A inclusión do discurso feminino na Literatura Universal. Unha proposta didáctica para 1º de Bacharelato
Autoría
C.E.H.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)

Data da defensa
11.07.2024 16:00
11.07.2024 16:00
Resumo
No seguinte traballo preséntase unha proposta didáctica cuxo obxectivo é o tratamento de autoras no currículo escolar e no canon literario na Literatura Universal de primeiro de Bacharelato. A través da conceptualización e fundamentación teórica dende a perspectiva de xénero do sistema educativo, propónse unha intervención que trate a figura feminina e a desigualdade de xénero como tema central no aula. A unidade diseñouse seguindo as indicacións da LOMLOE, facendo uso do cine como recurso didáctico e o desenvolvemento das competencias críticas e comunicativas do alumnado, axustandose aos necesidades e intereses.

Dirección
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
Emprego de recursos audiovisuais para fomentar a interculturalidade no ensino do inglés como lingua estranxeira
Autoría
N.G.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
N.G.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 18:00
11.07.2024 18:00
Resumo
O seguinte traballo de fin de máster basease no deseño dunha proposta didáctica que inclúe a incorporación da tradución e os materiais audiovisuais como recurso na aula de linguas estranxeiras. Para lograr ese obxectivo, a intervención mostrará un marco teórico onde se presentarán diversas metodoloxías relacionadas coa tradución e a educación. A continuación elaborarase unha proposta didáctica que se axeite ás metodoloxías tratadas anteriormente e que teña como obxectivo o fomento da competencia intercultural nas aulas de Educación Secundaria. Ademais, pretendese captar o interese e atención do alumnado cara o inglés, así como incentivar o emprego de novas tecnoloxías como elemento didáctico na aula. Finalmente, aplicarase a proposta nun aula para extraer resultados, que se analizarán coa finalidade de obter unha conclusión sobre a validez da proposta, ao mesmo tempo que a implicación que pode supor a inclusión da tradución audiovisual como recurso na contorna educativa.

González Pereira, Miguel (Titoría)
González Pereira, Miguel (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
Literatura e cinema na aula de Inglés. Unha proposta didáctica para 3.º da ESO.
Autoría
A.G.R.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
A.G.R.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 19:00
11.07.2024 19:00
Resumo
No seguinte traballo preséntase una proposta didáctica en parte aplicada á realidade docente para traballar coa literatura inglesa na aula da asignatura de Inglés no curso de 3.º da ESO. Empregarase como base un texto narrativo da literatura inglesa, concretamente, a novela Pride and Prejudice, de Jane Austen, que se complementará con medios audiovisuais a través da adaptación cinematográfica da obra. A elaboración deste traballo ten como obxectivo fomentar a literatura e a cultura popular, elementos esquecidos na asignatura de Inglés impartida en secundaria.
No seguinte traballo preséntase una proposta didáctica en parte aplicada á realidade docente para traballar coa literatura inglesa na aula da asignatura de Inglés no curso de 3.º da ESO. Empregarase como base un texto narrativo da literatura inglesa, concretamente, a novela Pride and Prejudice, de Jane Austen, que se complementará con medios audiovisuais a través da adaptación cinematográfica da obra. A elaboración deste traballo ten como obxectivo fomentar a literatura e a cultura popular, elementos esquecidos na asignatura de Inglés impartida en secundaria.
Dirección
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
O Uso Cinematográfico para a Aprendizaxe do Francés e a súa Cultura The
Autoría
V.J.M.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
V.J.M.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 11:00
11.07.2024 11:00
Resumo
Durante a aprendizaxe dun idioma estranxeiro é importante desenvolver as competencias culturais ademais das lingüísticas. Cada rexión de Francia mostra unha serie de expresións, comportamentos e estilos de fala que reflicten xustamente o estilo de vida desa zona. Como consecuencia, deféndese a utilización do cine. Desde un punto de vista lingüístico, serve como ferramenta para achegar ao estudante a un francés máis realista, incluíndo os diferentes acentos ou formas de argot que hai ao redor do país. Por outra banda, serve para introducirlle nos aspectos culturais e facerlle reflexionar sobre os estereotipos e a relación que existe entre unha lingua e a súa cultura.

ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
CIVES LEMA, ANA MARIA (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)

Guía de uso público do humidal da Lagoa de Cospeito e a súa contorna (Lugo).
Autoría
A.P.R.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
A.P.R.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
10.09.2024 17:30
10.09.2024 17:30
Resumo
Os humidais son ambientes ecolóxicos de gran importancia que proporcionan un elevado número de servizos ecosistémicos. En Galicia existe un gran número de humidais, unha parte dos cales están dentro de áreas protexidas. A información que existe sobre elas céntrase na descrición dos seus compoñentes biolóxicos e do seu valor de conservación, pero se dispón de moi poucos documentos relacionados coa xestión do seu uso público. Neste traballo realízase unha diagnose dos valores bióticos e das infraestruturas existentes nun dos principais humidais de Galicia, a Lagoa de Cospeito, como base para a proposta dunha guía metodolóxica que poida servir de referencia para dar a coñecer ao público os valores que contén. Os principios nos que se basea a proposta son a adaptación á normativa ambiental vixente e o fomento do respecto ao medio natural e ás infraestruturas existentes (carreiras, observatorios, centros de interpretación) entre o público que visita este espazo. Con isto preténdese cubrir, na medida do posible, a lagoa existente nos documentos deste tipo, elaborando unha proposta que poida servir de exemplo para os docentes e guías profesionais que desenvolvan actividades dirixidas a distintos tipos de usuarios dentro de áreas protexidas.

RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO (Titoría)
RAMIL REGO, PABLO Cotitoría
RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO (Titoría)
RAMIL REGO, PABLO Cotitoría
Tribunal
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Presidente/a)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Secretario/a)
NEIRA MARTIN, PEDRO JOSUE (Vogal)

A aprendizaxe baseada en proxectos e a súa aplicación no grao medio de Técnico en cociña e gastronomía
Autoría
G.B.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)

13.09.2024 09:00
13.09.2024 09:00
Resumo
Neste traballo académico preséntase unha proposta didáctica baseada na aprendizaxe por proxectos para o curso de Técnico en Cociña e Gastronomía de nivel medio. O obxectivo é proporcionar unha experiencia educativa que promova unha aprendizaxe significativa a través da participación activa dos estudantes na planificación e desenvolvemento dun proxecto vinculado coa práctica profesional. A metodoloxía empregada para levar a cabo este traballo inclúe unha revisión bibliográfica, a elaboración dun marco teórico e a formulación da proposta didáctica. O enfoque da proposta pretende fomentar un aprendizaxe activo e significativo que ofreza aos estudantes unha educación máis acorde ás demandas do mercado e as expectativas profesionais no ámbito da Cociña e Gastronomía.

SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Titoría)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Vogal)

O papel da espontaneidade no desenvolvemento do ser humano: a súa influencia na educación na natureza.
Autoría
P.E.M.F.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
P.E.M.F.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
09.07.2024 18:30
09.07.2024 18:30
Resumo
Este Traballo Fin de Máster céntrase na relevancia da espontaneidade no desenvolvemento humano e no seu impacto na educación da natureza. Baseándose nas ideas de Emanuele Coccia, argumentase que a vida é un proceso continuo de metamorfose que implica a todos os organismos nunha rede interdependente. A investigación examina como a espontaneidade, vista como unha forza intrínseca da natureza, pode integrarse na educación para favorecer a adaptabilidade e o crecemento holístico dos individuos. A espontaneidade destaca como unha capacidade esencial para responder de forma creativa e flexible a situacións cambiantes, permitindo a transformación persoal e colectiva. A metodoloxía inclúe unha revisión exhaustiva da literatura filosófica, psicolóxica e educativa, con énfase no psicodrama e na pedagoxía do deserto. O psicodrama, desenvolvido por Jacob Levy Moreno e descrito por Guillermo Boria, utilízase como ferramenta para facilitar a espontaneidade e a creatividade mediante a acción e a dramatización. Ademais, examínanse as obras de Henri Bergson e Vinciane Despret para afondar na relación entre espontaneidade e transformación. Os resultados mostran que a espontaneidade é esencial para o desenvolvemento integral da psique, corpo e espírito humanos. Integrar a espontaneidade na educación na natureza pode fomentar individuos máis resistentes e flexibles. Ademais, desenvolver unha maior conexión coa natureza facilita unha comprensión profunda da interconexión da vida e da importancia da adaptabilidade.

OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Titoría)
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Secretario/a)
FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Vogal)

Implementación dunha innovación didáctica na aula a través da gamificación
Autoría
J.C.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)

14.02.2024 18:00
14.02.2024 18:00
Resumo
Co presente traballo preténdese establecer unha innovación educativa na aula, no contexto do colexio IES Ramón Menéndez Pidal en A Coruña. A innovación consiste na impartición dunha clase plantexando unha actividade interactiva coa aplicación Classcraft, encadrada na gamificación educativa, mediante a creación duns personaxes cunha serie de habilidades controladas por un docente, o que facilita o intercambio de roles na aula. Co obxectivo de avaliar a proposta, formúlase un cuestionario (con ítems de carácter cuantitativo e cualitativo) para que os estudantes valoren a pertinencia e utilidade da actividade. Nos resultados obtidos desta avaliación, obsérvase unha gran disparidade nas respostas entre os alumnos en función do seu rango de idade. As persoas máis novas sentíronse máis cómodas coa implementación desta innovación educativa como consecuencia do seu mellor manexo das novas tecnoloxías en contraposición ás persoas de maior idade, que se senten máis cómodas cunha metodoloxía tradicional ou unha combinación de ambas.

BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Titoría)
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Titoría)
Tribunal
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Secretario/a)
Diz Fombellida, María Isabel (Vogal)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Secretario/a)
Diz Fombellida, María Isabel (Vogal)
A metodoloxía Flipped Classroom: unha proposta para a súa aplicación no módulo de operación e mantemento de parques eólicos.
Autoría
A.C.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
A.C.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 11:00
13.09.2024 11:00
Resumo
A Formación Profesional xoga un papel fundamental no desenvolvemento económico de calquera país, polo que é fundamental que esta sexa de calidade para poder dar resposta ós desafíos impostos pola globalización, os constantes cambios na nosa sociedade, os cambios no mundo laboral, a dixitalización, etc. Os retos que debe afrontar actualmente a Formación Profesional pasan, entre outros na necesidade dun cambio no modelo pedagóxico. O presente Traballo Fin de Máster mostra unha proposta de intervención didáctica para o módulo de operación e mantemento de parques eólicos do título Técnico Superior en enerxías renovables empregando o modelo pedagóxico Flipped Classroom. Este modelo permite ó alumnado ter un papel mais activo no seu proceso de aprendizaxe, fomentar o pensamento crítico orientado a resolución de problemas, promover a aprendizaxe autónoma e a responsabilidade, fomentar o uso de recursos e ferramentas dixitais. Esta metodoloxía cambia a metodoloxía tradicional expositiva. En lugar de recibir unha clase maxistral polo profesor/a na aula, onde ó alumnado escoita o/a docente de xeito pasivo, o alumnado visualiza os contidos realizados polo/a profesor fora da aula. Ó ter mais tempo na aula o profesor pode realizar mais actividades, aplicar novas metodoloxías e afondar nos contidos co alumnado.

FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Presidente/a)
Diz Fombellida, María Isabel (Secretario/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Vogal)

Análise comparativa dos decretos lingüísticos do ensino en Galicia dende 1983 até 2023
Autoría
M.G.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
M.G.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 11:00
13.09.2024 11:00
Resumo
O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Mestrado é facer unha análise comparativa dos diferentes decretos lingüísticos no ensino que se publicaron dende 1983 até 2023, e estudar o impacto que tiveron na sociedade (opinión pública, medios de comunicación etc.) e na esfera educativa galega. Para iso, tras unha revisión bibliográfica que servirá como marco teórico, levarase a cabo unha análise das melloras e/ou retrocesos derivados da aplicación destes decretos no sistema educativo non universitario de Galicia. Este traballo, polo tanto, tratará de constatar que a nosa lingua segue perdendo falantes e que as leis de antano e actuais non conseguiron acadar avances significativos a prol da nosa lingua.

SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
González Pereira, Miguel (Presidente/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Secretario/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Vogal)
González Pereira, Miguel (Presidente/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Secretario/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Vogal)
Os Falantes Nativos e o seu Efecto no Ensino e na Aprendizaxe do Inglés como Segunda Lingua
Autoría
D.A.S.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
D.A.S.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 12:00
13.09.2024 12:00
Resumo
Este traballo explora o impacto dos falantes nativos de inglés na adquisición do idioma por parte dos estudantes españois, con énfase nos alumnos que cursan o ensino secundario. O obxectivo principal é avaliar como a presenza de falantes nativos en diversos contornos educativos, como asistentes de clase, titores privados e escolas de idiomas externas, afecta os resultados de aprendizaxe dos estudantes e cales son as preferencias destes en canto ó perfil do seu profesor/a. Esta investigación sintetiza as conclusións dunha revisión exhaustiva de libros e artigos académicos, e contrasta estas cos datos empíricos sobre o rendemento estudantil antes e despois da integración de falantes nativos nos seus contornos educativos. A análise revela que a participación de falantes nativos pode estar detrás da mellora na competencia en inglés dos estudantes, particularmente nas habilidades de fala e comprensión auditiva. Esta mellora atribúese, entre outros aspectos, á maior exposición ao uso auténtico do idioma e aos matices culturais que os falantes nativos achegan ao proceso de aprendizaxe. Esta investigación contribúe ao campo da educación en segundas linguas ao destacar os posibles beneficios da participación de falantes nativos e proporcionar recomendacións para que educadores e responsables de políticas melloren as metodoloxías de ensino do inglés como segunda lingua.

VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
Tribunal
Anderson McGuire, JoDee (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Vogal)
Anderson McGuire, JoDee (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Vogal)
Oferta de Formación Profesional a Distancia en Vigo: Situación actual e posibilidade de ampliación e mellora no futuro.
Autoría
A.F.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
A.F.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 17:00
13.09.2024 17:00
Resumo
Estudo sobre a oferta formativa a distancia na cidade de Vigo na actualidade e unha valoración sobre os principais ciclos formativos con posibilidade de implementación na modalidade a distancia. Realizarase mediante a revisión da demanda laboral, a oferta formativa a distancia xa existente noutras comunidades autónomas que aínda non está implementada no sistema educativo galego, así coma unha reflexión sobre o futuro desta modalidade na cidade e como pode beneficiar tanto profesionalmente como formativamente algúns sectores da poboación.

GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Vogal)

Proposta metodolóxica baseada na utilización de metodoloxías activas para o cliclo medio de Instalacións de Produción de calor
Autoría
M.B.D.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
M.B.D.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 13:00
13.09.2024 13:00
Resumo
O obxectivo principal deste traballo fin de máster é desenvolver unha proposta didáctica innovadora que permita aos alumnos do Ciclo Formativo de Técnico de Instalacións de Produción de Calor, e concretamente, aos do módulo profesional de Montaxe e Mantemento de Instalacións de Produción de Calor Enerxía Solar, adquirir as competencias necesarias para o seu futuro como profesionais do sector. Para iso, deseñouse un plan de actuación a partir dunha revisión documental das metodoloxías activas máis relevantes, que se poden aplicar ao itinerario formativo da formación profesional, para despois xerar unha programación didáctica mediante o uso dalgunhas destas propostas metodolóxicas como a aprendizaxe baseada en proxectos, o método do caso, a aprendizaxe baseada en problemas e a aprendizaxe colaborativa. Mediante a súa correcta aplicación conséguese unha notable mellora no proceso de ensino-aprendizaxe, ao achegar o alumnado ás esixencias do seu futuro profesional e mellorar os seus resultados de aprendizaxe mediante o incremento da súa autonomía, motivación e traballo en equipo.

BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)

Explorando a Xeoloxía Ambiental para un futuro sustentable: proposta educativa para alumnos de Educación Secundaria.
Autoría
E.P.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
E.P.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 10:00
13.09.2024 10:00
Resumo
Neste traballo afóndase na importancia da Xeoloxía Ambiental como recurso didáctico, presentando unha proposta propia que axude ao alumnado a entender como os distintos elementos que conforman a Terra están interconectados e como as intervencións do ser humano inflúen nela. A proposta de investigación acción encádrase nunha aula de primeiro de Educación Secundaria, na materia de Bioloxía e Xeoloxía Bloque 6 do currículo: Ecoloxía e sustentabilidade, no que a saída a campo se configura como unha ferramenta pedagóxica que enriquece significativamente o proceso de ensinanza aprendizaxe, axudando a contextualizar o aprendido na aula nun entorno real e facilitando o desenvolvemento de habilidades prácticas do alumnado, á vez que se estimula a súa curiosidade.

CHAO PENABAD, OSCAR (Titoría)
CHAO PENABAD, OSCAR (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Vogal)

Intervencións educativas en alumnos con Trastorno por Déficit Atencional e Hiperactividade
Autoría
M.V.V.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
M.V.V.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
14.02.2024 17:00
14.02.2024 17:00
Resumo
Nos últimos tempos está a producirse un aumento no número de casos de estudantes de secundaria con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), por este motivo, exponse este traballo, co obxectivo de actualizar e profundar nesta problemática. Para isto, realizouse unha revisión bibliográfica sobre o TDAH, abordando a súa definición, incidencia, tratamentos farmacolóxicos e non farmacolóxicos, así como a lexislación educativa vixente en Galicia e España. Examináronse tamén as intervencións educativas actuais para determinar as máis adecuadas para elaborar unha proposta de intervención para un grupo de 3º da ESO en Bioloxía e Xeoloxía. Os resultados revelaron que o TDAH é un trastorno neurolóxico do desenvolvemento cunha incidencia do 2.4-3.1%, manifestándose entre os 4 e 12 anos. A lexislación española relevante está delineada no artigo 73 da Lei Orgánica 3/2020, e en Galicia, no DECRETO 229/2011. Identificáronse tres grupos de intervencións educativas: do comportamento, académicas e autorreguladoras. Suxírese combinar actividades destes grupos para integrar efectivamente aos estudantes con TDAH. Tamén se propuxo unha proposta de intervención teórico de oito semanas, coa expectativa de obter bos resultados se se utiliza.

DOSIL DIAZ, CARLOS (Titoría)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Titoría)
Tribunal
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Secretario/a)
Diz Fombellida, María Isabel (Vogal)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Secretario/a)
Diz Fombellida, María Isabel (Vogal)
A maxia do Eume: unha senda encantada baseada na mitoloxía galega
Autoría
R.R.B.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
R.R.B.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster pretende presentar as sendas mitolóxicas encantadas como recurso educativo apropiado para aprender sobre a historia dun lugar na etapa de Educación Primaria. Para elo, levouse a cabo, por unha banda, un proceso de busca de información arredor da mitoloxía galega, en relación coa educación, a natureza e a literatura; e do turismo cultural e literario, enlazados directamente coas rutas literarias e as sendas encantadas. Por outra banda, preséntase o deseño dunha proposta didáctica que pretende cubrir lagoas como a escasa presenza do teatro no ámbito educativo formal ou a inexistencia de sendas mitolóxicas encantadas en Galicia. Finalmente, preséntanse unhas conclusións finais nas que se dá resposta ás preguntas de investigación iniciais e se expoñen as debilidades da senda proposta.

ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
Tribunal
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Presidente/a)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Secretario/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Vogal)

Proposta didáctica para fomentar o pensamento crítico en nutrición
Autoría
U.T.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
U.T.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 18:00
11.07.2024 18:00
Resumo
O pensamento crítico pode ser definido como unha forma de pensamento lóxico que permite a toma de decisións fundamentada na análise, a reflexión e a síntese da información dispoñible de forma autónoma. A súa importancia no sistema educativo radica na necesidade de formar cidadáns cunha mentalidade crítica e reflexiva, capaces de analizar a súa contorna e tomar decisións en consecuencia. No ámbito da alimentación e da nutrición, esta forma de pensamento faise necesaria para detectar bulos e enfrontar a sobreinformación á que nos vemos expostos, especialmente durante un período de por sí vulnerable como é a adolescencia. Sendo actualmente un dos principais obxectivos da educación no ámbito científico, a ensinanza do pensamento crítico pode tomar distintos enfoques, e debe comprender certas dimensións, entre elas: a argumentación, a visión da ciencia, a análise da información, a toma de decisións ou a comunicación, son necesarias para o seu desenvolvemento. A elaboración deste traballo de proposta didáctica baséase nunha metodoloxía na que o alumnado ten un rol activo no seu proceso de aprendizaxe, con actividades dende un enfoque CTSA fundamentadas no traballo cooperativo, o diálogo entre iguais e o uso das TIC.

GARCIA ULLOA, ALBA (Titoría)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA Cotitoría
GARCIA ULLOA, ALBA (Titoría)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA Cotitoría
Tribunal
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
SABIN FERNANDEZ, JUAN DANIEL (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)

Desenvolvemento dunha secuencia educativa para ensinar o concepto e a importancia de ONE HEALTH
Autoría
P.R..F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
P.R..F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
14.02.2024 16:00
14.02.2024 16:00
Resumo
O concepto “ONE HEALTH”, unha soa saúde, engloba a saúde animal, saúde humana e saúde ambiental sendo estas interdependentes e estando vinculadas aos ecosistemas nos cales coexisten. Este concepto, gañou gran importancia nos últimos anos, sobre todo despois da pandemia da COVID 19. As zoonoses son enfermidades que poden transmitirse dos animais ao ser humano ou viceversa. Por iso, cobra gran importancia coñecer estas enfermidades para poder aplicar as medidas preventivas necesarias para evitar así a seu contaxio. É importante proporcionar á sociedade unha educación sanitaria para que estean protexidos. Para iso, levouse a cabo o desenvolvemento desta secuencia educativa, tentando empregar metodoloxías activas para a asimilación por parte do alumnado dos conceptos craves. O obxectivo desta secuencia educativa é proporcionar ao alumnado os coñecementos e ferramentas, sobre zoonoses, para que poidan identificar as vías de transmisión, síntomas e adoptar as medidas preventivas necesarias para previr a súa contaxio.

VELOSO FREIRE, JAVIER (Titoría)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Titoría)
Tribunal
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Secretario/a)
Diz Fombellida, María Isabel (Vogal)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Secretario/a)
Diz Fombellida, María Isabel (Vogal)
Proposta didáctica sobre a toma de decisións argumentadas en alumnado de secundaria: cambio climático e consumo de alimentos de orixe animal
Autoría
M.B.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
M.B.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 16:00
11.07.2024 16:00
Resumo
Neste traballo de fin de Máster preséntase unha proposta didáctica innovadora dirixida ao 1º curso da ESO e aplicada de forma efectiva na materia de Bioloxía e Xeoloxía durante o Prácticum II. O obxectivo é involucrar ás estudantes na toma de decisións informadas e responsables sobre o impacto ambiental das distintas dietas, especialmente as baseadas en produtos de orixe animal. Para iso, empréganse metodoloxías activas, como o debate na aula, que buscan desenvolver habilidades de argumentación e pensamento crítico, ademais de mellorar o coñecemento sobre o impacto ambiental da alimentación abordando a cuestión sociocientífica do cambio climático. O resultado é unha aprendizaxe máis profunda e significativa, onde as estudantes aplican os coñecementos adquiridos para elaborar argumentos propios e fundamentados, participando nas posibles accións para mitigar as emisións de gases de efecto invernadoiro responsables do cambio climático.

