utilizado é un inductor válido de estrés, xerando un incremento nos niveis de estrés medidos. Atopouse unha congruencia moderada entre os dous métodos de detección, aínda que con algunhas discrepancias na súa sensibilidade á complexidade das tarefas do xogo. O método baseado en sinais fisiolóxicos mostrou ser máis sensible ás variacións leves nos niveis de estrés en comparación coas expresións faciais. Determinouse que os usuarios non son conscientes dos seus niveis reais de estrés. Ademais, concluíuse que a redución da resolución do vídeo impacta na precisión da detección de estrés por parte de Kopernica, sendo 640x360 a resolución mínima aceptable. Os resultados proporcionan unha comprensión máis clara das fortalezas e limitacións de cada método, suxerindo a necesidade de realizar axustes específicos no procesamento de datos para mellorar a precisión e coherencia das medicións. Así mesmo, destácase a importancia de ampliar a investigación a outras emocións medidas por Kopernica e a diferentes poboacións para observar a manifestación do estrés en diferentes etapas da vida.

Aprendizaxe automática para a estimación de fluxos de carbono a partir de datos de modelos e satelitais
Autoría
P.A.G.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.A.G.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 17:30
19.07.2024 17:30
Resumo
Neste traballo abórdase o problema da predición da presión parcial de dióxido de carbono na superficie mariña para a estimación de fluxos de carbono. Disponse dun conxunto de datos oceánicos procedentes de distintos satélites e organizacións de investigadores de oceanografía. Para iso comparáronse os resultados do adestramento de nove modelos de regresión diferentes sobre este conxunto de datos globais e sobre tres subconxuntos de datos creados a partir do global que acoutan os datos correspondentes ás rexións xeográficas dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico. Os modelos regresores comparados foron o Random Forest, ExtraTrees, o método dos veciños máis cercanos, a máquina de vectores de soporte, Gradient Boosting, Adaptive Boosting, CatBoost, XGBoost e LightGBM. Tras a análise da comparación dos modelos para cada conxunto de datos, determinouse que o que ofrece mellores resultados nos catro casos é o modelo ExtraTrees, polo que se axustaron os seus hiperparámetros de número de estimadores e profundidade máxima coa finalidade de optimizar a saída do modelo para cada caso. Unha vez estes modelos foron axustados, realizouse unha predición empregando cada un dos conxuntos e xeráronse arquivos en formato netCDF tanto para conxuntos de datos de entrada como para os conxuntos de predicións.

Triñanes Fernández, Joaquín Ángel Cotitoría
VARELA PET, JOSE (Titoría)
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel Cotitoría
Tribunal
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)
Fernández Pena, Anselmo Tomás (Presidente/a)
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)
CiberDefensa e IA: Casos Prácticos
Autoría
P.S.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.S.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
15.02.2024 11:30
15.02.2024 11:30
Resumo
Debido ao inexorable avance da Internet, cada vez son máis necesarios os esforzos por facelo un lugar seguro para todos. Un destes esforzos son as caixas de correo electrónico de abuso das compañías dedicadas a prover servizos da Internet (ISP). Estas caixas de abuso teñen como obxectivo ofrecer unha forma eficaz de informar á compañía acerca de malos usos perpetrados desde a súa rede. A gran afluencia de reportes recibida nestes, forza a este tipo de empresas a buscar formas eficientes de xestionalos. É da devandita necesidade que xorde este traballo, debido a que o seu principal obxectivo é o desenvolvemento dun sistema para a eficiente e correcta xestión da caixa de abuso da compañía MásMóvil. Para conseguila, por unha banda, debemos automatizar a clasificación dos correos recibidos, así como a súa resposta se procede e, por outro, debemos axilizar o análise dos propios reportes, en especial, o análise das direccións IP reportadas. Ambas as partes foron desenvoltas con éxito, xa que o método diseñado axilizou en gran medida a tarefa, aforrando á compañía grandes cantidades de esforzo e recursos. A principal ferramenta do traballo foi Microsoft Copilot, un asistente con intelixencia artificial de recente saída ao mercado, cuxas achegas e desempeño querían ser comprobadas. Adicionalmente, para completar o proceso fíxose uso de ferramentas como Power Automate e PrivateGPT, un proxecto open source que integra as vantaxes dos chatbots cunha contorna local con absoluta privacidade. O asistente de Microsoft finalmente tomou un papel menos relevante do que se esperaba, sendo en certos aspectos importantes superado por PrivateGPT á hora de realizar as análises das IPs. Power Automate, aplicación da suite de Microsoft 365, levou o papel protagonista, xa que recaeu sobre ela a práctica totalidade das tarefas de automatización.

