Ir o contido principal
STG

Prácticas tuteladas/externas

As prácticas académicas son unha actividade formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada pola USC que ten por obxectivo permitirlles aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica.

As prácticas favorecen a adquisición de competencias que preparan para o exercicio de actividades profesionais, facilitan a empregabilidade e fomentan a capacidade de emprendemento.

É obrigatorio obter o NUSS propio para poder realizar as prácticas

Para a realización das Prácticas Tuteladas, o alumnado deberá ter superados:

  • Os tres primeiros cursos da titulación (180 créditos) se van realizar as prácticas no 2.º semestre.
  • Os tres primeiros cursos da titulación (180 créditos) e as materias obrigatorias de 4.º curso se van realizar as prácticas no 1.º semestre.

Non obstante, o alumnado que solicite algunha bolsa que esixa estar matriculado de todas as materias que lle resten para rematar os estudos, poderá realizar unha matrícula condicionada no período ordinario de matrícula. Esta matrícula condicionada só dará dereito ás Prácticas Tuteladas se cumpre en prazo os requisitos esixidos. De non se cumpriren, a Unidade de Xestión Académica procederá a anular de oficio a matrícula desta materia.

Convenios de prácticas

A Facultade de Óptica e Optometría ten subscritos convenios con diferentes entidades públicas e privadas para realizar prácticas en hospitais do SERGAS e prácticas tuteladas en diferentes empresas de óptica.

  • Convenio con Colegio Nacional de Ópticos-Optometristas. Convenio para a realización de prácticas Tuteladas do Grao en Óptica e Optometría
  • Convenio co SERGAS. Convenio para a realización de prácticas nos Hospitais do Servizo Galego de Saúde.
  • Convenio coa Consellería de Traballo e Benestar Social. Convenio para a realización de prácticas de Optometría Xeriátrica en Centros de Maiores dependentes da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia
  • Convenio General Óptica. Convenio para a realización de Prácticas Tuteladas, en todo o territorio nacional, nos centros asociados a General Óptica
  • Convenio Federópticos. Convenio para a realización de Prácticas Tuteladas, en todo o territorio nacional, nos centros asociados a Federópticos
  • Convenio Multiópticas. Convenio para a realización de Prácticas Tuteladas, en todo o territorio nacional, nos centros asociados a Multiópticas
  • Convenio Soloptical. Convenio para a realización de Prácticas Tuteladas, en todo o territorio nacional, nos centros asociados a Soloptical

A materia de Prácticas externas é unha materia obrigatoria de segundo semestre, de 8 ECTS, na que os alumnos realizan 160 horas de prácticas relacionadas cos contidos do Máster.

Para a realización das prácticas a Facultade ten convenios ou acordos cos seguintes centros:

  • Servizo de Optometría da USC
  • Centro Investigación Bioloxía USC
  • Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica 
  • CIMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades)
  • Centro Óptico Amaro
  • Centro de Optometría Gallego (COGA)
  • Centro Optometría Videre
  • Centro Óptico Urigüen
  • Federópticos Bernárdez Vigo
  • Centro Óptico BoaVisión
  • Centro de Optometría Eyetools
  • Centro de Optometría e Audioloxía María González.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2024.