Ir o contido principal
STG

Política de calidade

O Sistema de Garantía de Calidade (SGC) busca propiciar a mellora continua da Facultade de Química, permitíndolle acadar niveis de calidade que faciliten a acreditación e renovación dos títulos que se imparten nela e abrindo o camiño cara a acreditación institucional da Facultade de Química.

A política de calidade da Facultade de Química está en liña cos obxectivos estratéxicos establecidos no Plan Estratéxico. O Plan Estratéxico, en vigor ata 2022, tamén establece a misión, visión e valores do centro. No futuro, sempre que se aprobe un novo plan estratéxico deberá revisarse a política de calidade para incluír os obxectivos, a misión, visión e valores establecidos no novo Plan Estratéxico.
O documento que na actualidade establece a política de calidade da facultade de química foi aprobado en Xunta de facultade do 30 de Setembro de 2021 e está dispoñible no seguinte enlace.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.10.2021.