Aberto ata o 10 de setembro o prazo para a solicitude de admisión en doutoramento
A matrícula para a continuación de estudos debe formalizarse entre o 1 de setembro e o 10 de outubro
Ler máisUnha trintena de estudantes da USC, recoñecidos cos Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia
A esta convocatoria podía concorrer o alumnado que rematou estudos en 2020 nas universidades galegas
Ler máisAs candidaturas para o Foro de Inversión Innovatia 8.3 poden presentarse ata o 22 de setembro
Esta iniciativa organizada pola USC e o Instituto de las Mujeres oriéntase á captación de financiamento por parte de empresas innovadoras lideradas por mulleres e creadas co apoio de universidades ou OPI
Ler máisOs XVII Premios á calidade lingüística en galego recoñecen os mellores Traballos Fin de Grao e de Mestrado
Ata o 30 de setembro poderá presentarse a estes premios o alumnado que estea matriculado en titulacións oficiais da USC no curso 2020-2021
Ler máisMantense aberto o prazo para participar nos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero
A primeira modalidade céntrase nas accións innovadoras con inclusión da perspectiva de xénero na docencia; mentres que a segunda valora os traballos de investigación con perspectiva de xénero en calquera ámbito do coñecemento
Ler máisA USC mantense entre as 500 mellores universidades do mundo
O Academic Ranking of World Universities (ARWU), popularmente coñecido como ránking de Shanghai, sitúa a institución no intervalo 401-500
Ler máisO VII certame de fotografía Ruth Matilda Anderson pon o foco no derrubamento dos estereotipos de xénero
Ata o vindeiro 10 de setembro, a comunidade universitaria da USC, así como antigos alumnos e alumnas, poderán participar neste certame que premiará a creatividade, a innovación e o impacto da imaxe
Ler máisO ránking Webometrics destaca a visibilidade, transparencia e excelencia da USC entre as 500 mellores institucións do mundo
A Universidade ocupa o posto 15 na listaxe relativa a España e que integra un total de 265 entidades
Ler máisÚltima semana para inscribirse no Campus de Emprendemento e Empregabilidade
Esta iniciativa que se desenvolverá na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do 12 ao 23 de xullo pretende incrementar o número de empresas creadas polos e polas estudantes, dando pulo a unha rede de ‘startups’ marca USC
Ler máisA USC recoñece os Mellores Expedientes de centros de ensino medio en Galicia
O acto institucional, celebrado na Facultade de Medicina, salienta o alumnado cunha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU, 920 rapazas e 443 rapaces de toda Galicia
Ler máisOs artigos da USC na plataforma de divulgación científica ‘The Conversation’ superan a barreira das 200.000 lecturas
A Universidade desenvolverá a partir de outubro un curso centrado no eido divulgativo e dirixido a profesorado axudante doutor e contratado doutor xa que “queremos canteira” á hora de trasladar o coñecemento xerado á sociedade, explicou o vicerreitor Gumersindo Feijoo Costa
Ler máisÚltimos días para concorrer ás axudas do Consello Social de apoio a proxectos que promovan a participación da sociedade na USC
A convocatoria dirixida ao PDI e ao PAS mantén aberto o prazo de recepción de solicitudes ata o 21 de xuño
Ler máisA USC repite no quinto chanzo do U-Ránking 2021 de universidades españolas
A institución compostelá ascende unha posición ao situarse sexta no apartado relativo a investigación e innovación nesta listaxe que analiza un total de 72 universidades públicas e privadas
Ler máisUSC, UDC, UVigo e Xunta definen os criterios abertos polos que se rexerán as titulacións a implantar en Galicia ata 2026
O acordo baséase na flexibilidade, o “enriquecemento constante” e o respecto pola autonomía universitaria, e suporá, inicialmente, a posta en marcha de quince másteres de nova creación e dunha ducia de novas titulacións de grao
Ler máis