ARTO BLANCO, MONICA (Titoría)
ARTO BLANCO, MONICA (Titoría)
Tribunal
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
SABIN FERNANDEZ, JUAN DANIEL (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
SABIN FERNANDEZ, JUAN DANIEL (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
As aves como recurso educativo na educación secundaria.
Autoría
A.L.C.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
A.L.C.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 17:00
11.07.2024 17:00
Resumo
O presente traballo de fin de máster aborda como utilizar un recurso didáctico facilmente dispoñible e accesible en case calquera contexto, tanto urbano como rural, como son as aves, na materia de Bioloxía e Xeoloxía de Educación Secundaria. Preténdese utilizar este grupo faunístico como tema transversal para a partir del desenvolver unha acción educativa que aborde diversos contidos curriculares, así como desenvolver a totalidade das competencias. De forma previa, investíganse as posibilidades didácticas da realización de actividades relacionadas con aves, tendo en conta o contexto onde se desenvolverá este traballo. A continuación, deséñanse as actividades que conforman esta proposta partindo da análise do currículo actual e de materiais didácticos necesarios. Finalmente, analizaranse as vantaxes que supón a realización deste tipo de actividades, así como as dificultades atopadas na súa posta en práctica.

Desenvolvendo o pensamento crítico. Os parques eólicos mariños.
Autoría
M.L.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
M.L.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 19:00
11.07.2024 19:00
Resumo
A posible instalación de parques eólicos mariños nas costas galegas ofrece unha controversia relevante, multidisciplinar e de actualidade para o alumnado galego e que é posible aproveitar para desenvolver o pensamento crítico (PC) dende a aula. Con esta controversia como eixo central, deseñáronse dúas propostas educativas que fomentan o desenvolvemento do pensamento crítico e ofrecen ferramentas aos docentes para a súa posta en práctica na aula de Física e Química de 3º da ESO. Ambas as propostas inclúen actividades introdutorias que aportan ao alumnado os coñecementos necesarios para desenvolver o PC e expresalo a través de razoamentos argumentados. A primeira proposta inclúe a preparación e o desenvolvemento dun xogo de rol no que se representa unha reunión entre os diferentes colectivos afectados pola instalación dun parque eólico mariño nas costas galegas. Na segunda das propostas, proponse a análise de artigos periodísticos de diferentes fontes e que amosan perspectivas sesgadas sobre a controversia en cuestión. Espérase que tras a posta en práctica destas propostas, o alumnado adquira as habilidades, disposicións e coñecementos necesarios para pensar de forma crítica, como a argumentación en base a probas ou a inferencia, e así poder exercer unha cidadanía máis consciente e activa.

FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
GARCIA ULLOA, ALBA Cotitoría
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
GARCIA ULLOA, ALBA Cotitoría
Tribunal
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
SABIN FERNANDEZ, JUAN DANIEL (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
SABIN FERNANDEZ, JUAN DANIEL (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
O ensino da unidade didáctica Saúde e enfermidade utilizando metodoloxías activas: o método científico e o autodescubrimento
Autoría
R.J.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
R.J.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 17:00
11.07.2024 17:00
Resumo
No presente traballo de fin de Máster investígase o ensino da unidade didáctica Saúde e Enfermidade mediante metodoloxías activas como o método científico e o autodescubrimento. Para levar a cabo a investigación e analizar os datos, utilizáronse cuestionarios de ideas previas e cuestionarios de ideas finais, co fin de analizar as diferenzas entre ambos. Os resultados da investigación, tanto cuantitativos como cualitativos, suxiren que a utilización destas metodoloxías activas durante as sesións mellora os resultados do proceso de ensino-aprendizaxe, aínda que continúan persistindo algunhas ideas erróneas nos cuestionarios finais sobre conceptos clave referidos ao sistema inmune e a transmisión de enfermidades. Este traballo, desenvolto no marco do Practicum II, destaca a importancia de fortalecer a comprensión da saúde e a enfermidade, así como mellorar as habilidades de comunicación escrita dos estudantes neste contexto específico. Os resultados suxiren a relevancia de adoptar enfoques pedagóxicos activos para promover unha aprendizaxe significativa no ámbito da saúde e a bioloxía.

CHAO PENABAD, OSCAR (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
CHAO PENABAD, OSCAR (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)
Aplicación da Intelixencia Artificial na Formación Profesional
Autoría
J.A.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
J.A.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 12:00
11.07.2024 12:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Máster preténdese desenvolver unha ferramenta baseada na Intelixencia Artificial (IA) para o seu uso nun módulo dun ciclo de Formación Profesional. Posteriormente avaliarase esta ferramenta mediante unha enquisa ao alumnado implicado no proceso de aprendizaxe. Das conclusións que se extraian deste traballo, poderanse propoñer unha serie de melloras para poder adaptar a ferramenta dun xeito máis adecuado ao contexto no que se vaia a utilizar, e así poder mellorar e facer máis atractivo o proceso de ensino mediante novas tecnoloxías.

REIGOSA CASTRO, CARLOS EMILIO (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
Diz Fombellida, María Isabel (Vogal)
REIGOSA CASTRO, CARLOS EMILIO (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
Diz Fombellida, María Isabel (Vogal)
Estudo de necesidades da aula-taller e de docencia da familia profesional madeira, moble e cortiza
Autoría
O.G.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
O.G.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 12:00
11.07.2024 12:00
Resumo
A Formación Profesional xoga un papel crucial no desenvolvemento persoal e profesional das persoas, na competitividade económica da sociedade e na adaptación ao entorno laboral cambiante. Dentro das distintas áreas produtivas, a familia Madeira, Moble e Cortiza ten como obxectivo primordial a formación nun ámbito profesional relevante para a actividade económica e social en España, e especialmente en Galicia. Dentro desta familia, o ciclo Básico de Carpintaría e Moble permite desenvolver aspectos fundamentais na actividade da madeira e o moble a través de competencias persoais e técnicas para o exercicio profesional, coñecementos de materiais, deseño e planificación de mobles, seguridade no traballo, espírito emprendedor, xestión e tecnoloxía. actualización. Unha análise detallada e actualizada das necesidades de espazos de aula-taller e de equipamentos docentes ofrece unha perspectiva adecuada da necesidade e adaptación aos tempos actuais. Do mesmo xeito, a análise da distribución xeográfica dos centros con esta oferta formativa permite comprobar se é equilibrada e chega ao maior número de poboación con interese no ámbito da madeira e o moble.

FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Titoría)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Titoría)
Tribunal
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Vogal)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Vogal)
Unha proposta didáctica sobre a pragmática e a súa relevancia no ensino e aprendizaxe do inglés en Secundaria
Autoría
R.P.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
R.P.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 13:00
11.07.2024 13:00
Resumo
Aínda que a adquisición de destrezas gramaticais e léxicas é crucial para a aprendizaxe dunha lingua estranxeira, os contextos sociais desempeñan un papel fundamental á hora de poder comunicarse de forma adecuada e eficaz. Este Traballo de Fin de Máster ten o seu fundamento no ensino e a aprendizaxe da pragmática en contextos académicos. Incluirá unha base teórica sobre esta rama da lingüística e irá acompañada dunha proposta didáctica para incorporar unha determinada área de aprendizaxe da pragmática nunha aula de inglés de Secundaria. O obxectivo é avaliar a competencia pragmática dos alumnos en inglés e inferir se diferentes actividades mellorarían dita competencia. A posta en práctica desta proposta e os seus resultados analizaranse mediante a observación das estratexias comunicativas dos alumnos e a realización dunha enquisa por parte dos estudantes, co fin de concluír se a proposta foi eficaz na súa comprensión e mellora da pragmática.

Anderson McGuire, JoDee (Titoría)
Anderson McGuire, JoDee (Titoría)
Tribunal
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
CIVES LEMA, ANA MARIA (Secretario/a)
REIGOSA CASTRO, CARLOS EMILIO (Vogal)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
CIVES LEMA, ANA MARIA (Secretario/a)
REIGOSA CASTRO, CARLOS EMILIO (Vogal)
Especies invasoras e a súa relación co cambio climático e a globalización. Comprensión mediante un enfoque práctico dende a aula.
Autoría
O.I.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
O.I.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 16:00
11.07.2024 16:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster aborda a dispersión das especies invasoras no contexto do cambio climático e a globalización, resaltando a importancia de tratar esta problemática no ensino como medio para educar ás futuras xeracións sobre este desafío ambiental. Os obxectivos desta investigación foron valorar o coñecemento e ideas previas que ten o alumnado ó redor desta temática e deseñar unha proposta didáctica que mellore a súa aprendizaxe ó redor destes conceptos. Para iso, aplicouse a mesma nunha aula de 13 estudantes de 1º de Bacharelato de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais e empregáronse probas pretest e postest, debates e presentacións de carteis científicos para analizar a evolución do seu coñecemento. Despois do estudo dos resultados, parece que a proposta mellorou a súa comprensión sobre a biodiversidade e as especies invasoras, así como a súa capacidade para relacionar estes conceptos co cambio climático e a globalización.

AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Titoría)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
CHAO PENABAD, OSCAR (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
CHAO PENABAD, OSCAR (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)
As propostas de innovación educativa na Formación Profesional en Galicia
Autoría
J.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
J.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 18:00
11.07.2024 18:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster (TFM) avalía o impacto que tiveron os diferentes proxectos de innovación desenvolvidos nos dous últimos cursos no CIFP Politécnico de Lugo, especificamente no seu alumnado de tres familias profesionais: Madeira, Moble e Cortiza; Sanidade; e Electricidade e electrónica. Para poder recompilar os datos, analizouse documentación do centro e distribuíse un cuestionario entre o alumnado dos ciclos destas familias, có obxectivo de avaliar, entre outros aspectos: o grao de coñecemento dos proxectos de innovación, o nivel de satisfacción ou a participación activa nos mesmos. O caso de estudo permitiu coñecer o alcance e o impacto que tiveron estes proxectos durante a súa formación. Grazas a esta investigación puidéronse identificar debilidades no proceso de implementación e propoñer melloras para a execución de futuros proxectos de innovación.

O papel da titoría na atención á diversidade e a educación inclusiva
Autoría
E.M.V.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
E.M.V.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 19:00
11.07.2024 19:00
Resumo
Unha das funcións da acción titorial é a de facilitar a integración do alumnado no seu grupo-clase no conxunto da dinámica escolar do centro. Isto está regulado pola normativa educativa española vixente, a Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, e o Real Decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establece a ordenación e os ensinos mínimos da Educación Secundaria Obrigatoria. Doutra banda, a clase de titoría é un tempo no cal se poden traballar moitas temáticas, e é un momento no que está todo o grupo xunto. Actualmente, a educación inclusiva e a atención á diversidade é un dos principios fundamentais que rexe o noso sistema educativo, polo que traballar estes aspectos na aula é un factor de calidade imprescindible, e a clase de titoría é unha oportunidade para facelo de forma transversal. O obxectivo deste traballo é coñecer e explicar como a función titorial favorece e fomenta a atención á diversidade e a educación inclusiva na etapa da educación secundaria obrigatoria.

Diz Fombellida, María Isabel (Titoría)
Diz Fombellida, María Isabel (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
CHAO PENABAD, OSCAR (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
CHAO PENABAD, OSCAR (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)
Proposta didáctica para o ensino de Física e Química en Educación Secundaria a través da gamificación e a indagación.
Autoría
A.P.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
A.P.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 09:00
11.07.2024 09:00
Resumo
O baixo rendemento do alumnado que se rexistra actualmente na Educación Secundaria Obrigatoria provoca a necesidade de buscar novas metodoloxías de ensinanza-aprendizaxe que melloren esta situación impulsada pola docencia a partir dunha metodoloxía tradicional. Este traballo presenta un estudo de caso con estudantes de 2º curso da ESO na materia de Física e Química, no que se empregarán a indagación e a gamificación co obxectivo de mellorar o seu coñecemento sobre a cinemática e aumentar a motivación e o interese pola materia. Empregouse unha metodoloxía de carácter cualitativo, empregando a observación directa e cuestionarios para recoller os datos. No que respecta aos resultados, púidose apreciar un aumento da participación e o entusiasmo dos/as estudantes á hora de realizar este tipo de actividades, así como tamén unha mellora dos coñecementos previos. Isto evidencia que, en comparación coa docencia tradicional, empregar metodoloxías innovadoras facilita e mellora o rendemento académico do alumnado.

ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
REIGOSA CASTRO, CARLOS EMILIO (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
Diz Fombellida, María Isabel (Vogal)
REIGOSA CASTRO, CARLOS EMILIO (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
Diz Fombellida, María Isabel (Vogal)
Desenvolvemento de metodoloxías activas na aula de secundaria: a ensinanza das reaccións químicas
Autoría
L.R.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
L.R.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 10:00
11.07.2024 10:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Máster desenvólvese unha unidade didáctica sobre o tema de Reaccións Químicas para a materia de Física e Química no curso de 1º de Bacharelato, utilizando metodoloxías activas como alternativa aos métodos tradicionalmente usados. O obxectivo é brindar aos alumnos unha educación científica de calidade que promova unha aprendizaxe significativa e fomente o pensamento crítico, ademais de espertar o seu interese e motivación pola materia. En concreto, integraranse na aula dúas estratexias: a aprendizaxe cooperativa e a contextualización da ciencia na vida cotiá, destacando as reaccións químicas que ocorren en diversos ámbitos da sociedade. A intervención proposta consta de doce sesións que inclúen actividades contextualizadas en situacións reais, a análise de textos socio-científicos e unha práctica de laboratorio baseada na aprendizaxe por indagación. A elaboración desta unidade realizouse baseándose na lexislación vixente e considerando os aspectos a mellorar tras a súa planificación e a viabilidade da súa implantación na aula.

Proposta de Intervención para a materia de Física e Química en 2º da ESO
Autoría
A.V.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
A.V.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 11:00
11.07.2024 11:00
Resumo
Neste Traballo Fin de Mestrado (TFM) proponse unha unidade didáctica sobre a Enerxía destinada ao alumnado de segundo curso de ducación Secundaria Obrigatoria. Co obxectivo principal de fomentar o interese e a participación dos/as alumnos/as na ciencia, así como de facelos partícipes da súa propia aprendizaxe, deseñáronse actividades que involucran diferentes metodoloxías como a aprendizaxe cooperativa, a aprendizaxe baseada en proxectos ou o emprego de ferramentas de Tecnoloxía da Información e Comunicación (TIC). Con isto preténdese fomentar ademais, que o alumnado encontre sentido aos coñecementos novos que vaia adquirindo e obteña certas competencias que lle axuden en situacións da súa vida diaria ao relacionalas co método científico.

Tecendo empresa. Proposta de intervención educativa interdisciplinar en Formación Profesional
Autoría
M.G.O.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
M.G.O.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 09:00
11.07.2024 09:00
Resumo
O obxectivo deste Traballo Fin de Máster é a elaboración dunha proposta de intervención educativa cuxo principal propósito reside na contribución da adaptación dos ciclos básicos, medios e superiores da modalidade presencial ao sector produtivo. Neste traballo preséntase unha proposta de intervención educativa de carácter multidisciplinar e interdisciplinar, especialmente indicado para os ciclos medios e superiores da familia de madeira, moble e cortiza. Para o desenvolvemento desta proposta empréganse metodoloxías activas, focalizadas particularmente nas máis indicadas en formación profesional como a aprendizaxe colaborativa baseada en proxectos, co fin de levar a cabo a execución dun proxecto de interiorismo retail, Con todo, independentemente de non poder executala na actualidade, obtense como resultado a creación dunha ferramenta práctica que axuda a potenciar a integración do alumnado na engrenaxe industrial desde un punto de vista innovador, concluíndo nunha mellora dos nexos entre ambas as entidades e respondendo as competencias demandadas do sector.
O obxectivo deste Traballo Fin de Máster é a elaboración dunha proposta de intervención educativa cuxo principal propósito reside na contribución da adaptación dos ciclos básicos, medios e superiores da modalidade presencial ao sector produtivo. Neste traballo preséntase unha proposta de intervención educativa de carácter multidisciplinar e interdisciplinar, especialmente indicado para os ciclos medios e superiores da familia de madeira, moble e cortiza. Para o desenvolvemento desta proposta empréganse metodoloxías activas, focalizadas particularmente nas máis indicadas en formación profesional como a aprendizaxe colaborativa baseada en proxectos, co fin de levar a cabo a execución dun proxecto de interiorismo retail, Con todo, independentemente de non poder executala na actualidade, obtense como resultado a creación dunha ferramenta práctica que axuda a potenciar a integración do alumnado na engrenaxe industrial desde un punto de vista innovador, concluíndo nunha mellora dos nexos entre ambas as entidades e respondendo as competencias demandadas do sector.
Dirección
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Titoría)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Vogal)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Vogal)
Análisis dos coñecementos do profesorado da formación profesional sobre o TDAH
Autoría
L.D.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
L.D.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 11:00
11.07.2024 11:00
Resumo
Este estudo foi deseñado para analizar e examinar os coñecementos sobre TDAH do profesorado de formación profesional e as posibles diferenzas atribuíbles a formación, anos de experiencia e rama na que impartía as materias o profesorado con estes coñecementos. Comparáronse os coñecementos sobre o trastorno en función de se o profesorado había ou non recibira formación en materia, e comparáronse tamén os coñecementos en función de se o profesorado tiña máis ou menos de seis anos de experiencia profesional, e en función de se impartían docencia en materias da rama técnica ou non. A través dun cuestionario adaptado mediuse e comparouse o coñecemento sobre TDAH de profesionais docentes. Observouse que non existían diferenzas estatisticamente significativas na comparación de grupos a nivel global, pero si se atoparon diferenzas en dúas das dimensións do cuestionario, a dimensión relativa a tratamento, apreciando que o coñecemento en relación co tratamento é maior en profesorado con formación no trastorno. E na dimensión relativa a síntomas/diagnóstico distinguíndose un maior coñecemento nesta variable entre o profesorado que impartía materias da rama técnica con relación ao profesorado que non impartía materias da rama técnica. Así, parece que, aínda sendo aceptables os coñecementos en ambas as comparacións, polo menos en determinadas dimensións, só se observan que son superiores entre o profesorado que recibiu formación previa e profesorado que impartía materias da rama técnica. A pesar de que o profesorado presenta un nivel de coñecementos aceptable sobre o trastorno, resulta necesaria unha maior formación específica deste colectivo para dar unha resposta educativa eficaz.

BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titoría)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titoría)
Tribunal
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SANTIAGO (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)

As plantas evolucionan? A complexidade de ensinar evolución en institutos
Autoría
C.R.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
C.R.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 11:00
13.09.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster trata sobre a ensinanza da evolución biolóxica mediante metodoloxías constructivistas e narrativas nunha aula de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO. O obxectivo é por un lado analizar o coñecemento que o alumnado ten sobre a evolución e as plantas, e por outro , intentar mellorar a aprendizaxe do alumnado nestes temas, ademáis de intentar superar as concepcións alternativas, diversificando os exemplos utilizados. Para iso, empréganse metodoloxías que inclúan a reflexión crítica e a participación activa dos estudantes para que poidan asimilar os novos coñecementos a aplicalos en situación novas. Os resultados mostran que alumnos amosan unha maior consideración polas plantas e unha comprensión máis profunda da evolución. A pesar dos bos resultados nas actividades prácticas, os coñecementos adquiridos non se reflicten claramente na probas escrita, indicando unha tendencia a memorizar en lugar de razoar.
Este Traballo de Fin de Máster trata sobre a ensinanza da evolución biolóxica mediante metodoloxías constructivistas e narrativas nunha aula de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO. O obxectivo é por un lado analizar o coñecemento que o alumnado ten sobre a evolución e as plantas, e por outro , intentar mellorar a aprendizaxe do alumnado nestes temas, ademáis de intentar superar as concepcións alternativas, diversificando os exemplos utilizados. Para iso, empréganse metodoloxías que inclúan a reflexión crítica e a participación activa dos estudantes para que poidan asimilar os novos coñecementos a aplicalos en situación novas. Os resultados mostran que alumnos amosan unha maior consideración polas plantas e unha comprensión máis profunda da evolución. A pesar dos bos resultados nas actividades prácticas, os coñecementos adquiridos non se reflicten claramente na probas escrita, indicando unha tendencia a memorizar en lugar de razoar.
Dirección
CHAO PENABAD, OSCAR (Titoría)
CHAO PENABAD, OSCAR (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Vogal)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Vogal)
Novos retos na docencia coa presencia das TIC
Autoría
R.A.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
R.A.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 12:00
13.09.2024 12:00
Resumo
O desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) xeraron unha verdadeira revolución que transformou a nosa sociedade actual, sendo a educación uno dos ámbitos onde maior influencia tivo. O uso das TIC no ámbito educativo facilita e mellora o proceso de ensino. As TIC no proceso educativo debe supoñer unha oportunidade para innovar e potenciar o seu labor en base ás múltiples funcionalidades que proporcionan ditas tecnoloxías, sendo o docente o actor crave para a súa implantación. Na actualidade, o docente ten por diante unha serie de retos para poder sacarlle o maior partido ás novas tecnoloxías e poder innovar durante a docencia, deste xeito conseguir delas unha boa ferramenta para lograr motivación e entusiasmo por parte dos alumnos.

GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Vogal)
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Vogal)
Análise da interferencia das intelixencias artificiais (IA) na ensinanza non universitaria en España no ano 2023.
Autoría
R.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
R.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 12:00
11.07.2024 12:00
Resumo
O auxe de ferramentas baseadas na Intelixencia Artificial, a súa rápida e constante evolución e o cada vez maior número de campos de aplicación, sitúana coma o novo desafío a enfrontar na integración da tecnoloxía na aula. Ao largo do presente documento, plásmase o estudo realizado acerca da incorporación progresiva de anteriores avances tecnolóxicos, a evolución das novas solucións desde a súa orixe ata a actualidade e a súa aplicabilidade na resolución de tarefas propias do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, extraendo as correspondentes conclusión en relación coas vantaxes e inconvenientes da súa adopción por parte do estudante.
O auxe de ferramentas baseadas na Intelixencia Artificial, a súa rápida e constante evolución e o cada vez maior número de campos de aplicación, sitúana coma o novo desafío a enfrontar na integración da tecnoloxía na aula. Ao largo do presente documento, plásmase o estudo realizado acerca da incorporación progresiva de anteriores avances tecnolóxicos, a evolución das novas solucións desde a súa orixe ata a actualidade e a súa aplicabilidade na resolución de tarefas propias do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, extraendo as correspondentes conclusión en relación coas vantaxes e inconvenientes da súa adopción por parte do estudante.
Dirección
Anderson McGuire, JoDee (Titoría)
Anderson McGuire, JoDee (Titoría)
Tribunal
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Presidente/a)
CIVES LEMA, ANA MARIA (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Presidente/a)
CIVES LEMA, ANA MARIA (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)
Proposta Didáctica para a Docencia Bilingüe en Inglés do Módulo de Interpretación Gráfica
Autoría
M.C.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
M.C.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 10:00
13.09.2024 10:00
Resumo
O coñecemento do inglés é unha vantaxe competitiva para os recentes titulados de graos medios e superiores que aspiran a traballar no sector do metal na comarca do Deza. Este traballo propón unha programación didáctica para a docencia bilingüe en inglés do módulo profesional de Interpretación Gráfica para favorecer que se adquira esta lingua a nivel profesional básico-medio e mellorar a participación no programa Erasmus+. Para isto, o traballo explora a aprendizaxe significativo seguindo a teoría de Ausubel, as metodoloxías activas máis comúns na formación profesional e o modelos bilingües, pondo o foco nos modelos CALLA e translanguaging. O principal resultado é unha programación didáctica na que as explicacións serán en inglés, sempre cunha linguaxe simple cuxas actividades céntranse principalmente na aprendizaxe baseada en proxectos con algunhas actividades con elementos lúdicos para facilitar o contacto con novos termos e conceptos.

