Ir o contido principal
STG

TFM

O Traballo de fin de Máster (TFM) consistirá na elaboración por parte do estudante dun traballo, memoria ou traballo estudo orixinal.

O TFM ten como obxectivo principal integrar as competencias básicas e xerais, transversais e específicas propias do Máster en Optometría  coa finalidade de que o/a alumno/a acredite e profundice nos coñecementos e destrezas adquiridos ao longo do seus estudos de Máster.

Os TFM só poderán ser defendidos e avaliados unha vez que se teña constancia de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de Máster, salvo os correspondentes aos propios do traballo.

A carga lectiva do Traballo de fin de máster (TFM) é de 10 ECTS (equivalente a un tempo de traballo de 250 horas).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.07.2024.