Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Computación de Altas Prestacións (Virtual)

Modalidade
Virtual
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881816700 (Conserxaría)
881816701 (Dirección)
etse.secredireccion [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Pablo Quesada Barriuso
Contacto
pablo.quesada [at] usc.es

O Máster en Computación de Altas Prestacións, organizado polas universidades de A Coruña e de Santiago de Compostela, xunto co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), especializa aos alumnos nunha temática tan importante na actualidade como é o High Performance Computing (HPC).

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4316445
Número de ECTS: 60
Número prazas: 12

Decano/a ou director/a do centro:
JULIA GONZALEZ ALVAREZ

Coordinador-a do título:
Pablo Quesada Barriuso
pablo.quesada [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego, Inglés

Universidade coordinadora:
Universidade da Coruña

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 13/06/2018 (DOG do 29/06/2018)

Data de publicación no BOE:
11/03/2019

Data da última acreditación:
28/01/2019

A Computación de Altas Prestacións (HPC) permite a científicos e enxeñeiros resolver complexos problemas científicos, de enxeñaría e incluso de negocios, usando aplicacións que requiren gran ancho de banda, redes avanzadas e capacidades moi grandes de cálculo ou de análise de datos. Os profesionais que se forman nesta especialización posúen o coñecemento e as habilidades que necesitan empresas e institucións con centros I+D+i que queiran ou necesiten incorporar tecnoloxías emerxentes. O HPC está relacionado con temas tan de moda como os procesadores multinúcleo (antigamente específicos de grandes equipos informáticos, pero hoxe en día presentes en PC, tablets ou teléfonos móbiles), a computación na nube (cloud computing) ou o chamado Big Data.

O Mestrado en Computación de Altas Prestacións, ten como obxetivo fundamental a formación de profesionais, tecnólogos e investigadores no eido da arquitectura de computadores e a computación de altas prestacións. Isto incide en aspectos académicos, de investigación e de transferencia tecnolóxica que permitirá aos estudantes unirse a departamentos de I+D+i, centros tecnolóxicos ou comezar estudos de doutoramento no campo da computación de altas prestacións.

Neste mestrado colaboran empresas multinacionais tan importantes como IBM, HP, Atos, Fujitsu, AMD, Amazon Web Services ou Gompute, así como o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 27
Optativas: 12
Prácticas externas 6
Traballo fin de máster: 15
Total: 60

-

O Máster en Computación de Altas Prestacións, organizado polas universidades de A Coruña e de Santiago de Compostela, xunto co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), especializa aos alumnos nunha temática tan importante na actualidade como é o High Performance Computing (HPC).

-

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 27
Optativas: 12
Prácticas externas 6
Traballo fin de máster: 15
Total: 60

Existirá un sistema de titorías, polo cal, todos os alumnos contarán cun docente que fará os labores de titor persoal. A lista dos titores asignados a cada alumno matriculado elaborarase unha vez fechado o proceso de matriculación, e será aprobada pola Comisión Académica Interuniversitaria (CAI) do mestrado. Estará dispoñíbel para a súa consulta nos medios de difusión que ten á súa disposición a organización do mestrado. As funcións do titor serán as de atender as consultas do alumno, orientalo naqueles temas que precise e apoiarlo no desenvolvemento da súa actividade académica. Ademais, orientará o alumno naqueles aspectos que poidan serlle de utilidade para que, no momento de realizar o traballo fin de máster, poida dispoñer dunha visión ampla e adecuada do seu enfoque académico. Ademais, o coordinador do mestrado será un referente tanto para o titor persoal como para o alumno. Darase continuidade ao proceso de titorización dos estudantes durante todos os estudos, incluíndo orientación para a posterior realización da tese de doutoramento, e eventualmente a incorporación á vida laboral ou estudos posteriores.

Na modalidade a distancia, realizaranse reunións en presencialidade virtual a través da plataforma virtual aula CESGA entre os titores persoais e os alumnos coa mesma periodicidade que no caso da modalidade presencial. Adicionalmente, diversas ferramentas de soporte non presencial poderanse utilizarán para facilitar este labor, moi especialmente (aínda que non exclusivamente) para aqueles alumnos que cursen os estudos na modalidade virtual.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: criterios xerais

Titulacións de acceso:

- Titulacións en Enxeñaría Informática, Telecomunicacións, Electrónica ou Industriais
- Titulacións en Física ou Matemáticas.
- Outras titulacións da rama de Ciencias ou Enxeñaría e Arquitectura.

En caso de non se cubriren as prazas dunha das modalidades poderán acumularse á outra

Ademais, será necesario acreditar unhs coñecementos mínimos de inglés correspondentes ao nivel B1 do marco común europeo de referencia. En caso de o estudante, de forma excepcional, non puider acreditarlo no momento da solicitude de admisión, o aínda de la matrícula, poderá acreditalo posteriormente mais sempre antes da obtención do título

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

O alumno que solicite a matrícula na modalidade a distancia terá que asinar un documento onde declara posuír ou ter acceso a un equipo informático adecuado para as especificacións do programa, así como a correspondente conexión a internet para poder seguir o mestrado a distancia, e mantelo durante toda a duración do curso en que se está matriculando.

Modalidade: criterios xerais

Titulacións de acceso:

- Titulacións en Enxeñaría Informática, Telecomunicacións, Electrónica ou Industriais
- Titulacións en Física ou Matemáticas.
- Outras titulacións da rama de Ciencias ou Enxeñaría e Arquitectura.