A cultura das redes sociais e a xeración Z: unha proposta didáctica para a motivación na aula de lingua estranxeira
Autoría
Y.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Y.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 10:00
11.07.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado (TFM) do Mestrado en Profesorado ten como obxectivo a creación dunha unidade didáctica da materia de inglés para 1.º de bacharelato. A proposta considera a influencia significativa deste idioma estranxeiro no día a día das novas xeracións, especialmente da xeración Z, e pretende aproveitar esta exposición natural mediante a integración de elementos da cultura dixital co obxectivo de crear unha aprendizaxe máis relevante e significativa, aumentar a motivación do alumnado e priorizar os seus intereses individuais. A este modelo incorpóranse estratexias de ludificación e aprendizaxe baseada en proxectos para crear un ambiente de aula dinámico e participativo, para non só mellorar as habilidades lingüísticas dos estudantes, mais tamén fomentar unha mentalidade intercultural e crítica. O presente TFM ofrece unha metodoloxía innovadora e contextualizada para a ensinanza do inglés, que pretende aumentar a motivación do alumnado, e adaptada ás características e necesidades da xeración Z.

CIVES LEMA, ANA MARIA (Titoría)
CIVES LEMA, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
González Pereira, Miguel (Presidente/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Secretario/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Vogal)
González Pereira, Miguel (Presidente/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Secretario/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Vogal)
Ensino da Lingua Inglesa mediante as Novas Tecnoloxías na Educación Secundaria
Autoría
J.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
J.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 12:00
11.07.2024 12:00
Resumo
Esta disertación centrouse en resolver a cuestión de si é factible ensinar a lingua inglesa na ESO a través do emprego de tecnoloxías educativas. Co obxectivo de deseñar a proposta didáctica coa que demostrar esta hipótese, realizouse un exhaustivo traballo de investigación da literatura científica relativa á aplicación das TIC e as TAC na aula. Coa información obtida, procedeuse ao deseño da proposta didáctica, creada para ser aplicada nas aulas de inglés de 2ºESO, co propósito de axudar a desenvolver as competencias lingüística, plurilingüe e dixital, cumprindo co Decreto 156/2022. Nesta proposta empregáronse catro plataformas e actividades (VOKI, LyricsTraining, Padlet e unha caza do tesouro) deseñadas para traballar as destrezas principais do inglés (comprensión e produción oral e escrita), seguindo principalmente os métodos de gamificación e traballo cooperativo. Ademais, empregáronse dous formularios cos que se obtiveron datos sobre a experiencia previa do alumnado coas TIC na aula, e a súa opinión posterior á aplicación da proposta. Os resultados destas enquisas son contrastados cos obtidos nos diferentes exercicios (avaliados seguindo a rúbrica creada polo autor deste traballo). En xeral, os resultados desta investigación foron altamente positivos, reforzando a idea de que é posible empregar as tecnoloxías na adquisición do inglés.

Deseño e elaboración dunha proposta de ensino na etapa de Formación Profesional
Autoría
A.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
A.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 18:00
13.09.2024 18:00
Resumo
O obxectivo deste documento é aplicar os coñecementos adquiridos durante o propio Máster e as prácticas realizadas durante o período de prácticas realizadas no CIFP As Mercedes, realizando unha proposta educativa que aborde a atención á diversidade e a educación in-clusiva dentro da aula nun dos programas programados. unidades didácticas. Tómanse como referencia os plans de estudos das materias da especialidade do Grao de Técnico Su-perior en Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica. A normativa indica que a formación profesional de grao superior ten a consideración de ensinanzas superiores, pero hai que ser conscientes da necesidade de abordar os problemas educativos, sociais e persoais desde unha perspectiva interdisciplinar para que o alumnado con atención á diversidade, teña unha formación que lle permita acceder ao mundo do traballo.
O obxectivo deste documento é aplicar os coñecementos adquiridos durante o propio Máster e as prácticas realizadas durante o período de prácticas realizadas no CIFP As Mercedes, realizando unha proposta educativa que aborde a atención á diversidade e a educación in-clusiva dentro da aula nun dos programas programados. unidades didácticas. Tómanse como referencia os plans de estudos das materias da especialidade do Grao de Técnico Su-perior en Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica. A normativa indica que a formación profesional de grao superior ten a consideración de ensinanzas superiores, pero hai que ser conscientes da necesidade de abordar os problemas educativos, sociais e persoais desde unha perspectiva interdisciplinar para que o alumnado con atención á diversidade, teña unha formación que lle permita acceder ao mundo do traballo.
Dirección
Diz Fombellida, María Isabel (Titoría)
Diz Fombellida, María Isabel (Titoría)
Tribunal
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Vogal)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Vogal)
O enfoque cultural na ensinanza de linguas estranxeiras. Análise comparativa do temario das oposicións.
Autoría
A.C.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
A.C.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 09:00
13.09.2024 09:00
Resumo
O TFM, titulado “O Enfoque Cultural na Ensinanza de Linguas Estranxeiras. Análise comparativa do temario das oposicións” trata a importancia de formar ao profesorado de idiomas dende unha perspectiva intercultural. Para ilo, analízanse os temarios das oposicións de inglés, alemán e francés, demostrando a necesidade da integración de elementos culturais tomando como referente o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). De seguido, elabóranse posibles temarios tomando como punto de partida a perspectiva intercultural e finalmente, conclúense coa xustificación de que, nun mundo globalizado, a ensinanza de linguas vai da man da cultura, promovendo así unha educación máis inclusiva e efectiva.
O TFM, titulado “O Enfoque Cultural na Ensinanza de Linguas Estranxeiras. Análise comparativa do temario das oposicións” trata a importancia de formar ao profesorado de idiomas dende unha perspectiva intercultural. Para ilo, analízanse os temarios das oposicións de inglés, alemán e francés, demostrando a necesidade da integración de elementos culturais tomando como referente o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). De seguido, elabóranse posibles temarios tomando como punto de partida a perspectiva intercultural e finalmente, conclúense coa xustificación de que, nun mundo globalizado, a ensinanza de linguas vai da man da cultura, promovendo así unha educación máis inclusiva e efectiva.
Dirección
VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
Tribunal
González Pereira, Miguel (Presidente/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Secretario/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Vogal)
González Pereira, Miguel (Presidente/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Secretario/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Vogal)
Historia da Educación Ambiental en España
Autoría
C.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
C.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 10:00
13.09.2024 10:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Máster levouse a cabo unha revisión bibliográfica dos principais documentos existentes ligados á realidade da Educación Ambiental (véxase artigos de expertos, escritos dos Cumios Climáticos e Leis Educativas) coa fin de amosar unha vista detallada da mesma en España. Esta análise pretende ilustrar a maneira na que a materia se trata na Península, cos seus puntos fortes e débiles, ademais de explicar o seu tratamento e valorar as posibles melloras que se poderían aplicar na súa ensinanza en medio da innegable crisis climática.

A intercomprensión como estratexia didáctica para o desenvolvemento da comprensión de textos escritos na aula de FLE
Autoría
M.D.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
M.D.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 17:00
11.07.2024 17:00
Resumo
A comprensión de textos escritos é unha destreza lingüística esencial dentro de calquera proceso de ensino-aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Non só facilita o desenvolvemento doutras actividades como a interacción ou a mediación, senón que tamén permite acceder a outras variedades descoñecidas. Este é o obxectivo que se persegue alcanzar aplicando o enfoque plural da intercomprensión á comprensión de textos escritos. Neste traballo establécense, inicialmente, os fundamentos teóricos desta metodoloxía, concretamente, a da súa aproximación descendente. Seguidamente, realízase unha proposta didáctica para o alumnado de 1º de BAC de francés como lingua estranxeira (FLE) na que se aplica a intercomprensión como unha estratexia orientada ao desenvolvemento da competencia plurilingüe e pluricultural
A comprensión de textos escritos é unha destreza lingüística esencial dentro de calquera proceso de ensino-aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Non só facilita o desenvolvemento doutras actividades como a interacción ou a mediación, senón que tamén permite acceder a outras variedades descoñecidas. Este é o obxectivo que se persegue alcanzar aplicando o enfoque plural da intercomprensión á comprensión de textos escritos. Neste traballo establécense, inicialmente, os fundamentos teóricos desta metodoloxía, concretamente, a da súa aproximación descendente. Seguidamente, realízase unha proposta didáctica para o alumnado de 1º de BAC de francés como lingua estranxeira (FLE) na que se aplica a intercomprensión como unha estratexia orientada ao desenvolvemento da competencia plurilingüe e pluricultural
Dirección
González Pereira, Miguel (Titoría)
González Pereira, Miguel (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
A situación sociolingüística de Galicia corenta anos despois do inicio da aplicación da Lei de Normalización Lingüística no ensino (1983-2023)
Autoría
P.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
P.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 20:00
11.07.2024 20:00
Resumo
En 1983 apróbase a Lei de Normalización Lingüística de Galicia e poucos meses despois publícase o decreto 135/1983 que desenvolve a súa aplicación ao ensino. Ao longo destes corenta anos de presenza do galego como lingua vehicular nos niveis non universitarios, sucedéronse un total de catro decretos coa finalidade, todos eles, de garantir a competencia bilingüe do alumnado galego ao remate dos seus estudos obrigatorios e, en última instancia, contribuír á recuperación social do galego. A finalidade deste TFM é observar a situación sociolingüística de Galicia no momento actual (competencias, lingua inicial, lingua habitual, actitudes), tras corenta anos de presenza da lingua galega na vida pública de Galicia, especialmente no ámbito educativo. Realizarase unha revisión sistemática da literatura existente e dos datos estatísticos publicados en fontes bibliográficas e no Instituto Galego de Estatística. A pesar da presenza (en maior ou menor medida) do galego no ensino, a lingua perde falantes nas xeracións máis novas, curiosamente as mellor formadas en galego normativo. De aí que sexa preciso establecer outros factores que están influíndo neste proceso de paulatina substitución lingüística.
En 1983 apróbase a Lei de Normalización Lingüística de Galicia e poucos meses despois publícase o decreto 135/1983 que desenvolve a súa aplicación ao ensino. Ao longo destes corenta anos de presenza do galego como lingua vehicular nos niveis non universitarios, sucedéronse un total de catro decretos coa finalidade, todos eles, de garantir a competencia bilingüe do alumnado galego ao remate dos seus estudos obrigatorios e, en última instancia, contribuír á recuperación social do galego. A finalidade deste TFM é observar a situación sociolingüística de Galicia no momento actual (competencias, lingua inicial, lingua habitual, actitudes), tras corenta anos de presenza da lingua galega na vida pública de Galicia, especialmente no ámbito educativo. Realizarase unha revisión sistemática da literatura existente e dos datos estatísticos publicados en fontes bibliográficas e no Instituto Galego de Estatística. A pesar da presenza (en maior ou menor medida) do galego no ensino, a lingua perde falantes nas xeracións máis novas, curiosamente as mellor formadas en galego normativo. De aí que sexa preciso establecer outros factores que están influíndo neste proceso de paulatina substitución lingüística.
Dirección
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SABIN FERNANDEZ, JUAN DANIEL (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SABIN FERNANDEZ, JUAN DANIEL (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
Essència Natura: Proposta de obradoiros e campamentos dirixidos a mozos e mozas con diversidade auditiva.
Autoría
M.S.T.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
M.S.T.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
09.07.2024 17:30
09.07.2024 17:30
Resumo
Neste traballo desenvólvese un plan de empresa situado no territorio galego que se dedica á realización de obradoiros e campamentos dirixidos a mozos e mozas de entre 10 e 18 anos. Na empresa Essència Natura todas as nosas actividades están dirixidas a persoas que presentan algún tipo de hipoacusia parcial ou total. Por unha banda, indaga na definición e contextualización da orixe e características das persoas con diversidade auditiva, ademais de comentar aspectos esenciais sobre este tipo de actividades denominadas educativas non formais. Son innumerables as investigacións e teorías que amosan os diferentes beneficios que reciben os participantes ao formar parte deste tipo de experiencias. A filosofía ou temática principal de todos os contidos traballados versa sobre a concienciación social e ambiental tanto a nivel local como global. Por todas estas razóns, a través de todas as páxinas que conforman este proxecto pretendemos facer unha proposta de negocio real que aborde datos concretos, actividades concretas, recursos imprescindibles, elementos lexislativos que sustentan o proxecto, e mesmo un sistema de avaliación que nos permita garantir o eficacia do proxecto segundo os obxectivos preestablecidos; garantindo continuidade e durabilidade no tempo.

