Ir o contido principal
STG

TFM

Os Másteres conclúen coa elaboración e defensa pública dun Traballo de fin de máster que debe realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O TFM consistirá na elaboración por parte do estudante dun estudo orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos no máster. Incluirán, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo.

O TFM será exposto unha vez que se teñan superadas o resto das materias do Máster. 

Traballos de Fin de Máster do centro

Convocatoria TFM

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.07.2022.