Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881816700 (Conserxaría)
881816701 (Dirección)
etse.secredireccion [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Francisco Omil Prieto
Contacto
francisco.omil [at] usc.es

A Enxeñaría Ambiental é a rama da enxeñaría que estuda de forma integrada os problemas ambientais, tendo en conta as súas dimensións ecolóxica, social, económica e tecnolóxica, co obxectivo de promover o desenvolvemento sostible.

Así, a Enxeñaría Ambiental utiliza as bases científicas das ciencias ambientais así como os principios da Enxeñaría, co obxectivo de estudar cuantitativamente os problemas ambientais, analizando as súas causas e propoñendo métodos para a súa redución ou eliminación.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 4318113
Número de ECTS: 90
Número prazas: 30

Decano/a ou director/a do centro:
JULIA GONZALEZ ALVAREZ
julia.gonzalez [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Francisco Omil Prieto
francisco.omil [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 27/07/2022 (DOG do 10/08/2022)

Data de publicación no BOE:
BOE do 7/04/2023

Data da última acreditación:
06/06/2023

Na actualidade, a maioría dos países desenvolvidos teñen títulos de enxeñaría ambiental, tanto a nivel de licenciatura como de máster. A asunción dos conceptos de desenvolvemento sostible e economía circular, implícita ou explícita, comeza a penetrar en todos os niveis de todos os sectores da actividade humana. Trátase non só de aplicar tecnoloxías para o tratamento dos residuos producidos pola actividade industrial (filosofía "end of the pipe"), senón tamén de transformar os procesos produtivos para reducir a súa xeración, aumentar a eficiencia xeral no uso dos recursos naturais e, en definitiva, garantir que a actividade industrial é cada vez máis eficiente e respectuosa co noso medio ambiente (filosofía “integral”).

Mentres que a filosofía de final de tubería precisa de especialistas no tratamento e aproveitamento dos residuos (unha vez producidos), a filosofía integral (que inclúe a primeira) require da achega de técnicos de distintos ámbitos e dunha modificación das actitudes colectivas e produtivas e dos métodos produtivos e de transformación, así como a modificación dos instrumentos de planificación e ocupación territorial e a reconsideración dos conceptos de crecemento e desenvolvemento.

A nivel formativo, a Enxeñaría Ambiental implica coñecer en profundidade os procesos, ter capacidade para transformalos, coñecer as interaccións destes co medio e estar preparados para traballar en equipos multidisciplinares, con capacidade para formular solucións e resolver problemas cun enfoque holístico.

En conclusión, a Enxeñaría Ambiental utiliza un enfoque sistemático para abordar os problemas relacionados co medio ambiente no seu conxunto e dun xeito holístico e integral. O principal cometido do Enxeñeiro Ambiental é minimizar os efectos negativos ó entorno natural de cada proceso industrial ou actividade humana tanto a curto como a longo prazo.

-Obrigatorios 34,5
-Optativos 31,5
-Prácticas OB 6
-TFM 18
-Total 90

Non se contemplan

Procesos ambientais e economía circular

  • P4013101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Calidade de augas

  • P4013201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Solos e medio ambiente

  • P4013202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Medio ambiente atmosférico

  • P4013203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Ecotoxicoloxía

  • P4013204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Proxectos de enxeñaría ambiental

  • P4013205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Modelización ambiental

  • P4013206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Enxeñaría para o tratamento de augas

  • P4013104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Tecnoloxías de tratamento de residuos

  • P4013105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Experimentación en enxeñaría ambiental

  • P4013106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Instrumentación e monitorización ambiental

  • P4013107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Simulación e deseño avanzado de EDAR

  • P4013209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Tecnoloxías de tratamento de solos contaminados

  • P4013210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Experimentación en solos e residuos

  • P4013211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Traballo fin de máster

  • P4013110
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Traballos Fin de Grao e Máster
  •  
  • 18 créditos

Prácticas externas

  • P4013111
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 6 créditos

Retos emerxentes no tratamiento de augas

  • P4013214
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Tratamento de efluentes gaseosos

