Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Arquitectura, construcción, edificación y urbanismo, e ingeniería civil.
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881816700 (Conserxaría)
881816701 (Dirección)
etse.secredireccion [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Marta Carballa Arcos
Contacto
etse.muxsa [at] usc.es

A auga é un recurso finito esencial para o desenvolvemento económico, a saúde e o benestar do ser humano. A nivel global, factores como a presión demográfica; o desenvolvemento económico asociado ás demandas crecentes da agricultura, a industria e a enerxía; a urbanización; as transformacións nos estilos de vida e os patróns de consumo ou o cambio climático e a degradación ambiental, están a pór en grave perigo a súa dispoñibilidade futura. O papel preponderante da auga no crecemento económico e a sustentabilidade ambiental está a converter este elemento no eixo central dos maiores retos mundiais de futuro e nunha das principais preocupacións da sociedade e os gobernos.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 4318459
Número de ECTS: 90
Número prazas: 10

Decano/a ou director/a do centro:
JULIA GONZALEZ ALVAREZ
julia.gonzalez [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Marta Carballa Arcos
etse.muxsa [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego, Inglés

Universidade coordinadora:
Universidade da Coruña

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da última acreditación:
30/05/2023

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 36
Optativas: 24
Prácticas externas 12
Traballo fin de máster: 18
Total: 90

Non se contemplan

Plan de estudos de 90 ECTS que se estrutura do seguinte modo:

  • Obrigatorios 36
  • Optativos 24
  • Prácticas externas 12
  • Traballo fin de máster 18

Análise dos recursos hídricos, cambio climático e xestión de extremos

  • P4281107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Avaliación do estado das masas de auga superficiais

  • P4281108
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Economía da auga

  • P4281109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Análise de presións e impactos

  • P4281208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Recursos subterráneos

  • P4281209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Avaliación e xestión do risco de inundacións

  • P4281210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Uso agrario e industrial da auga

  • P4281211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Limnoloxía

  • P4281212
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Servizos ecosistémicos e ecohidraúlica

  • P4281213
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Monitorización de concas hidrolóxicas para o seguimento do estado das masas de auga

  • P4281214
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Avaliación biolóxica da calidade da auga

  • P4281215
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

XIS aplicado á xestión da auga

  • P4281216
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Monitorización e procesamento de información xeoespacial no ámbito da auga

  • P4281110
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Análise de datos e fundamentos de intelixencia artificial

  • P4281111
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Aprendizaxe automática

  • P4281217
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Técnicas de optimización, identificación de parámetros e inferencia bayesiana

  • P4281218
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Análise integrada de datos. Sistemas de decisión multicriterio

  • P4281219
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Non se contempla

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 36
Optativas: 24
Prácticas externas 12
Traballo fin de máster: 18
Total: 90

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:

1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Admisión

Modalidade: criterios específicos
Titulacións de acceso:
Principalmente dirixido a titulados/as da rama de enxeñaría e de ciencias
Será necesario acreditar un nivel B1 ou equivalente de inglés
Criterios de Selección
1. Adecuación da titulación de acceso aos contidos do máster
2. Expediente académico
O primeiro dos criterios é excluínte. A adecuación da titulación de acceso valorarase segundo un criterio non binario. A Comisión Académica Interuniversitaria do Máster establecerá os complementos formativos ata un máximo de 18 créditos no caso de que o considere necesario.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

O plan de estudos contempla 12 créditos de prácticas externas obrigatorias. Os resultados de aprendizaxe esperados son: achegarse ao tecido empresarial e pór en práctica os coñecementos adquiridos durante os estudos previos. Identificar as implicacións sociais, económicas, ambientais e xurídicas da xestión do recurso hídrico. Enfrontarse á resolución de problemas cos condicionantes do ámbito laboral e identificar as variábeis relevantes na súa resolución. Identificar os elementos e claves que definen e determinan a organización dunha empresa. Identificar as funcións e responsabilidades do liderado e traballar en equipos con persoas de diferentes niveis formativos, disciplinas e responsabilidades.

Con relación ás condicións de realización das prácticas atenderase ao disposto na normativa de ámbito nacional. Durante a súa estancia o alumno integrarase na organización da empresa e coordinarase co resto de integrantes do equipo de traballo ao que sexa asignado. O alumno terá un titor dentro da empresa que o guiará e supervisará nas tarefas específicas que terá que desenvolver dentro da mesma; e un titor académico que definirá xunto co titor da empresa, o marco xeral da actividade do alumno. A Comisión Académica Interuniversitaria elaborará as pautas relativas a:

-procedemento de oferta e difusión das prácticas
-criterios de asignación das prácticas ao alumnado,
-criterios de asignación de persoas titoras no ámbito académico
-procedementos e rúbricas de avaliación e cualificación

O plan de estudos contempla un traballo fin de máster de 18 créditos. Os resultados de aprendizaxe esperados son: desenvolver un traballo orixinal de forma individual, presentalo e defendelo perante un tribunal universitario. Identificar no problema ou proxecto a resolver as restricións sociais, xurídicas, de seguridade, ambientais, económicas e tecnolóxicas. Realizar, se procede, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética vinculada ao desenvolvemento do TFM. Comunicar de forma precisa e sen ambigüidades, tanto de forma escrita como oral, coñecementos, procedementos, argumentos, resultados, ideas e conclusións a públicos especializados e non especializados no ámbito da auga. Integrar coñecementos, metodoloxías procedimentais e competencias adquiridas previamente para resolver un problema relacionado co ámbito da auga na súa concepción máis ampla.

En cada curso académico ofertarase unha relación de temas sobre os que pode versar o traballo fin de mestrado, asignando a cada alumno/a unha persoa titora, quen orientará na elaboración do traballo, redacción do documento e preparación da exposición pública. O documento final onde se plasmará o traballo realizado deberá conter, polo menos: obxectivos, metodoloxía, resultados, lexislación e/ou normativa sectorial e transversal aplicábel, estudo de impacto ambiental, orzamento, de ser o caso, conclusións e bibliografía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.09.2024.