En caso de non se cubriren as prazas dunha das modalidades poderán acumularse á outra

Ademais, será necesario acreditar unhs coñecementos mínimos de inglés correspondentes ao nivel B1 do marco común europeo de referencia. En caso de o estudante, de forma excepcional, non puider acreditarlo no momento da solicitude de admisión, o aínda de la matrícula, poderá acreditalo posteriormente mais sempre antes da obtención do título

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

O alumno que solicite a matrícula na modalidade a distancia terá que asinar un documento onde declara posuír ou ter acceso a un equipo informático adecuado para as especificacións do programa, así como a correspondente conexión a internet para poder seguir o mestrado a distancia, e mantelo durante toda a duración do curso en que se está matriculando.

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

Os estudantes formados neste máster:
1. coñecerán a arquitectura do computador, dos sistemas multiprocesadores e dos supercomputadores así como as arquitecturas avanzadas
2. utilizarán estes coñecementos para aumentar o rendemento das aplicacións
3. serán capaces de xerar código optimizado e aplicar técnicas de computación concorrente
4. coñecerán os sistemas operativos para sistemas paralelos e distribuídos, a súa estrutura interna e as ferramentas dos mesmos
5. serán expertos en avaliar o rendemento dos computadores e os programas
6. saberán utilizar as técnicas de supercomputación e as ferramentas que proporcionan os supercomputadores para resolver problemas científicos e técnicos da súa especialidade

- Definir, avaliar e seleccionar a arquitectura e o software máis adecuado para a resolución dun problema
- Analizar e mellorar o rendemento dunha arquitectura ou un software dado
- Coñecer os conceptos e as técnicas básicas da computación de altas prestacións
- Profundar no coñecemento de ferramentas de programación e diferentes linguaxes no campo da computación de altas prestacións
- Analizar, deseñar e implementar algoritmos e aplicacións paralelas eficientes
- Coñecer as tecnoloxías e ferramentas dispoñíbeis para a computación en sistemas distribuídos sobre unha rede
- Ser capaz de formular, modelar e resolver problemas que necesitan de técnicas de computación de altas prestacións
- Coñecer as arquitecturas emerxentes no campo da supercomputación

- Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
- Estimular a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentábel ambiental, económico, político e social
- Capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, estabelecer prazos e cumprilos
- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
- Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras

Mobilidade

Potenciarase a mobilidade tanto de profesores como de estudantes, a través de programas de intercambio ou convenios con outras universidades do ámbito nacional ou internacional. Procurarase o seu financiamento a través da concorrencia a convocatorias promovidas pola Comunidade Europea, o Ministerio de Educación, o Ministerio de Asuntos Exteriores, a Comunidade Autónoma e diversas fundacións.

A Comisión Académica Interuniversitaria (CAI) terá como función titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida e planificará, dotará mecanismos de seguimento, avaliación, asignación de créditos e recoñecemento curricular da mobilidade de estudantes tanto entre as universidades involucradas no título como noutras universidades ou centros. A selección de candidatos levarase a cabo, para cada convocatoria ou programa, pola CAI, de acordo con criterios de baremación, previamente estabelecidos, que terán en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a universidade de destino.

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

As prácticas vinculadas ao contorno profesional consistirán na execución dun traballo asociado a competencias desenvolvidas no transcurso da titulación. O estudante colaborará no desenvolvemento dun proxecto aplicando e integrando os coñecementos e as habilidades vinculadas ao mestrado. A práctica fixará uns obxectivos xerais, uns resultados de aprendizaxe e un plan de actuación. O número de créditos vinculados ás prácticas profesionais é de 6.

As prácticas serán dirixidas por titores de perfil I+D+i no sector HPC. Asignarase a cada práctica un profesor-titor (interno á universidade) e un titor externo (persoal da empresa ou institución en que se realicen as prácticas) proposto pola entidade colaboradora. Ambos os titores proporán aos estudantes a resolución de problemas vixentes e reais nas institucións ou empresas colaboradoras e guiarán, asesorarán e avaliarán o traballo realizado polos estudantes. A avaliación final será realizada polo profesor-titor a partir dos informes do titor externo e da presentación do estudante da súa memoria de prácticas.

No caso concreto dos alumnos que cursan o mestrado na modalidade a distancia, nalgúns casos as prácticas poderán ser presenciais, nalgunha empresa ou institución próxima ao lugar de residencia do alumno; e noutros casos poderanse realizar a distancia utilizando a metodoloxía e as ferramentas propias do mestrado.

O traballo fin de máster consistirá no estudo dun tema de investigación e/ou desenvolvemento no campo HPC con obxectivos concretos alcanzables nun curto espazo de tempo.

Para o seu desenvolvemento existirán dúas opcións:

a) A realización vinculada a unha práctica desenvolvida no período de prácticas profesionais en institucións ou empresas

b) A realización independente das ditas prácticas, que típicamente permitirá ao alumno introducirse de modo práctico nun traballo de investigación nalgunha das liñas en que traballan os grupos aos que pertence o equipo docente.

En calquera caso, ao finalizar o traballo o alumno ten que presentar unha memoria final e defender o traballo perante unha comisión especializada. O traballo fin de máster só se poderá defender unha vez superados os restantes créditos da titulación.

No caso dos estudantes na modalidade a distancia, a presentación oral será igualmente obligatoria, pero a coordinación do mestrado habilitará as ferramentas necesarias para que se poida realizar sen que o alumno teña que estar físicamente na aula da comisión, aínda que a presentación realizarase de forma sincrónica.

O cadro docente do Máster en HPC está formado por profesores da ETSE da USC e da Facultade de Informática da UDC. Ademais ofertaranse Traballos de Fin de Máster tutelados por profesionais de empresa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2024.