  • P4013215
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Análise e minería de datos ambientais

  • P4013216
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestion de sistemas naturais

  • P4013217
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

O plan de estudos da titulación así como o seu desenvolvemento ao longo deste tempo permite indicar un conxunto de aptitudes recomendábeis, tales como:

- Interese polos desafíos actuais en materia de medio ambiente: economía circular, xestión de residuos e augas residuais, cambio climático, contaminantes emerxentes, etc.
- Interdisciplinariedade, ter interese en traballar en contornos multidisciplinares.
- Interese polo mundo empresarial e industrial, así como polo desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras.
- Interese polo I+D+I
- Traballo en equipo.
- Comportamento proactivo.
- Aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias.
- Competencia en idioma inglés.

-Obrigatorios 34,5
-Optativos 31,5
-Prácticas OB 6
-TFM 18
-Total 90

A universidade dispón de diversos servizos para o apoio e orientación do alumnado durante a súa traxectoria universitaria, que se describen a continuación:

Asesoramento e acción tutorial.

- Informar sobre as características académicas dos estudos e sobre as súas saídas profesionais.
- Informar sobre o réxime de acceso e permanencia do alumnado na universidade.
- Informar sobre os dereitos do alumnado e asesorar sobre o modo de exercelos e/ou reclamalos.
- Informar, a nivel xeral e nos centros, das bolsas e axudas convocadas.
- Promover a creación de bolsas e axudas e propoñer ás xuntas de goberno as accións a levar a cabo en materia de bolsas, axudas e exencións.
- Asesorar na procura de emprego. Nesta liña realízanse varias actuacións que teñen como finalidade atender necesidades de información e orientación laboral. Oferece información sobre saídas profesionais, prácticas, ofertas de emprego, direccións de empresas, axudas e subvencións para o autoemprego.
- Asesorar na creación de empresas novas.
- Programas europeos.

Dispón tamén de plans de acción tutorial que asigna profesorado titor a cada estudante para ofrecer asesoramento académico en canto ás opcións e á orientación do seu proxecto académico e profesional.

Así mesmo, informa dos recursos e servizos que a Universidade pon a disposición do estudantado e da información sobre o seu funcionamento xeral, sobre os aspectos administrativos, académicos, de xestión e de participación nas estruturas de goberno.

Cada ano realízase unha sesión de benvida aos estudantes de nova incorporación que ten como obxectivo ofrecer aos estudantes de novo ingreso información de acollida no centro, incidindo en aspectos que calquera estudante debe coñecer da vida universitaria a todos os niveis (institucional, de centro e da titulación que vaia cursar).

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Admisión

Modalidade: Criterios xerais

Titulacións de acceso:

Bloque A: 13 prazas
Titulacións de Ensinanzas Técnicas (Grao e Máster en Enxeñaría; Enxeñeiros Superiores; Enxeñeiros Técnicos; Arquitectura e Arquitectura Técnica, etc.)

Bloque B: 12 prazas
Titulacións de Ciencias Experimentais (Grao, Máster e Licenciados en Ciencias Ambientais, Bioloxía, Química, Física, Farmacia, etc.)

Bloque C: 5 prazas (estranxeiros, tanto de Ensino Técnico como de Ciencias)

NOTA: As prazas que non se cubran no Bloque A ofertaránse no Bloque B e viceversa. De non se cubriren as prazas do bloque C, poderán acceder a elas solicitantes dos bloques A e B e viceversa.

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: Criterios xerais

Titulacións de acceso:

Bloque A: 13 prazas
Titulacións de Ensinanzas Técnicas (Grao e Máster en Enxeñaría; Enxeñeiros Superiores; Enxeñeiros Técnicos; Arquitectura e Arquitectura Técnica, etc.)

Bloque B: 12 prazas
Titulacións de Ciencias Experimentais (Grao, Máster e Licenciados en Ciencias Ambientais, Bioloxía, Química, Física, Farmacia, etc.)