MECIAS CALVO, MARCOS (Titoría)
MECIAS CALVO, MARCOS (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Secretario/a)
FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Vogal)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Secretario/a)
FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Vogal)
Unha Escola Forestal no Sur. Bases teóricas para o emprendemento dunha escola de natureza no contexto latinoamericano, concretamente no Uruguai.
Autoría
C.N.M.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
C.N.M.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
10.07.2024 12:00
10.07.2024 12:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster pretende ser unha base conceptual para a proxección e implantación dun centro de educación infantil na natureza (escola forestal) no contexto latinoamericano e en particular no Uruguai. A xustificación desta elección responde a dúas razóns principais. Por unha banda, a inclinación profesional do alumno pola educación infantil na natureza e a vontade de afondar nesta metodoloxía nos seus diferentes enfoques. Por outra banda, o feito de proceder do Uruguai e dun contexto de traballo educativo formal onde as iniciativas de educación infantil na natureza son escasas. Isto implica unha motivación especial para planificar a implantación dunha escola forestal neste país. O traballo divídese en dúas grandes áreas que responden en termos xerais a aspectos disciplinarios: por un lado, o aspecto vinculado á pedagoxía e á área de educación e, por outro, o ámbito xurídico e económico. Con respecto á liña conceptual educativa, indagáronse e afondan nas liñas pedagóxicas, éticas e filosóficas da educación na natureza, así como no seu desenvolvemento na historia e nos puntos xeográficos onde se xera maior teoría ao respecto. No segundo ámbito, estableceranse os parámetros económicos e lexislativos para implantar unha institución educativa deste tipo no Uruguai segundo a lexislación educativa vixente. A metodoloxía de traballo basearase en investigación bibliográfica, reunindo a autores que traten o tema da educación na natureza e en particular a pedagoxía, a filosofía e as prestacións deste tipo de ensino. A viabilidade dun proxecto destas características no contexto do Uruguai preséntase como unha cuestión, tendo en conta todas as variables expostas anteriormente.

CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
FEAS VAZQUEZ, JACOBO Cotitoría
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
FEAS VAZQUEZ, JACOBO Cotitoría
Tribunal
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Presidente/a)
MECIAS CALVO, MARCOS (Secretario/a)
Lago Ballesteros, Joaquín (Vogal)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Presidente/a)
MECIAS CALVO, MARCOS (Secretario/a)
Lago Ballesteros, Joaquín (Vogal)
Pedagoxía baseada no lugar:unha proposta alternativa para a educación do século XXI
Autoría
A.P.C.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
A.P.C.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
10.07.2024 13:00
10.07.2024 13:00
Resumo
A Pedagoxía Baseada no Lugar tratase dunha alternativa á educación do século XXI, poñendo a súa mira na interrelación que se da entre comunidade, escola e entorno. Ao longo do presente Traballo de Fin de Máster comprobaremos os beneficios que traería desenvolver o currículo escolar por medio de propostas relacionadas coa Educación Baseada no Lugar, deste xeito a infancia aprendería facendo na súa contorna máis próxima; non se debe esquecer que o espazo é un axente educador. Nas sociedades do século XXI poderíamos dicir que a Educación Medioambiental posúe algunha que outra definición demasiado limitante. En cambio, a Educación Baseada no Lugar vai un paso máis ala, poñendo en valor a conexión co mundo real, a formulación de hipóteses, dúbidas ou a resolución de problemas, entre outros. A infancia desta forma adquirirá hábitos sostibles e de respecto cara ó planeta. O que pretendemos con este Traballo de Fin de Máster é realizar unha revisión bibliográfica sobre a Educación Baseada no Lugar. Co obxectivo de deseñar unha proposta de intervención educativa, para a infancia, baseada no estudo dunha contorna concreta. Mediante o deseño de propostas artísticas comprobaremos se as crianzas coñecen o barrio da súa escola ou non.

BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
Tribunal
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Presidente/a)
MECIAS CALVO, MARCOS (Secretario/a)
Lago Ballesteros, Joaquín (Vogal)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Presidente/a)
MECIAS CALVO, MARCOS (Secretario/a)
Lago Ballesteros, Joaquín (Vogal)
Proposta didáctica para o módulo profesional Programación do CS DAW, empregando a linguaxe Java como vehículo curricular.
Autoría
I.P.A.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
I.P.A.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 10:00
11.07.2024 10:00
Resumo
O seguinte traballo trata dunha proposta de innovación para o módulo profesional de Programación no Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web. Os cambios que tratamos de plasmar aquí baséanse nos resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos plasmados no currículo a nivel comunidade autónoma que aparece no Decreto 109/2011 e redistribuílos en orde para poder traballar materias e competencias en paralelo, usando para isto unha metodoloxía baseada en proxectos, cun marco de traballo coñecido como Scrum, que aportará o proceso de ensino-aprendizaxe unha contorna moi parella a que se vive nun desenvolvemento de software de aplicacións web profesional. Todo elo, elixindo Java coma linguaxe de programación e coma elemento de cohesión de todo o demais. Veremos conceptos de didáctica das ciencias de computación, e dentro desta área, de programación, e os desafíos máis comúns que lles aparecen aos estudantes nesta materia. De estes datos extraeremos un análise e xustificaremos o porqué da mellora que pensamos aportará esta proposta, e deseñaremos unha serie de actividades en torno a ela.
O seguinte traballo trata dunha proposta de innovación para o módulo profesional de Programación no Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web. Os cambios que tratamos de plasmar aquí baséanse nos resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos plasmados no currículo a nivel comunidade autónoma que aparece no Decreto 109/2011 e redistribuílos en orde para poder traballar materias e competencias en paralelo, usando para isto unha metodoloxía baseada en proxectos, cun marco de traballo coñecido como Scrum, que aportará o proceso de ensino-aprendizaxe unha contorna moi parella a que se vive nun desenvolvemento de software de aplicacións web profesional. Todo elo, elixindo Java coma linguaxe de programación e coma elemento de cohesión de todo o demais. Veremos conceptos de didáctica das ciencias de computación, e dentro desta área, de programación, e os desafíos máis comúns que lles aparecen aos estudantes nesta materia. De estes datos extraeremos un análise e xustificaremos o porqué da mellora que pensamos aportará esta proposta, e deseñaremos unha serie de actividades en torno a ela.
Dirección
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Titoría)
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Vogal)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Vogal)
Estudo dos riscos psicosociais na docencia
Autoría
N.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
N.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 11:00
11.07.2024 11:00
Resumo
A pesares de que, as enfermidades relacionadas cos riscos psicosociais están cada vez mais recoñecidas, aínda queda moito camiño por andar. No contexto educativo o estrés, o desgaste profesional ou o traballo emocional, relacionados coa elevada carga de traballo ou os continuos cambios pedagóxicos ós que os docentes están expostos, tamén se incrementaron. O obxectivo final deste traballo é facer un estudo e identificar e analizar os riscos psicosociais presentes nun instituto de Educación Secundaria, sito no concello de A Pastoriza (Lugo),un centro con pouco alumnado, nun encrave do rural tranquilo, e así procurar mellorar a saúde dos docentes a través de medidas preventivas para os riscos que sexan susceptibles de mellora.

DIAZ QUEIZAN, OSCAR (Titoría)
DIAZ QUEIZAN, OSCAR (Titoría)
Tribunal
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Vogal)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Vogal)
Proposta de proxecto interciclos baseado en APS
Autoría
M.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
M.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 13:00
11.07.2024 13:00
Resumo
Este TFM consiste na elaboración dunha proposta de intervención educativa para ciclos de Formación Profesional. O obxectivo principal é o deseño dun proxecto interdisciplinario que integre distintas familias profesionais e ciclos formativos, concretamente do sector da construción. Preséntase un enfoque a través do modelo sociocrítico, combinando os métodos innovadores de Aprendizaxe e Servizo (ApS) e Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABPx). A proposta busca fomentar a integración curricular e a colaboración entre o alumnado, que traballará conxuntamente para abordar unha necesidade social formulada no contexto formativo. Deste xeito, proporcionará unha experiencia educativa práctica e contextualizada que beneficiará tanto ó alumnado como á comunidade.
Este TFM consiste na elaboración dunha proposta de intervención educativa para ciclos de Formación Profesional. O obxectivo principal é o deseño dun proxecto interdisciplinario que integre distintas familias profesionais e ciclos formativos, concretamente do sector da construción. Preséntase un enfoque a través do modelo sociocrítico, combinando os métodos innovadores de Aprendizaxe e Servizo (ApS) e Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABPx). A proposta busca fomentar a integración curricular e a colaboración entre o alumnado, que traballará conxuntamente para abordar unha necesidade social formulada no contexto formativo. Deste xeito, proporcionará unha experiencia educativa práctica e contextualizada que beneficiará tanto ó alumnado como á comunidade.
Dirección
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Titoría)
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Vogal)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Vogal)
Novos retos na docencia coa presencia das TIC
Autoría
R.A.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
R.A.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 09:00
11.07.2024 09:00
Resumo
O desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) xeraron unha verdadeira revolución que transformou a nosa sociedade actual, sendo a educación uno dos ámbitos onde maior influencia tivo. O uso das TIC no ámbito educativo facilita e mellora o proceso de ensino. As TIC no proceso educativo debe supoñer unha oportunidade para innovar e potenciar o seu labor en base ás múltiples funcionalidades que proporcionan ditas tecnoloxías, sendo o docente o actor crave para a súa implantación. Na actualidade, o docente ten por diante unha serie de retos para poder sacarlle o maior partido ás novas tecnoloxías e poder innovar durante a docencia, deste xeito conseguir delas unha boa ferramenta para lograr motivación e entusiasmo por parte dos alumnos.
O desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) xeraron unha verdadeira revolución que transformou a nosa sociedade actual, sendo a educación uno dos ámbitos onde maior influencia tivo. O uso das TIC no ámbito educativo facilita e mellora o proceso de ensino. As TIC no proceso educativo debe supoñer unha oportunidade para innovar e potenciar o seu labor en base ás múltiples funcionalidades que proporcionan ditas tecnoloxías, sendo o docente o actor crave para a súa implantación. Na actualidade, o docente ten por diante unha serie de retos para poder sacarlle o maior partido ás novas tecnoloxías e poder innovar durante a docencia, deste xeito conseguir delas unha boa ferramenta para lograr motivación e entusiasmo por parte dos alumnos.
Dirección
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Presidente/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Presidente/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)
Aprendizaxe do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión utilizando o Método do Caso
Autoría
F.C.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
F.C.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 10:00
11.07.2024 10:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster mostra o uso do Método do Caso para resolver a problemática da aprendizaxe e aplicación, do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión. Este traballo céntrase no seu uso para a formación no ciclo de Grao Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, centrándose nos puntos referidos ó regulamento, se ben este método ten unha serie de calidades que o poden facer extensivo a outros aspectos e a outros ciclos. Pretendese facilitar ós estudantes un método para o aprendizaxe da normativa, que lles resulte atractivo, que os motive e que no que poidan ver un uso práctico dela.
Este Traballo Fin de Máster mostra o uso do Método do Caso para resolver a problemática da aprendizaxe e aplicación, do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión. Este traballo céntrase no seu uso para a formación no ciclo de Grao Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, centrándose nos puntos referidos ó regulamento, se ben este método ten unha serie de calidades que o poden facer extensivo a outros aspectos e a outros ciclos. Pretendese facilitar ós estudantes un método para o aprendizaxe da normativa, que lles resulte atractivo, que os motive e que no que poidan ver un uso práctico dela.
Dirección
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Presidente/a)
CIVES LEMA, ANA MARIA (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Presidente/a)
CIVES LEMA, ANA MARIA (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)
Gamificación mediante tecnoloxías educativas aplicada ao ensino/aprendizaxe da francofonía
Autoría
M.D.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
M.D.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 14:00
11.07.2024 14:00
Resumo
O Traballo Fin de Máster que se presenta consiste nunha proposta didáctica para o ensino da Francofonía en Educación Secundaria Obrigatoria, baseada na gamificación e o emprego das tecnoloxías. En primeiro lugar, realízase unha revisión teórica que atende, por unha banda, á aplicación das TIC e as TAC ao ensino de linguas, e por outra, á gamificación e a aprendizaxe baseada en xogos. En segundo lugar, deseñamos unha proposta didáctica gamificada con tecnoloxías educativas para a práctica da diversidade cultural. Por último, esta proposta permítenos obter os resultados reais da súa aplicación. Así, o obxectivo principal do traballo é amosar como as tecnoloxías educativas contribúen ao deseño e implementación de propostas didácticas gamificadas que favorecen a adquisición de competencias lingüísticas e culturais en linguas estranxeiras. Os resultados desta proposta permiten ver que o alumnado obtén un maior grao de coñecemento sobre a Francofonía mediante o emprego de xogos de base tecnolóxica, polo que se verifica que o emprego de tecnoloxías educativas favorece o proceso de ensino e aprendizaxe de linguas.

