Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Química na Fronteira coa Bioloxía e a Ciencia de Materiais

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Facultade de Química
Avda. das Ciencias, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881814229 (Conserxaría)
881814256 (Decanato)
facultade.quimica.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Juan Ramón Granja Guillán
Contacto
juanr.granja [at] usc.es

Este máster é unha títulación a tempo completo destinada a proporcionar unha formación científica e tecnolóxica multidisciplinar en química e a súa fronteira coa bioloxía celular e coa ciencia de materiais. Os estudantes estarán expostos a unha contorna de investigación dinámica e internacional, e terán a oportunidade de adquirir as habilidades prácticas e os coñecementos necesarios para inscribirse nun programa de doutoramento e iniciar así unha carreira investigadora, ou para acceder ao mercado de traballo en diferentes sectores industriais (químico, farmacéutico, biotecnologico, nanotecnologico, etc.).

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 4316969
Número de ECTS: 90
Número prazas: 20

Decano/a ou director/a do centro:
Jesus Sanmartin Matalobos
jesus.sanmartin [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Juan Ramón Granja Guillán
juanr.granja [at] usc.es

Linguas de uso:
Inglés

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 2/08/2019 (DOG do 14/08/2019)

Data de publicación no BOE:
8/07/2020

Data da última acreditación:
05/06/2019

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 33
Optativas: 12
Prácticas externas 15
Traballo fin de máster: 30
Total: 90

Non se contemplan

Este máster é unha títulación a tempo completo destinada a proporcionar unha formación científica e tecnolóxica multidisciplinar en química e a súa fronteira coa bioloxía celular e coa ciencia de materiais. Os estudantes estarán expostos a unha contorna de investigación dinámica e internacional, e terán a oportunidade de adquirir as habilidades prácticas e os coñecementos necesarios para inscribirse nun programa de doutoramento e iniciar así unha carreira investigadora, ou para acceder ao mercado de traballo en diferentes sectores industriais (químico, farmacéutico, biotecnologico, nanotecnologico, etc.).

-

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 33
Optativas: 12
Prácticas externas 15
Traballo fin de máster: 30
Total: 90

Desde o momento da admisión, os alumnos estarán en contacto directo co persoal de xestión do máster e, a través deste persoal, co seu coordinador/a. A través deste contacto os alumnos recibirán o asesoramento inicial que precisen en relación coa elección de materias, organización docente do programa, posibilidade de acceder a bolsas/contratos de apoio, etc. Por outra banda, levarase a cabo unha asignación temporal do Traballo Fin de Máster e do titor científico de cada estudante, que a partir dese momento apoiarán e orientarán o alumno en todas as dúbidas que teña ou nas decisións deba tomar. A través de reunións conxuntas do alumno co titor asignado e, eventualmente, co coordinador do máster, realizarase un seguimento periódico da evolución do estudante ao longo do programa.

Ao longo de todo o itinerario de realización do máster, os alumnos/as disporán dunha conta corporativa de correo electrónico, a través da cal recibirán información periódica das actividades organizadas (anuncios de seminarios, de conferencias, de xornadas científicas, etc), así como as comunicacións xerais que afecten o funcionamento propio do centro.

Na páxina web do CiQUS, aloxarase unha sección específica para o programa de máster, a través da cal os alumnos terán acceso á páxina web da universidade co obxecto de poder levar a cabo trámites administrativos, consulta de expediente, consultas sobre a organización docente do curso (horarios, calendario de exames, grupos, etc). Contarán tamén co apoio da plataforma virtual (Campus Virtual) da USC, con toda a información sobre guías docentes, materiais, probas de avaliación, avisos, comunicación cos profesores, etc.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten a

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: criterios específicos

Titulacións de acceso

-Grao ou licenciatura en Química
-Outras titulacións da rama de Ciencias, de Ciencias da Saúde ou de Arquitectura e Enxeñaría que inclúan formación en química e relacionadas co mestrado, como Bioloxía, Bioquímica, Biotecnoloxía, Farmacia, Física. Enxeñaría Química e titulacións afíns
-A Comisión Académica valorará casos individuais non recollidos explicitamente.

Os aspirantes deben demostrar coñecementos de inglés cun nivel mínimo B1. A acreditación dun nivel superior valorarase como mérito curricular adicional.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Expediente académico: 85%
Méritos curriculares adicionales: 10%
Carta de motivación 5%

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: criterios específicos

Titulacións de acceso

-Grao ou licenciatura en Química
-Outras titulacións da rama de Ciencias, de Ciencias da Saúde ou de Arquitectura e Enxeñaría que inclúan formación en química e relacionadas co mestrado, como Bioloxía, Bioquímica, Biotecnoloxía, Farmacia, Física. Enxeñaría Química e titulacións afíns
-A Comisión Académica valorará casos individuais non recollidos explicitamente.

