Ir o contido principal
STG

TFG

Os Graos conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo de fin de grao (TFG) que deberá realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O TFG consistirá na elaboración dun traballo académico orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados nas titulacións de grao e incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, redacción, presentación e defensa.

O plan de estudos do Grao en Óptica e Optometría sinala a realización obrigatoria dun TFG de 9 créditos ECTS.

O TFG estará orientado á avaliación das seguintes competencias asociadas á titulación:

  • Ser capaz de definir os obxectivos do traballo, identificando o problema a resolver ou o obxectivo de coñecemento a alcanzar.
  • Ser capaz de deseñar as tarefas, organizar os pasos a seguir para alcanzar os obxectivos e desenvolver o traballo de acordo co plan definido.
  • Saber buscar e seleccionar información relevante para o caso, problema ou obxecto de estudo, a partir de fontes do nivel de libros de texto avanzados e incorporando algunhas achegas de textos científicos especializados.
  • Facer uso dos coñecementos adquiridos ao longo dos estudos que sexan pertinentes para o obxecto do traballo e integrar con eles a nova información conseguida.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2024.