Saucedo Calderón, Artemio Cotitoría
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Titoría)
Saucedo Calderón, Artemio Cotitoría
Tribunal
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
Rodeiro Pazos, David (Vogal)
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
Rodeiro Pazos, David (Vogal)
Paralelización de algoritmos de procesamento de nubes de puntos en memoria distribuída
Autoría
T.G.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
T.G.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 17:00
18.07.2024 17:00
Resumo
A tecnoloxía LiDAR permítenos obter escaneos tridimensionais dunha superficie ou obxecto a moi alta resolución, pero o seu procesamento, sobre todo o cálculo dos vecinos dun punto, é moi custoso en termos tanto de tempo como de memoria cantos máis puntos teña a nube. Unha forma de mellorar o rendemento dos algoritmos de procesamento de nubes de puntos é a súa paralelización, repartindo así a carga de traballo entre diferentes unidades de procesamento. O obxectivo deste traballo é implementar unha solución a este problema, desenvolvendo un algoritmo de partición das nubes de puntos e procesando posteriormente as nubes en paralelo usando MPI en memoria distribuída. Na estratexia presentada neste traballo, primeiro as nubes de puntos son particionadas de forma equitativa entre os diferentes procesos MPI. Despois, cada proceso le a parte da nube que lle corresponde e crea un octree cos seus puntos. Finalmente, os procesos calculan a veciñanza dos puntos e os seus descritores xeométricos e gardan os seus resultados nun ficheiro de texto plano. Realizarase tamén unha análise de rendemento e eficiencia da nova implementación en función do número de procesos, usando diferentes nubes de puntos e comparando os resultados cos obtidos de forma secuencial.

YERMO GARCIA, MIGUEL Cotitoría
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS (Titoría)
YERMO GARCIA, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
Puentes Cociña, Beltrán (Secretario/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Vogal)
Pardo López, Xosé Manuel (Presidente/a)
Puentes Cociña, Beltrán (Secretario/a)
LOPEZ FANDIÑO, JAVIER (Vogal)
Let's Be Healthy: App de adestramento móbil
Autoría
A.V.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.V.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 11:00
12.09.2024 11:00
Resumo
O obxectivo deste Traballo Fin de Grao é desenvolver unha aplicación móbil para o sistema operativo Android que teña como finalidade orientar e asesorar a diferentes perfís de usuarios no mundo da formación. A aplicación proporcionará diferentes rutinas, tanto para o ximnasio como para a casa. O usuario poderá facer un seguimento das rutinas que realizou, do seu peso, das calorías queimadas, etc.
O obxectivo deste Traballo Fin de Grao é desenvolver unha aplicación móbil para o sistema operativo Android que teña como finalidade orientar e asesorar a diferentes perfís de usuarios no mundo da formación. A aplicación proporcionará diferentes rutinas, tanto para o ximnasio como para a casa. O usuario poderá facer un seguimento das rutinas que realizou, do seu peso, das calorías queimadas, etc.
Dirección
VARELA PET, JOSE (Titoría)
VARELA PET, JOSE (Titoría)
Tribunal
Fernández Rivera, Francisco (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Fernández Rivera, Francisco (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Emobook. Evolución dunha aplicación de historias de vida para sesións de musico-terapia
Autoría
A.V.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.V.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 12:30
18.07.2024 12:30
Resumo
Os libros de Historias de Vida, son un material moi empregado nas terapias de reminiscencia para o tratamento de persoas maoires con demencia, xa que axudan a estimular a memoria, mellorar a comunicación e fortalecer a identidade persoal. Emobook, unha aplicación Android deseñada para tabletas, facilita aos coidadores a preparación destas historias e permite engadir elementos como vídeos ou grabacións de audio, ademais de facilitar a captura de respostas emocionais asociadas aos recordos para permitir un seguimento das sesións de terapia. Durante o desenvolvemento deste proxecto, realizouse unha evolución significativa desta aplicación, que introduxo novas funcionalidades e melloras para ampliar as súas capacidades e mellorar a experiencia dos usuarios. Entre as principais melloras inclúese a transición dun almacenamento local a un almacenamento na nube, o que facilita o acceso e edición dos recordos dende calquera tableta con conexión a internet, asegurando así a accesibilidade e flexibilidade necesaria. Ademais, a aplicación foi mellorada coa posibilidade de engadir audios de Spotify, permitindo aos coidadores engadir fácilmente música significativa ás historias de vida. Tamén se introduxeron características que permiten a transferencia de recordos entre grupos e o rexistro de asistencias e desconexións, así como a posibilidade de modificar opcións de configuración e editar as historias durante as sesións terapéuticas directamente dende a visualización. Estas melloras optimizaron a aplicación Emobook, facilitando aos coidadores a personalización e xestión efectiva das historias de vida, permitindo así mellorar o coidado e calidade de vida das persoas maiores con demencia.