As redes sociais como ferramenta no ensino de FLE na Escola Oficial de Idiomas: presentación da unidade didáctica Un voyage dans la Francophonie
Autoría
I.A.E.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
I.A.E.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 09:00
11.07.2024 09:00
Resumo
En pleno século XXI, é obvio que a tecnoloxía forma parte da vida cotiá dun gran sector da sociedade. Internet, co seu vasto e case infinito caudal de contidos, erixiuse como unha fonte inestimábel de recursos en diferentes ámbitos, incluído o da ensinanza de linguas estranxeiras. Así, o obxectivo deste traballo de fin de mestrado é presentar unha unidade didáctica, concebida para unha Escola Oficial de Idiomas, na que empregamos as redes sociais como ferramenta pedagóxica para o ensino-aprendizaxe de FLE (Francés Lingua Estranxeira), en particular para descubrir e explorar a diversidade da Francofonía. As redes sociais e o material auténtico que nelas podemos atopar ofrecen unha fiestra única para explorar as múltiples facetas da Francofonía e arrequecer a experiencia de aprendizaxe do estudantado. Neste caso, o emprego das redes sociais pode facilitar a exposición a unha ampla gama de acentos, expresións idiomáticas e culturas presentes na Francofonía; isto permitiralles ós estudantes desenvolver as súas habilidades lingüísticas e a súa competencia intercultural, fomentando así unha comprensión máis profunda e respectuosa da diversidade cultural dentro do ámbito francófono.
En pleno século XXI, é obvio que a tecnoloxía forma parte da vida cotiá dun gran sector da sociedade. Internet, co seu vasto e case infinito caudal de contidos, erixiuse como unha fonte inestimábel de recursos en diferentes ámbitos, incluído o da ensinanza de linguas estranxeiras. Así, o obxectivo deste traballo de fin de mestrado é presentar unha unidade didáctica, concebida para unha Escola Oficial de Idiomas, na que empregamos as redes sociais como ferramenta pedagóxica para o ensino-aprendizaxe de FLE (Francés Lingua Estranxeira), en particular para descubrir e explorar a diversidade da Francofonía. As redes sociais e o material auténtico que nelas podemos atopar ofrecen unha fiestra única para explorar as múltiples facetas da Francofonía e arrequecer a experiencia de aprendizaxe do estudantado. Neste caso, o emprego das redes sociais pode facilitar a exposición a unha ampla gama de acentos, expresións idiomáticas e culturas presentes na Francofonía; isto permitiralles ós estudantes desenvolver as súas habilidades lingüísticas e a súa competencia intercultural, fomentando así unha comprensión máis profunda e respectuosa da diversidade cultural dentro do ámbito francófono.
Dirección
CIVES LEMA, ANA MARIA (Titoría)
CIVES LEMA, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
González Pereira, Miguel (Presidente/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Secretario/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Vogal)
González Pereira, Miguel (Presidente/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Secretario/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Vogal)
O Uso de Xogos para a Mellora da Produción Oral en Linguas Estranxeiras
Autoría
C.P.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
C.P.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 11:00
11.07.2024 11:00
Resumo
Ante unha sociedade cada vez máis dixitalizada, existe a necesidade de incluír novas metodoloxías baseadas no emprego de recursos dixitais. Doutra banda, cada vez son máis os centros que inclúen xogos como estratexia educativa dentro das súas programacións. Con todo, cal é a perspectiva do alumando? O seguinte traballo estuda se as actividades gamificadas son útiles para a mellora da produción oral na lingua estranxeira inglés. Para iso, levarase á práctica unha proposta educativa baseada en dúas actividades gamificadas, unha dixital (Kahoot) e outra analóxica (xogo de rol). Os datos analizados foron extraídos a partir dunha enquisa de autoavaliación respondida por 39 alumnos e alumnas do nivel educativo de terceiro da E.S.O. Ademais, tivéronse en conta os resultados de mellora das habilidades orais dos participantes. Os resultados do estudo indican que o alumnado mostra unha actitude positiva cara á gamificación na aprendizaxe de idiomas, especialmente aquelas actividades presentadas en formato dixital. Á súa vez, o alumnado considera o uso de xogos como un recurso eficiente para a aprendizaxe de aspectos fonéticos da lingua estranxeira. En conclusión, debido á súa natureza práctica, a gamificación permite a mellora e o desenvolvemento das destrezas orais en linguas estranxeiras.

O tratamento das interferencias lingüísticas a través da competencia cultural
Autoría
A.V.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
A.V.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
11.07.2024 13:00
11.07.2024 13:00
Resumo
As interferencias lingüísticas representan un reto significativo no ensino de linguas estranxeiras, especialmente en contextos multilingües e en situacións de contacto lingüístico. Isto é especialmente relevante no caso do galego e do portugués. Con esta proposta de intervención, buscamos ofrecer unha estratexia para abordar ditas interferencias, pois o noso obxectivo radicará na confrontación do alumnado con estes desafíos. Para isto, utilizaranse materiais auténticos e aspectos culturais, servíndonos tanto a tradución directa como a inversa para resaltar as diferencias e similitudes entre ambas linguas. A proposta tamén se fundamentará na adquisición da competencia cultural, polo que empregaremos o Enfoque Baseado en Tarefas, a inmersión lingüística e a Aprendizaxe Baseada no Pensamento como os pilares metodolóxicos, que nos permitirán explorar a cultura lusófona á vez que traballamos sobre o noso obxectivo principal. Finalmente, e tras aplicarse esta proposta nun contexto educativo real, presentaranse os resultados e a súa efectividade, así como os puntos fortes e fracos da mesma.

A cortesía nas aulas de inglés
Autoría
I.I.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
I.I.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 11:00
13.09.2024 11:00
Resumo
A cortesía, en pragmática, enténdese como un conxunto de tácticas ou normas conversacionais que permiten a existencia de harmonía entre receptor(es) e emisor(es) en relación á cultura de orixe, ao ser usadas principalmente para suavizar situacións de conflito que poderían xurdir. As estratexias de cortesía poden ser moi variadas. Este TFM ten como obxectivo facer unha análise teórica da cortesía, determinar que existen diferencias entre os tipos de cortesía usados por distintas comunidades, centrando a atención especialmente entre aquelas de fala principalmente hispana e aquelas angloparlantes, así como a realización dunha proposta didáctica para posibles aplicacións prácticas na aula de inglés como primeira lingua estranxeira en primeiro de bacharelato, incluíndo a análise dun cuestionario realizado en alumnado dese mesmo curso.

CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)
CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)
Análise do tratamento dos contidos de literatura española nos libros de texto de Educación Secundaria Obrigatoria
Autoría
M.L.H.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
M.L.H.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 13:00
13.09.2024 13:00
Resumo
Neste traballo estudaremos o tratamento que recibe a literatura na etapa de Educación Secundariade. Analizaremos seis libros de texto de Lingua castelá e literatura de 3º de educación secundaria obrigatoria. Repasaremos a historia e a importancia da educación literaria no noso sistema educativo e, a continuación, examinaremos a estrutura xeral, o contido teórico e as actividades prácticas de cada un dos manuais elixidos. Por último, comprobaremos os resultados da nosa investigación para coñecer cómo é a estrutura dos libros de texto analizados, as súas similitudes e diferenzas, e comprobar se cumpren co establecido no decreto.
Neste traballo estudaremos o tratamento que recibe a literatura na etapa de Educación Secundariade. Analizaremos seis libros de texto de Lingua castelá e literatura de 3º de educación secundaria obrigatoria. Repasaremos a historia e a importancia da educación literaria no noso sistema educativo e, a continuación, examinaremos a estrutura xeral, o contido teórico e as actividades prácticas de cada un dos manuais elixidos. Por último, comprobaremos os resultados da nosa investigación para coñecer cómo é a estrutura dos libros de texto analizados, as súas similitudes e diferenzas, e comprobar se cumpren co establecido no decreto.
Dirección
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
Escape route mitolóxico no Valle de Baztan
Autoría
K.L.I.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
K.L.I.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
09.09.2024 10:30
09.09.2024 10:30
Resumo
A pesar de que a mitoloxía é parte da literatura, a súa transmisión é cada vez máis escasa e pérdese de xeración en xeración. En épocas antigas, a mitoloxía dáballe sentido ao mundo e os ciclos, baseándose en fábulas e no poder de seres sobre os fenómenos naturais. Todas estas crenzas foron parte da cultura vasca, moi ligada á natureza.2 Coa intención de dar valor e conservar estas lendas, neste traballo, preséntase unha xornada mitolóxica para o público de entre 9 a 12 anos. Prepararase unha scape route, no Prepirineo navarro, concretamente entre o val de Baztan (Navarra) e Banca (Aquitania, Francia). No transcurso da ruta, o público atopará diversas lendas a través de mensaxes escritas polos personaxes mitolóxicos. Nelas proporánselles diversos desafíos que terán que superar mediante a habilidade comunicativa, motriz e orientativa, para poder chegar á seguinte pista e escapar dos perigos e ameazas que se nomean nas cartas. Ademais, esta ruta engade valor á experiencia lectora, xa que se participa desde a recreación de contextos e a conexión cos lugares que serviron de inspiración ás lendas. Por tanto, a aprendizaxe experiencial é un dos alicerces desta xornada.

RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Secretario/a)
CABANA IGLESIA, ANA (Vogal)

Escolas de Educación na Natureza na China: Análise da Situación Actual e Casos Representativos
Autoría
Y.H.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Y.H.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
09.09.2024 11:30
09.09.2024 11:30
Resumo
Coa urbanización, a xente afástase cada vez máis da natureza. Tras a pandemia de COVID-19, pais, educadores e políticos en China destacan a importancia das actividades ao aire libre. A educación natural en China está nas súas primeiras etapas, mentres que en moitos países xa está máis desenvolvida. Baseándonos nas prácticas e filosofías internacionais sobre a educación na natureza, podemos explorar as limitacións, características, vantaxes e o desenvolvemento futuro deste modelo educativo en China. Primeiro, necesitamos entender as teorías avanzadas e o estado actual das prácticas de educación na natureza a nivel internacional, o que nos proporcionará un marco de referencia para analizar criticamente as prácticas en China. A continuación, revisamos o desenvolvemento histórico da educación na natureza en China e reflexionamos sobre os seus obstáculos e desvantaxes. Finalmente, seleccionamos tres casos típicos: dúas escolas forestais en áreas rurais e unha escola urbana centrada no xogo infantil ao aire libre en contornos naturais próximos. Utilizamos a ferramenta DAFO para analizar criticamente estes tres casos representativos. O propósito deste estudo é revelar os retos e éxitos específicos aos que se enfrontan estas escolas ao implantar a educación na natureza e analizar a eficacia das súas estratexias e enfoques.