Bloque C: 5 prazas (estranxeiros, tanto de Ensino Técnico como de Ciencias)

NOTA: As prazas que non se cubran no Bloque A ofertaránse no Bloque B e viceversa. De non se cubriren as prazas do bloque C, poderán acceder a elas solicitantes dos bloques A e B e viceversa.

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Identificar e enunciar problemas ambientais
- Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de metodoloxías de traballo innovadoras adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, en que se desenvolva a súa actividade.
- Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo.
- Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia, e práctica, con razonamento crítico para estabelecer solucións viábeis económicamente a problemas técnicos.
- Realizar a investigación apropiada, emprender o deseño e dirixir o desenvolvemento de solucións de enxeñaría, en contornos novos ou pouco coñecidos, relacionando creatividade, orixinalidade, innovación e transferencia de tecnoloxía
- Dirixir e organizar empresas, así como sistemas de produción e servizos, aplicando coñecementos e capacidades de organización industrial, estratexia comercial, lexislación mercantil e laboral, contabilidade financeira e de custos
- Dirixir e xestionar a organización do traballo e os recursos humanos aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sustentabilidade, e xestión medioambiental (boas prácticas).
- Dirixir e realizar a verificación, o control de instalacións, procesos e produtos, así como certificacións, auditorías, verificacións, ensaios e informes
- Xestionar a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, atendendo á transferencia de tecnoloxía e aos dereitos de propiedade e de patentes

- Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa do campo de estudo da enxeñaría ambiental para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso
- Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da enxeñaria ambiental para poder comparar e seleccionar alternativas técnicas e tecnoloxías emerxentes.
- Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do ámbito temático da enxeñaría ambiental, en contextos interdisciplinares e, de ser o caso, cun alto compoñente de transferencia do coñecemento.
- Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria de procesos, así como a optimización doutros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñaría ambiental.
- Conceptualizar modelos de enxeñaría, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas adecuadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
- Dirixir e supervisar todo tipo de instalacións, procesos, sistemas e servizos das diferentes áreas industriais relacionadas coa industria de procesos ambientais.
- Dirixir e xestionar técnica e economicamente proxectos, instalacións, plantas, empresas e centros tecnolóxicos no ámbito da industria de procesos ambientais e os sectores industriais relacionados.
- Abordar un problema real de enxeñaría ambiental baixo unha perspectiva científico-técnica, recoñecendo a importancia da procura e xestión da información existente e da lexislación aplicábel
- Posuír as habilidades da aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias propias da enxeñaría ambiental que permitan o desenvolvemento continuo da profesión
- Ser capaz de aplicar ferramentas de xestión ambiental (estudos de impacto ambiental, análise de ciclo de vida, ecoloxía industrial, tecnoloxías limpas, normas ISO, EMAS) á hora de realizar informes ou proxectos
- Identificar accións no ámbito da economía circular, definindo as opcións dentro dos novos modelos de negocio.

- Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar.
- Liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
- Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
- Demostrar razoamento crítico e autocrítico, capacidade analítica e de síntese
- Elaborar, escribir e defender publicamente informes e proxectos de carácter científico e técnico.
- Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional no marco de compromiso co desenvolvemento sustentábel.
- Dominio da xestión do tempo e de situacións críticas.
- Habilidade para as relacións interpersonais.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional

Prácticas

As prácticas consistirán na realización de prácticas nunha ou máis empresas ou institucións durante 150 h para a obtención dun total de 6 créditos equivalentes (1 crédito ECTS = 25 horas de prácticas).

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría asignará ao alumno un titor entre o persoal docente e investigador do centro, que fará un seguimiento do traballo realizado polo alumno e velará pola calidade da estancia. A escola conta con experiencia de organización destas prácticas, xestionadas directamente polo coordinador/a de prácticas en empresas da ETSE ou ben tramitadas polo programa xeral de prácticas do Consello Social da USC.