Evolución da aplicación de intelixencia de negocio para a xestión deportiva do club de baloncesto Obradoiro CAB
Autoría
S.L.Q.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
S.L.Q.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 17:00
18.07.2024 17:00
Resumo
Este traballo trata sobre a mellora e evolución da aplicación utilizada polo equipo de baloncesto Monbus Obradoiro para tomar decisións deportivas. Este club, participante na Liga Endesa ACB na tempada 2023/2024, usa este recurso para poder estudar o rendemento e desempeño do equipo, os seus xogadores e os sus rivais. O desenvolvemento centrouse na mellora da calidade dos datos da aplicación, dado que a súa fiabilidade ao comezar o proxecto era bastante dubidosa; e no comezo dun novo módulo de importación, de forma que se poida ir creando unha nova versión moderna da aplicación á que migrar antes de que esta se quede obsoleta. Para concluir, revisarase o impacto do traballo realizado e as posibles direccións que se poden tomar en futuras ampliacións.

Losada Carril, David Enrique (Titoría)
Sanz Anchelergues, Adolfo Cotitoría
Losada Carril, David Enrique (Titoría)
Sanz Anchelergues, Adolfo Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Secretario/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Vogal)
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
CHAVES FRAGA, DAVID (Secretario/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Vogal)
Nova arquitectura variacional para a detección de anomalías en minería de procesos
Autoría
A.C.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.C.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 11:00
19.07.2024 11:00
Resumo
A minería de procesos é unha disciplina centrada na análise da execución dos procesos de negocio. O seu obxectivo é obter unha visión detallada, precisa e accionable de ditos procesos co obxectivo de mellorar a súa eficiencia, conformidade, rendemento e capacidade predictiva. É, polo tanto, unha ferramenta crítica hoxe en día en moitos dominios industriais e financeiros, pero tamén noutros dominios menos relacionados con esta tecnoloxía como a sanidade e a educación. Non obstante, os datos extraídos das execucións de ditos procesos non adoitan ser perfectos e xeralmente inclúen problemas derivados da captura dos datos, ben por humanos ou por sistemas automáticos. Este Traballo Fin de Grao (TFG) centrarase nunha destas problemáticas, claves para que as técnicas de minería poidan manter un elevado grao de eficacia, integridade e eficiencia: a detección de anomalías. Recentemente, debido ás limitacións dos métodos clásicos de detección de anomalías, empezáronse a empregar técnicas baseadas en aprendizaxe profunda. Estas últimas ofrecen capacidades significativamente superiores, permitindo unha detección máis precisa e eficiente das anomalías en comparación cos enfoques tradicionais. Entre estas técnicas, destacan as arquitecturas baseadas en autoencoders, un tipo de rede neuronal que demostrou acadar resultados moi competentes na identificación de anomalías, segundo a literatura existente sobre o problema. Estas propostas baséanse en aproveitar a gran capacidade do autoencoder para a reconstrución dos datos de entrada: como os datos normais son máis frecuentes, o modelo adestrado tende a reconstruílos cun erro máis baixo que os datos anómalos, o que permite poder detectar estes últimos. No presente traballo proponse unha nova arquitectura baseada nunha das variantes dos autoencoders: os CVAE (Conditional Variational Autoencoder). Con esta proposta búscase obter un rendemento superior na detección de anomalías fronte ás aproximacións do estado da arte. Ademais do proceso de deseño da arquitectura, os esforzos tamén se centraron en realizar unha apropiada preparación dos datos e en definir unha estratexia adecuada para a identificación de anomalías. A presente proposta foi validada empregando 24 rexistros de eventos asociados a 6 procesos sintéticos de distinta complexidade, acadando resultados superiores ao estado da arte en aproximacións de aprendizaxe profunda no campo.