Pedagoxía Verde: achegamento da infancia ao medio natural a través de proxectos educativos.
Autoría
A.I.I.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
A.I.I.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
09.09.2024 16:30
09.09.2024 16:30
Resumo
Ao longo do tempo cambiou a relación entre o ser humano e o medio físico e natural co que se relaciona. Estes cambios supuxeron que na actualidade moitas persoas, entre elas nenas e nenos de distintas idades, medren en contextos desnaturalizados. É necesario un cambio da percepción e a relación da sociedade coa natureza? Neste Traballo de Fin de Máster analízase e contextualízase a orixe dunha sociedade biofóbica, para constatar os cambios no estilo de vida e nos xogos das crianzas. Tamén se establece como o contacto coa natureza afecta ao desenvolvemento cognitivo, social, físico e emocional durante a nenez; e cales son os beneficios desta conexión. Que papel xoga a educación neste cambio? Recentemente aparece o enfoque metodolóxico da Pedagoxía Verde, que se caracteriza porque permite ter en conta o medio natural en calquera intervención educativa. A pesar de ter pouco percorrido, conta con varios antecedentes teóricos, e a nivel práctico tamén existen varios enfoques educativos que teñen en conta o medio físico onde ocorre o proceso de aprendizaxe. Expóñense algúns destes modelos e establécese o rol concreto que teñen as persoas adultas nas actividades educativas na natureza. No caso concreto da Comunidade Autónoma de Galicia existen varias iniciativas relacionadas ca educación na natureza para a infancia. Recóllense distintos proxectos educativos que achegan información de como é a situación actual da pedagoxía na natureza na comunidade.

GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Presidente/a)
CHAO PENABAD, OSCAR (Secretario/a)
RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO (Vogal)

Máis aló do lixo: como os residuos nos falan de problemas globais e como combatelos.
Autoría
P.S.P.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
P.S.P.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
09.09.2024 17:30
09.09.2024 17:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster xirará en torno aos residuos xerados polo ser humano e abandonados no medio natural, acción que xa ten un termo propio: basuraleza (de combinar en castelán as palabras basura e naturaleza). Neste documento preséntase o alto impacto ambiental, social e económico que esta cuestión supón, dende efectos nos ecosistemas e biodiversidade, pasando por cuestións de saúde e rematando ca importancia da xestión. No marco teórico búscase a relación destes residuos con diferentes acepcións, demostrando que a basuraleza é un concepto que se entrelaza con diversidade de cuestións e problemáticas. Tratarase de identificar e analizar diferentes fontes de residuos xerados polos humanos, dende restos plásticos ata restos orgánicos; facendo fincapé no auxe dos residuos téxtiles, electrónicos e alimentarios. Estes residuos lévannos a abordar as cuestións do consumismo e da globalización, cada vez máis presentes, aspectos que a súa vez están relacionados moi de preto ao propio sistema económico actual, o cal nos permite adentrarnos na explotación, tanto humana coma de recursos naturais. Tamén se busca mostrar e profundar en diferentes modos de combater a temática central, como a educación ambiental e a economía circular, ou coñecendo casos particulares de diferentes culturas. A todo isto o Máster DAEN preséntase coma unha oportunidade dende a que promover a toma de consciencia, propoñendo alternativas e dotando de recursos.

FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Titoría)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Presidente/a)
CHAO PENABAD, OSCAR (Secretario/a)
RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO (Vogal)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Presidente/a)
CHAO PENABAD, OSCAR (Secretario/a)
RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO (Vogal)
Decolonizing language na aula de inglés: A poesía en Spanglish como recurso didáctico en educación secundaria
Autoría
G.H.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
G.H.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
13.09.2024 10:00
13.09.2024 10:00
Resumo
É obxecto do presente traballo expor unha proposta didáctica aplicada á aula de inglés de educación secundaria centrada na instrución da literatura, disciplina usualmente relegada a un segundo plano na ensinanza de linguas estranxeiras. A través da pertinente revisión bibliográfica e do posterior desenvolvemento do caso práctico, o obxectivo é pór o foco sobre a literatura estranxeira, concretamente a poesía escrita en Spanglish, como fonte de riqueza non únicamente lingüística, senón tamén cultural e axiolóxica.
É obxecto do presente traballo expor unha proposta didáctica aplicada á aula de inglés de educación secundaria centrada na instrución da literatura, disciplina usualmente relegada a un segundo plano na ensinanza de linguas estranxeiras. A través da pertinente revisión bibliográfica e do posterior desenvolvemento do caso práctico, o obxectivo é pór o foco sobre a literatura estranxeira, concretamente a poesía escrita en Spanglish, como fonte de riqueza non únicamente lingüística, senón tamén cultural e axiolóxica.
Dirección
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)
A literatura, os valores e a natureza unidos nunha senda literaria.
Autoría
M.V.C.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
M.V.C.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
07.02.2024 11:30
07.02.2024 11:30
Resumo
A relación entre a literatura, a educación en valores e a natureza é profunda e significativa. Mediante a súa interrelación faise posible ofrecer un enfoque integral para fomentar o pensamento crítico, a empatía, o respecto pola contorna e a formación de individuos máis conscientes e comprometidos coa ética, o medio ambiente e a sociedade. Así, nun primeiro apartado teórico, realízase unha revisión sobre a necesidade cada vez máis presente de achegar aos nenos e nenas á natureza, achegándonos ao déficit de natureza de Richard Louv que nos serve como punto de partida e palanca de cambio ante esta realidade. Así mesmo, lévase a cabo unha análise da educación en valores e, tamén, da literatura como recurso didáctico. A continuación, no epígrafe práctico, elabórase unha senda literaria coa que se pretende dar a familias e a futuros docentes unha formación para o medio ambiente, no medio ambiente e a prol da educación en valores, de forma experiencial mediante situacións de aprendizaxe nas que se presentan obras literarias para traballar a educación en valores. Igualdade, inclusión, coeducación, educación ambiental e arte son palabras que definen esta proposta e coas que daremos sentido a novas formas de conectar coa natureza e con outras realidades.

GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
O rol da Filosofía para Nenos na formación da conciencia ecolóxica infantil: un enfoque pedagóxico innovador.
Autoría
M.A.F.R.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
M.A.F.R.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
10.09.2024 16:30
10.09.2024 16:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster presenta unha proposta pedagóxica innovadora para a Educación Infantil baseada na Filosofía para Nenos (FpN), orientada a fomentar a conciencia ecolóxica dende as primeiras idades. O estudo analiza as cualidades principais da FpN e o seu impacto como metodoloxía educativa, identificando as súas oportunidades e desafíos, e trata de aproveitalos para fomentar a reflexión ambiental. A investigación propón unha serie de actividades didácticas que utilizan o álbum ilustrado como recurso principal, tratando de seleccionalo en base á súa calidade técnica e estilística, para promover o pensamento crítico e reflexivo nas crianzas sobre do seu entorno natural. A proposta inclúe ata oito actividades coas que introduce ás crianzas no respecto á natureza e á importancia do diálogo filosófico, buscando concienciar no valor de minimizar o impacto ambiental e fomentar a responsabilidade ecolóxica. Ademais, intégranse elementos artísticos para enriquecer a experiencia educativa e espertar a curiosidade cara á biodiversidade. Cada actividade está deseñada para ser inclusiva e accesíbel, permitindo ás crianzas participar activamente e desenvolver unha conexión profunda e respectuosa co seu entorno. A través deste enfoque, espérase contribuír á formación dunha xeración máis consciente e comprometida coa sustentabilidade ambiental.

Proposta educativa vivencial na natureza: Aprender facendo
Autoría
S.A.A.C.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
S.A.A.C.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
09.07.2024 16:30
09.07.2024 16:30
Resumo
Vivimos nun mundo que sofre o deterioro ambiental causado pola actividade humana. Esta desconexión entre sociedades e natureza increméntase coa educación tradicional recibida, que se centra no desenvolvemento intelectual, limitándose a espazos pechados e descoidando a dimensión subxectiva das persoas. Ante este contexto, xorde a cuestión de como se podería establecer un vínculo máis respectuoso coa natureza, partindo do propio individuo. Por iso, considérase fundamental partir da educación. Neste Traballo Fin de Máster analízanse as implicacións de estar, ou non estar, en contacto coa natureza e explóranse os fundamentos teóricos da educación somática e da aprendizaxe experiencial. A revisión bibliográfica avala a importancia dunha educación que favoreza a interacción coa natureza, a aprendizaxe a través da experiencia directa, a reflexión e a conciencia corporal, destacando o seu impacto tanto no ámbito social como ambiental. Como resultado, proponse unha actividade educativa en contornas naturais, que busca promover o contacto das persoas coa natureza e consigo mesmas a travs da experiencia. Ao adoptar un enfoque non formal, esta proposta podería ser aplicable a diversos públicos e contextos, adaptando o seu contido en función das necesidades específicas. En definitiva, espérase que esta proposta contribúa a cultivar un vínculo máis harmónico entre a sociedade e o medio natural.

Educación, Arte e Natureza: un proxecto de formación internacional.
Autoría
D.M.M.D.M.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
D.M.M.D.M.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
10.07.2024 11:00
10.07.2024 11:00
Resumo
Este traballo de investigación explora a integración da natureza e a arte na educación contemporánea, destacando a súa importancia para o desenvolvemento integral da infancia e a mocidade. Mediante a aprendizaxe experiencial, este enfoque promove as habilidades sensoriais, cognitivas e emocionais, loitando contra problemas como a ansiedade e o déficit de atención, e promovendo a empatía e a responsabilidade ambiental. Como resultado final, deseñouse un proxecto formativo, baseado na metodoloxía goetheana e en programas de educación non formal como Erasmus +, abordando a conexión coa natureza a través de actividades de exploración e reflexión en ambientes naturais. Este estudo confirma os beneficios do contacto regular coa natureza e da participación en actividades artísticas, e presenta unha formación interdisciplinar e sostible que inspira a infantes, mozos e educadores a ser conscientes, curiosos e comprometidos coa preservación do medio ambiente. A investigación destaca a necesidade dun enfoque educativo holístico, que prepare ás xeracións futuras para afrontar os retos ambientais con creatividade e responsabilidade.

Estudo da Ruta Sete muíños e Pedra da auga de Guitiriz co fin de valorar a súa accesibilidade para persoas con diversidade funcional.
Autoría
M.S.D.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
M.S.D.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
07.02.2024 10:30
07.02.2024 10:30
Resumo
O presente Traballo Fin de Máster consiste en analizar a ruta Sete muíños e Pedra da auga de Guitiriz para identificar se é accesible ou non seguindo a Guía Técnica de Accesibilidad para la Red de Caminos Naturales. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Primeiramente, farase unha revisión bibliográfica para poñer en contexto a diversidade funcional e a discapacidade e os beneficios que conleva para estas persoas realizar actividade física e estar en contacto coa natureza, así como os inconvenientes, barreiras ou obstáculos que existen para que o leven a cabo. A continuación, procederase a determinar cales son as características necesarias para que unha ruta sexa accesible para persoas con diversidade funcional. De seguido, realizarase a ruta mencionada, analizarase e discutiranse os resultados para saber se é accesible ou non e chegar a unhas conclusións sobre o traballo realizado.