Dadas as características das titulacións que se imparten na escola, consideramos fundamental a relación coas empresas dos sectores implicados de cara a realizar visitas técnicas, conferencias e desenvolvemento de prácticas externas e proxectos fin de carreira nas empresas.

Realizarase un traballo fin de máster de 18 ECTS que consistirá nun traballo orixinal de investigación, de deseño ou estudos de desenvolvemento científico ou técnico, sempre relacionados coas distintas materias do mestrado. O proxecto poderá realizarse nunha estancia nunha empresa, organismo público, universidade, centro de investigación ou centro tecnolóxico que asine un convenio de colaboración coa USC no contexto do mestrado, ou ben nun grupo de investigación da USC.

O principal obxectivo do TFM é a realización dun traballo no ámbito da enxeñaría ambiental como aplicación, por parte do alumno, dos coñecementos e competencias adquiridos na súa formación, a efectos de simular unha actividade profesional anticipada, xa sexa dentro do campo científico, técnico ou de xestión, que permita completar a súa formación académica, de acordo cos intereses persoais do alumno.

O profesorado que conforma o cadro docente do Máster en Enxeñaría Ambiental está formado por 30 profesores de 10 departamentos diferentes, un claro indicador do concepto transversal da titulación. A paridade é completa, cun 50% de homes e mulleres. No que respecta á súa categoría profesional, o 37% son catedráticos de universidade, o 44% profs. Titulares, un 10% de profs. contratados doutores, así como a participación de 1 prof. axudante, 1 prof. asociado e un prof. Ramón y Cajal.

O profesorado destaca polo seu nivel de recoñecemento tanto na súa actividade docente (quinquenios) como investigadora (sexenios), así como unha grande conexión co mundo empresarial (alto número de convenios e contratos con empresas). Na páxina web da titulación pódense consultar os seus datos así como liñas de investigación.

A práctica totalidade da plantilla de profesores conta con unha extensa labor docente e investigadora ben recoñecida (publicacións, dirección de proxectos, pertenza a grupos de investigación consolidados, etc.). Destacar neste senso que a metade do profesorado é membro do recientemente creado Centro Singular CRETUS (Cross-disciplinary Research in Environmental Technologies), agrupación de excelencia a nivel internacional no eido das ciencias e tecnoloxías ambientais.

CRETUS reúne a 8 grupos de investigación, contando con 50 profesores e 90 investigadores con gran actividade científica e de transferencia de tecnoloxía (no período 2009-16 publicaron 949 artigos, 34 libros, 103 tesis e 23 patentes, captándose no citado período 19,1 millóns de euros a través de 134 proxectos e 210 contratos).O profesorado del MEnA está amplamente representado en CRETUS, pois o 50% é membro da mesma.

Profesorado
Jose Antonio Aldrey Vazquez
Sabela Balboa Mendez
Ma Carmen Barciela Alonso
Pastora Maria Bello Bugallo
Marta Carballa Arcos
Alejo Carballeira Ocaña
Juan Jose Casares Long
Gumersindo Feijoo Costa
Jose Angel Fernandez Escribano
Sarah Fiol Lopez
Juan Manuel Garrido Fernandez
Sara Gonzalez Garcia
Almudena Hospido Quintana
Jesús Ángel López Romalde
Miguel Mauricio Iglesias
Maria Del Carmen Monterroso Martinez
Carlos Montes Piñeiro
Maria Teresa Moreira Vilar
Anuska Mosquera Corral
María Da Alba Nogueira López
Francisco Omil Prieto
Xose Lois Otero Perez
Remigio Paradelo Nuñez
Maria Mercedes Parajo Montes
Elena Maria Peña Vazquez
Beatriz Loreto Prieto Lamas
Jose Ramon Rios Viqueira
Alberto Rojo Alboreca
Noelia Maria Romero Castro
Jose Antonio Souto Gonzalez
Joaquín Ángel Triñanes Fernández
Maria Angeles Val Del Rio
Mario Valladares Lopez
Jose Andres Villamarin Taboada
Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.07.2022.