Ir o contido principal
STG

Calidade

O Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Óptica e Optometría abrangue a todas as titulacións oficiais tanto de grao como de máster universitario. Así mesmo, inclúe a toda a comunidade do centro: alumnado, PDI e PAS.

En conxunto, o SGC da Facultade de Óptica e Optometría contempla o deseño da oferta formativa, a avaliación e revisión do seu desenvolvemento e a toma de decisións para a mellora continua. Asemade, recolle a planificación dos obxectivos a acadar, de acordo coa estratexia da universidade e da propia facultade e a revisión periódica do funcionamento do sistema, en orde a garantir a súa utilidade para todos os grupos de interese.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2021.