Os aspirantes deben demostrar coñecementos de inglés cun nivel mínimo B1. A acreditación dun nivel superior valorarase como mérito curricular adicional.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Expediente académico: 85%
Méritos curriculares adicionales: 10%
Carta de motivación 5%

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Saber aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas prácticos no ámbito da investigación e a innovación no contexto multidisciplinar da química biolóxica e os materiais moleculares
- Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades na elaboración dos protocolos necesarios para o deseño e avaliación crítica de experimentos químicos.
- Ser capaces de debater e comunicar as súas ideas, de forma oral e escrita, a públicos especializados e non especializados (congresos, etc.) dun modo claro e razoado.
- Ser capaces de comprender as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos na investigación, o desenvolvemento e a innovación na área da química biolóxica e os materiais moleculares.
- Dispoñer das habilidades que lle permitan desenvolver un modo de estudo e aprendizaxe autónoma.
- Ter capacidade de liderado, creatividade, iniciativa e espírito emprendedor.
- Ser capaces de traballar formando parte de equipos multidisciplinares e colaborar con outros profesionais, en ámbitos nacionais e internacionais.
- Poder manexar bibliografía científica e desenvolver o criterio necesario para a súa interpretación e manexo.
- Ser capaces de manipular con seguridade as sustancias químicas e traballar sen risco nun laboratorio químico.
- Ser capaces de desenvolver as diferentes etapas implicadas nunha investigación (desde concibir unha idea e facer unha procura bibliográfica até a formulación dos obxectivos, o deseño do experimento, a análise dos resultados e a dedución das correspondentes conclusións).
- Poder adaptarse de forma eficiente a futuros estudos de doutoramento en áreas multidisciplinares.

- Coñecer o impacto da química, a química biolóxica e os materiais moleculares na industria, o medio ambiente, a saúde, a agroalimentación e as enerxías renovables.
- Ser capaz de confrontar críticamente os datos experimentais e as hipóteses teóricas.
- Coñecer as normas sobre a prevención de riscos no laboratorio e na industria relacionada coa química.
- Coñecer e entender as ferramentas químicas e as técnicas analíticas que se usan na química biolóxica e os materiais moleculares.
- Saber analizar e utilizar os datos obtidos de xeito autónomo nos experimentos complexos de laboratorio relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas apropiadas.
- Coñecer as bases fisicoquímicas dos procesos biolóxicos.
- Que os estudantes adquiran coñecementos sobre as técnicas avanzadas na caracterización estructural de macromoléculas, supramoléculas e coloides relevantes no ámbito da química biolóxica e os materiais moleculares.
- Adquirir destreza técnica para levar a cabo a caracterización estructural de moléculas, biomoléculas, supramoléculas e nanopartículas e na interpretación dos datos experimentais obtidos.
- Operar coa instrumentación avanzada relacionada coa investigación en química biolóxica e os materiais moleculares.
- Coñecer as posibilidades das técnicas de RMN e ESR para a análise de procesos dinámicos (difusión) de biomoléculas en medios biolóxicos, sendo capaces de procesar e interpretar espectros reais destas técnicas
- Coñecer os conceptos básicos da Química Supramolecular, os tipos máis importantes de entidades supramoleculares, os métodos de caracterización, as súas modificacións e a súa aplicación en Ciencia e Tecnoloxía.
- Coñecer as forzas de interacción débiles que dominan os procesos supramoleculares e que poidan aplicalas á obtención de novos materiais e funcións biolóxicas.
- Coñecer as magnitudes que determinan as propiedades de materiais na nanoescala.
- Coñecer os conceptos básicos da Química dos Materiais Moleculares, os tipos máis importantes, as técnicas para o seu estudo, caracterización, modificación e as súas aplicacións na tecnoloxía actual.
- Que os estudantes coñezan os métodos e a utilidade da nanotecnología para o estudo dos procesos de interese médico e biolóxico.
- Coñecer os procesos de catálise máis relevantes no ámbito da química biolóxica e os materiais moleculares.
- Ser capaz de establecer relacións entre estrutura e reactividade.
- Entender a necesidade e importancia da síntese química así como os seus métodos máis relevantes, incluíndo os fundamentos dos procesos estereoselectivos en química, e ser capaz de deseñar rutas sintéticas de moléculas complexas.
- Saber realizar, presentar e defender individualmente, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudos, un proxecto integral de Química Biolóxica e Materiais Moleculares de carácter investigador no cal se sinteticen as competencias adquiridas nas diferentes ensinanzas do mestrado.
- Saber programar e levar a cabo novos experimentos no laboratorio de forma autónoma e independente.

- Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar. Adaptarse a equipos multidisciplinares.
- Elaborar, escribir e defender públicamente informes de carácter científico e técnico.
- Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
- Aplicar os conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados coa Química Biolóxica e os Materiais Moleculares a contornos novos ou pouco coñecidos, dentro de contextos multidisciplinares.
- Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
- Ser capaces de adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar con iniciativa as tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes.
- Demostrar razoamento crítico e autocrítico na procura da calidade e rigor científicos. Manexar as ferramentas informáticas e as tecnoloxías da información e a comunicación, así como o acceso ás bases de datos en liña

Mobilidade

O programa do Máster Chemistry at the Interface with Biology and Materials Science inclúe no seu organizacióndocente a realización dun Proxecto de iniciación á investigación (15 ECTS), que poderá ser realizado en propio CiQUS (en ele grupo e investigación elixido para a realización do Traballo Fin de Máster ou, preferentemente, noutro laboratorio) ou nunha institución externa ou nunha empresa.
Desde o CiQUS fomentarase a mobilidade dos estudantes, animándoos especialmente a realizar este Proxecto de Iniciación á Investigación en Centros de Investigación Estranxeiros de prestixio internacional, co obxectivo de que os alumnos amplíen a súa formación científica en contornas multiculturais con investigacións de vangarda.
Para facilitar esta mobilidade de estudantes estableceranse convenios bilaterais, a través do programa ERASMUS con universidades estranxeira para facilitar o intercambio de estudantes de posgrao.
Na actualidade asinouse un convenio coa Ecole Supèrieure De Physique Et De Chimie Industrielles Da Ville De Paris (France) para o período 2017\2021, dentro do programa ERASMUS , e atópanse en negociación convenios coa Swansea University (UK) e University of Nottingham (UK).

A mobilidade dos/as estudantes está egulada a través do Regulamento de intercambios interuniversitarios. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional

Prácticas

O alumno deberá realizar un Proxecto de Iniciación á Investigación (15 ECTS) que poderá elixir co asesoramento do seu titor de acordo cos seus intereses.
Este proxecto estará destinado a adquirir unha aprendizaxe práctica tras a realización do proxecto de investigación principal do máster.
O alumno poderá desenvolver este proxecto:
- Nun laboratorio de investigación do centro (non necesariamente no mesmo grupo en que realizará o seu TFM, para favorecer a formación multidisciplinar).
- Noutros laboratorios de investigación nacionais ou internacionais (mobilidade internacional).
- En empresas colaboradoras deste máster (mobilidade transectorial).

O titor científico e o coordinador do máster prestarán asesoramento ao alumno en relación coa elección do proxecto. O contido do programa formativo dependerá do proxecto asignado ao alumno, pero en calquera caso incluirá formación experimental avanzada, exposición na contorna de investigación no ámbito académico ou industrial, ferramentas para a planificación e execución dun proxecto, análise e interpretación de resultados, redacción dun informe científico, etc.

O Máster ten un perfil eminentemente investigador. Inclúe por iso un Traballo Fin de Máster extenso (30 ECTS), a realizar nunha das activas liñas de investigación do CiQUS.

O Traballo de Fin de Máster consiste no deseño, planificaciónn e desenvolvemento dun proxecto de investigación orixinal e implicará a realización dun proxecto asociado a un plan de traballo asinado pola persoa que vaia a tutorizar ao alumno, de tal forma que o alumno terá que levar a cabo:
- Documentación bibliográfica sobre sobre antecedentes e estado actual do tema proposto como proxecto.
- Elaboración dunha proposta de obxectivos.
- Realización dos experimentos.
- Tratamento de datos.
- Elaboración, presentación pública e defensa dos resultados mais relevantes e as súas conclusións

O equipo docente do máster está constituído principalmente polos Investigadores Principais (IPs) do Centro Singular en Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), que tamén son profesores de diferentes departamentos da USC (principalmente da Facultade de Química) e presentan unha sólida experiencia docente e investigadora. De feito, o equipo inclúe 4 investigadores galardoados polo Consello Europeo de Investigación (ERC) e outros científicos recoñecidos internacionamente nos ámbitos temáticos do programa.

Para algúns cursos específicos contarase coa participación de profesores e expertos doutras áreas da USC, así como con prestixiosos profesores visitantes internacionais.

Profesorado
Wajih Al-Soufi
Julian Bergueiro Alvarez
Pablo Alfonso Del Pino Gonzalez De La Higuera
Martin Fañanas Mastral
Eduardo Fernandez Megia
Antonio Fernandez Ramos
Rebeca Garcia Fandiño
Maria Del Carmen Gimenez Lopez
Concepcion Gonzalez Bello
Miguel González Blanco
Juan Ramón Granja Guillán
Moises Gulias Costa
Massimo Lazzari
Fernando José López García
Manuel Arturo Lopez Quintela
Jose Manuel Martinez Costas
Jose Luis Mascareñas Cid
Javier Montenegro Garcia
Maria De La Merced Novo Rodriguez
Beatriz Pelaz Garcia
Diego Peña Gil
Maria Dolores Perez Meiras
Ester Polo Tobajas
Iago Pozo Míguez
Mayra Maritza Queme Peña
Rafael Enrique Ramos Amigo
Jose Francisco Rivadulla Fernandez
Carlos Eugenio Saa Rodriguez
Victor Manuel Sanchez Pedregal
Francisco Javier Sardina Lopez
Manuel Souto Salom
Naveen Tiwari
Maria Tomas Gamasa
Jesus Angel Varela Carrete
Miguel Vazquez Lopez
Marco Eugenio Vazquez Sentis
Carlos Vazquez Vazquez
Jose Manuel Vila Fungueiriño
Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2024.