GAMALLO FERNANDEZ, PEDRO Cotitoría
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS (Titoría)
LAMA PENIN, MANUEL Cotitoría
GAMALLO FERNANDEZ, PEDRO Cotitoría
Tribunal
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MERA PEREZ, DAVID (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
PENA BRAGE, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MERA PEREZ, DAVID (Secretario/a)
CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Vogal)
Estimación do sinal de respiración a partir do ECG mediante aprendizaxe automática.
Autoría
P.M.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.M.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
15.02.2024 12:30
15.02.2024 12:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda o desafío de prever o sinal de respiración a partir de sinais de electrocardiograma (ECG) mediante o uso de técnicas avanzadas de aprendizaxe automática, especificamente Redes Neuronais Recorrentes (RNN) e Ecuacións Diferenciais Ordinarias Neuronais (ODE-RNN). Dada a natureza irregular das series temporais biomédicas, propónse unha metodoloxía que non só se centra na sinal de ECG directamente, senón que tamén incorpora un sinal derivado coñecido como sinal de warping, o cal captura variacións temporais significativas entre os latexos cardíacos. Este enfoque busca mellorar a precisión das predicións ao proporcionar ao modelo unha representación máis rica da información subxacente nas sinais biomédicas. Desenvólvense e avalíanse dous modelos adestrados de distinta forma co obxectivo de ver a influencia da sinal de warping no adestramento para a predición da sinal de respiración. A través deste estudo, explórase a capacidade das ODE-RNN para manexar eficazmente datos temporais irregulares, un aspecto crítico no ámbito biomédico. Este traballo non só contribúe ao campo do procesamento de series temporais e a intelixencia artificial, senón que tamén senta as bases para futuras investigacións na predición e análise de sinais biomédicas complexas, abrindo novas posibilidades para a monitorización da saúde e o diagnóstico médico.

PEREZ HERRERO, ADRIAN Cotitoría
FELIX LAMAS, PAULO (Titoría)
PEREZ HERRERO, ADRIAN Cotitoría
Tribunal
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
Rodeiro Pazos, David (Vogal)
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
CORES COSTA, DANIEL (Secretario/a)
Rodeiro Pazos, David (Vogal)
Tecnoloxías de búsqueda e clasificación para o análise automático de textos relacionados cos trastornos do xogo
Autoría
P.F.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.F.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 11:30
19.07.2024 11:30
Resumo
A minería de datos para os trastornos psicolóxicos foi un ámbito de estudo prolífico nos últimos tempos. Co crecemento exponencial da actividade en redes sociais, a cantidade de mensaxes que publican os usuarios pódenos ofrecer unha valiosa perspectiva sobre o seu estado de saúde mental. Doutra banda, a ludopatía está no punto de mira de gran parte dos gobernos occidentais debido ao seu auxe coa chegada das novas tecnoloxías, especialmente entre os adolescentes. Este traballo ten como obxectivo principal explorar e analizar mensaxes dun foro de apostas en liña para detectar signos, patróns de comportamento ou síntomas de ludopatía. Para iso, probaranse diferentes técnicas de minería de datos e modelos de procura co fin de extraer datos estatísticos e frases que reflictan síntomas do trastorno do xogo. Finalmente, discutiranse os resultados obtidos, avaliando a efectividade das técnicas aplicadas e os datos que estas reflictan.